Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG. Entre o 29 de marzo de 2021 e o 27 de marzo de 2023 foi delegado do Goberno de España en Galicia.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Leonardo da Vinci ( Leonardo di ser Piero da Vinci ), nado en Anchiano, Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci, o 15 de abril de 1452 e finado en Amboise (Francia) o 2 de maio de 1519, foi un artista florentino destacado polímata en diferentes eidos: pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico, escultor, inventor, urbanista, matemático, escritor e músico icona do Renacemento italiano. Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a Mona Lisa, tamén coñecida como A Gioconda, e A Última Cea, copiadas e parodiadas en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio, que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.
Le Monde (pronunciación en francés: /lə mɔ̃də/; en galego: O Mundo) é un xornal vespertino francés fundado por Hubert Beuve-Méry e publicado de maneira continua en París dende a súa primeira edición o 19 de xaneiro de 1944. É a principal publicación do Groupe Le Monde. O xornal Le Monde non debe confundirse coa publicación Le Monde diplomatique, da cal o grupo Le Monde posúe un 51%, pero que é editorialmente independente.
A escola de Frankfurt foi unha corrente académica de mediados do século XX que abrangueu as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt. O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudosos de diferentes ámbitos.
O voo 498 de Crossair era un servizo dende Zúric, Suíza e Dresden, Alemaña, que se esnafrou dous minutos despois de engalar no municipio suízo de Niederhasli o 10 de xaneiro de 2000. Os sete pasaxeiros e tres tripulantes a bordo do Saab 340B morreron no impacto. Foi o primeiro accidente con vítimas mortais da aeroliña rexional suíza Crossair nos seus 25 anos de historia.
Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes.
Tokusatsu (特撮) é a palabra xaponesa para denominar os efectos especiais e que fóra do Xapón identifica os filmes e series xaponesas que fan un considerable uso dos efectos especiais como filmes ou series de imaxe real tales como os de superheroes, como son as series de Metal Hero; kaijus como Godzilla; as de mecha, como Giant Robot ou aquelas producións que combinan dous ou máis destes xéneros, como Ultraman ou Super Sentai. En xeral abrangue temas que teñen que ver coa ficción científica, fantasía e terror. Constitúe unha das formas de entretemento máis populares do Xapón, pero fóra de Asia apenas teñen éxito uns poucos filmes e series, aínda que si conta cun importante número de afeccionados en todo o mundo.
Doce homes sen piedade (en inglés: 12 Angry Men) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Sidney Lumet. Adaptado da obra homónima de Reginald Rose, é un drama legal que conta a historia dun xurado de doce homes que deliberan sobre a sentenza na base da dúbida razoable, forzando os membros do xurado a cuestionarse sobre a súa propia moral e valores. En 2007, o filme foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Tropicos é unha base de datos de botánica que contén información taxonómica das plantas, principalmente da ecozona neotropical (América Central e América do Sur). É mantido polo Xardín Botánico de Missouri e foi estabelecido hai 25 anos. A base de datos contén imaxes e datos taxonómicos e bibliográficos de máis que 4,2 millóns de especies de plantas.
Unha deidade é un ser natural ou sobrenatural considerado divino ou sacro. O Dicionario de Oxford de inglés define deidade como "un deus ou deusa (nunha relixión politeísta)", ou calquera cousa venerada como divina. C. Scott Littleton define unha deidade como "un ser con poderes meirandes que aqueles de humanos normais, mais que interactúa con humanos, positivamente ou negativamente, en formas que levan os humanos a niveis novos de consciencia máis aló das súas preocupacións da vida normal".
A temperatura é unha magnitude física que indica a densidade de enerxía interna dun sistema referida ás nocións comúns de quente, morno ou frío que pode ser medida cun termómetro. A temperatura é un parámetro termodinámico do estado dun sistema que caracteriza a calor, ou transferencia de enerxía térmica, entre ese sistema e outros. En física, defínese como unha magnitude escalar relacionada coa enerxía interna dun sistema termodinámico, definida polo principio cero da termodinámica.
Unha impresión dixital é a marca visible ou moldeada que produce o contacto das cristas papilares. Depende das condicións nas que se faga o dactilograma (impregnando ou non de substancias de cor distinta á do soporte), e das características do soporte. A pesar disto, é unha característica individual que se emprega como medio de identificación de persoas.
