Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
A Convención internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade (CDPD) é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas ou Dereito internacional dos dereitos humanos destinado a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. Os países asinantes teñen a obriga de promover, protexer e garantir o pleno goce dos dereitos humanos das persoas con discapacidade e garantir a plena igualdade ante a lei. O texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 13 de decembro de 2006 na súa Sede en Nova York, e abriuse para a sinatura o 30 de marzo de 2007.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria. A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática.
Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993).
Na Igrexa católica de rito romano, a arquidiocese (arqui- provén do grego e significan 'ser o primeiro') é unha diocese cun rango superior ás convencionais. O título é un nome honorífico e del dedúcese que o bispo titular sexa denominado arcebispo. Nas Igrexas orientais católicas, as arquidióceses denomínanse arquieparquías.
A Ponte de Brooklyn (oficialmente, en inglés, New York and Brooklyn Bridge, "Ponte de Nova York e do Brooklyn") é unha ponte na cidade de Nova York, unha das máis antigas pontes pénsiles nos Estados Unidos, cunha lonxitude de 1.834 metros, e sitúase sobre o río East, ligando os distritos (boroughs) de Manhattan e Brooklyn. Cando foi finalizada era a maior ponte colgante ou de suspensión do mundo, e a primeira na que se empregaron cabos. Foi a primeira ponte de aceiro suspensa do mundo e súas inmensas torres de soporte convertéronse nas estruturas máis altas de toda a cidade de Nova York.
O termo audiencia pode tomar os significados seguintes: Telecomunicacións: A audiencia, o público que recibe mensaxes a través dun medio de comunicación, polo xeral a radio e a televisión. Horario de máxima audiencia. Dereito: A audiencia, o momento dun proceso en que se admiten razón ou en que se presentan as probas dun xuízo.
Christiane Amanpour, CBE (en persa: کریستین امانپور, transliterado como Kristiāne Amānpur), nada o 12 de xaneiro de 1958 en Londres, é unha xornalista e presentadora de televisión británico-iraniana. Amanpour é correspondente xefa internacional da CNN e presentadora dun programa nocturno da CNN International chamado Amanpour. Tamén é presentadora dun programa de Asuntos Mundiais para a ABC News.
Partes por millón (ppm) é unha unidade de medida coa que se avalía a concentración. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento etc) que hai por cada millón de unidades do conxunto do que forma parte. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón.
Fox Broadcasting Company , máis coñecida como FOX, é unha rede de televisión dos Estados Unidos, propiedade de Fox Entertainment Group, que comezou as súas emisións o 9 de outubro de 1986 cando como primeira emisión o episodio piloto da serie Married with Children. Un dos seus programas máis populares é American Idol que emite desde 2002.
Happy Tree Friends (Felices Amigos do Bosque, en tradución libre) é un deseño animado en Adobe Flash de humor negro de Mondo Mini Shows, creada por Kenn Navarro, Aubrey Ankrum, Rhode Montijo e Warren Graff. Como se mostra na web oficial, "non se recomenda para nenos". Mesmo con aparencia fofa e típica de deseños infantís dos personaxes, o deseño é moi violento, e case todos os episodios contén sangue, sufrimento, traxedias e mortes violentas.
The A.V. Club é un sitio de entretemento con recencións de filmes, música, televisión, libros e xogos, así como entrevistas e outras ofertas regulares que examinan novos medios, medios clásicos e outros elementos da cultura popular. The A.V. Club foi creado en 1993 como unha parte suplementaria de The Onion e tivo unha presenza mínima na páxina web de The Onion nos seus primeiros anos. Porén, un redeseño da páxina web en 2005 puxo a The A.V. Club nunha posición máis prominente, permitindo que a súa identidade en liña creza.
Manhua, en chinés simplificado 漫画, en pinyin Mànhuà, é o nome que recibe a banda deseñada na China e Taiwán. No resto do mundo, a palabra úsase para definir a totalidade dos cómics producidos no país. Aínda que as narracións gráficas análogas ás bandas deseñadas existiron nese territorio ao longo da súa historia imperial, o termo manhua apareceu por primeira vez en 1904 nunha obra titulada shishi manhua, no xornal de Shanghai Jingzhong.O termo tamén inclúe formatos tradicionais específicos do país como Lianhuanhua.
A música soul é unha fusión de gospel e rhythm and blues aparecida nos anos cincuenta. Polo que parece todo comezou un día de 1954 en que Ray Charles e a súa banda ían nun autobús e comezaron a cantar unha letra profana sobre unha canción gospel que soaba na radio, gustoulles como quedaba e naceu "I Got a Woman" a primeira canción soul. O estilo axiña se converteu no máis popular entre a xuventude negra.
