Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Lorine Zineb Nora Talhaoui, nada en Estocolmo o 16 de outubro de 1983, é unha cantante e produtora discográfica sueca de orixe bérber. É principalmente coñecida por representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2012, que tivo lugar en Bakú (Acerbaixán), e por gañar dito festival coa súa canción "Euphoria" acadando un total de 372 puntos.
Muhamad Iasir Abdul Rahman Abdul Rauf Arafat (en árabe: محمد ياسر عبد الرحمن عبد الرؤوف عرفات), popularmente coñecido como Iasir Arafat (en árabe: ياسر عرفات), ou polo seu nome kunya Abu Amar (en árabe: أبو عمار), nado en Xerusalén ou no Cairo, o 4 ou 24 de agosto de 1929 e finado en París o 11 de novembro de 2004, foi un líder palestino, presidente da OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e da ANP (Autoridade Nacional Palestina).
O trastorno depresivo maior (MDD polas súas siglas en inglés) tamén coñecido como depresión clínica, depresión maior, depresión unipolar ou trastorno unipolar depresivo; ou como depresión recorrente no caso de presentarse repetidos episodios) é unha enfermidade mental que se caracteriza por un estado de ánimo invasivo e persistente acompañado dunha baixa autoestima e unha perda de interese ou de pracer (anhedonia) en actividades que normalmente se considerarían entretidas. O termo “depresión” é empregado de moitas formas diferentes. É comunmente utilizado para referirse a esta síndrome, pero pode referirse, tanto a outros diversos estados de ánimo ou a un estado de ánimo en específico.
ORCID (Open Researcher Contributor Identification ( pronuncia en inglés ), en galego "Identificador Aberto de Investigador e Colaborador") é un código alfanúmerico non propietario que identifica as autoras e autores do eido científico ou académico. Aborda os problemas asociados á localización da autoría nas publicacións científicas ou nas publicacións da área das Humanidades. Á hora de recuperar as contribucións dunha persoa nestes ámbitos hai moitas prácticas que dificultan este labor: o uso de nomes persoais que non son únicos; as diferentes prácticas culturais no que á orde dos nomes se refire; a inconsistencia entre o uso das abreviaturas de nomes e o emprego de distintos alfabetos.
O risotto (variación de riso, "arroz" en italiano) é unha comida tradicional italiana realizada a base de arroz. É un dos modos máis comúns de cociñar arroz en Italia. É unha comida orixinaria da zona noroeste do país, concretamente do leste de Piemonte e o oeste da Lombardía debido á abundancia de arroz.
Microsoft Windows é unha familia de sistemas operativos desenvolvidos pola multinacional informática Microsoft Corporation, que comezou a desenvolver unha interface gráfica de fiestras en setembro de 1981. A primeira versión de Windows, a 1.0, saíu ao mercado o 20 de novembro de 1985 coma un xestor de fiestras para o MS-DOS co obxectivo de competir co MacOS de Apple Computer, esta primeira versión de Windows tan só permitía fiestras en mosaico. A partir das versión 95 (e tamén no caso das versións NT), Windows xa non se ten que instalar sobre un DOS se non que o inclúe dentro do seu propio código formando un sistema operativo de seu.
Soraya Esfandiary-Bakhtiari (en persa: ثریا اسفندیاری بختیاری, Sorayâ Esfandiyâri-Baxtiyâri), nada en Isfahán o 22 de xuño de 1932 e finada en París o 26 de outubro de 2001, foi a raíña consorte de Irán como esposa do xa Mohammad Reza Pahlavi, co que casou en 1951. O matrimonio sufriu moitas presións, en particular cando quedou claro que ela era estéril. Rexeitou a suxestión do xa de tomar unha segunda esposa para producir un herdeiro despois de que el rexeitase a súa idea de abdicar en favor do seu medio irmán.
