Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio". Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Está baseado na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi.
A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962. Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
GameSpot é unha páxina web especializada en videoxogos que achega novas, análises, recensións e informacións relevantes sobre os xogos lanzados no mercado. O sitio web foi creado en maio de 1996 por Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein. Foi comprado pola ZDNet, unha marca que, tempos despois, foi adquirida pola CNET, a actual dona de GameSpot.
O URL (siglas de Uniform Resource Locator; en galego, localizador uniforme de recursos) é un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia...) accesible nunha rede. Un concepto similar é o de URI (o L cambia por un I, de identificador).
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades estadounidenses, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas.
Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo. Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura.
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
Gran Selo dos Estados Unidos de América
O Gran Selo dos Estados Unidos é un signo para a certificación de documentos utilizado nos Estados Unidos de América, país que non conta cun escudo heráldico propiamente dito. Na composición figura o lema nacional: E Pluribus Unum, que significa en latín "de varios, un" ou "de moitos, un". O selo aparece no reverso dos billetes dun dólar.
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña). É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
A milla verde (en inglés: The Green Mile) é un filme estadounidense dirixido por Frank Darabont que foi estreado en 1999. Está baseada na novela The Green Mile de Stephen King escrita en 1996. O filme está contado en modo de flashback e está protagonizado por Tom Hanks, que interpreta a Paul Edgecomb, e por Michael Clarke Duncan como John Coffey.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman. Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade.
O British Filme Institute (BFI) (galego: Instituto de Cinema Británico) é unha organización sen fins de lucro, estabelecida por Decreto Real para alentar o desenvolvemento das artes do cinema, a televisión e a imaxe en movemento en todo o Reino Unido. Está financiado polo Departamento para a Cultura, Medios de Comunicación e Deporte.
COBOL (acrónimo de COmmon Business Oriented Language) é unha linguaxe de programación compilada similar á lingua na súa sintaxe e orientada a emprego en empresas. É unha linguaxe procedural, imperativa, e desde o 2002 orientada a obxectos. Emprégase especialmente en empresas, en finanzas e en equipos da administración; fundamentalmente en servidores de empresas e para procesamentos en lote e tarefas de transaccións.
Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director e guionista de cine italiano. Gañador de catro Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e dun Oscar Honorífico pola súa traxectoria. Durante case catro décadas -desde Lo sceicco bianco de 1952 a La voce della luna 1990- Fellini "retrata", en ducias de películas, un pequeno grupo de personaxes memorables.
Sete espadas (en chinés: 七劍, Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.
Indiana Jones e a última cruzada
Indiana Jones e a última cruzada (en inglés: Indiana Jones and the Last Crusade) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado en 1989.
Chámase lingua morta ou lingua extinta a unha lingua que non é a lingua materna de ningún individuo, e polo tanto tampouco se usa en ningunha comunidade natural de falantes. Algunhas linguas mortas continúan en certos usos, como segunda lingua, lingua clásica ou lingua litúrxica, aínda que a lingua xa non sexa adquirida por ninguén como lingua materna. Aínda neses casos a lingua non segue o camiño normal de evolución e desenvolvemento que ocorren ó longo do tempo nas linguas vivas.
Le Voyage dans la Lune é unha película muda francesa de ficción científica en branco e negro de 1902. Baséase libremente en dúas novelas populares do seu tempo: Da terra á lúa de Jules Verne e Os primeiros homes na lúa de H. G. Wells. Foi escrita e dirixida por Georges Méliès, con axuda do seu irmán Gaston.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
Futurama é unha serie de debuxos animados estadounidense creada por Matt Groening (creador de The Simpsons) e David X. Cohen (guionista tamén de The Simpsons). Está ambientada no ano 3000, na cidade de "Nova" Nova York, construída sobre as ruínas da antiga Nova York. Trátase dun programa animado de pouco máis de 20 minutos de duración producido por FOX que empezou a emitirse por televisión o 28 de marzo de 1999 en Estados Unidos, e permaneceu no ar até o 10 de agosto de 2003.
A indución magnética ou densidade do fluxo magnético (B) pódese definir como unha medida do número de liñas de campo por unidade de área que permean o campo magnético. É unha cantidade vectorial, sendo a súa dirección en calquera punto do campo magnético a dirección do propio campo nese punto. Constitúe unha medida do campo magnético, e daquela a súa existencia está asociada á presenza de cargas en movemento que o xeran, e así mesmo actúa sobre outras cargas en movemento.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
Marjorie Jacqueline "Marge" Bouvier-Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a esposa de Homer e os seus fillos son Bart, Lisa e Maggie. Ten un notable protagonismo e complexidade na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeos (Francia) o 16 de abril de 1828, foi un pintor e gravador español. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo.
