Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O medio dólar Kennedy é unha moeda estadounidense de curso legal cuñada por vez primeira en 1964 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Concibiuse como unha homenaxe ao 35º presidente do país, John F. Kennedy, e a súa creación foi autorizada polo Congreso dos EEUU pouco despois dun mes do seu asasinato en novembro de 1963. O uso de obras anteriores dos gravadores xefe da casa da moeda Gilroy Roberts e Frank Gasparro posibilitou unha rápida preparación dos cuños e a produción da nova moeda comezou xa en xaneiro de 1964.
LinkedIn é unha rede social para profesionais (coñecida tamén como “Facebook dos profesionais")[Cómpre referencia] fundada en decembro de 2002 e aberta ao público en maio de 2003; sendo creada por Reid Hoffman, Allen Blue, Konstantin Guericke, Eric Ly e Jean-Luc Vaillant. Nesta rede é posible crear o teu perfil e colgar o teu CV (resumo da tua experiencia e logros profesionais), ofrecéndoche a opción de contactar con persoas especializadas no teu mesmo sector, establecendo deste xeito unha rede de contactos. En outubro de 2008, tiña arredor de 20 millóns de usuarios rexistrados.
O Bayer 04 Leverkusen é un equipo de fútbol alemán que xoga en Leverkusen. O nome do club débese á afamada empresa farmacéutica Bayer, que fabrica a pílula máis coñecida mundialmente: a Aspirina. A nivel local, é o club máis importante, pese a non gañar aínda unha Liga, estando preto de obtela, pero quedando detrás de clubs como o Bayern Múnic, Borussia Dortmund ou Werder Bremen.
A conquiolina, ás veces denominada tamén conchina ou perlucina, é un compleo de macromoléculas orgánicas, proteínas fibrosas quitinidais e polisacáridos, que son segregadas polo manto dos moluscos. Estes complexos asócianse con cristais de aragonita para formaren unha estrutura ríxida que permite a construción da cuncha do molusco. As moléculas que forman a conquiolina e o carbonato de calcio que formará a aragonita son segregados polo manto.
Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza de devandita comunidade autónoma. Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 no área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.
Quack Pack é unha serie de televisión estadounidense do xénero de animación producida por Walt Disney Television Animation. Está protagonizada polo Pato Donald e os seus sobriños. A serie emitiuse o 3 de setembro de 1996 como parte da programación de "Disney Afternoon", seguindo o éxito de Goof Troop.
O Club Hielo Jaca, é un equipo español de hóckey sobre xeo da cidade de Jaca, Huesca (Aragón). Actualmente compite na Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima categoría do hóckey sobre xeo do Estado español. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de Xeo de Jaca, inaugurado en 2008 e con capacidade para 2.000 espectadores.
As veas cavas superior e inferior (latín: "venae cavae", singular "vena cava") son as veas que devolven o sangue do corpo (pobre en osíxeno) en dirección á aurícula dereita do corazón:Vea cava inferior: segue á beira da aorta abdominal cargando sangue da parte inferior do corpo. É a vea máis grande do corpo humano.Vea cava superior: está por riba do corazón, e fórmase dunha converxencia das veas braquiocefálicas esquerda e dereita, que conteñen sangue procedente da cabeza e brazos.
Air Seychelles é a aeroliña nacional da República das Seychelles. A súa sede atópase no aeroporto internacional das Seychelles na illa de Mahé e opera voos regulares internacionais e entre as illas do país e tamén voos chárter. A aeroliña pertence ao goberno do país, que ten o 60% das súas accións, estando o 40% restante nas mans de Etihad Airways.
O 57º certame Miss Universo fíxose no Crown Convention Center dentro do Diamond Bay Resort na pequena cidade de Nha Trang, Vietnam, o 14 de xullo de 2008. Concursantes de 80 nacións e territorios autónomos competiron polo título. Ao final do evento Riyo Mori, Miss Universo 2007 do Xapón coroou á súa sucesora Dayana Mendoza de Venezuela.
A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
República Federal Socialista de Iugoslavia
A República Federal Socialista de Iugoslavia (abreviado: RFSI, en croata e esloveno: Socijalistička Federativna Republika Jugoslavija, en serbio e mecedonio: Социјалистичка Федеративна Република Југославија, en albanés: Republika Socialiste Federative e Jugosllavisë, en húngaro: Jugoszláv Szocialista Szövetségi Köztársaság) foi un estado socialista europeo que existiu entre os anos 1963 e 1992, substituíndo na súa creación á República Federal Popular de Iugoslavia. Estaba formada por Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Macedonia e Montenegro. Foi gobernada ata o ano 1980 por Josip Broz Tito, quen a diferenza doutros países comunistas de Europa, elixiu un camiño independente ao da Unión Soviética, manténdose así distanciado dos países do Bloque do Leste, chegando a criticar as intervencións en Hungría, Checoslovaquia e Afganistán.
