Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Aión ou Haión, finado despois de 811, foi duque de Friúl, despois da morte (sobre 808) de Hunfrido (que, para algúns, só sería a margrave de Istria, pero non duque de Friúl, pois en ningún documento aparece co título de dux e, por outra banda, é mencionado varias veces como marchio, e neste caso sería duque despois da morte de Eric no 799); gobernaría ata ao nomeamento de Cadaloh (Cadolah) en 817.
Un videoxogo é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo. Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.
A Yucca schidigera Roezl ex Ortgies , a iuca de Moxave, é unha especie de planta de flores pertencentes á familia Agavaceae. É nativa do Deserto de Moxave e do Deserto de Sonora, ao sueste de California, Baixa California, sur de Nevada e oeste de Arizona. A iuca de Moxave é unha pequena árbore perenne que acada os cinco metros de altitude cunha densa coroa de follas dispostas cubrindo o final do tronco basal.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol, de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 88 trofeos en distintas competicións (68 nacionais e 20 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000.
O Nawrūz (en persa: نوروز, pero tamén, debido ás diferenzas de pronuncia entre as variedades lingüísticas, Novruz, Nowruz ou Norouz), é unha festa tradicional persa que celebra o Aninovo. É seguida en Irán, Kurdistán, Acerbaixán, Afganistán, Albania, Bosnia, países de Asia Central como Turkmenistán, Taxiquistán, Uzbekistán, Kirguizistán e Casaquistán, así como nas comunidades iranianas en Iraq, Paquistán, Turquía e noutros moitos países. Ocorre o 21 de marzo, aínda que nalgúns lugares celébrase o 20 ou 22, coincidindo co equinoccio de primavera.
Un cilicio é un accesorio empregado para provocar á mantenta dor ou incomodidade en quen o viste. O seu uso estivo estendido durante moito tempo nas diversas comunidades cristiás como xeito de mortificación, buscando así combater as tentacións e, sobre todo, a identificación con Xesús de Nazaret nos padecementos que sufriu na Paixón e os froitos espirituais que dela se derivan.
Para outras moedas coa denominación de "coroa", véxase a páxina de homónimos Coroa (moeda). A coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) foi a moeda oficial do Imperio Austrohúngaro desde 1892 (cando substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A moeda divisionaria era o heller na parte austríaca e fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa.
A Masa de Xúpiter (Mx or MXUP) é a unidade de masa que é equivalente á masa total do planeta Xúpiter (1,8986 x 1027 kg, 317,83 masas terrestres; unha masa da Terra equivale a 0,00315 masas de Xúpiter). A masa de Xúpiter usase para expresa-las masas dos xigantes gasosos, coma os planetas exteriores e os planetas extrasolares. Tamén é usado para expresa-la masa das ananas marróns.
Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras. Atópase 80 km ao sur de Sicilia (Italia), 284 km ao leste de Tunisia, e 333 km ao norte de Libia. As linguas oficiais son o maltés e inglés, e o 66% da poboación actual de Malta polo menos conversa en lingua italiana.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
Países constituíntes ou nacións constitutivas é unha frase ás veces empregada, normalmente por institucións oficiais, en contextos nos cales un número de países compón unha grande entidade ou agrupación; así o OECD usou a frase en referencia á antiga Iugoslavia e as institucións europeas coma o Consello de Europa frecuentemente a empregan en referencia á Unión Europea. Non é terminoloxía técnica e non ten un sentido legal definido; 'constituínte' é simplemente un adxectivo, e a frase non ten un sentido claro fóra dun contexto da entidade ou agrupación de países en cuestión son constituíntes ou os seus compoñentes poden ser entendidos.
Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo. O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.
Unha familia de proteínas é un grupo de proteínas relacionadas evolutivamente con estruturas, funcións e secuencias parecidas. En moitos casos unha familia de proteínas ten unha familia de xenes correspondente, na cal cada xene codifica a súa proteína cunha relación de 1:1. As proteínas dunha mesma familia descenden dun antepasado común (ver homoloxía) e tipicamente teñen unhas estruturas tridimensionais e funcións similares, e unha semellanza de secuencia significativa.
The Pretty Reckless é unha banda estadounidense de hard rock orixinaria de Nova York, integrada actualmente[cando?] por Taylor Momsen (voz e guitarra rítmica), Ben Phillips (guitarra líder e coros), Mark Damon (baixo) e Jamie Perkins (batería). En 2010, a banda asinou co selo discográfico Interscope Records e lanzou o seu álbum debut titulado Light Me Up, que debutou no sexto posto no Reino Unido e resultou no top-100 en varios países; deste extraéronse tres sinxelos, entre eles o máis relevante foi «Make Me Wanna Die» que debutou primeiro no UK Rock Chart.