Megalópole do Nordeste dos Estados Unidos
A Megalópole do Nordeste dos Estados Unidos é a maior e principal aglomeración urbana do planeta que, polas súas dimensións, constitúe unha rexión urbanizada no nordeste dos Estados Unidos dende Springfield no estado de Massachusetts ata Washington, a capital do país. Este xigantesco continuo urbano conformaríase coa conurbación das áreas metropolitanas de Nova York, Filadelfia, Washington-Baltimore e Hartford. Algúns estudosos (véxase Gottmann) inclúen tamén a área de Boston, denominando BosWash (de Boston-Washington) á megalópole resultante.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
James Bond (tamén coñecido como 007) é un personaxe ficticio creado polo novelista inglés Ian Fleming en 1952, ano no que foi publicada a súa primeira novela, Casino Royale, onde o autor se refire a Bond coma un axente secreto.[Cómpre referencia]Bond protagoniza as súas propias aventuras, que posúen un aspecto común: o seu traballo como espía internacional e as aventuras que se desenvolven con cada misión. A súa profesión outórgalle a denominación de axente encuberto, afiliado ao Servizo Secreto de Intelixencia británico -coñecido actualmente como MI6-. Aínda que nun primeiro momento se fixo famoso a través das novelas, agora é máis coñecido pola serie de películas creadas pola produtora EON, e aínda que se produciron dúas películas independentes e unha adaptación estadounidense da primeira novela de Fleming baixo licenza legal, só as películas de EON son polo xeral consideradas "oficiais" dentro da franquía do personaxe.
A Casa Botines ou casa Fernández y Andrés é un edificio de estilo modernista, situado na cidade de León. Orixinalmente almacén comercial e residencia particular, foi construído e deseñado polo arquitecto catalán Antoni Gaudí entre 1891 e 1894, sendo esta unha das súas tres obras fóra de Cataluña, xunto ao Palacio Episcopal de Astorga e El Capricho de Comillas, en Cantabria. Situado xunto ao palacio dos Guzmanes, sede da Deputación de León e xunto á praza de Santo Domingo, lugar de encontro entre o casco antigo e o ensanche, de estilo renacentista, foi restaurado en 1951, declarado Monumento Histórico en 1969, é na actualidade a sede de Caja España, entidade que o rehabilitou en 1996, actividade que lle valeu o premio Europa Nostra.
Arda é un territorio ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, no que se desenvolven a meirande parte dos acontecementos narrados na súa obra de ficción. Arda forma parte de Eä (o universo de Tolkien), é o equivalente ficticio da Terra e está formada á súa vez por varios mares, océanos e continentes, entre os que se inclúen a Terra Media e Aman. Arda foi creada, xunto co resto de Eä, coa música dos Ainur para os fillos de Ilúvatar (isto é, elfos e humanos).
A África Oriental é a parte da África bañada polo Océano Índico e inclúe, non só os países costeiros e insulares, Comores, Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Seychelles, Somalia e Tanzania, senón tamén algúns do interior, como Burundi, Ruanda e Uganda, alén de Cimbabue, Zambia e Malaui, herdeiros da antiga Federación de Rodesia e Niasalandia, que están incluídos nesta definición de subrexión estatística da ONU. Ás veces Sudán e Exipto son tamén considerados parte da África Oriental, como tamén Madagascar e Mozambique, países da África Austral, poden tamén estar considerados parte da África Oriental. Estes países están asociados en varias organizacións: no Mercado Común de África Oriental e Austral (COMESA - Common Market of Eastern and Southern Africa), na Comunidade para o Desenvolvemento de África Austral (SADC é a sigla do nome da organización en lingua inglesa: Southern Africa Development Community), na Comunidade de África Oriental (EAC - East African Community) unha unión política, social e económica cunha historia que remonta á colonización e que agrupa tres estados: Kenya, Tanzania e Uganda.
LaDonna Adrian Gaines, nada en Boston (Massachusetts) o 31 de decembro de 1948 e finada en Key West (Florida) o 17 de maio de 2012, máis coñecida co pseudónimo de Donna Summer, foi unha cantante e compositora musical estadounidense, mundialmente famosa polos seus éxitos de xéneros disco e pop na década de 1970 e comezos dos 80. Entre as súas cancións máis lembradas cóntanse "I Feel Love", "On the Radio" e "Last Dance", gañadora dun premio Óscar en 1979. Dotada dunha poderosa voz de mezzosoprano e chamada «Reina da música disco», Donna Summer gañou cinco premios Grammy e once dos seus álbums lograron a certificación de Ouro por vendas nos Estados Unidos.
