Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio". Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Está baseado na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi.
The Parent Trap (filme de 1998)
The Parent Trap é un filme estadounidense de comedia familiar co-escrito e dirixido por Nancy Meyers que foi estreado en 1998. É un remake do filme homónimo de 1961 e unha adaptación da novela de Erich Kästner Das doppelte Lottchen. Dennis Quaid e Natasha Richardson interpretan unha parella que se divorcia pouco despois de casar; Lindsay Lohan intepreta a Hallie Parker e a Annie James, unhas xemelgas idénticas que se reúnen accidentalmente nun campamento de verán despois de vivir separadas dende o nacemento.
De facto é unha locución latina que significa "de feito" e que se utiliza sobre todo por cuestións legais para referirse a aquelas materias ou situacións que aínda que non están no dereito ou na lei están admitidas na práctica. Contrasta coa locución de iure, que se utiliza cando si está oficializada pola lei ou o dereito.
Non confundir con adherente Un adhesivo é un soporte de texto ou imaxes impresas ou serigrafadas sobre unha lámina de vinilo, papel ou tea, en cuxa parte posterior se dispuxo dunha fina capa de adherente. Esta lámina vai pegada sobre un papel siliconado ou transfer co fin de manter a capacidade de adhesión até o momento en que se decida fixar esta lámina sobre outra superficie de forma definitiva. Algúns adhesivos non necesitan a capa adherente, xa que se colocan sobre superficies moi lisas, como o cristal ou a cerámica, e a fixación realízase por efecto electrostático.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
O dalton (símbolo Da) ou unidade de masa atómica (símbolo u) é unha unidade de masa empregada en física e química, especialmente na medida de masas atómicas e moleculares. Equivale á doceava (1/12) parte da masa dun átomo de carbono-12. No Sistema Internacional de Magnitudes (ISO 80000-1), dáse como único nome o de dalton e desaconséllase o de unidade de masa atómica unificada.
O verbo é unha clase de palabra que funciona como núcleo do predicado e adoita indicar acción (traer, ler etc.), proceso (pensar, crer etc.) ou estado (existir, vivir, permanecer, ser etc.). En galego constitúe a clase de palabra máis variable. Dependendo da lingua, hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o tempo, o modo, o aspecto, a voz.
A milla é unha unidade de lonxitude que non forma parte do sistema métrico decimal. De orixe moi antiga, foi herdada da Antiga Roma e equivalía a mil pares de pasos camiñados por un home (en latín: mille passus, plural: milia passuum). Como os pasos eran dobres, a milla romana era aproximadamente igual a 1 467 m, e polo tanto un paso simple era duns 73 cm.
Harry Potter e a pedra filosofal
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.Harry Potter e a pedra filosofal é a primeira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro describe como Harry descobre que é mago e como comeza os seus estudos na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería á par que vai coñecendo o seu verdadeiro pasado agochado polos seus tíos e frustra un intento de volver do Señor Escuro, Lord Voldemort, o autor dos asasinatos dos seus pais e que intentara matar a Harry cando tiña un ano. O libro saíu á venda o 30 de xuño de 1997 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de xaneiro de 2003 en Galicia pola Editorial Galaxia.
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte (Un dimanche après-midi à l'Ile de la Grande Jatte) é a obra máis famosa de Georges Seurat, exemplo do puntillismo, considerada como unha das máis destacadas pinturas do XIX, dentro de período post-impresionista. A illa da Grande Jatte está no río Sena en París entre La Defense e o suburbio de Neuilly, cortado polo Pont-de-Levallois. Aínda que durante varios anos foi un sitio industrial, hoxe é un xardín público e de desenvolvemento edificábel.
Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros. O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.
O dereito é a orde normativa e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica, baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais. A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
O milímetro é unha unidade de lonxitude equivalente á milésima parte dun metro, abreviado mm. 1 mm = 10-3 mEn fabricación mecánica os planos construtivos das pezas que se mecanizan van acoutados en milímetros, e a tolerancia das cotas exprésanse en décimas, centésimas ou milésimas de milímetro. O milímetro é a unidade de medida para as precipitacións.