Péter Medgyessy, nado o 19 de outubro de 1942 en Budapest, é un político húngaro que foi o quinto primeiro ministro da República de Hungría dende o 27 de maio de 2002 até o 29 de setembro de 2004. O 25 de agosto de 2004 dimitiu polas diferenzas que tiña coa Alianza dos Demócratas Libres, ficando como primeiro ministro durante un período de 30 días como require a constitución, e uns cantos días máis até que o seu sucesor Ferenc Gyurcsány foi confirmado pola parlamento.
Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que foi estreado no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015, onde gañou o Grand Prix. Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.
Luc Paul Maurice Besson, nado o 18 de marzo de 1959 en París, Francia, é un director, guionista e produtor francés de cinema. Entre as súas obras destacan Le Grand Bleu, Nikita, Léon, Le Cinquième Élément e Arthur et les Minimoys. Ten no seu haber numerosos premios de cinema tanto franceses como internacionais.
Os videoxogos de rol son uns dos máis antigos representantes dos videoxogos. Sempre estiveron fortemente influídos por xogos de rol de mesa, exemplos claros diso son xogos baseados nas regras de Dungeons&Dragons, coma o clásico Eye of beholder ou os máis modernos Neverwinter nights e a súa continuación, Neverwinter nights II, ambos de Bioware; ou tamén, por exemplo, Vampire: the Masquerade Bloodlines, da desaparecida Troika games, baseado no universo homónimo.
A libra esterlina (en inglés pound sterling) é a unidade monetaria oficial do Reino Unido. Habitualmente denomínase simplemente libra (pound), e para diferenciala da unidade de peso homónima acordouse usar o cualificativo de sterling, nome que tiña o antigo penique (penny) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria básica e o seu valor equivalía a pouco menos có dunha libra actual. O símbolo da libra esterlina é £, e o seu código ISO 4217 é GBP. Desde 1971, logo da introdución do sistema decimal, a moeda británica está dividida en 100 novos peniques (en inglés pence, plural de penny), e o seu símbolo é p.
Terminator 3: A rebelión das máquinas
Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que foi estreado no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
Lingua indíxena é un denominación que reciben moitas linguas, mais sobre a que non existe unha categorización clara. Para a lingüista Yásnaya Elena Aguilar Gil é calquera lingua cuxa poboación e territorio non alcanzou a formar o seu propio país e, polo tanto, sempre é precaria fronte a calquera lingua que utilice o Estado.
En xeometría, o diámetro é calquera segmento recto interior dunha circunferencia que pasa polo seu centro, con punto de inicio e de fin na circunferencia. Os diámetros coas cordas máis longas do círculo e o seu valor equivale ao de dous raios. A circunferencia é, ademais, o seu arco capaz para un ángulo recto.
A arte mudéxar é a arte que practicaban os mudéxares e mouriscos. Tivo lugar do século XII ao XVI, e foi un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico; con todo non tivo pegada en Galicia, Asturias e Cantabria, pola pouca influencia mourisca nestas zonas. Aínda que tamén chegou ás Américas, ás colonias españolas.
Cidadán Kane (EUA, 1941, Citizen Kane no seu orixinal inglés) é o primeiro filme realizado directamente para cinema, de Orson Welles, quen o dirixe e o interpreta, e é considerado por grande parte dos espectadores e da crítica especializada como unha das obras mestras da historia do cinema e posibelmente o máis influente na historia do cinema. Welles dirixiu dúas curtametraxes antes de Cidadán Kane, pero para seren utilizadas en montaxes teatrais. Pénsase que Cidadán Kane está baseada nas vidas do magnate xornalístico William Randolph Hearst, do aeronauta e magnate do cinema Howard Hughes, e do magnate das finanzas Samuel Insull.
Halo: Combat Evolved (tamén coñecido como Halo: CE, Halo 1, ou sinxelamente Halo), é un videoxogo en primeira persoa creado por Bungie e publicado por Microsoft Game Studios. É o primeiro xogo da franquía, foi lanzado ó mercado o 15 de novembro de 2001 para a consola Xbox, e ten vendido máis de cinco millóns de copias en todo o mundo. Microsoft lanzou versións do xogo para Microsoft Windows (creada por Gearbox Software) e Mac OS X en 2003, e a historia foi adaptada e elaborada nunha serie de novelas e bandas deseñadas.