O Rolls-Royce Eagle foi o primeiro motor de aviación desenvolvido por Rolls-Royce Limited. Introducido en 1915 para cumprir cos requisitos militares británicos durante a primeira guerra mundial, foi usado para impulsar os bombardeiros Handley Page Type O e outros avións militares. O Eagle foi o primeiro motor en facer un cruzamento transatlántico sen escalas cando dous Eagles impulsaron un bombardeiro Vickers Vimy modificado no voo transatlántico de Alcock r Brown en xuño de 1919.
O pirrol é un composto químico orgánico aromático e heterocíclico, formado por un anel de cinco membros coa fórmula C4H5N. Os seus derivados substituídos tamén se chaman pirrois (por exemplo, o N-metilpirrol). Os pirrois únense formando aneis compostos máis grandes, como as porfirinas do grupo hemo, as clorinas e bacterioclorinas, clorofilas e o anel de corrina. Por exemplo, o grupo hemo fórmase a partir do porfobilinóxeno, un pirrol trisubstituído.
As guerras dos Castores (en mohawk: Tsianì kayonkwere), tamén coñecidas como guerras iroquesas ou guerras franco-iroquesas, son a denominación dunha serie de conflitos librados na segunda metade do século XVII no noroeste de Norteamérica. Alentados e armados polos seus socios comerciais ingleses e neerlandeses, os iroqueses tentaron expandir o seu territorio ó redor da rexión dos Grandes Lagos e monopolizar o comercio de peles que fornecía devandito produto ós mercados de Europa. Durante os conflitos enfrontaríanse as tribos da Confederación Iroquesa contra os colonos franceses e os seus aliados, principalmente pobos de fala algonquina.
Joan Fuster i Ortells, nado en Sueca o 23 de novembro de 1922 e finado na mesma vila o 21 de xuño de 1992, foi un escritor valenciano en lingua catalá. É recoñecido sobre todo pola súa obra ensaística, especialmente Nosaltres els valencians (1962) ou Qüestió de noms, Diccionari per a ociosos (1963).
O florín neerlandés (en neerlandés gulden) é o nome da moeda usada nos Países Baixos dende o século XV até o ano 2002, cando foi substituída polo euro. Dúas versións do gulden están aínda vixentes en Aruba e nas Antillas Holandesas. A versión de Suriname foi substituída polo dólar surinamés en 2004.
Selección de fútbol sub-23 de Italia
A selección de fútbol sub-23 de Italia foi o equipo de fútbol representativo de Italia na categoría de idade igual ou menor aos 23 anos. Xestionada pola Federación Italiana de Fútbol, deixou de usar dita denominación tras a supresión, en 1977, do Campionato de Europa sub-23. A súa herdeira é a selección olímpica, que por normativa internacional ten os mesmos criterios de idade que a antiga sub-23.
Lisa Randall, nada en Nova York o 18 de xuño de 1962, é unha física teórica estadounidense, especializada na física de partículas e cosmoloxía. Traballou en varios dos modelos de teoría de cordas que tratan de explicar o funcionamento íntimo do universo. A súa achega máis coñecida neste eido é o modelo de Randall-Sundrum ou modelo RS publicado en 1999 xunto con Raman Sundrum.Foi a primeira muller en ocupar un posto no departamento de física da Universidade de Princeton e a primeira muller Física Teórica no MIT e na Universidade Harvard.
Os endopterigotos ou Endopterygota (do grego antigo endon 'interno' + pterón 'á' + o neolatín -ota 'que ten'), tamén coñecidos como holometábolos (Holometabola), é unha superorde de insectos dentro da infraclase Neoptera que pasan por fases distintivas larvaria, pupal e adulta. Sofren unha metamorfose radical, coas fases de larva e adulto moi diferentes en estrutura e comportamento. Isto chámase holometabolismo ou matamorfismo completo.
