Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG. Entre o 29 de marzo de 2021 e o 27 de marzo de 2023 foi delegado do Goberno de España en Galicia.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Invasión rusa de Ucraína de 2022
O 24 de febreiro de 2022, Rusia comezou unha invasión militar en Ucraína, un dos seus países veciños do suroeste. Os primeiros informes declararon esta invasión como a maior operación militar de guerra convencional en Europa dende a segunda guerra mundial. Este suceso marcou un aumento na escalada da violencia na actual guerra ruso-ucraína, a cal comezou en febreiro de 2014.
O tempo é a sucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos.Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro. Por este motivo o tempo é un problema fundamental, e permanentemente aberto, de todo o que ten que ver coa experiencia e o coñecemento.
Timothy William Burton, nado en Burbank (California) o 25 de agosto de 1958, é un director e produtor de cinema, guionista e artista estadounidense. É coñecido polos seus filmes de fantasía gótica e de terror, como Beetlejuice (1988), Edward Scissorhands (1990), The Nightmare Before Christmas (1993), Ed Wood (1994), Sleepy Hollow (1999), A noiva cadáver (2005), Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street (2007) e Frankenweenie (2012), mais Burton tamén dirixiu filmes de superheroes como Batman (1989) e Batman volve (1992), o filme de ciencia ficción Planet of the Apes (2001), o drama Big Fish (2003), o musical Charlie e a fábrica de chocolate (2005), e os filmes de fantasía Alice in Wonderland (2010) e Miss Peregrine's Home for Peculiar Children (2016). Burton traballou de forma habitual co actor Johnny Depp e co compositor Danny Elfman, quen compuxo a banda sonora de tódolos seus filmes agás tres.
Terra Nova e Labrador (Newfoundland and Labrador, en inglés, e Terre-Neuve-et-Labrador, en francés) é unha provincia do Canadá. Foi a última provincia a entrar na confederación canadense, en 1949. Xeograficamente, a provincia consiste na illa de Terra Nova e mailo Labrador, localizado no continente.
O braille é un sistema de escrita táctil pensado para as persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (1809-1852), cego dende a súa infancia debido a un accidente, a mediados do século XIX. Creou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar deseñado por Charles Barbier de la Serre para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz. O braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.
O topónimo galego Sanche pode referirse a: Sanche, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; Sanche, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol; Sanche Grande, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Xermade; Sanche Pequeno, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Xermade.
O rito romano é unha das formas nas que son celebrados na Igrexa Católica tanto a Eucaristía (misal romano) como os outros sacramentos (ritual romano), a liturxia das horas (breviario) e as outras cerimonias litúrxicas (ritual e Caeremoniale Episcoporum). É o rito litúrxico orixinario da diocese de Roma da Igrexa Católica. É o rito máis estendido dos ritos litúrxicos latinos, empregados na Igrexa Latina, unha das 23 igrexas particulares autónomas en comuñón co Papa.
Francis Scott Key Fitzgerald, nado en Saint Paul (Minnesota) o 24 de setembro de 1896 e finado en Hollywood (California) o 21 de decembro de 1940, foi un novelista estadounidense da época do primeiro jazz. A súa obra é o reflexo dos problemas da mocidade do seu país nos anos que seguiron á primeira guerra mundial. É especialmente coñecido pola obra The Great Gatsby, traducida ao galego por Laura Rodríguez Gómez como O Gran Gatsby.
O Ermitage ou Museo Estatal do Ermitage (en ruso Государственный Эрмитаж / Gosudarstvenniy Ermitaž) en San Petersburgo, Rusia, é unha das maiores, máis antigas, importantes e famosas galerías de arte e museos da historia humana e da cultura do mundo. As vastas coleccións do Ermitage están despregadas en seis edificios, sendo un dos principais o Palacio de Inverno que fora a residencia oficial do Tsar das Rusias.
Hideaki Anno (庵野 秀明, Anno Hideaki), nado en Ube o 22 de maio de 1960, é un animador, director de cinema e actor xaponés. É coñecido por ser o creador do popular anime Neon Genesis Evangelion. O seu estilo quedou definido pola incorporación do posmodernismo e da extensa representación dos pensamentos e emocións dos personaxes, a miúdo a través de escenas non convencionais que presentan a súa deconstrución mental.
Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas. Máis recentemente, as bibliotecas enténdense como unha extensión máis alá das paredes físicas dun edificio, coa inclusión de material accesible por medios electrónicos, e proporcionando información e axuda a través do acceso a cantidades enormes de información e coñecemento por medio dunha gran variedade de instrumentos dixitais.
Unha letra é cada un dos símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura. Os signos de certas escrituras, como algunhas moi antigas, son chamados silabogramas se describen unha sílaba, ideogramas se reflicten unha idea (ás veces parte dunha palabra) ou logogramas se reflicten unha palabra ou oración, como algúns xeroglíficos. Unha palabra é o conxunto formado por unha ou máis letras con significación semántica.
A Vita Sancti Wilfrithi (vida de Saint Wilfrid) é un texto haxiográfico do século VIII no que se explica a vida do bispo de Northumbria Wilfrid de York. Aínda que se trata dunha haxiografía, afonda nos problemas políticos relacionados coa Igrexa de Northumbria e coa historia dos mosteiros de Ripon e Hexham. A obra forma parte dunha colección de fontes históricas escritas entre finais do século VII e comezos do VIII, que inclúe o texto anónimo Vita Sancti Cuthberti, as obras de Beda o Venerbel e Vita Sancti Columbae de Adamnán.
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
A glizirrizina ou glicirricina é un edulcorante obtido da planta da regalicia (Glyzyrrhiza glabra). Quimicamente a glicirricina é un glicósido saponínico triterpenoide do ácido glicirrícico (ou glicirrícínico). Cando sofre hidrólise, este glicósido perde o seu sabor doce e convértese na aglicona ácido glicirretínico e dúas moléculas do glicido ácido glicurónico.
Unha base de datos é un ficheiro organizado de datos sobre un tema. Nos servizos públicos é empregado como un arquivo para ter un acceso rápido ós os seus datos administrados. En informática, unha base de datos é un ficheiro informático que se emprega para preservar datos de xeito organizado e que permite atopar está información rapidamente cando sexa preciso.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Charles Milles Manson, nado en Cincinnati (Ohio) o 12 de novembro de 1934 co nome de Charles Milles Maddox e finado en Bakersfield (California) o 19 de novembro de 2017, foi un criminal estadounidense fundador e líder de The Family, un grupo sectario hippie de California a finais dos anos 1960. Condenado por ordenar os asasinatos o 8 de agosto de 1969 de Sharon Tate, dona do realizador de cinema Roman Polanski, e dos seus convidados e o día seguinte os de Leno e Rosemary LaBianca.
Jonathan Swift, nado en Dublín o 30 de novembro de 1667 e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 1745, foi un escritor satírico irlandés en lingua inglesa. A súa obra principal é As viaxes de Gulliver, que constitúe unha das críticas máis amargas que se escribiron contra a sociedade e a condición humana.
O lexicón é o "dicionario" en que se rexistran as palabras que coñece un falante. Este "dicionario" especifica os trazos idiosincráticos das pezas léxicas (palabras).Algúns modelos gramaticais formais basean a xeración de oracións no procesamento dos trazos das unidades do lexicón. Nestes modelos, o lexicón non é parte da gramática, senón que proxecta os seus trazos a través de mecanismos inherentes ás gramáticas.
A Wikipedia en castelán é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua castelá. Foi creada o 11 de maio de 2001, acadando os 100 000 artigos o 8 de marzo de 2006 e o 1 000 000 de artigos o 16 de maio de 2013. Esta versión da enciclopedia contén 1.849.896 artigos e 6.802.644 usuarios, dos cales 14.588 son activos.
Genji Monogatari (源氏物語) (A historia de Genji) é unha obra clásica da literatura xaponesa atribuída á nobre xaponesa Murasaki Shikibu de comezos do século xi, no cumio do período Heian. Gran parte da importancia desta obra recae no feito de que é considerada por algúns a primeira novela, ou a primeira novela moderna, ou a primeira novela psicolóxica ou primeira novela considerada un clásico, punto que aínda é un asunto de debate (ver "Importancia"). O crítico Harold Bloom inclúe Genji Monogatari na súa lista das 100 obras canónicas mundiais, indicando que equivale ao que Don Quixote representa na literatura occidental.