O Mioceno é unha división da escala temporal xeolóxica, a cuarta época xeolóxica da era cenozoica e a primeira época do período neóxeno. Comezou hai 23,03 millóns de anos e terminou hai 5,332 millóns de anos. Neste período continuou a elevación de cordilleiras como os Pireneos, os Alpes e o Himalaia.
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
New Line Film Productions Inc., a miúdo referido simplemente como New Line Cinema, é un estudio de cine fundado en 1967 por Robert Shaye como compañía de distribución de cine, converténdose despois nun estudio de filme independente. Converteuse en subsidiaria de Turner Broadcasting, e despois de Time Warner en 1996, sendo fusionada co estudio Warner Bros. no 2008.
Zamná, tamén chamado trala súa deificación: Itzamná (en maia: Itzamná, ‘casa do resío’‘itz, resío; ah, de/persoa que se ocupa de; naah, casa’)?, foi nun principio un gran sacerdote maia chegado cos chanes de Bacalar (despois chamados itzáes) para fundar e estabelecerse en Chichén Itzá, contra o ano 525 d. C., "durante a primeira baixada, ou baixada pequena do oriente, que mencionan as crónicas". Aí, en Chichén Itzá, asentando os chanes a sede do seu goberno, viviu Zamná un tempo e ensinou as súas doutrinas.
Tonkín (en vietnamita Bắc Kỳ, "rexión norte") foi un territorio da Indochina que hoxe en día constitúe o norte do Estado de Vietnam. Limita ó norte coas provincias chinesas de Yunnan e Guangxi, ó oeste con Laos e ó leste co Golfo de Tonkín. É unha rexión cunha importante produción de arroz, influída polo paso pola rexión do Río Vermello.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Organización de Países Exportadores de Petróleo
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización económica internacional, con sede en Viena. Foi creada como resposta á baixada do prezo oficial do petróleo acordada unilateralmente polas grandes compañías distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificación e coordinación das políticas petroleiras dos países membros, coa defensa dos seus intereses como nacións produtoras.
Orodruin, tamén coñecido como Monte do Destino, é un volcán ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien. Situado no corazón da terras negras de Mordor, é o lugar onde o Anel Único foi forxado polo Señor Escuro Sauron, e constitúe o punto final da misión emprendida por Frodo Bulseiro para destruír o Anel, recollida n'O Señor dos Aneis. Orodruin significa "montaña ardente" en Sindarin.
Concrete and Gold é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Foo Fighters, publicado o 15 de setembro de 2017 a través do selo RCA Records. Foi producido por Greg Kurstin. Descrito polo grupo como un álbum onde "os extremos do hard rock e as sensibilidades pop chocan", Concrete and Gold preocúpase polo futuro dos Estados Unidos dende o punto de vista do líder da banda, Dave Grohl, coa caldeada atmosfera das eleccións de 2016 e a presidencia de Donald Trump citados como principais influencias por Grohl.
O Parc Olympique Lyonnais, tamén coñecido como Grand Stade de Lyon ou Stade des Lumières, é un estadio de fútbol situado en Décines-Charpieu, nas aforas da cidade de Lión, en Francia. Ten capacidade para 59.186 espectadores, sendo o terceiro máis grande de Francia. É propiedade do Olympique Lyonnais, que ata a súa inauguración o 9 de xaneiro de 2016 xogaba no Stade Gerland.
Maria Sibylla Merian, nada en Frankfurt o 2 de abril de 1647 e finada en Ámsterdan o 13 de xaneiro de 1717, foi unha naturalista, exploradora e pintora alemá, de pais suízos. Malia ser ignorada durante longo tempo, é hoxe considerada coma unha das máis importantes iniciadoras da entomoloxía moderna, grazas ás observacións detalladas e á súa descrición, con ilustracións propias, da Metamorfose das bolboretas.
Benjamin Lee Whorf, nado en Winthrop (Massachusetts) o 24 de abril de 1897 e finado en Wethersfield (Connecticut) o 26 de xullo de 1941, foi un lingüista estadounidense, pupilo de Edward Sapir, de quen tomaría a hipótese etnolingüística para levala ao que actualmente se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, unha teoría do relativismo lingüístico.
Grand Royal Records foi un selo discográfico estadounidense baseado nos Ánxeles (California), fundado en 1992 polos Beastie Boys xunto con Capitol Records despois de que o grupo deixase Def Jam Recordings. Debido ao aumento das débedas, Grand Royal cesou as súas actividades no ano 2001. Os seus activos foron vendidos a través de poxas en Bid4Assets; estas non incluían os dereitos da música dos Beastie Boys.
Carl Linnaeus , (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio de 1707 en Råshult (na antiga provincia de Småland) Suecia e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» e fundador da bioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e cara a 1730 empezou a dar conferencias de botánica.
