Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
iPhone é unha liña de teléfonos intelixentes deseñados e comercializados por Apple Inc. Funcionan baixo o sistema operativo móbil de Apple iOS. A primeira xeración do iPhone foi lanzada o 29 de xuño de 2007, os modelos máis recentes son o iPhone X, o iPhone 8 e o iPhone 8 Plus, presentados nun evento celebrado no Steve Jobs Theatre o 12 de setembro de 2017.
O período crioxénico (do grego antigo κρύος krýos, 'xeo' e γένεσις génesis, 'orixe'), unha división ds escala temporal xeolóxica, é o segundo período xeolóxico da era neoproterozoica. Comenzou hai 850 millóns de anos e finalizou hai 630 +5/-30 millóns de anos. A data de comezo definiuse cronometricamente, mentres que a de finalización está baseada na estratigrafía.O seu nome fai referencia aos sedimentos glaciarios encontrados en latitudes tropicais, seguidos de sedimentos de carbonatos.
O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo. O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division.
Kenneth Max Copeland, nado en Lubbock, Texas, o 6 de decembro de 1936, é un teleevanxelista estadounidense e autor asociado co Movemento Carismático, predicador da teoloxía da prosperidade. Foi obxecto de varias controversias polo uso das doazóns recibidas para financiar mansións, jets privados, un aeroporto e outras adquisicións persoais.No ano 2020, durante a pandemia de COVID-19, Copeland fíxose notable no ámbito nacional dos Estados Unidos polos seus comentarios e accións con respecto á pandemia. Afirmou repetidamente que a pandemia suporía a fin do mundo, que el podía curar os seus seguidores, e que estes deberían seguir pagándolle décimos aínda que perdesen o seu traballo durante a crise económica provocada pola pandemia.
O luge é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de Inverno de 1964 realizados en Innsbruck (Austria), incluíndo daquela as tres probas vixentes até o momento: individual masculino, individual feminino e unha proba de dobres. Os grandes dominadores deste deporte son Alemaña, a extinta República Democrática Alemá, Italia e Austria.
Spain é unha banda de rock estadounidense formada nos Ánxeles, California en 1993, e liderado polo cantante e baixista Josh Haden. A música que producen contén elementos de country, blues, folk, jazz e slowcore. Nunha carreira de dúas décadas, Spain publicou cinco álbums de estudio, un directo e unha compilación.
O potín é unha aliaxe monetaria utilizada na cuñaxe de moeda en momentos e culturas moi puntuais. Polo xeral, a súa composición é á base de cobre, estaño e chumbo en proporcións variables, e é motivo de controversia no ámbito numismático a necesidade da presenza de prata na aliaxe.O seu aspecto é moi similar ao do billón mais, en tanto que este último se utilizou nas emisións do baixo Imperio Romano, o potín é característico dalgunhas emisións da Antiga Grecia (sobre todo nas cecas de Alexandría e Antioquía) e, fundamentalmente, da moeda celta.
Turning Red é un filme estadounidense de 2022 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi dirixido por Domee Shi, no seu debut como directora, e escrito por Shi e Julia Cho. Está protagonizado polas voces de Rosalie Chiang, Sandra Oh, Ava Morse, Hyein Park, Maitreyi Ramakrishnan, Orion Lee, Wai Ching Ho, Tristan Allerick Chen e James Hong.
John William Waterhouse, nado o 6 de abril de 1849 en Roma e finado o 10 de febreiro de 1917 en Londres, foi un pintor británico de estio Pre-Rafaelita. A súa obra é varias décadas posterior ao fin da Irmandade Pre-Rafaelita, que tivo o seu apoxeo a mediados do século XIX, polo que recibiu o sobrenome de "o Pre-Rafaelita moderno". Influenciado tamén por outros artistas impresionistas contemporáneos, a súa obra é coñecida pola súa representación de mulleres da mitoloxía grega e das lendas artúricas.
StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida.
Peter Stuyvesant, nado en Weststellingwerf (Peperga) posibelmente en 1602 e finado en agosto de 1672, serviu como o último director xeral neerlandés da colonia dos Novos Países Baixos desde 1647 ata a súa cesión provisional aos ingleses en 1664. Foi unha figura senlleira da historia temperá da cidade de Nova York. Os éxitos de Stuyvesant como director xeral incluíron unha grande expansión do asentamento de Nova Ámsterdan (posteriormente chamada Nova York) máis aló da punta sur de Manhattan.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Hermann de Reichenau (tamén chamado Hermannus contractus ou Hermannus Augiensis), nado en Altshausen, na actual Alemaña, o 18 de xullo de 1013 e finado na abadía bieita de Reichenau o 24 de setembro de 1054, foi un estudoso do século XI, compositor e teórico musical, matemático e astrónomo. Hermannus foi fillo do duque de Altshausen. Prexudicado por unha enfermidade que o deixou paralítico desde a infancia, pasou a maior parte da súa vida na abadía de Reichenau, unha illa no lago Constanza.