A Euroliga 2004-05 foi a quinta edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa é a edición número corenta e oito. Nesta edición competiron vinte e catro equipos de trece estados distintos.
Juan de Padilla, nado en Toledo o 10 de novembro de 1490 e finado en Villalar o 24 de abril de 1521, foi un fidalgo castelán, coñecido pola súa decisiva participación na Guerra das Comunidades de Castela, na que apoiou o bando sublevado en armas contra o monarca Carlos I. Morreu decapitado trala derrota comuneira en Villalar.
Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado en Los Angeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.
Medida por medida (en inglés: Measure for Measure) é unha obra de teatro de William Shakespeare, que se cre foi escrita en 1603 ou 1604. Orixinalmente publicada en First Folio de 1623, onde foi clasificada como unha comedia, a primeira representación da obra produciuse en 1604. Os principais temas da obra son a xustiza, a "mortalidad e a misericordia en Viena", e a dicotomía entre a corrupción e a pureza: "algúns álzanse polo pecado, e outros caen pola virtude".
Xosé Ramón Gómez Besteiro, nado en Lugo o 15 de novembro de 1967, é un avogado e político do Partido dos Socialistas de Galicia, foi o presidente da Deputación de Lugo dende 2007 ata 2015 e dende setembro de 2013 o secretario xeral do PSdeG, cargo do que tivo que dimitir ao ser imputado de varios delitos pola xuíza Pilar de Lara, acusacións que acabarían sendo arquivadas en 2021. Dende marzo de 2023 é o Delegado do Goberno en Galicia.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Incursión portuguesa no Val de Monterrei (1801)
A incursión portuguesa no Val de Monterrei de 1801 foi un episodio militar da guerra das Laranxas, na que o exército portugués, comandado polo xeneral Gomes Freire de Andrade, tratou de desviar a atención dos exércitos españois concentrados en Estremadura invadindo o sur da provincia de Ourense, fracasando no seu intento de conquistar o castelo de Monterrei.
A estrutura das biomoléculas é a forma tridimensional con intricados pregamentos que adopta unha molécula de proteína, ADN, ARN ou outras biomoléculas, e que é importante para a súa función. A estrutura destas moléculas pode considerarse a calquera escala, desde o nivel de átomos individuais ata as relacións entre subunidades proteicas completas. Esta útil distinción entre escalas adoita expresarse descompoñendo a estrutura molecular en catro niveis: estrutura primaria, secundaria, terciaria e cuaternaria.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A lingua huna era a lingua falada polo hunos, unha confederación tribal heteroxénea que invadiu Europa Oriental e Central, e gobernou a maioría da chaira panónica durante os séculos IV e V. Dentro do Imperio Huno falábanse unha gran variedade de linguas. Un informe contemporáneo de Prisco de Panio afirmaba que o huno se falaba xunto ao gótico e as linguas doutras tribos sometidas polos hunos.Como non se conservan inscricións ou frases enteiras na lingua huna, o corpus atestiguado é moi limitado, composto case na súa totalidade por nomes propios en fontes gregas e latinas.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade. O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e ao Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC).
Un continente é unha grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. En xeografía pódese considerar un tipo de MUG (macro unidade xeográfica), que está establecida por criterios físico-históricos. Por isto, atopamos continentes como Europa e Asia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.
Método Moderno de Tupi Antigo: a língua do Brasil nos primeiros séculos é un curso de tupí do filólogo e lexicógrafo Eduardo de Almeida Navarro. A súa finalidade básica é facer accesible a aprendizaxe desta lingua, para que non se restrinxa aos eidos académicos.O tupí antigo é a lingua indíxena máis importante na construción cultural do Brasil. A través de vocabulario e moitos exercicios, o traballo pretende que o alumnado poida ler textos dos séculos XVI e XVII nesta lingua indíxena clásica.