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
Fortnite é un videoxogo pertencente ao xénero de supervivencia e xénero aberto desenvolvido polas empresas Epic Games e People Can Fly. Foi lanzado como título de acceso anticipado o 25 de xullo de 2017 para Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 4 e Xbox One. En 2018 converteuse nun videoxogo gratuíto.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
O termo realia pode referirse a: Realia: en tradutoloxía, palabras que denotan obxectos, conceptos e fenómenos propios dunha determinada cultura; Premio Realia de Tradución Literaria: galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela; Realia: o uso pedagóxico de obxectos da vida real; Realia: grupo inmobiliario español; Torre Realia BCN: rañaceos situado na praza de Europa de L'Hospitalet de Llobregat, tamén coñecida como «Torres Fira».
Spider-Man: Into the Spider-Verse
Spider-Man: Into the Spider-Verse é un filme estadounidense de 2018 producido por Columbia Pictures e Sony Pictures Animation en asociación coh Marvel, e distribuído por Sony Pictures Releasing. É o primeiro filme animado da franquía cinematográfica de Spider-Man, e foi dirixido por Bob Persichetti, Peter Ramsey e Rodney Rothman a partir dun guión de Phil Lord e Rothman. Shameik Moore pon a voz de Morales, xunto con Jake Johnson, Hailee Steinfeld, Mahershala Ali, Brian Tyree Henry, Lily Tomlin, Luna Lauren Velez, John Mulaney, Kimiko Glenn, Nicolas Cage e Liev Schreiber.
A Lonxa da Seda (en valenciano Llotja de la Seda, Llotja de València ou Llotja de Mercaders) é un edificio civil de estilo gótico tardío da cidade de Valencia, construído entre o 1482 e o 1548. Se hai un edificio que simbolice a puxanza e a riqueza do século de ouro valenciano (século XV), este é sen dúbida a Lonxa. É unha mostra do alcance da revolución comercial durante a Baixa Idade Media, do desenvolvemento social e do prestixio conseguido pola burguesía valenciana.
Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América.
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica. Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario.
Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
O Museo Raíña Sofía, oficialmente Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (en castelán: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, MNCARS), é o principal museo español de arte do século XX e contemporánea, situado en Madrid. Inaugurouse o 10 de setembro de 1992, a partir dos procedentes do extinto Museo Español de Arte Contemporánea. É un organismo autónomo dependente do Ministerio de Cultura.
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie
Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD; literalmente, Instituto Neerlandés para a Historia da Arte) é o centro de historia da arte máis grande do mundo e está situado na Haia. O centro está especializado en documentación, arquivos e libros sobre a historia da arte en Occidente a partir da Idade Media até o presente. Todo o seu contido está aberto ó público e a maioría están dixitalizados e dispoñible na súa páxina web.
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
A música tradicional ou música folclórica é a denominación para a música popular que se transmite de xeración en xeración por vía oral (e hoxe en día tamén de maneira académica) como unha parte máis dos valores e da cultura dun pobo. Así pois, ten un marcado carácter étnico ou de raíz. Dentro das músicas tradicionais, hai algunhas que transcenderon máis aló da súa orixe, como o flamenco, a xota, o tango, a música country, a samba, a cumbia colombiana e, en xeral, moitos dos ritmos latinos que mantiveron certa entidade propia co tempo e volvéronse algo máis que un baile.
Robert Anthony Rodríguez, nado en San Antonio (Texas) o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.
Nome de Sa-Ra ( tamén Nome de Nacemento ou Nome do Fillo de Ra) era un dos nomes que poseia o faraón. A palabra Sa-Ra representada polo pato e polo sol conforme a imaxe do lado significa O fillo de Ra e representaba que o posesor dese título era descendente dos deuses. Desde o Imperio Medio de Exipto, dinastías XI e XII, os faraóns exipcios recibían cinco títulos.
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums.
A impresión é o proceso e o resultado de reproducir textos e imaxes, polo xeral con tinta sobre papel. É posible imprimir sobre gran diversidade de materiais, sendo necesario utilizar diferentes sistemas de impresión en cada caso. Pódese realizar de forma doméstica, artesanal, comercial ou industrial a grande escala, e é unha parte esencial da edición de libros e toda clase de publicacións impresas coma xornais, revistas, cartas, documentos etc.
O Google Arts & Culture é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.
A Wikipedia en bengalí (en bengalí: বাংলা উইকিপিডিয়া) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua bengalí. Foi creada o 27 de xaneiro de 2004, superando os 10 000 artigos en outubro de 2006, converténdose na segunda lingua do sur de Asia en conseguilo.Esta versión da enciclopedia contén 134.303 artigos e 407.869 usuarios, dos cales 1.453 son activos.
