Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
Letonia ( pronunciación ) (en letón: Latvija /ˈlætviə/ ), oficialmente a República de Letonia ( pronunciación ) (en letón: Latvijas Republika) é un país da Europa do norte localizado na rexión báltica. Letonia fai fronteira polo norte con Estonia (343 km), polo sur con Lituania (588 km), e polo leste con Belarús (141 km) e a Federación rusa (276 km). Na outra beira do mar Báltico fai fronteira con Suecia.
RSS é parte da familia de formatos XML, desenvolvidos especificamente para os sitios de novas e os blogs. Este tipo de sitios que se actualizan con frecuencia inclúen dentro das súas potencialidades, a posibilidade de compartir información e usala noutros lugares web ou programas. Este procedemento coñécese como sindicación.
O termo canal pode referirse a: Canal, vía artificial de auga; Canal, descrición hidráulica de diferentes tipos de canles; Canal, estado dos animais sacrificados, logo de lles separar as vísceras, para contar o peso real de carne vendida;Amais, como topónimo pode referirse a: Canal, lugar da parroquia de Cecebre, no concello de Cambre; Canal, lugar da parroquia de Moar, no concello de Frades; O Canal, lugar da parroquia de Oca, no concello de Coristanco; O Canal, lugar da parroquia de Ribadetea, no concello de Ponteareas.
Un distrito electoral é unha división electoral formada polo conxunto de persoas dun territorio que votan e constitúen unha unidade de voto. Nas eleccións municipais o distrito é o concello; nas eleccións ao Parlamento galego e ás Cortes españolas, cada provincia é un distrito; nas eleccións ao Parlamento europeo cada estado membro da Unión Europea constitúe un distrito electoral.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
Unha unión comunicante, nexo ou, en inglés, gap junction (unión de fenda) é unha conexión intercelular especializada presente en moitos tipos de células animais, formada por unha área da membrana onde hai moitas canles de unión comunicante . Estas unións comunican directamente o citoplasma de dúas células contiguas, o cal permite que pasen libremente dunha a outra diversas moléculas e ións.As canles de unión comunicante están formadas por dous conexóns (ou semicanles), un en cada célula, que se conectan a través do espazo intercelular. As unións comunicantes poden considerarse funcionalmente análogas aos plasmodesmos que comunican as células vexetais.Unha importante función das unións comunicantes é facilitar as sinapses eléctricas, que se establecen entre certas neuronas.
Unha empanada ou bola é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno. Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras, peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.
En lingüística un adstrato é unha lingua que influencia a outra, por razón de veciñanza, poder político ou influencia cultural, sen chegar a desaparecer a lingua influenciada. Hoxe en día o inglés é o adstrato máis común na maioría das linguas. No galego o adstrato principal é o castelán desde hai séculos.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
Endemismo é un termo empregado na bioloxía para indicar que a distribución dun taxón está limitada a un ámbito xeográfico reducido, non se atopando de forma natural en ningunha outra parte do mundo. Por iso, cando se indica que unha especie é endémica de certa rexión, quérese dicir que só é posible atopala de forma natural nese lugar.
O alsaciano (en francés: alsacien, en inglés: alsatian, en castelán: alsaciano, en alemán: Elsässerdeutsch e en alsaciano: Elsässisch) é un conxunto de variantes de baixo alemánico e alto alemánico que se falan dende o leste da cordilleira dos Vosgos e o río Rin, principalmente na rexión de Alsacia.
Riane Tennenhaus Eisler, nada en Viena en 1937, é unha académica austríaca, escritora, avogada e activista social. Fuxiu do nazismo cara a Cuba coa súa familia cando aínda era nena; máis tarde emigrou aos Estados Unidos. Graduada en Socioloxía e Dereito na Universidade de California é autora de varios artigos e influentes libros.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
The Cramps foi unha banda estadounidense de garage punk formada en 1976 e activa ata o ano 2009. A banda desapareceu despois da morte do vocalista Lux Interior. A súa composición variou moito ao longo da súa traxectoria, sendo os únicos membros constantes o matrimonio formado por Lux Interior e a guitarrista Poison Ivy.
