Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
A Cidade Vella (alemán: Altstadt) é o centro da cidade medieval de Berna, Suíza. Construído nun outeiro estreito bordeado por tres lados polo río Aar, o seu trazado compacto permaneceu esencialmente inalterado desde a súa construción durante o século XII ao XV. A pesar dun gran incendio en 1405, tras o cal gran parte da cidade reconstruíuse en arenisca, e dos importantes esforzos de construción no século XVIII, a cidade vella de Berna mantivo o seu carácter medieval. A Cidade Vella alberga a catedral máis alta de Suíza, así como outras igrexas, pontes e unha gran colección de fontes renacentistas.
Bagdemagus é un personaxe que aparece nas lendas da Materia de Bretaña que adoita ser descrito como rei da terra de Gorre e como un cabaleiro da Táboa Redonda. Bagdemagus é representado como o pai Maleagant, que secuestra á esposa do Rei Artur, a raíña Xenebra en varias versións dun episodio popular. Bagdemagus aparece por primeira vez nas fontes francesas, pero o personaxe pode que evolucionase a partir das primeiras tradicións galesas que falan do secuestro de Xenebra.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Armes Prydein (A profecía de Bretaña) é o nome dun poema profético galés de inicios do século X que aparece no Libro de Taliesin. Nun estilo entusiasta característico da poesía heroica galesa describe un futuro onde todos os pobos britónicos eran aliados xunto cos escotos, os irlandeses e os viquingos do Reino de Dublín so liderado galés, e no que todos xuntos daría expulsado os anglosaxóns de Gran Bretaña para sempre. Os xefes de tales empresas eran sempre nomes coñecidos na poesía heroica, e neste caso dicían que eran Cadwallon e Cadwaladr, invitando implicitamente á audiencia a conectalos con dous famosos líderes do pasado remoto, Cadwallon ap Cadfan e Cadwaladr ap Cadwallon.
Polaris, designada Alfa Ursae Minoris (α Ursae Minoris), e comunmente referida como Estrela do Norte ou a Estrela Polar por antonomasia (no hemisferio norte), é a estrela máis brillante na constelación da Osa Menor. Está moi próxima ao polo celeste setentrional, o que a converte na Estrela Polar setentrional contemporánea. Sitúase a 433 anos luz (133 parsecs).
Bram Stoker, nado en Clontarf (Dublín) o 8 de novembro de 1847 e finado en Londres o 20 de abril de 1912, foi un escritor irlandés autor de grandes obras de terror. A máis célebre das súas obras é Drácula, lendario vampiro baseado na personalidade histórica de Vlad Ţepeş, coñecido por Vlad Dacul, o Empalador.
Un algoritmo é un conxunto ordenado e finito de operacións sinxelas que conducen á resolución dun problema, como por exemplo a formulación programática paso a paso para producir unha serie de resultados nun programa en informática. Máis especificamente, en matemáticas, constitúe o conxunto de procesos (e símbolos que os representan) para efectuar un cálculo. A palabra algoritmo ten orixe no alcume Al-Khwarizmi, do matemático persa do século IX, Abu Yafar Mohámmed Abenmusa, cuxas obras foron traducidas no occidente cristián no século XII, recibindo unha delas o nome "Algorithmi de numero indorum", sobre os algoritmos usando o sistema de numeración decimal (indiano).
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
O Major Atmospheric Gamma Imaging Cherenkov (Maior Atmosférico Cherenkov de Imaxes Gamma, coñecido polas súas siglas en lingua inglesa MAGIC) é un telescopio situado no conxunto de observatorios do Roque dos Muchachos, na illa da Palma, en Canarias. É o antecesor do Cherenkov Telescope Array (CTA), situado no mesmo lugar.
O Asante Kotoko FC é un equipo de fútbol da cidade de Kumasi, en Ghana, un dos máis laureados do país e de África. Segundo a IFFHS, foi o mellor equipo africano do século XX. Fundado en 1926, o equipo gañou o seu primeiro gran título en 1959 co campionato de liga. Dende entón o seu palmarés non parou de medrar até acadar os 21 títulos de liga que ten actualmente.