O artista é a persoa que realiza ou produce obras de arte. O que se entende por artista depende polo tanto do significado da palabra arte, e, dado o cambiante significado deste concepto, o termo artista só pode definirse ou estudarse dende un punto de vista histórico, en función, por exemplo, dos cánones estéticos de cada época. Con todo, existen certas constantes que se repiten ao longo da historia e que serven para definir a noción asemade de arte e de artista.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Non debe considerarse casualidade que O Cairo apareza ao carón dun dos conxuntos urbanos e monumentais máis memorables de tódalas épocas: as ruínas de Menfis, a primeira capital dun Exipto unificado dende o 3150 a.C., e que foi ao longo dos séculos e as primeiras dinastías a necrópole de faraóns e altos dignitarios, unha longa franxa de terra entre o Nilo e o deserto, dende as aforas de Menfis ata culminar en Giza coas tres grandes pirámides. Saqqara, Meidun, Dashur, Abusir son nomes que xalonan a ruta funeraria e a historia do comezo dunha civilización. E non é casual que O Cairo se asente alí, inda que na outra beira, a oriental, do gran río, porque o lugar foi sempre o punto xeoestratéxico de control da rexión, do país, do imperio unificado: o ápice no que o val que serpea dende un remoto sur se abre nun dos deltas máis feraces da terra.
Fangataufa é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente depende da comuna de Tureia, pero foi cedido pola Asemblea Territorial ao Centro de Experimentación do Pacífico, xunto co atol Mururoa, para que se fixesen probas nucleares. Está situado ao sueste do arquipélago, a 40 km ao sueste de Mururoa.
Meat Is Murder é o segundo álbum da banda inglesa de rock alternativo The Smiths, publicado o 11 de febreiro de 1985 a través do selo Rough Trade Records no Reino Unido e Sire Records nos Estados Unidos. Este disco foi o único do grupo en chegar ao número 1 das listas británicas. No Canadá acadaría o posto 40 e nos Estados Unidos o 110.
Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisinos Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica. O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
Os catións de amonio cuaternario, son ións poliatómicos cargados positivamente coa estruura NR+4, onde R é un grupo alquilo ou arilo. A diferenza do ión amonio (NH+4) e os catións de amonio primarios, secundarios e terciarios, os catións de amonio cuaternario están cargados permanentemente, independentemente do pH da súa disolución. Os sales de amonio cuaternario ou compostos de amonio cuaternario (chamados aminas cuaternarias na terminoloxía da industria petrolífera) son sales de catións de amonio cuaternario.
O Apollo 11 foi unha misión espacial tripulada dos Estados Unidos cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano camiñase na superficie da Lúa. A misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, aluando o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar. O Apollo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde a plataforma LC 39A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de cabo Kennedy, en Florida (EUA).
Michael Joseph Jackson, nado en Gary, Indiana o 29 de agosto de 1958 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 2009, máis coñecido simplemente como Michael Jackson, foi un cantautor, actor, músico, bailarín e home de negocios estadounidense. Chamado o Rei do Pop, a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas. O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971.
Estrutura terciaria dos ácidos nucleicos
A estrutura terciaria dos ácidos nucleicos é a forma tridimensional dun polímero de ácido nucleico. As moléculas de ARN e ADN son capaces de realizar diversas funcións desde o recoñecemento molecular á catálise. Tales funcións requiren unha estrutura tridimensional moi precisa.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Ames é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2018 tiña 31.278 habitantes (15.015 homes e 16.263 mulleres) (en 2012 29.331 habitantes, 27.900 no 2010, 24.553 no 2007, 23.219 no 2006, 22.228 no 2005, 20.840 no 2004).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «amesán».
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo B
O Grupo B da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a campioa de Europa dous anos antes Portugal, xunto con España, Marrocos e Irán. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
O carcinoma lobular in situ (CLIS), é un termo médico que se refire a cambios neoplásicos non cancerosos nas células que revisten os lóbulos da mama nos extremos distais dos condutos mamarios. Denomínase in situ, porque a doenza non é infiltrante. Malia que o carcinoma lobular in situ non é un cancro, a súa presenza indica un risco maior na aparición de cancro de mama, aínda que non todas as pacientes cun carcinoma in situ, incluíndo os peores casos, desenvolven cancro de mama.
