Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego. Foi un dos signatarios do Pacto de San Sebastián (1930) e deputado a Cortes da ORGA (Organización Republicana Autónoma Galega), un partido que dirixiu e fusionou en 1936 coa Izquierda Republicana. Ocupou varias carteiras ministeriais e chegou a ser presidente do goberno de España durante a Segunda República.
Nairobi é a capital e a maior cidade de Kenya. O nome deriva da frase en lingua masai Enkare Nairobi, que significa 'lugar de augas frías', en referencia ao río Nairobi, que discorre pola cidade. Segundo o censo de 2019, tiña unha poboación de 4 397 073 habitantes, mentres que a área metropolitana contaba cunha poboación estimada en 2022 de 10,8 millóns de persoas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Karachi (en urdú: كراچى e en sindhi: ڪراچي) é unha cidade de Paquistán, a maior do país, capital da provincia do Sind. Sitúase a beira do Mar Arábigo, no extremo noroeste do Océano Índico; asemade, na punta noroeste do delta do Indo. Esta privilexiada localización xeográfica fixo de Karachi o porto de acceso a toda a conca do gran río.
O oso pardo europeo (Ursus arctos arctos) é unha das subespecies do oso pardo (Ursus arctos) a cal habita en gran parte de Eurasia, dende a Península Ibérica até Escandinavia e Rusia. En Galicia está catalogado como en perigo de extinción. A diversidade xenética dos osos pardos actuais (Ursus arctos) foi estudada extensamente ao longo dos anos e parece estar estruturada xeograficamente en cinco clados principais baseados na análise do ADN mitocondrial.
O Concurso España foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Foi creado como unha nova competición na que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña.
Este artigo trata sobre o filme de animación, para a novela véxase: "As aventuras de Pinocchio". Pinocchio é un filme de animación de 1940 producido pola Walt Disney Pictures. Está baseado na novela As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio no orixinal italiano), publicado en 1883 polo autor italiano Carlo Collodi.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O oso (en francés: L'Ours) é un filme francés de 1988 dirixido por Jean-Jacques Annaud e distribuído por TriStar Pictures. É unha adaptación da novela de The Grizzly King (1916) do autor estadounidense James Oliver Curwood, e o guión foi escrito por Gérard Brach. Está ambientado na Columbia Británica, no Canadá, e conta a historia dun cachorro de oso grizzly orfo que se fai amigo dun gran macho adulto oso Kodiak mentres dous cazadores de trofeos os perseguen pola natureza.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
Cuartos de dólar dos 50 estados
Os cuartos de dólar dos 50 estados son unha serie de moedas dun cuarto de dólar postas en circulación pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en conmemoración de cada un dos estados constituíntes dos Estados Unidos. Este programa foi creado pola Lei 105-124, do 1 de decembro de 1997, e as moedas foron cuñadas e postas en circulación entre 1999 e 2008 en bloques de cinco estados cada ano.O deseño común do anverso correspóndese co coñecido como cuarto de dólar Washington, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado nesta ocasión polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada estado.O programa dos cuartos de dólar dos 50 estados púxose en marcha para promover unha nova xeración de coleccionistas de moedas, e converteuse no programa numismático máis existoso da historia dos EEUU, xa que aproximadamente a metade da poboación coleccionou as moedas desta serie. Isto provocou, ademais, un beneficio de arredor de 3.000 millóns de dólares para o Goberno federal, motivado da retirada da circulación das moedas por parte dos coleccionistas.En 2009, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a complementar esta serie cun novo programa de moedas dun cuarto de dólar dedicadas ao Distrito de Columbia e dos territorios dos EEUU, nos que se inclúen Porto Rico, Samoa Americana, Guam, as illas Virxes Estadounidenses e as illas Marianas do Norte.
Desulfovibrio é un xénero de bacterias redutoras do sulfato gramnegativas. As especies de Desulfovibrio atópanse comunmente en ambientes acuáticos con altos niveis de materia orgánica, así como en solos asolagados e forman os principais membros das comunidades de hábitats oligotróficos extremos, como acuíferos en rochas granticas fracturadas. Son bacilos curvos con flaxelación polar non esporulados, que conteñen desulfoviridina.Utilizan o lactato, piruvato, etanol e certos ácidos graxos como doantes de electróns, reducindo o sulfato a sulfuro.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O oligosacárido do núcleo (ou na literatura inglesa core oligosaccharide) é unha curta cadea de residuos de azucre que se encontra no núcleo ou parte central da molécula do lipopolisacárido (LPS) de bacterias gramnegativas. Este oligosacárido é moi diverso nas distintas especies de bacterias e incluso en cepas da mesma especie.