Microsoft Windows Vista é a versión do sistema operativo Windows que sucede a Windows XP. Durante o seu desenvolvemento foi coñecido como Windows Longhorn. Foi lanzado o 30 de novembro de 2006 para o mundo empresarial a través de licenzas Open, mentres que o resto das versións empaquetadas para o usuario final saíron á venda o 30 de xaneiro de 2007.
Abhijit Vinayak Banerjee (en bengalí: অভিজিৎ বিনায়ক বন্দ্যোপাধ্যায় ) nado o 21 de febreiro de 1961 en Bombai, na India, é un economista indio-estadounidense. O 14 de outubro de 2019, foi galardoado co Premio Nobel de Ciencias Económicas, polo "enfoque experimental para aliviar a pobreza global", xunto con Esther Duflo e Michael Kremer.
O Tíbet (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) é unha rexión xeográfica de Asia, que designa tres entidades distintas: Rexión Autónoma do Tíbet (西藏自治区 Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinjiang ou a Mongolia Interior; a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, coñecida como «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia); a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet é Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.
A glutamina sintetase (GS) (EC 6.3.1.2) é un encima que xoga un papel esencial no metabolismo do nitróxeno catalizando a condensación do glutamato e o amoníaco para formar glutamina: Glutamato + ATP + NH3 → Glutamina + ADP + fosfato A glutamina sintetase usa o amoníaco producido pola redución de nitratos, degradación de aminoácidos e fotorrespiración. O grupo amida do glutamato é unha fonte de nitróxeno para a síntese de metabolitos da vía da glutamina.Outras reaccións poden ter lugar tamén por medio da glutamina sintetase. A competición entre o ión amonio e a auga, as súas afinidades de unión e a concentración de ión amonio inflúen na síntese e na hidrólise de glutamina.
O termo latino curriculum vitae, que pasou ao galego como currículum vítae e tamén, na forma abreviada, como currículo, significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos").
Saudi Aramco (árabe: أرامكو السعودية ʾArāmkū as-Suʿūdiyyah), oficialmente Saudi Arabian Oil Company (anteriormente Arabian-American Oil Company), é unha empresa pública de petróleo e gas natural de Arabia Saudita con sede en Dhahran. Desde 2020, é unha das empresas máis grandes do mundo por ingresos. Saudi Aramco ten as segundas reservas de cru comprobadas máis grandes do mundo con máis de 270 mil millóns de barrís, e a maior produción diaria de petróleo de todas as empresas produtoras de petróleo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
A batalla de Ourique (en árabe: معركة أوريكه) tivo lugar o 25 de xullo de 1139 probablemente en Ourique, no Baixo Alentexo portugués e nela combateron os exércitos do príncipe Afonso Henriques e os exércitos almorábides de Alí ibn Yusuf. A vitoria dos primeiros foi decisiva para a consolidación do condado de Portugal como reino e a conversión de Afonso Henriques no rei Afonso I de Portugal. De feito, o escudo portugués leva cinco pequenos escudos en forma de cruz que representan os cinco reis mouros vencidos en Ourique.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Concurso España foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF) —antecesora da Real Federación Española de Fútbol— no que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF) —unha escisión da Federación Española de Clubs de Foot-ball— organizou un torneo análogo denominado Copa España, do que non se chegaría a disputar a fase final.
O turismo é o principal compoñente da economía de Andorra. Atractivo para os compradores de España e Francia pola súa condición de zona franca, o país desenvolveu un importante complexo turístico moi activo na tempada de inverno (grazas ás estacións de esquí) e, en menor medida, no verán. No ano 2005, o país acolleu a 11 049 490 visitantes.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo en 1952, é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola. Recibiu o Premio Merlín e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar.
James Marshall Hendricks, máis coñecido polo nome artístico de Jimi Hendrix, nado en Seattle (Washington, Estados Unidos) o 27 de novembro de 1942 e finado en Notting Hill (Londres, Reino Unido) o 18 de setembro de 1970, foi un guitarrista, cantante e compositor estadounidense. Malia que a súa carreira profesional só durou catro anos, é frecuentemente considerado por parte da crítica como o mellor guitarrista eléctrico do rock. O Salón da Fama do Rock and Roll descríbeo como «Indiscutiblemente un dos músicos máis grandes da historia do rock».
