Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Also sprach Zarathustra (Strauss)
Also sprach Zarathustra, Op. 30 (en galego Así falou Zaratustra) é un poema sinfónico do compositor alemán Richard Strauss, composto no ano 1896 e estreado o 27 de novembro dese mesmo ano en Frankfurt baixo a batuta do propio compositor. Dura aproximadamente 40 minutos.
Meixón é o nome que recibe a angula ou cría da anguía. Amais, o topónimo galego Meixón pode referirse a: O Meixón, lugar da parroquia de Donas, no concello de Gondomar; O Meixón, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira; Meixón Frío, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros; A Cruz do Meixón, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Caitlyn Marie Jenner, nada como William Bruce Jenner en Mount Kisco (Nova York) o 28 de outubro de 1949 é unha personalidade televisiva e decatleta retirada estadounidense. Jenner foi xogador de fútbol americano universitario cos Graceland Yellowjackets antes de sufrir unha ferida no xeonllo que requiriu cirurxía. Convencido polo adestrador do decatleta Jack Parker, L. D. Weldon, que probase o décatlon, Jenner gañou a proba nos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976, establecen tres sucesivos récords mundiais e gañando fama como "heroe de todos os estadounidenses".
Emil Zátopek, nado en Kopřivnice o 19 de setembro de 1922 e finado en Praga o 21 de novembro de 2000, coñecido como a "locomotora checa", foi un atleta checo coñecido por gañar tres medallas de ouro en atletismo nos Xogos Olímpicos de Helsinqui. Gañou o ouro en 5.000 m e 10.000 m, pero a terceira medalla conseguiuna de xeito case que incríbel, competindo por primeira vez na súa vida na maratón. Zátopek foi o primeiro atleta en romper a barreira dos 29 minutos nos 10.000 metros no ano 1954.
Negocio (do latín nec (non) + otium (ocio)), e é a consecuencia da correcta administración dos recursos cun resultado economicamente positivo para as partes. É importante sinalar que o resultado non soamente se mide mediante o diñeiro resultante senón con base a relacións de poder. Pola extensión, a palabra fíxose sinónima "dunha empresa individual comercial" (século XVIII).
O constantán é unha aliaxe de cobre e níquel constituída xeralmente por un 55% de cobre e un 45% de níquel,Esta aliaxe tamén é coñecida na literatura científica e técnica internacional como constantan, eureka, advance e ferry.A súa principal característica é a súa resistividade, que é constante nunha ampla gama de temperaturas.
Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
O termo símbolo, con orixe no grego súmbolon, designa un elemento representativo (realidade visíbel) que está en lugar de algo (realidade invisíbel) que tanto pode ser un obxecto coma un concepto ou idea, determinada cantidade ou calidade. O "símbolo" é un elemento esencial no proceso de comunicación, encontrándose difundido no día a día e nas máis variadas vertentes do saber humano. Así a todo, existen símbolos que son recoñecidos internacionalmente, outros só son comprendidos dentro dun determinado grupo ou contexto (relixioso, cultural etc.).
O belaruso ou bielorruso (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995 foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.
Alan Cochevelou, máis coñecido co nome artístico de Alan Stivell, nado en Riom o 6 de xaneiro de 1944, é un cantautor e músico bretón, cidadán francés, que utiliza para os seus traballos diversas linguas célticas ás que se engaden o francés, o inglés e outras varias linguas. Tamén cantou unha peza en galego grazas a unha colaboración feita co compositor Carlos Núñez. É o inspirador do renacemento da arpa celta así como da música bretoa moderna e mesmo celta en xeral.
A Union List of Artist Names (ULAN) é unha base de datos en liña que emprega un vocabulario controlado, mantida polo Getty Research Institute. Os títulos almacenados na ULAN poden incluír nomes, pseudónimos, variacións dos nomes, nomes en múltiples linguas e nomes que sufriron cambios co tempo. Malia que se amosa como unha lista, a ULAN está estruturada como un thesaurus, que cumpre os estándares correspondentes ISO e NISO, contendo relacións asociativas, xerárquicas e de equivalencia.
