Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
O voo 961 de Air Transat era un servizo internacional entre Varadero, Cuba a Quebec, Canadá. O día 6 de marzo de 2005 o Airbus A310-308 que operaba a ruta experimentou un fallo estrutural no que o timón se desmontou en voo. A tripulación foi capaz de recuperar o control do avión e regresou con seguridade a Varadero.
The Two Popes é un filme de 2019 dirixido por Fernando Meirelles e escrito por Anthony McCarten, adaptado a partir da obra de McCarten The Pope. Está protagonizado por Anthony Hopkins no papel do papa Bieito XVI e Jonathan Pryce como o cardeal Jorge Mario Bergoglio (máis tarde o papa Francisco).Estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 31 de agosto de 2019. Tivo unha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro de 2019 e no Reino Unido o 29 de novembro de 2019.
O río Salween, coñecido na China oficialmente como río Nu, é un río duns 2815 km que flúe dende o altiplano do Tíbet ata o mar de Andaman en Asia do sueste. Drena unha estreita e montañosa conca dun 324 000 km2 que se estende pola China, Myanmar e Tailandia. A súa conca contén unha biodiversidade comparábel coa do río Mekong e é o fogar de sete millóns de persoas.
Elionor Manuel de Villena, coñecida como Isabel de Villena ou Sor Isabel Manuel de Villena, nada en Valencia cara a 1430 e finada na mesma cidade o 2 de xullo de 1490, foi unha poeta e prosista do reino de Aragón, considerada a primeira escritora coñecida en valenciano. A súa obra Vita Christi, a única que se conservou, está enmarcada no protofeminismo español do século XV. Durante a súa vida relixiosa Isabel rodeouse dun nutrido grupo de escritores que a respectaron especialmente pola súa altura intelectual, considerando a súa obra como indispensable no Século de Ouro valenciano.
O Señor dos Aneis (en inglés: The Lord of the Rings) é unha triloxía épica de fantasía escrita por J. R. R. Tolkien. A historia comezou como unha secuela da novela de fantasía de Tolkien de 1937 O hobbit, mais finalmente converteuse nunha obra moito maior. Escrita por etapas entre 1937 e 1949, O Señor dos Aneis é un dos libros máis vendidos de tódolos tempos, con máis de 150 millóns de copias vendidas.O título da novela refírese ó principal antagonista da historia, o señor escuro Sauron, que na idade antiga creou o Anel Único para dominar os outros Aneis de Poder como a arma definitiva na súa campaña por conquistar e gobernar toda a Terra Media.
O Porto de Tampa (en inglés Port of Tampa) é o maior porto do estado de Florida. Está localizado na costa oeste da Suncoast de Florida, aproximadamente a 25 millas do Golfo de México. Dentro dos límites do porto hai partes da Baía de Tampa, a Baía de Hillsborough, a Baía McKay, e a Vella Baía de Tampa ademais do Río Hillsborough.
PT Lion Mentari Airlines, operando como Lion Air, é unha aeroliña de baixo custo indonesia. Baseada en Iacarta, Lion Air é a aeroliña privada máis grande do país e a segunda low-cost máis grande do sueste asiático. A compañía opera rutas domésticas e internacionais, conectando distintos destinos de Indonesia con Singapur, Filipinas, Malaisia, Tailandia, Australia, India e Arabia Saudita, ademais de realizar voos chárter a China, Hong Kong, Corea do Sur e Macau, con máis de 630 voos por día.Creada en 1999, Lion Air tivo un gran crecemento nos últimos anos, mercando ao redor de 100 avións e cuns 250 pedidos.
O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.
O Connacht Rugby (en irlandés: Rugbaí Connachta) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby. O equipo representa á sección de Connacht da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
TEΧ, escrito como TeX cando se escribe en texto plano, é un sistema de tipografía escrito por Donald E. Knuth, moi popular no ambiente académico, especialmente entre as comunidades de matemáticos, físicos e informáticos. Conseguiu substituír con fartura a troff, outro programa de tipografía habitual en Unix. TeX considérase xeralmente a mellor forma de compor fórmulas matemáticas complexas pero, especialmente na forma de LaTeX e outros paquetes de macros, pódese usar para outras tarefas de composición.
A música folk é un termo de orixe anglosaxoa empregado xeralmente para referirse á "música folclórica" moderna. Nalgúns contextos, por influencia do sentido en lingua inglesa da "folk music", o seu significado esténdese a toda a música folclórica, tanto á tradicional como á máis moderna baseada naquela. Os artistas de folk poden empregar temas musicais folclóricos xa existentes facéndolles un arranxo musical ou ben tomar simplemente o estilo e crear os seus propios temas orixinais.
