Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
As chinches das camas ou simplemente chinches ou tamén chinchas ou percebellas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. Outras especies de Cimex especializáronse en alimentarse doutros animais, por exemplo, as chinches dos morcegos, como Cimex pipistrelli (de Europa), Cimex pilosellus (de Norteamérica) e Cimex adjunctus (de Norteamérica), ou as chinches das aves.
Os cometas son corpos de forma irregular, fráxiles e pequenos (en relación con outros corpos espaciais), compostos por unha mestura de grans non volátiles e gases conxelados. Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e os devolve ó espazo profundo, moitas veces alén da órbita de Plutón. As estruturas dos cometas son diversas e moi dinámicas, pero todos eles desenvolven unha nube de material difuso que os rodea, denominada cabeleira (a 'cola', que vai detrás ó achegarse ó sol e diante ó afastarse, pasando a chamarse ás veces 'barba'), que xeralmente crece en tamaño e brillo á medida que o cometa se aproxima ó Sol.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo á figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
A Wikipedia en bengalí (en bengalí: বাংলা উইকিপিডিয়া) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua bengalí. Foi creada o 27 de xaneiro de 2004, superando os 10 000 artigos en outubro de 2006, converténdose na segunda lingua do sur de Asia en conseguilo.Esta versión da enciclopedia contén 136.355 artigos e 413.081 usuarios, dos cales 1.499 son activos.
Doce homes sen piedade (en inglés: 12 Angry Men) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Sidney Lumet. Adaptado da obra homónima de Reginald Rose, é un drama legal que conta a historia dun xurado de doce homes que deliberan sobre a sentenza na base da dúbida razoable, forzando os membros do xurado a cuestionarse sobre a súa propia moral e valores. En 2007, o filme foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Final Fantasy VII (abreviado FF7 ou FFVII) é un dos máis importantes videoxogos de rol clásicos aparecidos para consola. Desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (agora a Square Enix) maioritariamente entre 1996 e 1997, e publicado en 1997. Pese a que os europeos xa tiveran acceso aos videoxogos de rol xaponeses cos aparecidos en 16-bit, Final Fantasy VII foi o que deu a coñecer o xénero a un público máis amplo neste continente.
Unha proba ou demostración matemática é un razoamento convincente dentro dos estándares vixentes conducente a que algunha proposición é necesariamente certa. Realízase cunha lóxica válida que progresa a partir de ideas que se dan por certas, chamadas hipóteses, ata a afirmación formulada, chamada tese, da que se quere obter a veracidade. Estes pasos deben estar fundamentados na aplicación de regras de dedución, fundadas xa sexa en enuciados xeralmente aceptados coñecidos como axiomas, ou en teoremas anteriormente demostrados, ou en regras básicas de dedución do sistema en cuestión.
Cando ferve o sangue (en inglés: Never So Few) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por John Sturges. Está protagonizado por Frank Sinatra, Gina Lollobrigida, Peter Lawford, Steve McQueen, Richard Johnson, Paul Henreid, Brian Donlevy, Dean Jones, Charles Bronson e Philip Ahn, e conta con papeis sen acreditar de actores asiáticos como Mako Iwamatsu, George Takei e James Hong. O guión está vagamente baseado nos feitos reais do incidente OSS Detachment 101, que foi recollido na novela de Tom T. Chamales.
BIBSYS é un provedor de sistemas bibliotecarios e de información para todas as bibliotecas universitarias e universitarios noruegueses, a Biblioteca Nacional de Noruega e unha serie de bibliotecas e institucións de investigación. BIBSYS foi organizada formalmente como unha unidade da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU), situado en Trondheim, Noruega. O consello de administración é nomeado polo Ministerio Noruegués de Educación e Investigación.
Cuac FM é unha radio comunitaria que emite desde 1996 no 103.4 FM da Coruña e a través de Internet. Está xestionada pola asociación cultural Colectivo de Universitarios Activos, que dá nome á emisora; esta asociación foi declarada no ano 2021 de utilidade pública pola Xunta de Galicia.A radio está situada nun edificio do Campus da Zapateira, da Universidade da Coruña, onde se atopa o estudio José Couso (ou estudio 1) e a redacción da emisora. Dende o 29 de xaneiro de 2011 está en funcionamento o estudio ou estudio 2 (estudio de gravación) Alexandre Bóveda.
Circle Jerks (estilizado como Ciʀcle JƎʀᴋs) foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en 1979 nos Ánxeles (California). O grupo fundárono o antigo vocalista de Black Flag Keith Morris e o guitarrista de Redd Kross Greg Hetson. Circle Jerks estivo entre as primeiras bandas de hardcore punk da escena da cidade de finais da década dos 70.