Megan Anna Rapinoe, nada en Redding, California, o 5 de xullo de 1985, tamén coñecida como Pinoe, é unha futbolista profesional estadounidense que xoga como centrocampista ou extremo no Reign FC da National Women's Soccer League. Como membro da selección feminina de fútbol dos Estados Unidos, axudou a gañar a Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2015, os Xogos Olímpicos de 2012 e a medalla de prata na Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2011. No Mundial de 2019 gañou o ouro co equipo e ademais foi Balón de Ouro, Bota de Ouro e MVP en tres partidos da competición, incluída a final.
Carlos Cuevas Sisó, nado en Montcada i Reixac o 27 de decembro de 1995, é un actor catalán de televisión, cinema e teatro coñecido principalmente polo seu papel como Biel Delmàs na serie de televisión Ventdelplà e por interpretar a Pol Rubio na serie de televisión Merlí e logo en Merlí: Sapere aude.
Enric Ferran Josep Lluís Sagnier i Villavecchia, marqués de Sagnier, nado en Barcelona o 21 de marzo de 1858, e finado ibídem o 1 de setembro de 1931, foi un arquitecto catalán. A maioría das súas obras atópanse en Barcelona. Autor prolífico, foi posiblemente o arquitecto con maior número de construcións na cidade condal (preto de 300 edificios documentados).
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 34.899 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros.
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
JEFF the Brotherhood é un dúo estadounidense de garage rock formado polos irmáns Jake e Jamin Orrall, procedentes de Nashville, Tennessee. O seu estilo foi descrito polos xornalistas musicais como contedor de elementos do rock psicodélico, o garage rock, o punk e o pop. Ademais dos seus traballos, teñen discos compartidos con artistas como Ty Segall, Best Coast e Screaming Females.
CBS (Columbia Broadcasting System) é unha cadea estadounidense de radio e televisión. Está constituída por varias divisións: televisión, radio, informativos, deportes e entretemento, entre outras. A rede de televisión da CBS subministra programas a máis de 200 estacións independentes e 5 propias nos Estados Unidos, así como a outras afiliadas no estranxeiro.
MSX (acrónimo de Midcourse Space eXperiment) foi un proxecto da BMDO (Ballistic Missile Defense Organization, Organización de Defensa de Mísiles Balísticos) co propósito principal de recoller datos nun amplo intervalo de lonxitudes de onda (desde o ultravioleta ao infravermello) para demostrar a factibilidade de descubrir e seguir mísiles balísticos durante a súa fase de voo de cruceiro. Ademais os instrumentos de a bordo foron utilizados para realizar estudos aeronómicos (estudando as abundancias de ozono, clorofluorocarbonos, dióxido de carbono e metano) e aurorais.
Un porto de montaña é unha ruta ou paso para cruzar unha montaña o calquera clase de sistema montañoso; o cume do porto é o lugar de maior altitude sobre o que pasa dito camiño e á vez adoita ser o punto máis baixo de dito sistema montañoso. Os portos de montaña caracterízanse por ter trazados moi sinuosos e pendentes moi pronunciadas ademais da frecuente presenza de neve. Nos porto de montaña o vento adoita encaixar e adoita ser particularmente forte, o que causa un descenso de altitude nas bandas de vexetación.
Jean-Baptiste Franceschi ou Francesqui, dito tamén Franceschi-Delonne, nado o 4 de setembro de 1767 en Lión e finado o 23 de outubro de 1810 en Cartagena (Rexión de Murcia) nun campo de prisioneiros a consecuencia do mal trato sufrido, foi un xeneral do Primeiro Imperio francés. Foi un grande afeccionado á arte, e foi galardoado co premio de Roma, o que lle facilitou vivir en réxime de pensión na villa Medici.
