Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
Un mapamundi (do latín mappa mundi, «mapa do mundo») é unha representación cartográfica, é dicir, un mapa de toda a superficie da Terra. O material sobre o que se representa adoita ser papel ou pel. Dependendo da súa forma, un mapamundi pode ser un globo terráqueo, que reproduce a escala a forma practicamente esférica; ou un planisferio terrestre, que reproduce a escala o resultado teórico dalgún tipo de proxección xeográfica da esfera terrestre nun plano.
Medida por medida (en inglés: Measure for Measure) é unha obra de teatro de William Shakespeare, que se cre foi escrita en 1603 ou 1604. Orixinalmente publicada en First Folio de 1623, onde foi clasificada como unha comedia, a primeira representación da obra produciuse en 1604. Os principais temas da obra son a xustiza, a "mortalidad e a misericordia en Viena", e a dicotomía entre a corrupción e a pureza: "algúns álzanse polo pecado, e outros caen pola virtude".
A mazá é o froito comestible da maceira, máis particularmente, da maceira doméstica (Malus domestica), árbore froiteira amplamente cultivada. É unha froita pomácea de forma redonda e sabor máis ou menos doce ou ácido segundo as variedades. O estudo do cultivo das mazás constitúe unha parte da pomoloxía, que é a rama da botánica que estuda as froitas.
Freebase foi unha base de coñecemento colaborativa composta por metadatos creados principalmente polos membros da súa comunidade. Tratábase dunha base de datos en liña recompilados dende diferentes fontes, incluíndo contribucións wiki individuais. O obxectivo de Freebase era crear un recurso global que permitise á xente e ás máquinas acceder á información dun xeito máis efectivo.
Patrimonio da Humanidade nos Emiratos Árabes Unidos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
A Night at the Opera (en galego: "Unha noite na ópera") é o cuarto álbum de estudio da banda británica de rock Queen, lanzado o 21 de novembro de 1975 en Europa e o 2 de decembro en América. Con este álbum, Queen adoptou unha sonoridade diferente comparada cos seus discos anteriores, facendo moito uso dun piano e de moitos outros instrumentos nunca utilizados polo grupo ata entón. Cancións como You're My Best Friend" e Bohemian Rhapsody conseguiron un éxito moi salientable e foron executadas en todos os concertos do grupo desde ese momento.
O incesto defínese como a relación sexual entre parentes próximos. Na maioría das culturas o incesto é un tabú, a gran maioría das lexislacións do mundo considérano como delito, mesmo de se practicar con "mutuo consentimento" entre maiores de idade, non obstante que o grao de parentesco en que esas relacións quedan prohibidas varía segundo as culturas e os períodos históricos. En toda a historia atópanse só tres excepcións á prohibición universal do incesto: as das monarquías do Antigo Exipto; a dos monarcas do Tawantinsuyo e as dos antigos monarcas hawaianos.
Alexandre Cabanel, nado en Montpellier o 28 de setembro de 1823 e finado en París o 23 de xaneiro de 1889, foi un pintor francés, representante do neoclasicismo académico. Dedicouse a temas históricos, mitolóxicos e relixiosos. Tamén foi un excelente acuarelista e autor de retratos, paisaxes e composicións decorativas.
Un programa é un conxunto de emisións periódicas transmitidas por televisión ou radio, agrupadas baixo un título ou cabeceira común, nas que a modo de bloque inclúese a maior parte dos contidos audiovisuais que se ofrecen nunha cadea. No ámbito profesional, non son considerados programas os bloques de contidos dedicados ás autopromocións, á continuidade e á publicidade convencional. Os programas televisivos serven para entreter, informar, entre outras finalidades.
Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste.