AmigaOS é o sistema operativo que vén por defecto nos ordenadores Amiga. Foi desenvolvido primeiro por Commodore International, e inicialmente presentado en 1985 xunto coa Amiga 2000. Comezou a funcionar nun microprocesador da serie Motorola da familia 68k (68000, 68010, 68020, 68030, 68040 e 68060) de 32 bits, exceptuando o AmigaOS 4 que funciona só nos microprocesadores PowerPC. As primeiras versións (1.0, 1.1, 1.2 e 1.3) do sistema operativo que levaban os ordenadores da familia Amiga chamábanse Amiga Disk Operating System ou AmigaDOS. Máis tarde cambióuselles o nome por AmigaOS, manténdose este actualmente.
San Eustaquio (en neerlandés Sint Eustatius) tamén coñecido localmente como Statia (/ˈsteɪʃə/), é unha illa das Antillas Holandesas que forma parte do arquipélago das Illas de Barlovento, que á súa vez forman parte das Antillas Menores, ten 21 km² e unha poboación de 3138 habitantes para 2019, a capital rexional é Oranjestad. É un municipio especial (oficialmente " organismo público) dos países Países Baixos.A illa atópase na parte norte das Illas de Sotavento nas Indias Occidentais, ao sueste das Illas Virxes. Sint Eustatius atópase inmediatamente ao noroeste de Saint Kitts e ao sueste de Saba.
Maupiti é un pequeno atol de coral cunha illa volcánica no medio dela, atópase nas illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. É a illa máis occidental do arquipélago, a 40 km ao oeste de Bora Bora. Maupiti consiste nunha illa de 380 m de altitude que se atopa no medio dunha lagoa rodeada por cinco illotes baixos e uns escollos de coral (animal) e aberta ao océano por dous pasos navegables.
As glaciacións son fenómenos climáticos que ocorren ao longo da historia do planeta Terra. Como o propio nome suxire, é un período de frío intenso cando a temperatura media da Terra baixou, provocando o aumento das xeeiras nos polos e unha acumulación de xeo nas zonas montañosas próximo ás rexións de neves eternas (que nunca derreten). Actualmente as xeeiras ocupan un 10% da área total do planeta e a maioría está localizada nas rexións polares como a Antártica e Groenlandia, mais non sempre foi así.
Pandoravirus é un xénero de virus de gran tamaño, cun xenoma maior que o do resto dos virus coñecidos. Como outros virus grandes como Mimivirus e Megavirus, o Pandoravirus infecta a amebas, pero o seu xenoma, que contén de 1,9 a 2,5 megabases de ADN, é unha dúas veces máis grande que o de Megavirus, e difire moito do doutros virus grandes en aparencia e estrutura do xenoma.
O Club Balonmano Huesca é un equipo de balonmán da cidade de Huesca (Aragón), fundado en 1995. A súa primeira participación nunha categoría estatal tivo lugar na tempada 1997-98, cando o equipo debutou na Primeira División Nacional. O BM Huesca conseguiu o ascenso nos despachos para a tempada 2004-05 logo de disputar sen éxito tres veces a fase de ascenso á División de Honra B, onde tras xogar seis tempadas con resultados dispares (estando mesmo ao límite do descenso) conseguiu o ascenso á Liga ASOBAL no 2011 por primeira vez na súa historia.
Este artigo trata dunha especie de coronavirus que comprende múltiples cepas. Para a cepa que causa a SARS, ver SARS-CoV. Para a cepa que causa a COVID-19, ver SARS-CoV-2. O SARSr-CoV (do inglés Severe acute respiratory syndrome-related coronavirus ou coronavirus relacionado coa síndrome respiratoria aguda grave é unha especie de coronavirus que infecta os humanos, morcegos e algúns outros mamíferos.
Scottish Football League First Division
A Scottish Football League First Division é a máxima división da Liga escocesa de fútbol e o segundo nivel do sistema de ligas de fútbol en Escocia. Entre 1890 e 1975 foi o nivel máis alto. A división foi introducida na tempada 1975–76 do fútbol escocés para substituír a vella Scottish Football League Division Two.
Air Astana (casaco: Эйр Астана) é a aeroliña nacional da República de Casaquistán. Baseada en Almati, opera voos regulares domésticos e internacionais a 64 destinos dende o seu principal centro de conexións, no aeroporto de Almati, e o seu centro de conexións secundario, no aeroporto de Astana. É unha empresa conxunta entre o fondo soberano casaco Samruk-Kazyna (51%) e BAE Systems PLC (49%).