Jamendo é unha comunidade creada en xaneiro do 2005 ao redor da música de libre distribución, onde os artistas poden subir a súa música de balde e o seu público escoitala e descargala do mesmo xeito. Dende a súa fundación, o número de artistas e álbums aloxados medrou de maneira exponencial. O nome provén da mestura de "jam" e "crescendo".
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
A acuarela é unha técnica pictórica sobre papel ou cartón que emprega cores en po preparadas con goma soluble na auga. Ó diluírse na auga obtense unha solución transparente que se aplica por capas sobre papel branco ou de cor. As cores utilizadas son transparentes (segundo a cantidade de auga na mestura) e ás veces deixan ver o fondo do papel (branco), que actúa como outro verdadeiro ton.
O Basket Torino, coñecido por motivos de patrocinio como Reale Mutua Torino, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Turín, Piemonte. Foi fundado o 31 de maio de 2020 como sucesor do Auxilium Pallacanestro Torino. Desde a temporada 2019−20, o equipo compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.
Sir Michael John Gambon, OBE, nado o 19 de outubro de 1940 en Cabra, Irlanda, é un actor británico de orixe irlandesa que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris. Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas.
O medo é unha emoción caracterizada por un intenso sentimento, habitualmente desagradable, provocado pola percepción dun perigo, real ou imaxinario, presente ou futuro. É unha emoción primaria que se deriva da aversión natural ó risco ou á ameaza, e maniféstase tanto nos animais como no ser humano. O presente artigo trata fundamentalmente do medo en humanos.
Conan o bárbaro (tamén chamado Conan o Cimmerio ou Conan de Cimmeria) é un personaxe de ficción creado en 1932 polo escritor Robert E. Howard para unha serie de relatos destinados á revista de relatos pulp Weird Tales. Conan é un personaxe arquetípico, o máis famoso representante no seu xénero, a así chamada espada e bruxaría, e un clásico da fantasía estadounidense do século XX. Os seus relatos adoitan ser clasificados dentro da fantasía heroica ou a espada e bruxaría. Dende a súa creación apareceu en libros, banda deseñada, filmes, programas de televisión, videoxogos ou xogos de rol, así como tamén noutros medios.
O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018. O certame foi albergado no Altice Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior. Tanto as semifinais coma a final foron presentadas por Filomena Cautela, Sílvia Alberto, Daniela Ruah e Catarina Furtado.
Cécile Hernandez-Cervellon, nada en Perpiñán o 20 de xuño de 1974, que tamén compite como Cécile Hernandez, é unha snowboarder paralímpica francesa e tres veces medallista paralímpico, cunha medalla de prata en Sochi 2014 e unha prata e un bronce en Pieonchang 2018. Compite polos equipos Les Angles e France Douanes, así como o equipo paralímpico nacional francés; fóra do deporte, é xornalista de aduanas e escritora.
I Lombardi alla prima crociata
I Lombardi alla prima crociata (en galego Os lombardos na primeira cruzada) é un drama lírico operístico nun preludio e catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseado no poema homónimo publicado en 1826 por Tommaso Grossi. A súa estrea tivo lugar no Teatro alla Scala de Milán o 11 de febreiro de 1843, obtendo un grande éxito. Verdi adicoulle a partitura a María Luisa, a duquesa Habsburgo de Parma, quen morreu unhas poucas semanas despois da estrea.
Para o actual equipo da Liga ACB, véxase Basket Zaragoza 2002.O Club Baloncesto Zaragoza, coñecido por motivos de patrocinio como Azulejos Moncayo CBZ, é un club de baloncesto español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 1981, é un dos equipos fundadores da Liga ACB, aínda que actualmente compiten na cuarta categoría, a Liga EBA. Durante os anos na elite do baloncesto, o equipo foi principalmente coñecido co nome de CAI Zaragoza. Entre os seus éxitos destacan dúas Copa do Rei e un subcampionato da Copa Saporta.