Coalición Popular (CP, AP-PDL-UL) foi a marca electoral do pacto entre varios partidos para concorrer xuntos ás eleccións municipais de 1983 e eleccións xerais de 1986. A coalición formábana os seguintes partidos: Alianza Popular, o Partido Demócrata Popular e Unión Liberal, posteriormente fusionado co Partido Liberal,Tamén se integraron os partidos de carácter autonómico: Unió Valenciana, Unión del Pueblo Navarro, Partido Aragonés Regionalista e Centristas de Galicia.Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne. Coalición Popular obtivo 5 247 677 votos (o 25,97%) e 105 deputados.
O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente.
Cephalophus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos cefalofinos.O xénero inclúe dezasete especies de pequenos antílopes africanos coñecidos como duiqueros ou cefalofos.O nome duiquero significa, en afrikaans, 'mergullador', debido ao costume destes tímidos animais a mergullarse na maleza cando están asustados.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
A palabra edificio quere dicir facer fogo (do indoeuropeo æde, fogo e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é fogar. Un edificio é normalmente unha construción realizada con materiais resistentes (madeira, pedra, metal, formigón etc.) para poder protexerse das inclemencias meteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade. Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
Aegerten é comuna suíza do Cantón de Berna, situada no distrito administrativo de Biel/Bienne. Limita ao noroeste coa comuna de Brügg, ao nordés coa de Schwadernau, ao sueste con Studen, ao sur con Jens e ao suroeste con Port. No ano 2013 contaba cunha poboación de 1816 habitantes, repartidos nunha superficie de 2,1 quilómetros cadrados.
Kílian Jornet i Burgada, nado en Sabadell, Vallès Occidental, o 27 de outubro de 1987, é un esquiador e corredor de montaña catalán. É un deportista especialmente prolífico, foi campión do mundo de esquí de montaña en 2010 e 2011, e campión do mundo de carreiras de montaña dende o 2007 ó 2010 e tamén do 2012 ó 2014. É especialmente coñecido por gañar en tres ocasións (2008, 2009 e 2011) a Ultra-Trail du Mont Blanc e a Pierra Menta (2008, 2010 e 2011).
Fear of Music é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de New Wave Talking Heads, editado o 3 de agosto de 1979 a través do selo Sire Records. Foi gravado en varios lugares de Nova York entre abril e maio de 1979, e foi producido pola banda e por Brian Eno. O disco entrou na lista Billboard 200 no número 21, e chegou ao 33 da lista británica de álbums.
O rand (código ISO 4217: ZAR) é a moeda de curso legal de Suráfrica. Toma o seu nome dos Witwatersrand (Cerros de Augas Brancas en afrikaans), unha elevación sobre a que está asentada a cidade de Johannesburgo, e onde se acharon os maiores xacementos de ouro en Suráfrica. O rand tamén circula nos países veciños de Namibia, Eswatini e Lesoto, integrantes da Área Monetaria Común.
XL Recordings é un selo discográfico independente británico dirixido por Richard Russell. Formouse en 1989 como unha nova división de Beggars Banquet Records. A pesar de que só edita unha media de seis álbums por ano, XL Recordings traballou con artistas como The Prodigy, Radiohead, The White Stripes, Dizzee Rascal, M.I.A., Vampire Weekend, The xx, Gil Scott-Heron, Tyler, the Creator e Adele.
A malaria (do italiano medieval "mal aire") ou paludismo (de paludis, xenitivo do termo latino palus: pantano, e -ismo, neste caso acción ou proceso patolóxico) é unha doenza parasitaria aguda ou crónica causada por protozoos parasitos do xénero Plasmodium, transmitidos pola picada da femia do mosquito Anopheles. Algúns estudos científicos suxiren que puido terse transmitido ao ser humano a través do Gorilla gorilla. Entre 700 000 e 2 700 000 persoas morren cada ano por mor da malaria, dos cales máis do 75% son nenos que viven en zonas endémicas de África.
Antoine Gombaud, máis coñecido como Chevalier de Méré, nado en Poitou en 1607 e finado o 29 de decembro de 1684, foi un escritor francés. Aínda que non era nobre, adoptou o título de Chevalier (Cabaleiro) polo personaxe nos seus diálogos que representaba os seus propios puntos de vista (Chevalier de Méré porque se educara en Méré). Máis tarde, as súas amizades comezaron a chamalo por este nome.Méré foi un importante teórico de salón.
A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina. Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e Australia. Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas.