O cabelo longo é un peiteado no que se deixa medrar o pelo ata unha lonxitude considerable. A percepción do cabelo longo pode cambiar dunha cultura a outra, ou mesmo entre culturas. Por exemplo, unha muller co cabelo longo até o queixo pode considerarse como curto, mentres que un home coa mesma lonxitude considérase como cabelo longo.
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities
A Dictionary of Greek and Roman Antiquities ("Dicionario de antigüidades gregas e romanas"), de William Smith (1813-1893), é unha enciclopedia en lingua inglesa que trata sobre a Antigüidade clásica. Publicouse por vez primeira en 1842 e conta con numerosas reedicións posteriores, tanto en Londres como en Boston e en Nova York, algunhas delas revisadas polo autor e aumentadas. Hoxe todas elas son de dominio público.A enciclopedia ocúpase de aspectos como a lexislación, a relixión, a arquitectura, a guerra ou a vida cotiá, entre outros, sempre desde o punto de vista dun clasicista.
Verve Records é unha discográfica americana especializada en jazz, fundada por Norman Granz en 1956 absorbeu os catálogos de Norgran Records e Clef Records. O catálogo de Verve medrou ó longo dos anos 50 e dos anos 60 para incluír a maioría das figuras principais do jazz, aínda que Granz tendeu a gravar artistas xa establecidos, por veces en declive, máis que buscar talentos novos. Tamén recoñeceu o potencial dos álbums da comedia, producindo o primeiro LP de Spike Jones, Dinner Music For People Who Aren't Very Hungry, en 1956 e varios álbums éxitos de venda que ofrecían actuacións en directo de Shelley Berman a comenzos dos 60.
Parsec (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'. Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").
Limanda é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, que comprende seis especies propias das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico, coñecidas en galego como limandas.Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
África española é a denominación que se daba aos territorios africanos baixo soberanía ou protectorado español, especialmente aplicada ás dependencias coloniais do Protectorado Español de Marrocos formado polas zonas do Rif ao norte e Cabo Juby ao sur, o Sáhara Español (actual Sáhara Occidental), a Guinea Española (actual Guinea Ecuatorial desde a súa independencia en 1968), ademais de Madeira, Cabo Verde, Guinea-Bisau, San Tomé e Príncipe, Somalia, Angola e Mozambique, ao incorporarse Portugal a España. As illas Canarias, Ceuta e Melilla así como as prazas de soberanía, conforman xunto ás demais entidades territoriais e con integridade plena o territorio nacional de España.
As hidroxenofiláceas (Hydrogenophilaceae) son unha familia da clase Betaproteobacteria e única familia da orde Hydrogenofilales, que comprende dous xéneros: Hydrogenophilus e Thiobacillus. Como todas as especies do filo Proteobacteria son gramnegativas. Hydrogenophilus é un xénero termófilo, que crece arredor dos 50 °C e obtén a súa enerxía oxidando o hidróxeno.
Den skyldige é un filme dinamarqués de 2018 co-escrito e dirixido por Gustav Möller. Estreouse na sección de Cinema Dramático Mundial no Festival de Cinema de Sundance de 2018. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, chegando a clasificarse na lista curta de decembro.
Os ácidos graxos omega-6 (tamén chamados ácidos graxos ω−6 ou ácidos graxos n−6) son unha familia de ácidos graxos poliinsaturados que teñen en común posuír un dobre enlace entre carbonos na posición n−6, é dicir, o sesto enlace contando desde o metilo final da cadea do ácido graxo. A denominación omega (ω) indica que se empeza a contar desde o final da cadea, xa que é a última letra do alfabeto grego (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración). Os principais ácidos graxos omega-6 son o ácido linoleico, o ácido gamma-linolénico e o ácido araquidónico.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Inés Pérez de Ceta (escrito tamén Inés Pérez de Çeta ou Inés Pérez de Zeta), nada e finada probablemente no século XVI, foi unha nobre galega, fundadora en 1553 do convento da Nosa Señora dos Remedios, situado no actual barrio vigués do Areal. Cómpre non confundila coa súa neta, Inés Pérez de Ceta Gómez.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG. Entre o 29 de marzo de 2021 e o 27 de marzo de 2023 foi delegado do Goberno de España en Galicia.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Proteína de fusión de membranas
As proteínas de fusión de membranas son proteínas que causan a fusión de membranas biolóxicas. A fusión de membranas é fundamental en moitos procesos biolóxicos, especialmente no desenvolvemento eucariota e a entrada viral. As proteínas de fusión poden orixinarse a partir de xenes de virus con envoltura infecciosos, antigos retrovirus integrados no xenoma do hóspede, ou soamente polo xenoma do hóspede.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
James Richard Garoppolo, nado o 2 de novembro de 1991 en Arlington Heights, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de quarterback para San Francisco 49ers da National Football League (NFL). Formado na Eastern Illinois, foi elixido na segundo rolda do Draft da NFL de 2014 polos New England Patriots, equio co conseguiu dous títulos da Super Bowl como quarterback suplente de Tom Brady.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.