Atenco é un concello do Estado de México, en México. Limita ao norte con Acolman e Tezoyuca, ao sur con Nezahualcóyotl e Chimalhuacán, ao leste con Texcoco, Chiautla e Chiconcuac e ao oeste con Ecatepec e Nezahualcóyotl. Abrangue unha superficie de 83,80 km², e a súa poboación era de 56 243 habitantes no ano 2010.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
O solo, desde o punto de vista edáfico, é un medio poroso, bioloxicamente activo e estruturado, desenvolvido na superficie emerxida da Terra. Cómpre non confundir o termo solo co termo chan, que é a superficie sobre a que andamos, é dicir, a capa superior ou codia do solo. Dun modo simplificado pode dicirse que as etapas implicadas na súa formación son as seguintes: Disgregación mecánica das rochas.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O medio dólar Kennedy é unha moeda estadounidense de curso legal cuñada por vez primeira en 1964 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos. Concibiuse como unha homenaxe ao 35º presidente do país, John F. Kennedy, e a súa creación foi autorizada polo Congreso dos EEUU pouco despois dun mes do seu asasinato en novembro de 1963. O uso de obras anteriores dos gravadores xefe da casa da moeda Gilroy Roberts e Frank Gasparro posibilitou unha rápida preparación dos cuños e a produción da nova moeda comezou xa en xaneiro de 1964.
Servando Albuerne Menéndez-Conde
Servando Albuerne Menéndez-Conde, nado en Asturias e finado en Tui en 1937, foi un avogado e político galego.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Aldevan Brazão Elias (tamén coñecido como Aldevan Baniwa), nado na illa da Oscarina, no concello de Santa Isabel do Rio Negro, rexión do Alto Río Negro, Amazonas o 10 de xaneiro de 1974, e finado en Manaus, Amazonas o 19 de abril de 2020, foi un investigador, escritor e activista indíxena brasileiro.
Os ácidos graxos omega-7, tamén chamados ácidos graxos ω−7 ou ácidos graxos n−7 son unha clase de ácidos graxos insaturados nos cales o sitio de insaturación está situado no sétimo enlace C-C desde o metilo do final da cadea carbonada. Os dous ácidos graxos omega-7 máis comúns na natureza son o ácido palmitoleico e o ácido vaccénico. Son amplamente utilizados en cosmética debido ás súas propiedades humectantes.
Os ácidos graxos omega-9, tamén chamados ácidos graxos ω−9 ou ácidos graxos n−9, son unha familia de ácidos graxos insaturados que teñen en común un dobre enlace situado na posición do noveno enlace contando desde o metilo do final da cadea carbonada (ver Ácido graxo#Nomenclatura e numeración). A difefrenza dos ácidos graxos omega-3 e omega-6, entre os omega-9 non hai ácidos graxos esenciais, porque o corpo humano pode producilos a partir de graxas insaturadas, e non son esenciais na dieta.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu ao seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.Alexandre o Grande dedicou os primeiros anos do seu reinado a impoñer a súa autoridade sobre os pobos sometidos a Macedonia, que aproveitaran a morte de Filipo para rebelarse.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Unha lingua crioula, chamada tamén creol ou patois, é unha lingua nada habitualmente nunha comunidade de xentes con orixes diversas que non comparten previamente ningunha lingua, que teñen necesidade de comunicarse, e que se ven forzados a valerse dun idioma que non é o de ningún deles. O resultado é unha lingua que toma o léxico (normalmente moi deformado) da lingua imposta e que así a todo ten unha sintaxe que se parece máis á doutras linguas crioulas que á da lingua "nai". O exemplo típico é o dos obreiros (ou escravos) levados ás plantacións do Caribe dende diferentes partes do mundo que se viron obrigados a utilizar a lingua da potencia colonial (o inglés, o castelán) para comunicarse.
James Richard Garoppolo, nado o 2 de novembro de 1991 en Arlington Heights, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga na posición de quarterback para San Francisco 49ers da National Football League (NFL). Formado na Eastern Illinois, foi elixido na segundo rolda do Draft da NFL de 2014 polos New England Patriots, equio co conseguiu dous títulos da Super Bowl como quarterback suplente de Tom Brady.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no campus da Xunqueira.
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG. Entre o 29 de marzo de 2021 e o 27 de marzo de 2023 foi delegado do Goberno de España en Galicia.
Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.