O Tour de Francia 2015 foi a 102ª eddición do Tour de Francia, a carreira ciclista máis importante do mundo. Esta edición disputouse entre os días 4 e 26 de xullo de 2015. O percorrido contou con 21 etapas e 2 días de descanso, como é habitual, das cales 7 etapas eran de alta montaña, 2 de contra o reloxo (unha individual e outra por equipos), 1 de pavé, 2 totalmente chás e 9 con final en alto.
Casaquistán ou Kazhakhstán é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².
Sherlock é un nome inglés masculino de pouca frecuencia, que significa literalmente "loiro", do anglosaxón scir ("brillante") e locc ("mechón de pelo"). Popularizado a partir do personaxe literario Sherlock Holmes, pode referirse a: PatronímicoUn apelido irlandés anglificado desde o gaélico "Scurlog", do danés "feroz guerreiro".PersonalidadesThomas Sherlock, bispo de Londres no século XVIII. Lorcan George Sherlock, alcalde de Dublín até 1945. Sherlock Holmes, un detective ficticio de finais do século XIX e principios do século XX, creado por Arthur Conan Doyle.TelevisiónSherlock, unha serie de televisión de 2010.
A das linguas álxicas é unha familia de linguas indíxenas de América do Norte. A maioría delas pertencen á subfamilia das linguas algonquinas, que se falaban desde as Montañas Rochosas até Nova Inglaterra á chegada dos europeos á rexión. Outras linguas álxicas son o yurok e wiyot, do noroeste de California.
En matemática pura, a hipótese de Riemann, formulada por primeira vez por Bernhard Riemann en 1859, é unha conxectura sobre a distribución dos ceros da función zeta de Riemann ζ(s).A hipótese de Riemann, pola súa relación coa distribución dos números primos no conxunto dos naturais, é un dos problemas abertos máis importantes na matemática contemporánea. O Instituto Clay de Matemáticas ofreceu un premio dun millón de dólares á primeira persoa que desenvolva unha demostración correcta da conxectura. A maior parte da comunidade matemática pensa que a conxectura é correcta, aínda que outros grandes matemáticos como J. E. Littlewood e Atle Selberg se mostraron escépticos, aínda que o escepticismo de Selberg foi diminuíndo dende os seus días de mocidade.
A hedra común (Hedera helix L.) é unha planta agatuñante e rubideira, de follas perennes, da familia das Araliáceas, con frecuencia cultivada como planta ornamental. O nome común máis estendido en galego é o de hedra, pero nalgunhas comarcas do Sur de Galicia (área tudense e miñorana) denomínase areira. En italiano é denominada edera, en francés lierre, en inglés ivy e en alemán Efeu.
Estrutura terciaria dos ácidos nucleicos
A estrutura terciaria dos ácidos nucleicos é a forma tridimensional dun polímero de ácido nucleico. As moléculas de ARN e ADN son capaces de realizar diversas funcións desde o recoñecemento molecular á catálise. Tales funcións requiren unha estrutura tridimensional moi precisa.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Non confundir con feixoaO feixón, fabeira, faba ou chicho (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba. As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Boiro Novo é unha asamblea cidadá de ámbito municipal en Boiro (A Coruña), presentada o 13 de decembro de 2014. Boiro Novo e unha asamblea plural, diversa e feminista, a prol do medio ambiente. Nas eleccións do 2015, Boiro Novo e Esquerda Unida (EU) unironse formando SON , conseguindo 927 votos (9,71 %), por tanto un concelleiro, a candidata a alcaldía Dores Torrado.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
A Copa España (tamén chamada Concurso España) foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball —antecesora da Real Federación Española de Fútbol— no que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol ratificou a oficialidade do torneo.En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball —unha escisión da Federación Española de Clubs de Foot-ball— organizou un torneo análogo, do que non se chegaría a disputar a fase final.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.391 .
A Orde de Malta, tamén coñecida como Orde de San Xoán de Xerusalén ou Orde dos Hospitalarios, oficialmente Soberana Militar Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén de Rodas e de Malta, é unha orde católica que constitúe unha entidade soberana e suxeito de dereito internacional con status de observador permanente na ONU e considérase sucesora directa da orde medieval dos Cabaleiros Hospitalarios. A Orde de Malta mantén relacións diplomáticas formais con 112 estados e ten a súa sede en Roma baixo a dirección dun Gran Mestre.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos
O Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos é un tratado multilateral, adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas mediante a Resolución 2200A (XXI), de 16 de decembro de 1966. Entrou en vigor o 23 de marzo de 1976. Foi adoptado ao mesmo tempo que o Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e faise referencia a ambos co nome de Pactos Internacionais de Dereitos Humanos ou Pactos de Nova York.