Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Lión (en francés: Lyon, francoprovenzal: Liyon), é a terceira cidade máis grande e a segunda área urbana máis grande de Francia. Está situado na confluencia dos ríos Ródano e Saona, a uns 470 km ao sueste de París, 320 km ao norte de Marsella e 56 km ao nordés de Saint-Étienne. A cidade de Lión propiamente dita tiña unha poboación de 516.092 en 2017 dentro do seu pequeno territorio municipal de 48 km², pero xunto coa súa contorna e suburbios a área metropolitana de Lión tiña unha poboación de 2.323.221 ese mesmo ano a segunda máis poboada de Francia.
O Muro de Berlin foi unha construción civil que supuxo un símbolo vivo da división física da Alemaña da posguerra en dúas entidades, a República Federal Alemá e a República Democrática Alemá. Este muro, alén de dividir a cidade de Berlín ao medio, simbolizaba a división do mundo en dous bloques ou partes: o Bloque Occidental, constituído polos países capitalistas encabezados polos Estados Unidos de América, e o Bloque de Leste, ou Soviético, constituído polos países comunistas, que tiñan á súa fronte a Unión Soviética.
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Os diploblásticos ou diblásticos son animais que terminan o seu desenvolvemento embrionario na fase de gástrula e, por tanto, teñen só dúas follas embrionarias, ectoderma e endoderma, carecendo de mesoderma. Entre o ectoderma a o endoderma existe unha capa, ás veces con algunhas células, denominada mesoglea, que non é de orixe mesodérmica e por tanto non é homóloga do mesénquima dos acelomados. Os dous filos de diblásticos son os cnidarios e os ctenóforos.
O Rolls-Royce RB.183 Tay é un motor turboventilador de índice de derivación medio desenvolvido a partir do núcleo do RB.183 Mk 555 Spey e usando un ventilador escalado directamente a partir do Rolls-Royce RB.211-535E4 para producir versións cun radio de derivación de 3.1:1 ou maior. O compresor IP e a turbina de baixa presión deseñáronse usando tecnoloxía do programa RB.211.O motor encendeuse por vez primeiro en agosto de 1984. O Tay 650 tiña unha nova turbina de alta presión que incorporaba tecnoloxía nova que fora probada no RB.211-535E4.
Campionato do Mundo de Baloncesto de 1986
O X Campionato mundial de baloncesto de 1986 celebrado en España organizado pola Federación Internacional de Baloncesto levouse a cabo nas cidades de Zaragoza, Málaga, Santa Cruz de Tenerife, Barcelona, Oviedo e Madrid, amais da cidade galega de Ferrol. Por vez primeira na historia participaron 24 seleccións na fase final, cousa que non volvería repetirse até o Mundial do Xapón 2006.
Louis Hofmann, nado en Bergisch Gladbach o 3 de xuño de 1997, é un actor alemán. É coñecido por protagonizar o filme alemán de 2011 Tom Sawyer e o filme dinamarqués de 2015 Under sandet, polo cal gañou o Premio Bodil ó mellor actor secundario polo seu papel dun prisioneiro de guerra alemán adolescente. Alcanzou a fama internacional polo seu papel na serie de televisión de Netflix de 2017 Dark.
Mia e o león branco (en francés: Mia et le Lion blanc) é un filme de 2018 dirixido por Gilles de Maistre. É unha coprodución entre Francia, Alemaña e Suráfrica e está protagonizado por Daniah de Villiers, Mélanie Laurent e Langley Kirkwood. O filme estreouse en Francia o 26 de decembro de 2018 e nos Estados Unidos o 12 de abril de 2019.