A World Series by Renault ou Fórmula Renault 3.5 Series, é un campionato automobilístico de velocidade de monoplazas organizado por RPM Racing que se disputa en Europa no que se utilizan motores Renault que anteriormente eran da marca xaponesa Nissan. Este campionato antigamente tamén se chamou: Open by Nissan (1998-2001), World Series by Nissan (2002-2004) e World Series by Renault (2005-).
Sympathy for the Record Industry
Sympathy for the Record Industry (tamén coñecida como Sympathy Records or Sympathy 4 the R.I.) é un selo discográfico independente formado in 1988 polo anti-magnate da industria musical Long Gone John. Sympathy for the Record Industry ten a súa sede en Long Beach (California), e é principalmente un selo para garage rock e punk rock independente. A primeira edición de Sympathy foi o álbum de Lazy Cowgirls Radio Cowgirl, e na actualidade o selo ten un catálogo de máis de 750 lanzamentos.
Un foguete espacial é unha máquina que, utilizando un motor de combustión, produce a enerxía cinética necesaria para a expansión dos gases, que son lanzados a través dun tubo propulsor (chamada propulsión por reacción). Por extensión, o vehículo, xeralmente espacial, que presenta motor de propulsión deste tipo é denominado foguete ou mísil. Normalmente, o seu obxectivo é enviar artefactos (especialmente satélites artificiais e sondas espaciais) ou espazonaves e seres humanos ao espazo.
A NBA G League é a liga menor de baloncesto desenvolvida e organizada pola NBA. Foi coñecida coma National Basketball Development League (NBDL) de 2001 a 2005, e coma NBA Development League, ou NBA D-League, de 2005 a 2017. A liga comezou con oito equipos no ano 2001. En marzo de 2005, o comisionado da NBA, David Stern, anunciou o plan de expansión da D-League a 15 equipos, e facer unha verdadera liga menor da cal os equipos da D-League estiveran afiliados a un ou varios equipos da NBA. Na tempada 2010-11, a liga ten xa 16 equipos.
Chryse Planitia (procedente do grego, para "Chaira Dourada") é unha suave chaira circular do hemisferio norte de Marte, fai fronteira ó norte con Acidalia Planitia e ó noroeste con Terra Tempe, cara o leste con Arabia Terra, cara o suroeste con Lunae Planum e no sur fai fronteira con Xanthe Terra e con Magaritifer Terra,, está centrada sobre as coordenadas 28,43° S 319,69° E. Chryse Planitia está a cabalo entre o cuadrante de Lunae Palus e o cuadrante de Oxia Palus. Posúe un diámetro medio de máis de 1.500 kms e o seu chan está a máis 2,5 km por debaixo do nivel do mar marciano, e pensase que é unha antiga cunca nacida a través dun grande impacto; ten algunhas semellanzas cos mares lunares, coma fallas e dorsais. A densidade de cráteres con diámetros entre 100 m a 2 km é moi parecida á media existente nos mares lunares.
Roberto Casimiro Mieres, nado o 3 de decembro de 1924 e finado o 26 de xaneiro de 2012, foi un piloto de carreiras orixinario de Mar del Plata, Arxentina. Participou en 17 Grandes Premio do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 7 de xuño de 1953. Anotou un total de 13 puntos para o campionato.
Os podosomas son estruturas cónicas ricas en actina que se encontran na superficie externa da membrana plasmática de moitas células animais. O seu tamaño vai desde uns 0,5 µm a 2,0 µm de diámetro. Aínda que xeralmente están situadas por toda a membrana celular, estas estruturas singulares presentan un padrón de distribución polarizado nas células migrantes, situándose no bordo frontal entre o lamelipodio e a lamela.
Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Non confundir co condado de Orange, Nova York.O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1889 e conta cunha poboación de 3 046 876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos. Está situado ó sur dos Ánxeles e ó norte de San Diego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Blas Piñar López, nado en Toledo o 22 de novembro de 1918 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2014, foi un político, editor, escritor e notario español de ultradereita, cuxa traxectoria política e vida pública sempre destacou pola súa identificación co franquismo e a defensa dos principios ideolóxicos do mesmo. Foi notario en Cieza, Murcia e Madrid. Comprometido desde moi novo co catolicismo político (foi membro de la Asociación Católica de Propagandistas), militou en Acción Católica.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Feiraco é unha empresa agrícola galega, fundada en Negreira en 1968. Actualmente as súas instalacións están situadas na parroquia de Agrón (Ames), entre os lugares de Arufe e A Ponte Nova. Está xestionada en réxime de cooperativa, desenvolvendo todo o proceso desde a recollida até a comercialización do leite e os produtos derivados.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.350 .