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Grande Asemblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en Europa as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
The Parent Trap (filme de 1998)
The Parent Trap é un filme estadounidense de comedia familiar co-escrito e dirixido por Nancy Meyers que foi estreado en 1998. É un remake do filme homónimo de 1961 e unha adaptación da novela de Erich Kästner Das doppelte Lottchen. Dennis Quaid e Natasha Richardson interpretan unha parella que se divorcia pouco despois de casar; Lindsay Lohan intepreta a Hallie Parker e a Annie James, unhas xemelgas idénticas que se reúnen accidentalmente nun campamento de verán despois de vivir separadas dende o nacemento.
A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país. O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2023. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeos (Francia) o 16 de abril de 1828, foi un pintor e gravador español. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo.
Un garfo é un utensilio de mesa que consta dun mango e unha cabeza con gallos, normalmente tres ou catro, longos na punta que se emprega para furar, soster ou transportar algo. Foi utilizado primeiro en occidente, mentres que en oriente foron máis populares os escarvadentes. Hoxe en día, con todo, os garfos utilízanse tamén en Asia.
Na lírica medieval galego-portuguesa unha cantiga de amigo é unha composición breve e sinxela posta en boca dunha muller namorada. Deben o seu nome a que na maior parte delas aparece a palabra amigo no primeiro verso e, sobre todo, a que a voz narrativa é sempre a dunha muller nova —a amiga—, quen fala nelas do seu amigo-amado, habitualmente ausente nese momento. Constitúen o xénero máis destacado desta literatura pola súa orixinalidade, e o corpus lírico galego-portugués conta con arredor de 500 cantigas deste tipo.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
Este artigo ofrece un esquema dos motores de Fórmula Un, tamén chamados Unidades de potencia de Fórmula Un desde a era híbrida que comezou en 2014. Desde a súa creación en 1947, a Fórmula Un utilizou unha variedade de regulacións de motores. As "fórmulas" que limitaban a capacidade do motor utilizáronse regularmente nas carreiras de Gran Premio desde despois da I Guerra Mundial.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Jupiter Icy Moons Explorer (Juice) é unha misión da ESA para a exploración do sistema xoviano, co que se atopará en outubro de 2029, despois de ter engalado a bordo dun Ariane 5 dende o Centro de lanzamento espacial de Kourou, na Güiana Francesa o 14 de abril de 2023 (despois de estar previsto no 2022). Ten prevista a súa chegada ó sistema xoviano en 2031, rematadno a súa vida cun impacto sobre Ganímedes no 2035. Entre outros aspectos, explorará a habitabilidade dos satélites Ganímedes, Europa e Calisto, con océanos de auga líquida.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 195.732 .
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Os holoturoideos (Holothuroidea, do grego ὁλοθύριον holothurion, "que se axita totalmente",) ou holoturias, coñecidos popularmente como cogombros de mar, carallos de mar ou carallotes, son unha clase do filo dos equinodermos que inclúe animais de corpo vermiforme, alongado e brando, que viven nos fondos dos mares de todo o mundo. Coñécense dende o silúrico, hai uns 400 millóns de anos, e están descritas unhas 1.400 especies viventes.Pertencen ao mesmo grupo (Echinodermata) que os ourizos de mar ou as estrelas de mar aínda que aparentemente non teñen a simetría pentarradial característica dos demais representantes deste grupo. Considéranse animais cunha simetría bilateral secundaria, xa que internamente os seus órganos e sistemas aparecen nun número múltiplo de 5, como no resto de equinodermos, pero externamente o seu corpo alongado dá a sensación de ter un só eixe de simetría.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o punto de maior altitude do territorio galego pois está a 2127 m sobre o nivel do mar.Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. A ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Do alemán, welt, mundo e politik, política. A Weltpolitik era a denominación da política panxermanista e de paz armada, levada a cabo polo káiser Guillerme II a partir de 1890, substituíndo á Realpolitik (política da realidade). Esta nova estratexia, máis agresiva, Tería como consecuencia a rivalidade naval co Imperio Británico e a formación da Tripla Entente entre Francia, Rusia e Reino Unido.