Fortnite é un videoxogo pertencente ao xénero de supervivencia e xénero aberto desenvolvido polas empresas Epic Games e People Can Fly. Foi lanzado como título de acceso anticipado o 25 de xullo de 2017 para Microsoft Windows, Mac OS, PlayStation 4 e Xbox One. En 2018 converteuse nun videoxogo gratuíto.
Propiedade física intrínseca dalgunhas partículas que as caracteriza e pola cal sofren a interacción electromagnética. No Sistema Internacional de Unidades mídese en culombios e nas fórmulas físicas acostuman representarse coas letras q ou Q. Clasifícase en carga positiva e negativa. As cargas do mesmo signo repélense mentres que as de signo contrario atráense.
O Victoria and Albert Museum (a miúdo abreviado como V&A) de Londres é o maior museo do mundo de artes aplicadas e decorativas e deseño, así como de escultura, que alberga unha colección permanente de máis de 2,27 millóns de obxectos. Foi fundado en 1852 e leva o nome da raíña Vitoria e do príncipe Alberte. O V&A está situado no Royal Borough de Kensington e Chelsea, nunha zona coñecida como "Albertopolis" debido á súa asociación con príncipe Alberte, o Albert Memorial e as principais institucións culturais coas que estivo asociado.
A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.
Carolina do Norte (North Carolina en inglés) é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América. Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno británico na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, e o fogar da primeira colonia británica en América. Está situado na rexión Sur e limita ao oeste con Tennessee, ao sur con Carolina do Sur, ao suroeste con Xeorxia, ao norte con Virxinia e ao leste co océano Atlántico.
A pastorela é un subxénero da lírica moi cultivado en Francia e Provenza. Consiste nunha composición amorosa que alude ó encontro dun cabaleiro cunha pastora. O fundamental da peza é o diálogo amoroso, nunha paisaxe primaveral (medio bucólico), que comeza o personaxe masculino e ao que resposta a pastora.
The Pokémon Company (株式会社ポケモン, Kabushiki gaisha Pokemon) é unha empresa xaponesa responsable da xestión, produción, mercadotecnia e licenzas da franquía Pokémon, consistente en software de videoxogos, un xogo de cartas, unha serie de televisión anime, filmes, manga, produtos de entretemento caseiro e outros. Estabeleceuse a través dun investimento conxunto das tres empresas que posúen os dereitos de autor de Pokémon: Nintendo, Game Freak e Creatures. Comezou a súa actividade en 1998 e adoutou o sobrenome Pokémon Ltd.
A Nación Navajo (en navajo: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navajo. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
007 Casino Royale (en inglés: Casino Royale) é un filme de 2006, o vixésimo primeiro da serie de espionaxe de Eon Productions James Bond e o primeiro interpretado por Daniel Craig como o axente de ficción do MI6 James Bond. Dirixido por Martin Campbell e escrito por Neal Purvis e Robert Wade e mais Paul Haggis, a película marca a terceira adaptación para a pantalla da novela de Ian Fleming Casino Royale (1953) ambientada ao inicio da carreira de Bond como o Axente 007 e a súa licenza para matar. Despois de evitar un ataque terrorista no Aeroporto Internacional de Miami, Bond namórase de Vesper Lynd, a funcionaria do tesouro designada para fornecerlle dos cartos que precisa para a creba do terrorista financeiro, Le Chiffre, por medio dunha partida de póker.
Exposición Universal de Barcelona de 1888
A Exposición Universal de 1888 tivo lugar na cidade española de Barcelona (Cataluña). A exposición estivo aberta entre o 8 de abril e o 9 de decembro de 1888, e recibiu un total de 400.000 visitantes procedentes de todo o mundo. A inauguración oficial tivo lugar o 20 de maio de 1888 ás 16 horas.
Mon oncle Antoine é un filme canadense de 1971 dirixido por Claude Jutra. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 44ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme de Jutra e unha ollada ás condicións de vida da sociedade agraria, conservadora e clerical do Quebec, así como os cambios que transformaron a provincia despois dunha década.
Così fan tutte, ossia La scuola degli amanti (en galego Así fan todas, ou A escola dos amantes) é a antepenúltima ópera de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha ópera en dous actos con libreto en italiano de Lorenzo da Ponte. Foi estreada no Burgtheater de Viena o 26 de xaneiro de 1790 baixo a batuta do propio compositor.
The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro e escrito por Toro e Vanessa Taylor. Está protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Doug Jones, Michael Stuhlbarg e Octavia Spencer. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana.
A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais.
Exército dos Estados Unidos de América
O Exército dos Estados Unidos de América (en inglés United States Army, abreviado U. S. Army) é a maior das pólas das Forzas Armadas dos Estados Unidos e a súa principal responsabilidade son as operacións militares terrestres. É un dos sete servizos uniformados dos Estados Unidos e o máis antigo de todas as forzas armadas estadounidenses, pois o moderno exército ten as súas raíces no Exército Continental que se formou o 14 de xuño de 1775 para loitar na Guerra de Independencia dos Estados Unidos (1775-1783), antes da creación dos Estados Unidos como estado independente. Despois desta guerra, o Congreso da Confederación creou o Exército dos Estados Unidos o 3 de xuño de 1784 para substituír o desmobilizado Exército Continental.