En música, a oitava é o intervalo entre dúas notas separadas entre si 6 tons na escala diatónica ou, desde o punto de vista físico, entre dúas notas que teñan o dobre ou a metade de frecuencia. Xa Pitágoras se decatara de que cando unha corda vibra na metade da súa lonxitude a nota que emite é a oitava da fundamental; hoxe dicimos que a frecuencia da oitava é o dobre da fundamental. Por exemplo, a nota La que se usa para afinar ten unha frecuencia de 440 hertzs, a súa oitava superior ten 880 Hz e a inferior 220 Hz.
Sutorenjia Mukōhadan (ストレンヂア 無皇刃譚, Stranja Mukōhadan) é un filme xaponés dirixido por Masahiro Andō que foi estreado no 2007. O filme conta a historia de Kotaro, un cativo que é perseguido por un grupo de espadachíns da Dinastía Ming por razóns misteriosas. Entre eles hai un bravo loitador occidental chamado Luo-Lang, cuxo único desexo é atopar un rival do seu talle.
O curling é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno. Debutou nos Xogos Olímpicos de 1924 realizados en Chamonix (Francia), se ben o resultado desta competición non foi considerado oficial até os Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 realizados en Turín (Italia) polo Comité Olímpico Internacional. Este deporte foi considerado de demostración nas edicións de 1932, 1988 e 1992, pasando a ser considerado como deporte oficial a partir dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 realizados en Nagano (no Xapón).
Gartnait (tamén coñecido como Gartnait mac Domnaill ou Gartnait mac Dúngail) (morto en 663) foi rei do pictos dende o 657 até o 663. Sucedeu a Talorgan mac Enfret despois da súa morte no ano 657. A crónica picta atribúelle un reinado de seis ou seis anos e medio, correspondendo coa nova da súa morte nos Anais do Ulster e nos Anais de Tigernach en 663.
Fleet Street é unha rúa en Londres, Inglaterra, bautizada en homenaxe ao río Fleet. Foi a sede da prensa británica até á década de 1980. Mesmo despois de que o último gran representante dos medios, a Reuters, deixase a zona en 2005, o nome da rúa continúa a ser usado como unha metonimia para a prensa nacional británica.
The Nightmare Before Christmas
The Nightmare Before Christmas é un filme de animación baseado no poema de Tim Burton, producido por Touchstone Pictures, estreado o 29 de outubro de 1993, e distribuído por Touchstone Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Foi dirixido por Henry Selick e producido e coescrito por Tim Burton.
Illa Hashima (端島, ou simplemente Hashima — -shima é un sufixo xaponés para illa), communmente chamada Gunkanjima (軍艦島; significa Illa acoirazado), é unha illa abandonada situada a uns 15 quilómetros da cidade de Nagasaki, no sur do Xapón. É unha das 505 illas deshabitadas da prefectura de Nagasaki. As características máis notables da illa son os seus edificios abandonados de formigón, sen perturbacións nin ruídos, salvo os da natureza e o ruído do mar.
Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.
A serra de Tramuntana é un cordal montañoso que forma a beira noroccidental da illa de Mallorca, limitando as terras do interior co mesmo Mar Mediterráneo. O seu pico máis elevado é o Puig Major cunha elevación de 1450 msnm. A serra debe o seu nome a que protexe a illa de Mallorca do vento do mesmo nome, a tramuntana ou tramontana, o vento norte.
O Museo de Arte de Filadelfia (en inglés, Philadelphia Museum of Art), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de Filadelfia, creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos Estados Unidos. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o Museo Vitoria e Alberto) en Londres, que naceu da Grande Exposición de 1851.
Unha aeroliña, compañía aérea ou liña aérea é unha compañía de transporte aéreo de viaxeiros ou mercadorías. As compañías que transportan os clientes dunha forma acordada entre eles denomínanse chárter. As aeroliñas de bandeira son aquelas que teñen unha participación accionarial do Goberno e xeralmente posúen o monopolio dos voos internos.
Margarida II (Margrethe Alexandrine Þorhildur Ingrid), nada en Copenhaguen o 16 de abril de 1940, é raíña de Dinamarca dende o 14 de xaneiro de 1972. O lema oficial da raíña Margarida II é "A axuda de Deus e o amor do pobo é a forza de Dinamarca". Naceu no Palacio de Amalienborg, Copenhaguen de Federico IX e Ingrid de Suecia.
Os pinnípedes (Pinnipedia) son unha superfamilia de mamíferos carnívoros da suborde dos caniformes. Xunto cos cetáceos e os sirenios, son os únicos mamíferos adaptados á vida acuática, e adoitan vivir preto das costas, que utilizan para descansar, reproducirse e parir, estratexia reprodutora que recordan dos seus antepasados terrestres. Diferéncianse doutras especies de mamíferos mariños por teren pelo en todo o corpo e, con el e sobre todo coa grosa capa de graxa subepidérmica, conseguen o illamento térmico que precisan para a súa vida no mar.O seu corpo é alongado, coas patas curtas e as mans e os pés palmados en forma de aleta.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Gmail, coñecido como Google Mail en Alemaña, Austria e Reino Unido por problemas legais, é un servizo de correo electrónico de balde con posibilidades POP3 e IMAP proporcionado pola empresa estadounidense Google dende o 15 de abril de 2004, que captou a atención dos medios de información polas súas innovacións tecnolóxicas e mais pola súa capacidade. Dende novembro de 2012, é o servizo de correo electrónico con máis usuarios rexistrados a nivel global, superando a Outlook, propiedade de Microsoft. En 2014, Gmail superou as mil millóns de descargas en dispositivos Android.