Colleita vermella (en inglés: Red Harvest) é a primeira novela do autor estadounidense Dashiell Hammett, publicada por Alfred A. Knopf, Inc. o 1 de febreiro de 1929. A obra está inspirada nunha cidade mineira do estado de Montana rebautizada como Personville e chamada despectivamente (e en alusión á corrupción imperante) Poisonville ("Cidade-Veleno") polo narrador e protagonista, o Axente da Continental.
Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que foi estreado en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e thriller e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen.
Kílian Jornet i Burgada, nado en Sabadell, Vallès Occidental, o 27 de outubro de 1987, é un esquiador e corredor de montaña catalán. É un deportista especialmente prolífico, foi campión do mundo de esquí de montaña en 2010 e 2011, e campión do mundo de carreiras de montaña dende o 2007 ó 2010 e tamén do 2012 ó 2014. É especialmente coñecido por gañar en tres ocasións (2008, 2009 e 2011) a Ultra-Trail du Mont Blanc e a Pierra Menta (2008, 2010 e 2011).
O termo obxectivo refírese ao fin que se quere atinxir, e nese sentido é sinónimo de albo tanto como fin a atinxir (lugar ou obxecto) como punto de mira dunha arma ou proxectil.A definición clara de obxectivos é de extrema importancia en varios eidos de actuación humanos, a nivel administrativo e de xestión, orientando a acción dos individuos. En educación, por exemplo, a definición de actividades curriculares debe ser feita tendo en conta os obxectivos definidos no programa curricular dos alumnos.
Unha sala de cinema, cinema ou cine é un edificio que contén un auditorio para ver filmes. Moitas salas de cinema son negocios para o público xeral, que asiste pagando unha entrada. Con todo, algunhas salas de cinema están operadas por organizacións que non perseguen beneficios ou sociedades nas que os membros pagan unha cota para ver filmes.
República Federal da Illa de Arousa
A República Federal da Illa de Arousa proclamárona os veciños reunidos nun evento tabernario da zona do Nicho o 7 de outubro do ano 1934 na localidade pontevedresa da Illa de Arousa, seguindo os pasos de Lluís Companys, quen declarou a independencia do Estado Catalán en outubro dese mesmo ano. Ao día seguinte, o 8 de outubro, detiveron os responsables do evento para seren postos en liberdade días despois.
A masa en repouso é a masa propia dun corpo material. Considérase nun sistema no que está en repouso debido a que a masa varía coa velocidade, segundo a teoría da Relatividade. Esisten entidades que non teñen masa en repouso (m0 = 0); son as que se ven compelidas a viaxar á velocidade da luz (c) como os fotóns.
A familia Bach foi unha célebre familia de músicos de grande importancia na historia da música durante case douscentos anos, con máis de 50 músicos coñecidos e varios compositores destacados, sendo o máis importante e coñecido Johann Sebastian Bach (1685–1750). A dinastía musical comezou co tataravó de Johann Sebastian, Veit Bach (nacido antes de 1545 e morto en torno a 1576), e extinguiuse co seu neto Wilhelm Friedrich Ernst Bach (1759-1845). Foi o propio Johann Sebastian Bach que comezou unha xenealoxía da súa familia en 1735, que sería rematada polo seu fillo Carl Philipp Emanuel, e que foi titulada Ursprung der musicalisch-Bachischen Familie (en galego Orixe da familia musical Bach).
Alan Moore, nado o 18 de novembro de 1953, en Northampton, Inglaterra, é un escritor británico coñecido polo seu traballo como creador e guionista de bandas deseñadas para adultos. As súas obras son consideradas obras mestras da novena arte. É coautor de obras clásicas do xénero como Watchmen, V de Vendetta e From Hell.
Internacionalización e localización
En informática, a internacionalización e localización é a parte do proceso de adaptación do software a diferentes linguas, ás diferenzas rexionais e aos requirimentos técnicos de diferentes sectores. A internacionalización é o proceso de deseño que permite ao software ser adaptado a diferentes linguas e ser usado en diferentes rexións sen cambios na súa enxeñería. A localización consiste no proceso de adaptación do software a unha rexión específica ou a unha lingua engadindo aqueles compoñentes específicos que se precisen nesa rexión, así como a tradución de textos, sons e outros recursos multimedia empregados nos aplicativos.
A viaxe de Chihiro (título orixinal en xaponés: 千と千尋の神隠し; Sen to Chihiro no kamikakushi) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.
Joan Miró, nado en Barcelona o 20 de abril de 1893 e finado en Palma o 25 de decembro de 1983, foi un pintor, escultor e ceramista catalán, un dos máximos representantes do surrealismo. Na súa obra reflectiu o seu interese no subconsciente, no infantil e no seu país. Nun principio mostrou fortes influencias fauvistas, cubistas e expresionistas, pasando a unha pintura plana con certo aire naïf, como o é o seu coñecido cadro La masia do ano 1920.