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Friedrich Karl von Savigny, nado en Frankfurt do Meno o 21 de febreiro de 1779 e falecido en Berlín o 25 de outubro de 1861, foi un xurista alemán, dos máis influíntes no século XIX e fundador da escola histórica do dereito alemá. As súas ideas tiveron unha grande influencia no dereito alemán e tamén nos países de tradición romano-xermánica especialmente no eido do dereito civil. Savigny foi o creador e desenvolvedor do concepto de relación xurídica e doutros conceptos relacionados, como o feito xurídico; igualmente, o seu método histórico influíu, entre outros movementos, na xurisprudencia dos conceptos.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A historia de Rusia empeza coa chegada dos eslavos orientais, o grupo étnico do que posteriormente derivarían os rusos, ucraínos e belarusos. O primeiro estado eslavo oriental foi a Rus (ou principado) de Kíiv, que adoptou o cristianismo pola importante influencia do imperio Bizantino en 988, comezando así a fusión entre as culturas eslava e bizantina que caracterizaría á rusa durante os seguintes sete séculos. O Rus de Kíiv desintegraríase finalmente en varios reinos que competirían entre si por figurar como herdeiros da súa civilización e polo predominio territorial na zona e que acabaron baixo dominio mongol.
Xenxis Kan (en mongol: Чингис Хаан /ʧiŋgɪs χaːŋ/), O Señor de Toda a Terra, nado en 1155, 1162 ou 1167 e finado o 18 de agosto de 1227, foi un guerreiro e conquistador mongol que unificou ás tribos nómades desta etnia do norte de Asia, fundador e primeiro Gran Khan do Imperio mongol, considerado o imperio máis grande da historia. Baixo o seu liderado como Gran Khan, os mongois comezaron unha serie de conquistas que estendeu o seu dominio a un vasto territorio, desde Europa Oriental ata o océano Pacífico, e desde Siberia ata Mesopotamia, a India e Indochina. Na primeira fase desta expansión, as hordas mongolas conquistaron importantes reinos de Asia, como o Imperio Jin do norte da China (1211-1216), o Imperio tangut, o khanato de Kara-Khitai, o Imperio corasmio ou a dinastía Song no sur da China.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A represión franquista refírese ao longo proceso de violencia física, económica, política e cultural que sufriron durante a guerra civil española os partidarios do bando republicano na zona sublevada, e durante a posguerra e o réxime de Franco os perdedores da guerra civil -os republicanos-, os que os apoiaban ou podían apoialos, os que eran denunciados como antifranquistas -fóseno ou non-, así como posteriormente os membros de organizacións políticas, sindicais e en xeral quen non estaba de acordo coa existencia da ditadura franquista, manifestaban a súa oposición á mesma e quen constituían ou podían constituír un perigo para a mesma. Na historiografía non española, a represión franquista adóitase denominar terror branco (white terror en inglés, terreur blanche en francés).O período álxido de represión e violación dos dereitos humanos (que corresponde ao chamado "terror branco") empezou co alzamento militar de xullo de 1936 e considérase que rematou en 1945, cando a segunda guerra mundial puxo fin ás ditaduras de Hitler e Mussolini, principais apoios do réxime franquista. A partir de 1945, ano da promulgación do Foro dos Españois, adóitase falar de represión franquista, unha represión que se aplicou durante toda a ditadura até o falecemento de Francisco Franco en novembro de 1975.Segundo distintos informes coincidentes, España é o segundo país do mundo en número de desaparecidos cuxos restos non foron recuperados nin identificados, tras Camboxa.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lourido, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade
Lourido e un lugar da parroquia de San Xoan Bautista, no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
A ruta da pentosa fosfato ou ruta do fosfato de pentosa, tamén chamada ruta do fosfogliconato ou lanzadeira de fosfatos de pentosas, é unha vía metabólica moi relacionada coa glicólise durante a cal se utiliza a glicosa para xerar a ribosa necesaria para a biosíntese de nucleótidos e ácidos nucleicos, e tamén para obter poder redutor (moléculas con capacidade redutora) en forma de NADPH, que se utilizará como coencima en reaccións encimáticas do anabolismo. Esta ruta ten lugar no citosol na maioría dos organismos, pero nas plantas a maioría das reaccións teñen lugar nos plastos. A ruta serve de ponte entre as rutas anabólicas e catabólicas do metabolismo da glicosa, que está regulado pola insulina.A ruta da pentosa fosfato pode dividirse en dúas fases: Fase oxidativa: xeración do NADPH. Fase non oxidativa: síntese das pentosas fosfato e outros monosacáridos fosfato.
Un alpendre ou alboio é unha construción rústica rural con paredes e cuberta ou só con cuberta onde se gardan apeiros, mercadorías, leña, maquinaria, o carro, trastes ou calquera tipo de ferramenta. Tamén recibe o nome de cabanel, chapitel, cuberto ou pendello.Moitas veces tamén se realizan nel tarefas agrícolas ou artesás. Nalgunhas zonas de Galicia ten a función de palleira.