A palmeira ( pronunciación ) é unha planta monocotiledónea perenne xeralmente arbórea e das rexións cálidas, pertencente á familia Arecaceae, palma: Palmeira anana (Chamaerops humilis), palmeira arbustiva ornamental;Palmeira das Canarias (Phoenix canariensis), palmeira ornamental; Palmeira datileira (Phoenix dactylifera); Palmeira de abano (Trachycarpus fortunei); Palmeira de abano mexicana (Washingtonia robusta) Palmeira do Senegal (Phoenix reclinata); Palmeira de California (Washingtonia filifera). Palmeira de Chile (Jubaea chilensis) Palma da Guinea (Elaeis guineensis) Coco (Cocos nucifera) Falsa palmeira (Cycas revoluta), unha planta da familia Cycadaceae.Como topónimo, Palmeira pode referirse a: En GaliciaPalmeira, parroquia do concello de Ribeira; Palmeira, lugar de dita parroquia; Palmeira, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Ribadeo; A Palmeira, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo.En Portugal Palmeira, freguesía do concello de Braga; Palmeira, unha freguesía no concello de Santo Tirso.En Cabo VerdePalmeira, aldea da Illa do Sal.No BrasilPalmeira, municipio do estado do Paraná; Palmeira das Missões, municipio no estado de Rio Grande do Sul; Palmeira, municipio no estado de Santa Catarina; Palmeira d'Oeste, concello no estado de São Paulo.En MozambiquePalmeira, vila no distrito de Manhiça;Amais, o termo palmeira pode referirse a: Palmeira, doce de masa de follado que ten forma de folla de palmeira.
O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90. O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época. Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta. Tras comezar experimentando co impresionismo e o puntillismo, achegouse ao cubismo.
A declaración de guerra é unha declaración formal mediante un documento, que provén dun estado cara a outro, onde o primeiro declara o inicio de hostilidades. Na actualidade, este feito concrétase mediante un documento formal, pero na historia moitas veces se iniciaron guerras sen previo aviso. Formalmente este documento de "declaración de estado de guerra" pode estar refrendado pola sinatura do gobernante ou soberano, polo representante dos poderes do estado, o Senado ou a chancelería do país involucrado.
Unha cruz maior (en inglés high cross) é unha cruz monumental labrada en pedra, e que adoita ter forma de cruz celta (cun anel central) e que adoita estar profusamente decorada. Son os principais monumentos que subsisten da chanada Arte insular. Existen dende o século VII en Irlanda, e algo máis tarde en Escocia e no resto da Gran Bretaña, especialmente en Northumbria.
A catedral de San Vito (en checo: Katedrála Svatého Víta ou Katedrála svatého Víta, Václava a Vojtěcha) é un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra de arte gótica da cidade. Dende 1989 está adicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto.
A PlayStation 3 ou PS3 é a terceira videoconsola de Sony Computer Entertainment e sucesora da PlayStation 2 como parte da serie PlayStation. As datas de lanzamento foron o 11 de novembro de 2006 no Xapón, o 17 de novembro de 2006 en América do Norte e América do Sur e o 23 de marzo de 2007 en Europa e Oceanía.
Os Philadelphia Phillies son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Filadelfia, Pensilvania. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da National League (NL). Os Phillies son a franquía máis antiga do deporte estadounidense e canadense con sede na mesma cidade e sen mudar de nome, sendo fundada en 1883.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
Selección de baloncesto de Lituania
A selección de baloncesto de Lituania representa ó seu país nos torneos de baloncesto profesional internacionais. Está organizada pola Lietuvos Krepšinio Federacija.
Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa
O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.
O Boston Garden foi un famoso estadio cuberto construído en 1928 en Boston, Massachusetts polo arquitecto George Lewis Rickard, o mesmo que deseñou tamén a terceira versión do Madison Square Garden de Nova York. Este feito fixo que ao pavillón de Boston se lle chamase inicialmente "Boston Madison Square Garden", recortando máis tarde o seu nome. Foi demolido no ano 1997, poucos anos despois da finalización do que sería o seu sucesor, o Fleet Center, chamado agora TD Garden.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939 e finada en Majadahonda o 2 de decembro de 2023, foi unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
A batalla de Deorham (ou Dyrham) foi un encontro militar decisivo entre os saxóns occidentais e os britanos occidentais en 577. A batalla, que se saldou cunha gran vitoria para as forzas de Wessex dirixidas por Ceawlin e o seu fillo, Cuthwine, levou á captura das cidades britanas de Glevum (Gloucester), Corinium Dobunnorum (Cirencester) e Aquae Sulis (Bath). Tamén provocou a separación cultural e étnica permanente entre Dumnonia (Devon e Cornualla) e Gales.