O Fútbol Club Barcelona (en catalán: Futbol Club Barcelona), coñecido popularmente como "Barça", é un club polideportivo catalán da cidade de Barcelona, fundado o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados de Suíza, Cataluña e Gran Bretaña, comandados polo suízo Joan Gamper. O Barça non é unha sociedade anónima como son a maioría dos clubs deportivos profesionais, senón que a propiedade do club recae nos seus máis de 180.000 socios. Este número fai que o FC Barcelona sexa o segundo club con máis socios do mundo tralo SL Benfica portugués, seguido polo FC Bayern München alemán.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Estación Espacial Internacional
A Estación Espacial Internacional (International Space Station, ou simplemente ISS) é a continuación do que fora planeado para a Mir rusa ou o Skylab dos Estados Unidos, e a non realizada Columbus europea, e representa a vontade de permanencia humana continuada no espazo: ten sido dirixida con tripulacións de non menos de dúas persoas desde o 2 de novembro de 2000, despois de ter sido lanzado o primeiro módulo en 1998. A cada cambio da tripulación, na estación reúnense ambos os dous equipos e, ás veces, algúns visitantes.
Sistema de determinación do sexo XY
O sistema de determinación do sexo XY é o sistema de determinación do sexo que utilizan case todos os mamíferos, incluíndo os humanos, algúns insectos (mosca Drosophila), algunhas serpes, algúns peixes (guppy), e algunhas plantas (Ginkgo, por exemplo). Nestes sistema o sexo dun individuo está determinado por un par de cromosomas sexuais, chamados X e Y. Na maioría dos casos, as femias teñen dous cromosomas X, é dicir, son XX e denomínanse o sexo homogamético, mentres que os machos teñen un cromosoma X e outro Y (son XY) e denomínanse o sexo heterogamético.Nos humanos a presenza do cromosoma Y desencadea o desenvolvemento como macho; en ausencia do cromosoma Y, o feto desenvólvese como femia. Hai varias excepcións, como individuos con síndrome de Klinefelter (que son XXY), con síndrome de Swyer (mulleres con cromosomas XY) e con síndrome do macho XX (homes con cromosomas XX); porén, estas excepcións son raras.
O ácido α-eleoesteárico ou ácido (9Z,11E,13E)-octadeca-9,11,13-trienoico, é un ácido graxo conxugado e un dos isómeros do ácido octadecatrienoico. Ás veces se lle chama simplemente ácido eleoesteárico, aínda que existe tamén o ácido β-eleoesteárico (o isómero todo-trans ou (9E,11E,13E)). Presenta un alto nivel de poliinsturación, que lle dá ao aceite de Vernicia fordii (ou aceite de tung) as súas propiedades como aceite secante.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xente no rodicio é un libro de contos de Xosé Neira Vilas, publicado en 1965 por Editorial Galaxia na colección Illa Nova. Nesta obra recóllese unha escolma de vinte contos, de condensadas historia cheas de intención e engano. O conto supón un pasado absoluto, xa que desde as primeiras liñas se parte dunha acción definitivamente ocorrida e o desenlace vén a ser, a un tempo, a exposición e o nó.
Un cromosoma sexual, tamén chamado alosoma, heterocromosoma, cromosoma heterotípico, gonosoma ou idiocromosoma, é un cromosoma que difire dos cromosomas autosómicos ou autosomas en forma, tamaño e comportamento, e en moitas especies serve para determinar o sexo. Os cromosomas sexuais humanos (e os dos mamíferos en xeral) son o X e o Y, que forman o par sexual, que é XX nas mulleres e XY nos homes. Os autosomas difiren dos alosomas en que os autosomas aparecen nas células diploides en pares e os membros de cada par son idénticos, pero distintos dos membros doutros pares, mentres que os membros do par de alosomas poden ser distintos, como ocorre nos machos dos mamíferos (XY), xa que o cromosoma Y é moito máis pequeno.
San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI. Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesiástica e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo nos tempos de herexía e as súas relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.321 .
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
Selección de fútbol da Arxentina
A Selección de fútbol da Arxentina é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación do Fútbol Arxentino (AFA), pertencente á Conmebol. Xogou o primeiro partido internacional fóra da Arxentina, o 16 de maio de 1901 en Montevideo.
O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido simplemente como raposo, raposa ou golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN. A súa área de distribución medrou paralelamente coa expansión humana, sendo introducido en Australia, onde é considerado prexudicial para os mamíferos nativos e as poboacións de aves. Por mor da súa presenza en Australia, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo.O raposo común provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio, e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin.
Masculino e feminino en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego os substantivos son masculinos ou femininos.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
O huilliche (tamén soletreado williche, huiliche ou veliche) é unha lingua moribunda pertencente á familia das linguas araucanas. En 1982, era falada por 2 000 membros do pobo huilliche en Chile, mais no 2012 só restaban uns poucos falantes de idade avanzada. É falada nas rexións de Los Lagos e de los Ríos, nos vales montañosos entre a cidade de Valdivia e o arquipélago de Chiloé no sur.