A Unión Soviética, de nome completo Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (abreviado: URSS, en ruso: Союз Советских Социалистических Республик ou СССР, tr.: Soyuz Sovétskij Sotsialistícheskij Respublik) foi unha federación de repúblicas soviéticas de proporcións continentais, cubrindo practicamente un sexto das terras emerxidas do planeta, converténdose así no meirande estado do planeta, o que tiña máis liña de costa e máis quilómetros de fronteiras ademais de ser un dos máis diversos etnicamente.Foi fundada o 30 de decembro de 1922 pola xuntanza dos países que formaban o antigo Imperio Ruso, tanto de Europa como de Asia, cun número que variou ao longo do tempo, aínda que foi de quince durante a maior parte da existencia do estado. Foi unha das dúas superpotencias durante a guerra fría xunto aos Estados Unidos de América. Foi disolta o 26 de decembro de 1991.
O termo símbolo, con orixe no grego súmbolon, designa un elemento representativo (realidade visíbel) que está en lugar de algo (realidade invisíbel) que tanto pode ser un obxecto coma un concepto ou idea, determinada cantidade ou calidade. O "símbolo" é un elemento esencial no proceso de comunicación, encontrándose difundido no día a día e nas máis variadas vertentes do saber humano. Así a todo, existen símbolos que son recoñecidos internacionalmente, outros só son comprendidos dentro dun determinado grupo ou contexto (relixioso, cultural etc.).
A ASOBAL, acrónimo da Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (en galego: Asociación de Clubs Españois de Balonmán), é unha asociación deportiva española sen ánimo de lucro fundada en 1984. Por delegación da Real Federación Española de Balonmán, a ASOBAL é a encargada de organizar as catro principais competicións masculinas de clubs do país: a Liga ASOBAL, a Copa ASOBAL, a Copa do Rei e a Supercopa.Na actualidade, a ASOBAL está integrada polos 16 equipos que disputan a máxima categoría do balonmán masculino español, aínda que a pertenza á asociación non é un requirimento indispensable para poder disputar esta categoría.
Kareem Abdul-Jabbar (en árabe: كريم عبد الجبار Karīm ‘Abd al-Jabbār), nado co nome de Ferdinand Lewis Alcindor, Jr. en Harlem (Nova York) o 16 de abril de 1947, é un antigo xogador de baloncesto estadounidense que militou en Milwaukee Bucks e Los Angeles Lakers da NBA dende 1969 até 1989. Era coñecido como Lew Alcindor antes de que trocase o seu nome a finais de 1971, varios anos despois de converterse ao islam, ao que chegou despois de ler unha autobiografía de Malcolm X.Abdul-Jabbar deixou o baloncesto á idade de 42 anos como o máximo anotador e taponador da historia da NBA, ademais de posuír a marca de máis MVP da Tempada con seis e ser o xogador que máis All-Star Game disputou.
O Magreb, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do Imperio Romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".
Marte é o cuarto planeta do Sistema Solar pola súa proximidade ao Sol. Chamado así polo deus da guerra da mitoloxía romana Marte, recibe ás veces o alcume de planeta vermello debido á aparencia avermellada que lle confire o óxido de ferro que domina a súa superficie. Ten unha atmosfera delgada formada por dióxido de carbono, e dúas lúas, pequenas e deformadas: Fobos e Deimos, posibelmente asteroides capturados polo planeta, así mesmo ten apenas un cuarto da superficie da Terra e apenas un décimo da súa masa.
Park Chan-wook (Hangul 박찬욱) nado o 23 de agosto de 1963 en Seúl, é un director, guionista, produtor e crítico surcoreano. Un dos máis famosos e aclamados directores de cine do seu país, Park é coñecido polos seus filmes Joint Security Area, Thirst e The Vengeance Trilogy, un saga de tres filmes composta por Sympathy for Mr. Vengeance (2002), Oldboy (2003) E Sympathy for Lady Vengeance (2005).
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
ESPN, Inc. (siglas de Entertainment and Sports Programming Network, hoxe en desuso), é un grupo dos medios con sede nos Estados Unidos, que opera e produce canles de televisión por cable, satélite, radio, sitios web, revistas e libros relacionados co deporte. Tamén organiza eventos tales como os Premios ESPY desde 1993 e os X Games desde 1995.