Queen é unha banda británica de rock creada en Londres 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.
Rincewind é un personaxe de ficción das novelas de Discworld do autor inglés Terry Pratchett. É un mago (fracasado) de nivel 0 que non dá aprobado os cursos da Universidade Invisible (Unseen University) en Ankh-Morpork. Rincewind pasa case todo o seu tempo escapando de varios grupos de persoas que intentan matalo por diferentes razóns.
O dólar da Liberdade sentada (en inglés: Seated Liberty dollar) foi unha moeda dun dólar de prata cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1840 e 1873, deseñada polo seu gravador xefe, Christian Gobrecht. Foi a derradeira moeda de prata deste valor cuñada antes da aprobación da Lei da Moeda de 1873, que supuxo unha interrupción temporal da emisión do dólar de prata. O anverso desta moeda baséase no do anterior "dólar Gobrecht", ao que substitúe, cuñado de xeito experimental entre 1836 e 1839.
Chanson é un termo francés, que se refire a calquera canción con letra en francés e, máis especificamente, a pezas vocais de tema amoroso, e tamén ás de crítica social e política, en particular as pertencentes ao estilo dos cabarés. Nese ámbito, chámase chansonnier ao intérprete de cancións de carácter humorístico ou satírico. Nun modo máis especializado, a chanson é unha peza musical polifónica da Baixa Idade Media e do Renacemento.
The Blacklist (en galego, A Lista Negra) é unha serie de televisión estadounidense creada por Jon Bokenkamp e emitida dende o 23 de setembro de 2013 na NBC e simultaneamente no Canadá na rede Global (Citytv para a quinta tempada). A serie tivo unha boa acollida por parte da crítica, que particularmente felicitou a actuación de James Spader. The Blacklist tivo boas audiencias, mais sobre todo rexistra importantes resultados grazas á súa audiencia diferida.
Michael Clarke Duncan, nado en Chicago (Illinois) o 10 de decembro de 1957 e finado nos Ánxeles (California) o 3 de setembro de 2012, foi un actor estadounidense coñecido por interpretar o papel de John Coffey no filme de 1999 A milla verde, o cal lle valeu un Globo de Ouro e un nomeamento ós Oscar.
A metamorfose (Die Verwandlung, no seu título orixinal en alemán) é un relato de Franz Kafka, publicado en 1915 e que narra a historia de Gregor Samsa, un tratante de teas que vive coa súa familia á que el mantén co seu soldo, que un bo día amence convertido nunha criatura non identificada claramente en ningún momento, pero que tende a ser recoñecida como unha especie de cascuda xigante. Breve e intensa, é cualificada ás veces como "relato existencialista". A primeira tradución ao galego, de Xosé María García Álvarez, foi publicada en 1991 por Sotelo Blanco xunto con A sentencia.
O prólogo (etim. do grego "prol": antes e "logos": discurso), é o escrito breve, situado ao principio dunha obra extensa, entre os documentos chamados preliminares, e serve a un escritor para xustificar o habela composto e ao lector para orientarse na lectura. Posúe, ademais, outros labores: Facer crítica literaria sobre o autor.
Al Jazeera ( الجزيرة, a illa ou a península en árabe) é unha canle árabe de televisión por satélite radicada en Qatar. Fundouse en 1996 polo goberno qatarí, converteuse na principal canle de noticias do mundo árabe. En orixe gratuíta e financiada polo goberno, a emisora comezou a cobrar polos seus servizos e independizouse financeiramente.
Un nó é un método de asegurar que se fai cun ou varios obxectos lineares flexíbeis (fío, corda...) e que se aperta tirando dos dous cabos, de maneira que sexa difícil de soltar por si só. Pode consistir nun anaco dun ou máis segmentos de corda, fibra, nailon, fitas e até mesmo correntes entrelazadas de xeito que permiten que a liña se prenda a si mesma ou a algún outro obxecto, a carga. Os nós téñense estudado dende a antigüidade, incluso na matemática: teoría dos nós.
O Reino da Sardeña foi un estado que existiu na illa da Sardeña de 1297 a 1861. Tivo inicio formalmente en Roma –na antiga Basílica de San Pedro– en 4 de abril de 1297, cando o Papa Bonifacio VIII, para resolver a disputa entre os condes de Anjou e a coroa de Aragón, investiu o rei de Aragón como jus invadendi sobre a Sardeña e a Córsega. O Reino da Sardeña e Córsega foi o precursor do reino de Italia.