A Longa, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade
A Longa é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (29 homes e 38 mulleres), cinco máis ca en 2006. O lugar está atravesado pola estrada N-541 que vai de Pontevedra a Ourense.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, iniciada no ano 2002, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
Os indicatóridos (Indicatoridae) son unha familia de aves case paserinas da orde Piciformes, xeralmente coñecidos como paxaros indicadores e, nalgúns idiomas, guías do mel. Viven no Vello Mundo tropical, co maior número das especies en África e dúas en Asia. Estas aves son coñecidas porque dúas das especies interaccionan cos humanos guiándoos a onde hai colmeas de abellas para que os homes recollan o mel e despois elas comen as larvas das abellas e a cera que quedan na colmea destruída.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968.
Un microscopio de fluorescencia é un microscopio óptico que usa a fluorescencia en lugar de (ou ademais de) a dispersión, a reflexión e a atenuación ou absorción, para estudar as propiedades de substancias orgánicas ou inorgánicas. Pode denominarse microscopio de fluorescencia a calquera microscopio que use a fluorescencia para xerar unha imaxe, tanto se é un aparello simple, como un microsocopio de epifluorescencia, coma se ten un deseñol máis complicado, como un microscopio confocal, que usa o seccionamento óptico para conseguir unha mellor resolución da imaxe fluorescente. A microscopia de fluorescencia utilízase moito para obter imaxes de mostras biolóxicas.
Os invadopodios son protrusións ricas en actina da membrana plasmática que están asociadas coa matriz extracelular nas metástases invasivas do cancro. Son moi similares aos podosomas de células normais, pero os invadopodios encóntranse en células cancerosas invasivas e son importantes pola súa capacidade de facilitar a invasión da matriz extracelular, especialmente na extravasación de células cancerosas. Os invadopodios obsérvanse xeralmente polos buratos que crean nas placas revestidas de fibronectina, coláxeno etc.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O Coloso de Rodas foi unha estatua de Helios, deus grego do Sol, construída entre o ano 292 a.C. e o 280 a.C., polo escultor Chares de Lindos. A estatua tiña 32 metros de alzada, semellante á actual Estatua da Liberdade de Nova York, setenta toneladas de peso, feita integramente con placas de bronce sobre un armazón de ferro. O Coloso de Rodas tornouse nunha das Sete marabillas do mundo, mais todo o que se coñece sobre esta estatua débese ás novas que deixaron os escritores antigos Polibio, Estrabón e Plinio, e ás crónicas bizantinas de Constantino VII Porfiroxénito.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.365 .
O ligamento espinoglenoide ou ligamento transverso inferior da escápula é un ligamento do membro superior humano, que reforza a articulación acromioclavicular, situada no ombreiro. Une a espiña da escápula coa cavidade glenoide do mesmo óso. Forma un arco polo que discorren a arteria supraescapular e o nervio supraescapular.
Blas Piñar López, nado en Toledo o 22 de novembro de 1918 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2014, foi un político, editor, escritor e notario español de ultradereita, cuxa traxectoria política e vida pública sempre destacou pola súa identificación co franquismo e a defensa dos principios ideolóxicos do mesmo. Foi notario en Cieza, Murcia e Madrid. Comprometido desde moi novo co catolicismo político (foi membro de la Asociación Católica de Propagandistas), militou en Acción Católica.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Gran Premio de Hungría de 1986
O Gran Premio de Hungría de 1986, foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 10 de agosto de 1986, no recentemente construído Hungaroring. Foi a undécima carreira da tempada de 1986. Foi o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou detrás da Cortina de Ferro, o primeiro Gran Premio de Hungría en 50 anos e contou cunha asistencia de 200.000 espectadores de todas partes dos países comunistas de Europa do Leste.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Limita ao norte co mar do Norte, Dinamarca e o mar Báltico, ao leste con Polonia e a República Checa, ao sur con Austria e Suíza, e ao oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio, por un clima temperado estacional.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A ucronía é un subxénero literario da ficción especulativa (ou da ciencia ficción) referido a un tempo inexistente, non por ocorrer no futuro senón por ser unha visión alternativa deste debido a que a historia da humanidade transcorrera de xeito diferente a como de feito transcorreu. A trama transcorre nun mundo no cal a historia posúe un punto de diverxencia da historia tal e como a coñecemos. A literatura de historia alternativa fai a seguinte pergunta: "que acontecería se a historia tivese transcorrido de maneira diferente?" A maioría das obras do xénero están baseadas en eventos históricos reais, aínda que aspectos sociais, xeopolíticos e tecnolóxicos se teñan desenvolvido diferentemente.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.