Harry Potter é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J. K. Rowling. Os libros narran a vida dun meigo adolescente, Harry Potter, e dos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. A trama central do argumento xira arredor da loita de Harry contra Lord Voldemort, un meigo escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico coñecido como Ministerio de Maxia, conquistar o mundo máxico e someter os meigos e os muggles, as persoas non-máxicas.
Boulder (escalada en bloque ou bouldering) é unha modalidade de escalada que consiste en escalar bloques de rocha ou pequenas paredes, que poden ser de ata 8 metros, sen a necesidade dos materiais de protección convencionais da escalada (corda, arnés, elementos de fixación...), realizándose de lado e subindo moi pouco.
Journal of Indo-European Studies
O Journal of Indo-European Studies é unha revista académica dedicada aos estudos indoeuropeos, fundada en 1973 by Roger Pearson. Publica artigos nos campos da antropoloxía, arqueoloxía, mitoloxía e filoloxía relacionados coa historia cultural dos pobos indoeuropeos. Ten unha periodicidade de tres meses.
O alcanfor ou cánfora é un sólido incoloro ceroso cun forte aroma. Quimicamente, clasifícase como un terpenoide e unha cetona cíclica. Encóntrase na madeira da árbore alcanforeiro (Cinnamomum camphora), unha grande árbore perenne de Asia oriental; e na árbore kapur (Dryobalanops sp.), unha árbore madeireira alta do sueste asiático.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Durante degli Alighieri ou simplemente coñecido Dante, nado en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, é considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, origxinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Silent Hill (サイレントヒル, Sairento Hiru) é un videoxogo de terror e supervivencia de 1999 desenvolvido por Team Silent e publicado por Konami. É o primeiro título da serie de videoxogos Silent Hill, e foi lanzado orixinalmente para PlayStation de febreiro a xullo. Silent Hill usa a perspectiva en terceira persoa, con gráficos en tempo real de escenarios 3D. Para mitigar as limitacións do hardware da consola, os desenvolvedores usaron xenerosamente a néboa e a escuridade para confundir os gráficos.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.167 .
René Descartes (Pronunciación francesa: [ʁəne dekaʁt] ( ); latinización: Renatus Cartesius; onomástico do que se deriva o adxectivo cartesiano, nado en La Haye en Touraine (localidade rebautizada como Descartes máis tarde) o 31 de marzo de 1596 e finado en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650, foi un filósofo, matemático e físico francés. considerado o pai da xeometría analítica e da filosofía moderna, así como un dos protagonistas con luz propia no limiar da revolución científica.Descartes, por veces chamado o fundador da filosofía moderna e o pai da matemática moderna, é considerado un dos pensadores máis importantes e influentes da historia humana. Inspirou aos seus contemporáneos e a xeracións de filósofos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A dieldrina é un organoclorado producido orixinalmente en 1948 por J. Hyman & Co, Denver, como insecticida. A dieldrina está estreitamente relacionado coa aldrina, que reacciona formano dieldrina. A aldrina non é directamente tóxica para os insectos; oxídase no insecto para formar dieldrina, que é o composto activo.
Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Limita ó sur con Santiago de Compostela e Ames, ó oeste con Santa Comba e A Baña, o norte con Coristanco e Tordoia e ó leste con Trazo. Sitúase a 20 quilómetros da capital autonómica coa que se comunica a través da estrada CP-0701, con Carballo coa CP-1914, con Ordes coa CP-5903 e dende Ames a través da estrada AC-452.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
O tesouro de Caldas de Reis é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates pertencente á Idade de Bronce galaica e con concomitancias coas Illas Británicas, Irlanda, Bretaña e Centroeuropa. A súa datación oscilou dende o Bronce Final ata os que defenden que se inclúa no Bronce Inicial (cronoloxicamente cara ao 1900-1800 a.C.). O tesouro de Caldas fai pensar nunha certa comunidade cultural coas fisterras europeas e dunha sociedade estruturada de xeito xerárquico baixo elites que comezaban a monopolizar as relacións comerciais e a acumulación de riqueza.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A sobremesa da alegría (en francés: Paulette) é un filme francés de 2012 dirixido por Jérôme Enrico. Enrico escribiu o guión en colaboración con Bianca Olsen, Laurie Aubanel e Cyril Rambour. O argumento está baseado en acontecementos reais.Estreouse en lingua galega a través da TVG o 12 de maio de 2023.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.