The Lion King II: Simba's Pride
The Lion King II: Simba's Pride é un filme estadounidense de animación de 1998 que é unha secuela de The Lion King. Producido por Walt Disney Pictures e Walt Disney Animation Australia e estreado o 27 de outubro de 1998, o filme céntrase na historia da filla de Simba e Nala, Kiara, que se namora de Kovu, un león desterrado que fora leal ó malvado tío de Simba, Scar. A maioría dos actores de voz retomaron o seu papel dende o primeiro filme, agás Rowan Atkinson, que foi substituído por Edward Hibbert como a voz de Zazu nese filme e na precuela, The Lion King 1½, e Jeremy Irons, que foi substituído por Jim Cummings como a voz de Scar.
The Purge: Anarchy é un filme estadounidense dirixido e escrito por James DeMonaco que foi estreado no 2014. É a secuela do filme de The Purge, e está protagonizado por Frank Grillo, Carmen Ejogo, Zach Gilford, Kiele Sanchez, Zoë Soul e Michael K. Williams, mentres que Edwin Hodge retoma o papel de Dwayne do filme anterior.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Trainspotting é un filme británico de comedia negra dirixido por Danny Boyle que foi estreado no Reino Unido o 23 de febreiro de 1996. Está baseado na novela homónima de Irvine Welsh. Está protagonizado por Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle e Kelly Macdonald, no seu debut como actriz.
Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño de 323 a.C. en Babilonia, foi rei do antigo reino de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Sucedeu ao seu pai Filipo II no trono no 336 a.C. aos 20 anos, e pasou a maior parte dos seus anos de goberno realizando unha longa campaña militar por todo o oeste de Asia e o nordeste de África. Á idade de trinta anos, creara un dos imperios máis grandes da historia, que se estendía desde Grecia ata o noroeste da India. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.Alexandre o Grande dedicou os primeiros anos do seu reinado a impoñer a súa autoridade sobre os pobos sometidos a Macedonia, que aproveitaran a morte de Filipo para rebelarse.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
Patrimonio da Humanidade en Lesoto
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Carballeda, Espiñeira, O Irixo
Carballeda é un lugar da parroquia de Espiñeira no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 42 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 22 eran homes e 20 mulleres.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
Jeepers Creepers 2 é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por Victor Salva, que foi estreado no 2003. Foi producido por American Zoetrope, Capitol Films, Myriad Pictures e distribuído por United Artists, unha división de Metro-Goldwyn-Mayer. O filme é unha secuela de Jeepers Creepers.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
Cadena Azul de Radiodifusión (CAR) foi unha rede de emisoras de radio públicas baixo o control de Frente de Juventudes de FET de las JONS. Creada en 1954, foi fusionada coa Red de Emisoras del Movimiento para dar lugar a Radiocadena Española en 1974. As estacións locais eran denominadas como "Radio Juventud".
Millie Bobby Brown, nada en Marbella o 19 de febreiro de 2004, é unha actriz e modelo británica. Comezou a súa carreira na actuación cando se mudou a Orlando (Florida) en 2011. Actuou na serie da BBC Intruders e apareceu en diversas series de televisión, incluíndo Once Upon a Time in Wonderland, NCIS, Modern Family e Grey's Anatomy.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en Europa as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Selección de fútbol de Australia
A Selección de fútbol de Australia é o equipo representativo dese país para a práctica dese deporte. A selección está dirixida pola Federación de Fútbol de Australia, afiliada á Confederación Asiática de Fútbol (AFC). Coñecidos como os Socceroos (termo que mestura os palabras en inglés, soccer e kangaroo, que en español sería algo como "os canguros do fútbol"), Australia participou en cinco Copas Mundiais: en 1974 e 2006, ambas celebradas en Alemaña, en 2010 en Suráfrica, en 2014 no Brasil e en 2018 en Rusia.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Vilarello, Oseira, San Cristovo de Cea
Vilarello é un lugar da parroquia de Oseira, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres). Sitúase nunha ladeira exposta ao oeste e domina o val do río Arenteiro.