Un xene é a unidade básica de herdanza dos seres vivos. Dende o punto de vista molecular, un xene é unha secuencia lineal de nucleótidos na molécula de ADN (ou ARN no caso dalgúns virus), que contén a información necesaria para a síntese dunha macromolécula con función celular específica. Por exemplo: Proteínas, ARNm, ARN ribosómico, ARN de transferencia e ARN pequenos.
Rogue One: A Star Wars Story (ou sinxelamente Rogue One) é un filme épico estadounidense dirixido por Gareth Edwards e escrito por Chris Weitz e Tony Gilroy a partir dunha historia de John Knoll e Gary Whitta. O filme, unha produción de Lucasfilm distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures, está protagonizado por Felicity Jones, Diego Luna, Ben Mendelsohn, Donnie Yen, Mads Mikkelsen, Alan Tudyk, Jiang Wen e Forest Whitaker. Conta a historia de Jyn Erso, a filla do deseñador da superarma do Imperio Galáctico coñecida como Estrela da Morte, e a súa misión para facerse cos deseños estruturais da arma para destruíla.
Jürgen Peter Vogel, nado o 29 de abril de 1968 en Hamburgo, é un actor, guionista, produtor de cine e cantante alemán. Valorado principalmente polo seu traballo en diversos filmes dende o ano 1985, converteuse nun dos actores máis famosos e versátiles do seu país. No ámbito internacional, é coñecido especialmente pola súa participación no filme de 2008 Die Welle.
A libra exipcia (en árabe: الجنيه المصرى, el-Ginaih el-Miṣrī) é a moeda legal de Exipto. A libra divídese en 100 piastras (قرش qirsh), ou 1.000 milliemes (مليم mallim). O código ISO 4217 para a libra exipcia é EGP. Localmente emprégase a abreviatura LE ou L.E., que significa en francés, livre égyptienne.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
O camiño segue e segue (canción)
"O camiño segue e segue" (en inglés: The Road Goes Ever On) é un título que abrangue as diferentes versións dunha canción que J. R. R. Tolkien escribiu para o seu legendarium da Terra Media. Nas historias de Tolkien, a canción orixinal foi composta por Bilbo Bulseiro e rexistrada no libro O hobbit. Existen diferentes versións que tamén aparecen no libro O Señor dos Aneis, xunto con outras cancións do camiño semellantes.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional.
Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Estrutura secundaria dos ácidos nucleicos
A estrutura secundaria dos ácidos nucleicos son as interaccións de apareamento de bases nun polímero de ácido nucleico ou entre dous destes polímeros. Pode representarse como unha lista de bases que están apareadas nunha molécula de ácido nucleico. As estruturas secundarias dos ADNs e ARNs biolóxicos adoitan a ser diferentes: o ADN biolóxico existe principalmente en forma de dobres hélices cun apareamento de bases completo, mentres que o ARN biolóxico ten unha soa cadea e adoita formar interaccións de apareamento de bases complexa e intricadas debido á súa maior capacidade de formar enlaces de hidróxeno no seu grupo hidroxilo extra do azucre ribosa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Os huilliches, tamén coñecidos como huiliches ou mapuches huilliches, son un pobo indíxena, pertencente ao macrogrupo étnico mapuche, que habita en Chile e a Arxentina. Habitan na zona sur de Chile, na coñecida como Futahuillimapu ("gran terra do sur") xunto cos subgrupos cunco ou veliche, e na parte norte da illa de Chiloé. Os huilliches son o principal pobo indíxena desas rexións.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.391 .
Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes: Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura. Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipoSegundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural.
Silent Hill (サイレントヒル, Sairento Hiru) é un videoxogo de terror e supervivencia de 1999 desenvolvido por Team Silent e publicado por Konami. É o primeiro título da serie de videoxogos Silent Hill, e foi lanzado de febreiro a xullo, orixinalmente para PlayStation. Silent Hill usa a perspectiva en terceira persoa, con gráficos en tempo real de escenarios 3D. Para mitigar as limitacións do hardware da consola, os desenvolvedores usaron xenerosamente a néboa e a escuridade para confundir os gráficos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca. Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.