A Copa do Rei de fútbol 2016–17 foi a 114.ª edición do torneo de copa da Real Federación Española de Fútbol. Conta coa participación dos equipos de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División, excepto os equipos filiais doutros clubs aínda que xoguen nestas categorías. A competición empezou o 31 de agosto de 2016 e finalizou o 27 de maio de 2017.
Patois describe unha variedade non estándar dunha lingua ou unha lingua considerada rexional ou mesmo un dialecto polas autoridades dun estado. O termo emprégase principalmente en Francia pero tamén en Bélxica, Suíza e Italia dunha forma claramente pexorativa para denominar linguas que se consideran rurais e sen presenza no ensino ou nos medios de comunicación, tradicionalmente relegadas a funcións familiares e de uso local como poden ser as falas ou linguas d'oïl (como o valón ou o picardo), ó occitano, francoprovenzal, piemontés ou o bretón. Na actualidade o termo patois perdeu vitalidade e xa non se emprega en documentos oficiais.
Unha variábel, ou variable, é un símbolo que representa un elemento ou cousa non especificada dun conxunto dado. Dito conxunto denomínase conxunto universal da variábel, universo ou variar da variábel, e cada elemento do conxunto é un valor da variábel. Sexa x unha variábel cuxo universo é o conxunto {1,3,5,7,9,11,13}; entón x pode ter calquera destes valores: 1,3,5,7,9,11,13.
O Gran Premio de Mónaco de 1990 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 27 de maio de 1990 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1990. A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna que liderou todas as voltas da carreira pilotando un McLaren MP4/5B. Foi a terceira vitoria de Senna no Gran Premio de Mónaco.
Un accidente de aviación é un incidente que ocorre con calquera aeronave, xa sexa en terra ou en voo. Un incidente de aviación é definido como un suceso no que, distinto dun accidente, está asociada a operación dunha aeronave que afecta ou podería afectar á seguridade das operacións.Cando unha aeronave sofre un dano tan severo que se declara como sinistro total (cando a reparación non é economicamente viable), ou no caso de que sexa completamente destruída e deuse de baixa nos rexistros, denomínase "perda en accidente do casco" (hull loss accident). Significa que o evento se rexistra como accidente malia que non existan vítimas fatais ou feridos graves, como sucedería por exemplo nunha aterraxe forzosa que resulte nun dano irreparable.
A Wikipedia coreana (en coreano: 한국어 위키백과; Han-gugeo Wiki Baekgwa) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua coreana. Foi fundada en outubro de 2002, e acadou 10.000 artigos o 4 de xuño de 2005.Esta versión da enciclopedia contén 626.094 artigos e 773.626 usuarios, dos cales 1.606 son activos.
Emma Thompson, nada en Londres o 15 de abril de 1959, é unha actriz, guionista, produtora, activista, autora e humorista británica. Está considerada unha das actrices máis aclamadas do país, recibindo numerosos premios ao longo de toda a súa traxectoria, entre os que se inclúen dous Premios Óscar, dous Globos de Ouro, dous Premios BAFTA, un Premio BAFTA de televisión e un Primetime Emmy.
En bioloxía, o fotoperíodo é a duración relativa dos períodos de claridade e de escuridade diarios a que están sometidos os seres vivos, que inflúe sobre moitos procesos fisiolóxicos das plantas, como a floración, e dos animais, como a reprodución, a madurez sexual ou a migración. A reacción fisiolóxica dos organismos ao fotoperíodo é a fotoperiodicidade ou fotoperiodismo. As plantas clasifícanse en tres grupos atendendo ao fotoperíodo: plantas de días curtos, plantas de días longos e plantas de días neutros.
Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.
O oso de Salcedo é unha máscara característica da parroquia de Salcedo, no concello da Pobra do Brollón. Celebra o comezo da primavera, remedando o momento no que o oso sae da súa oseira trala hibernación. Simboliza deste xeito o comezo do ciclo agrícola anual, propiciatorio da abundancia nas colleitas e a fecundidade das mulleres.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional.
A migración dos insectos é o movemento estacional dos insectos, especialmente en especies de libélulas, escaravellos, bolboretas e avelaíñas nocturnas. A distancia que cobren pode variar coa especie e, na maior parte dos casos, estes movementos interveñen gran número de individuos. Nalgúns casos, os individuos que migran nunha dirección poden non tornar e na seguinte xeración poden migrar na dirección oposta.