Os taxicos (en persa: تاجيک: Tājīk, en taxico: Тоҷик) son un grupo étnico iraniano falante de persa orixinario de Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. Os taxicos son o meirande grupo étnico de Taxiquistán, e o segundo grupo étnico de Afganistán, onde constitúen a metade da poboación global taxica. Falan diferentes variedades da lingua persa.
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Nabucco é unha traxedia lírica en catro partes, cada unha cun título (Xerusalén, O impío, A profecía e O ídolo), con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no Antigo Testamento e na obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois. Foi estreada o 9 de marzo de 1842 no Teatro alla Scala de Milán. A acción da ópera conta a historia do rei Nabucodonosor II da Babilonia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Age of Empires III: The WarChiefs
Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.Age of Empires III: The WarChiefs é o primeiro pack de expansión do videoxogo de estratexia en tempo real Age of Empires III. Foi estreado o 17 de outubro de 2006 nos Estados Unidos. Foi comercializado xunto co xogo completo de Age of Empires III nunha edición especial chamada Age of Empires III Gold Edition o 23 de outubro de 2007. A versión para Mac foi adaptada, desenvolvida e distribuída por Destineer, de MacSoft.
The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra) en 1960, activa durante a década dos 60, e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música popular. Formada en Liverpool, estivo constituída desde 1962 por John Lennon (guitarra rítmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no skiffle e no rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións.
O LXIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse na capital lusa, Lisboa, os días 8, 10 e 12 de maio de 2018. O certame foi albergado no Altice Arena, tras a vitoria de Portugal na edición anterior. Tanto as semifinais coma a final foron presentadas por Filomena Cautela, Sílvia Alberto, Daniela Ruah e Catarina Furtado.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Unha á ou ala é un órgano superior ou apéndice de determinados animais morfoloxicamente adaptado para o voo independente. Téñenas as aves, os insectos e os quirópteros e tivéronas os xa extintos pterosauros. Algunhas aves, como os pingüíns e as avestruces, teñen as ás pouco desenvolvidas e non son capaces de se manter no aire.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brate, e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A vida que che espera (en castelán: La vida que te espera) é unha coprodución cinematográfica galega dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón. Rodada entre Galicia e Cantabria entre abril e xuño de 2003, a estrea desta cinta tivo lugar o 30 de xaneiro de 2004. A produción correu a cargo de Continental Producciones, a TVG e Tornasol Films.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O colonialismo é unha práctica segundo a cal un país controla persoas ou territorios, a miúdo estabelecendo colonias, en xeral para o seu propio avance econónimo e estratéxico. Non hai unha concepción única do colonialismo e as súas definicións poden variar segundo o uso e o contexto. O colonialismo foi usado por primeira vez para describir unha colonia romana, unha especie de granxa, e máis tarde pasou a describir un posto avanzado ou unha clase de cidade romana.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Charles Valentine Riley (18 de setembro de 1843 – 14 de setembro de 1895) foi un entomólolgo e artista estadounidense nacido británico. Foi unha das primeiras persoas que usou o control biolóxico de pragas e foi autor dunhas 2.400 publicacións. Convenceu ao Congreso dos EUA de crear a Comisión Entomolóxica dos Estados Unidos e estivo entre os fundadores da Asociación Americana de Entomólogos Económicos.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.187 .
Legend of Grimrock é un videoxogo de 2012 de acción e rol desenvolvido e distribuído pola empresa finlandesa Almost Human. O título é un xogo de alxubes en 3D e en tempo real baseado no xogo de 1987 Dungeon Master. Foi lanzado para Windows en abril de 2012, OS X e Linux en decembro de 2012 e iOS en maio de 2015.
A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade. Entre elas: A liga da Coruña, organizada na Federación Galega de Chave dependente da Xunta de Galicia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".