Palau (en palauano: Belau), oficialmente a República de Palau e historicamente Belau, Palaos ou Pelew, é un país insular no oeste do Pacífico. A nación ten aproximadamente 26 illas e 340 illotes e conecta a cadea occidental das Illas Carolinas con partes dos Estados Federados de Micronesia. Ten unha superficie total de 466 kilometros cadrados (180 sq mi).
The Simpsons é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
Míchigan é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, un dos líderes nacionais da industria de manufacturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit, e o estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos. Limita con catro dos cinco Grandes Lagos.
O neutronium ou neutronio, tamén chamado "elemento cero" é un termo creado por Andreas von Antropoff en 1926, varios anos antes do descubrimento do neutrón, para referirse a unha substancia teórica formada só por neutróns, é dicir, un elemento químico sen protóns ., que ocuparía o número atómico cero na táboa periódica. Este elemento de ficticio foi moi utilizado na ciencia ficción para referirse a unha fase ou estado de agregación extremadamente denso da materia. Como termo científico aceptado, o neutronio chámase masa compacta de neutróns que se forma no interior das estrelas de neutróns.
Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración. Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira.
SVG (do inglés Scalable Vector Graphics, "Gráficos Vectoriais Escalábeis") é unha linguaxe XML que describe gráficos vectoriais bidimensionais, tanto estáticos como animados. Unha das características principais dos gráficos vectoriais é que non perden calidade ao seren ampliados. A grande diferenza entre o SVG e outros formatos vectoriais é que se trata dun estándar aberto creado polo Consorcio da Rede Mundial.
O termo pé, en anatomía e zooloxía pode referirse a: En anatomía (humana e animal), o pé é a parte final da perna, que serve de plataforma de sustentación do corpo, e para camiñar. Por analoxía, en bioloxía o termo pé aplícase a diferentes tipos de estruturas soporte de varios seres vivos, especialmente ao: pé dos moluscos; pé dos cogomelos. Así mesmo, por extensión, os termos pé ou pata aplícanse ás estruturas que soportan outras en diversos mobles e outros obxectos (mesas, camas, armarios, hórreos etc.).
O Equipo Crónica ou Crónicas de la realidad foi un grupo de pintores españois que estivo activo entre 1963 e 1981, data esta última na que finou Rafael Solbes. Foi fundado por Manolo Valdés, Rafael Solbes e Juan Antonio Toledo, se ben este último desligouse pronto do grupo. O Equipo Crónica afastouse da arte informal para cultivar unha pintura figurativa dentro da tendencia Pop art.
Vulgata é a tradución en latín dende o hebreo do Antigo Testamento e revisión da versión latina do Novo Testamento feita por San Xerome no século IV e tomada como referencia para a interpretación bíblica por parte da Igrexa católica dende o Concilio de Trento. No século VII Isidoro de Sevilla edita unha versión da Vulgata e tamén Afonso X patrocina unha tradución ó castelán (Biblia alfonsina).
Para a gramática tradicional pronome persoal é unha clase de palabras que designa as persoas que participan na comunicación e agrupa termos dotados de caracteres morfolóxicos e sintácticos, algún dos cales comparten con adxectivos ou substantivos, sendo outros especificamente pronominais; unha destas propiedades específicas é o feito de careceren de contidos semánticos, pois os pronomes sinalan, remiten a algo ou represéntano, é dicir, que son deícticos ou anafóricos.
Europeana é un repositorio cultural a nivel europeo.Iniciativa da Unión Europea, é financiada pola European Union’s Connecting Europe Facility e os Estados membros da Unión Europea. Os servizos prestados son operados por un consorcio liderado pola Fundación Europeana baixo un contrato de servizo coa Comisión Europea.A 27 de marzo de 2019 daba acceso a 58 207 042 arquivos dixitalizados —libros, música, material gráfico etc.— de coleccións culturais europeas, dispoñendo de ferramentas de procura propias. As diversas coleccións que compoñen o conxunto tamén teñen de xeito interno galerías multimedia, blogs e exposicións ad hoc.
O termo bar pódese referir a: Bar, local onde se serven bebidas; Bar, unidade de presión.Amais, como topónimo pode referirse a: Bar, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa; Bar, comuna francesa do departamento de Corrèze; Bar-le-Duc, comuna francesa do departamento de Meuse; Bar-lès-Buzancy, comuna francesa do departamento de Ardennes; Bar-sur-Seine, comuna francesa do departamento de Aube; Bar, cidade de Montenegro; Bar, cidade de Ucraína; Río Bar, río de Francia.