Le Villi (en galego, As Villi) é unha ópera en dous actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Ferdinando Fontana, baseado no conto Les Willis de Gean-Baptiste Alphonse Karr, tamén empregado no ballet Giselle. Trátase da primeira ópera composta por Puccini e foi estreada no Teatro Dal Verme de Milán o 31 de maio de 1884 con Caponetti e Antonio d'Andrade como intérpretes baixo a dirección de Achille Panizza. Puccini escribiu unha nova versión de dous actos (a orixinal tiña un) que foi estreada no Teatro Regio de Turín o 26 de decembro de 1884.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Sistelo é unha freguesía portuguesa do concello de Arcos de Valdevez, con 26,23 km² de superficie e 199 habitantes (censo 2021). A súa densidade de poboación é de 7,59 hab./km² . Atópase na Serra da Peneda, presentando un terreo accidentado, con altitudes que oscilan entre os 180 metros e os 1360 metros.A Orde de Malta tiña importantes bens na zona desta freguesía.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
As Cruces é un lugar do concello coruñés de Sobrado, que forma parte de dúas parroquias: Cumbraos e Grixalba. Segundo o IGE, en 2019 a parte de Cumbraos tiña 37 habitantes (18 homes e 19 mulleres), mentres a de Grixalba tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres). A localidade, asentada nunha antiga e importante encrucillada de camiños, é atravesada polo Camiño de Santiago, concretamente unha das variantes do Camiño do Norte.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A guerra de Paraguai foi o maior conflito armado internacional ocorrido no continente americano, no período de decembro de 1864 a marzo de 1870. É tamén chamada guerra da Tripla Alianza. O Brasil, a Arxentina e o Uruguai, aliados, derrotaron o Paraguai despois de cinco anos de loitas, durante os cales o Brasil enviou 180.000 homes á guerra.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do PSdeG, foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015 e dende setembro de 2013 o secretario xeral do PSdeG, cargo do que tivo que dimitir ao ser imputado de varios delitos pola xuíza Pilar de Lara, acusacións que acabarían sendo arquivadas en 2021.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
As cartas dos índios Camarões (en portugués: cartas dos índios Camarões) ou cartas tupís dos Camarões (en portugués: cartas tupis dos Camarões) son unha serie de seis cartas intercambiadas entre os indios potiguaras durante 1645, na primeira metade do século XVII, no contexto da invasión neerlandesa do Brasil. Son os únicos textos coñecidos escritos por indios brasileiros até a Independencia do Brasil. As cartas dos indios Camarões son os únicos rexistros escritos de tupí antigo da época do Brasil colonial.
Eduardo de Almeida Navarro, nado en Fernandópolis, o 20 de febreiro de 1962, é un filólogo e lexicógrafo brasileiro, especialista en tupí antigo e nheengatu. É un profesor na Universidade de São Paulo, onde ensina tupí antigo dende 1993, e nheengatu dende 2009. Eduardo Navarro é o autor dos libros Método moderno de tupi antigo, 1998 e Dicionário de tupi antigo, 2013, dúas obras importantes sobre a lingua tupí.
A chanfaina galega, tamén chamada chofre, choulán, chourela, ou chourizo de bofe, é un embutido feito fundamentalmente cos pulmóns e outras vísceras do porco que non serven para faceren o chourizo, picadas e sazonadas como a zorza deste. Polo tipo dos seus compoñentes principais, as chanfainas non poden conservarse moito tempo, polo que deben seren consumidas pouco despois de embutidas. Porén, unha chanfaina ben feita, fritida e acompañada dunha pataca cocida para mollar na graxiña que desprende, é un prato tradicional, e popular en tempos pasados, certamente notábel.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
O fútbol americano é un deporte de conxunto coñecido por mesturar complexas estratexias e un xogo físico moi intenso. Naceu hai máis de 100 anos nos Estados Unidos. É un dos deportes de impacto máis competitivos do mundo onde o xogador require dunha gran disciplina, adestramento físico e preparación mental.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Diana Alexandra Aguavil Calazacón, nada o 7 de agosto de 1983, é unha líder indíxena ecuatoriana. Dende o 25 de agosto de 2018 é a primeira gobernadora feminina do pobo tsáchila, após 104 anos de administracións exclusivamente lideradas por homes e logo de gañar as eleccións tsáchila de 2018. Foi tamén a segunda muller en ser candidata a este posto.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.