Saudi Aramco (árabe: أرامكو السعودية ʾArāmkū as-Suʿūdiyyah), oficialmente Saudi Arabian Oil Company (anteriormente Arabian-American Oil Company), é unha empresa pública de petróleo e gas natural de Arabia Saudita con sede en Dhahran. Desde 2020, é unha das empresas máis grandes do mundo por ingresos. Saudi Aramco ten as segundas reservas de cru comprobadas máis grandes do mundo con máis de 270 mil millóns de barrís, e a maior produción diaria de petróleo de todas as empresas produtoras de petróleo.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Penafiel é un concello do Distrito do Porto, na Rexión Norte e subrexión Támega (Portugal). A capital do concello conta cuns 9.343 habitantes.É sede dun municipio de 212,82 km² de extensión e 72.265 habitantes (2011), subdividido en 38 freguesías. O concello limita ao norte co concello de Lousada, ao nordeste can Amarante, ao leste con Marco de Canaveses, ao sur co concello de Castelo de Paiva e ao oeste cos de Gondomar e Paredes.
Dragon Ball GT: Final Bout, coñecido en Europa e no Xapón como Dragon Ball: Final Bout (ドラゴンボール ファイナルバウト, Doragon Bōru Fainaru Bauto), é un videoxogo de loita para a PlayStation. O xogo foi desenvolvido por TOSE e distribuído por Bandai no Xapón, Europa e América do Norte en 1997, sendo o primeiro lanzamento en América do Norte dun videoxogo de Dragon Ball. Malia que o título norteamericano fai referencia á serie anime Dragon Ball GT, a historia do xogo non ten correlación directa con Dragon Ball GT, sendo os personaxes xogables unha mestura de personaxes de Dragon Ball GT e da súa serie predecesora Dragon Ball Z. A serie de anime Dragon Ball GT non foi lanzada en América do Norte até comezos dos anos 2000.
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol.Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees". En 2018 acadou gran popularidade en Italia coa canción "D'estate non vale" xunto ao cantante italiano Fred de Palma.
Este artigo trata sobre o rei mitolóxico, para a banda galega véxase: Xerión (banda), para o movemento de arte urbano véxase Xerión (arte urbana), para a editorial véxase Xerión (editorial). Xerión (ou Xeriones) (do grego antigo Γηρυών), na mitoloxía greco-romana, é o nome dun dos xigantes, fillo de Crisaor e de Calírroe, dotado de tres cabezas; era irmán de Equidna, monstro metade muller metade serpe, que xerou o can Ortro, que velaba polo gando de Xerión. O seu mito está ligado ao de Hércules, a quen coube, nun dos seus traballos, roubarlle os bois.Xerión moraba en Eritía (a "vermella"), unha das míticas illas das Hespérides, situada no extremo occidental do mar Mediterráneo.
Eduardo de Almeida Navarro, nado en Fernandópolis, o 20 de febreiro de 1962, é un filólogo e lexicógrafo brasileiro, especialista en tupí antigo e nheengatu. É un profesor na Universidade de São Paulo, onde ensina tupí antigo dende 1993, e nheengatu dende 2009. Eduardo Navarro é o autor dos libros Método Moderno de Tupi Antigo, 1998 e Dicionário de Tupi Antigo, 2013, dúas obras importantes sobre a lingua tupí.
Resident Evil: Survivor, coñecido no Xapón como Biohazard Gun Survivor (バイオハザード ガンサバイバー, Baiohazādo Gan Sabaibā), é un videoxogo de disparos en primeira persoa desenvolvido por Tose e publicado por Capcom. Lanzouse para PlayStation no Xapón o 27 de xaneiro de 2000, en Europe 31 de marzo de 2000, en América do Norte o 30 de agosto de 2000. É un spin-off da serie de videoxogos Resident Evil.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A Medalla linneana é un galardón concedido pola Sociedade Linneana de Londres desde 1888. Concedíase todos os anos como recompensa en alternancia a un botánico ou a un zoólogo, pero desde 1958 recompénsase no mesmo ano a dous especialistas. Desde o ano 1976 recuperou seu nome inicial de "Medalla de ouro da Sociedade Linneana".
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².