O anfiteatro (do grego antigo amphitheatron) é un tipo de edificio público característico da civilización romana, empregado para acoller espectáculos e xogos, coma a munera ou loita de gladiadores e as venatio ou loitas con animais. Os máis antigos foron construídos en Etruria e Campania e datan de finais do século II [Cómpre referencia]. Este tipo de edificación é de orixe romana e non se atopa nin en Grecia nin en Asia Menor.
Os ártabros ou arrotrebos (en latín: Artabri ou Arrotrebae) eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a. C. Segundo o historiador Benito Vicetto o fundador dos ártabros sería Artai, o primoxénito de Breogán.Segundo Luís Monteagudo estaban formado por tres subtribos nas que se contan os brigantinos, os lapatiancos e os nerios.
Francisco Alves Mendes Filho, máis coñecido como Chico Mendes, nado en Xapuri, Brasil, o 15 de decembro de 1944, e finado no mesmo concello o 22 de decembro de 1988, foi un recolledor de caucho, sindicalista e activista ambiental brasileiro. Loitou de maneira pacífica contra a extracción de madeira e a expansión dos pasteiros sobre a Amazonía ata que foi asasinado por rancheiros.
NTSC (National Television System Committee) é o sistema de televisión analóxica usado nos Estados Unidos e que se estendeu ao resto de Norteamérica, Centroamérica e as Antillas, a maioría dos países de Suramérica, Birmania, Corea do Sur, Taiwán, Xapón, Filipinas e algúns países de Oceanía. Do NTSC derivouse o sistema PAL que utilizan ou utilizaron a maioría dos países.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Baséase na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos.
A implantación, tamén chamada nidación é o estadio do desenvolvemento embrionario dos mamíferos placentarios, no cal o blastocisto eclosiona, fíxase e adhire e invade a parede do útero da femia. A implantación é o primeiro estadio da xestación, e, cando se realiza con éxito, a femia considérase que está preñada. Un embrión implantado é detectado polo aumento dos niveis de gonadotropina coriónica humana (hCG) nun test de embarazo.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Paloma San Basilio, nada en Madrid o 22 de novembro de 1950, é unha cantante e actriz española. Trátase dunha das intérpretes máis populares e prestixiosas no ámbito da canción melódica en castelán. A potencia vocal de Paloma San Basilio, e a súa precisión e nitidez no fraseo son as súas características máis destacables.
Unha á ou ala é un órgano superior ou apéndice de determinados animais morfoloxicamente adaptado para o voo independente. Téñenas as aves, os insectos e os quirópteros e tivéronas os xa extintos pterosauros. Algunhas aves, como os pingüíns e as avestruces, teñen as ás pouco desenvolvidas e non son capaces de se manter no aire.
Prince Rogers Nelson, nado en Minneapolis (Minnesota) o 7 de xuño de 1958 e finado en Chanhassen (Minnesota) o 21 de abril de 2016, foi un cantante, compositor e instrumentista de pop, rock e funk estadounidense. Ademais do seu nome, Prince, usaba outros alcumes, entre eles «The Symbol» ou «O artista anteriormente coñecido como Prince». Durante a década de 1980 foi un dos artistas máis importantes e innovadores, sempre próximo á psicodelia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O Ferrado é un colectivo galeguista e revista cultural de publicacións periódicas centrado na sociopolítica, historia e economía de Galiza fundado no ano 2022. Os seus traballos abranguen un amplo número de temas tales como a sociolingüística, a antropoloxía, a psicoloxía social, a ciencia política, as relacións internacionais, a demografía, os estudos do territorio, o nacionalismo, o irredentismo e a historia en relación con Galiza e a lingua galega.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Wikipedia en indonesio (en indonesio: Wikipedia bahasa Indonesia) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua indonesia. O seu primeiro artigo foi escrito o 30 de maio de 2003, aínda que a súa Páxina principal foi creada seis meses despois, o 29 de novembro de 2003.Esta versión da enciclopedia contén 673.671 artigos e 1.447.664 usuarios, dos cales 2.896 son activos.
Sentín, Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
Sentín é un lugar da parroquia de Rubiáns no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.