Gold Diggers: The Secret of Bear Mountain
Gold Diggers: The Secret of Bear Mountain é un filme estadounidense-canadense dirixido por Kevin James Dobson e protagonizado por Christina Ricci e Anna Chlumsky que foi estreado en 1995.
esRadio é unha cadea de radio española, privada (creada e xestionada con capital privado), e de ámbito nacional; que comezou as súas emisións o luns 7 de setembro de 2009, ás 7 da mañá. Emite en varios puntos de España a través de emisoras asociadas, e en Madrid a través da frecuencia concedida a Unión Liberal de Radio, participada por Libertad Digital e Unidad Editorial.
Estado de agregación da materia
En física, un estado de agregación da materia é cada unha das diferentes formas en que a materia pode existir. Hai catro estados observables da materia na vida cotiá: sólido, líquido, gas e plasma. Sábese que existen moitos estados intermedios, como o cristal líquido, e algún deses estados estados só existen baixo condicións extremas, como o condensado de Bose-Einstein.
A caldeirada de peixe (ou simplemente caldeirada) é un cocido tradicional da cociña portuguesa e galega elaborado con diferentes peixes cocidos xuntos nun caldeiro (de aquí o seu nome). É un prato que se serve quente e sinxelo de preparación, é típico alimento dos pescadores da zona costeira do Atlántico tanto de Portugal como de Galicia.
Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
O Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades.
Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline.
Nude with Boots é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado o 8 de xullo do 2008 a través do selo Ipecap Recordings. O álbum conta coa mesma formación que o seu anterior traballo, (A) Senile Animal e despois da súa edicións puido ser escoitado na súa totalidade no MySpace da banda.
As presentacións son ficheiros que se poden usar para mostrar información visualmente de maneira atractiva diante dun auditorio. Constan de “páxinas”, chamadas diapositivas, que poden incluír texto, imaxes, vídeos, animacións, sons, vínculos etc. Á presentación, especialmente cando se fai utilizando un canón de vídeo, tamén se lle chama “diaporama”.
Non confundir co Vigo Rugby Club de Vigo en Kent, Inglaterra.O Vigo Rugby Club é unha entidade deportiva da cidade de Vigo, en Galicia, fundada en 1988, cuxo primeiro equipo sénior masculino competiu catro tempadas na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby. Dende 2015 recibe oficialmente a denominación comercial de Blusens Networks Universidade de Vigo por razóns de patrocinio.Na tempada 2010/11 pasou á historia do rugby galego como o primeiro equipo da nosa comunidade que acadaba o ascenso á máxima categoría do rugby nacional, na que permaceu até a tempada 2014/15. Os seus 15 títulos na Copa Xunta desmostran o carácter dominador do Vigo Rugby Club no marco do rugby galego.
Switchblade é un videoxogo desenvolvido por Gremlin Software en 1989 para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64 e ZX Spectrum. Tras pedir prestada a espada do clan dos switchblade, Bloke rómpea e agacha os seus 16 anacos no inframundo da cidade. Para recuperala o clan outorga poderes especiais a Hiro.
Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer
SAMPEX (acrónimo de Solar Anomalous and Magnetospheric Particle Explorer), tamén coñecido como Explorer 68, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer e lanzado o 3 de xullo de 1992 mediante un foguete Scout G1 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.
O imperio contraataca ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en inglés: Star Wars Episode IV: The Empire Strikes Back) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que foi estreado en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Spiroplasma é un xénero de pequenas bacterias Mollicutes que carece de parede celular. Spiroplasma, igual que outros Mollicutes, ten un metabolismo simple, estilo de vida parasito, morfoloxía das colonias "de ovo fritido" e pequeno xenoma, pero ten unha distintiva morfoloxía helicoidal, que o diferenza de Mycoplasma. Ten forma espiral e movemento de sacarrollas.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos, Ourol, o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Graham William Walker, nado o 4 de abril de 1963 en Bandon, Condado de Cork, Irlanda, coñecido profesionalmente como Graham Norton, é un presentador de radio e televisión, cómico, actor e escritor irlandés, traballando principalmente no Reino Unido. Gañou en cinco ocasións o Premio BAFTA de Televisión polo seu programa de comedia e entrevistas The Graham Norton Show, acadando 8 premios en total sumando outras categorías. Este programa, emitido orixinalmente na canle BBC Two para pasar despois a outras horas na BBC One, pasou no ano 2010 a suceder a Friday Night with Jonathan Ross na programación nocturna da BBC One.Tamén é presentador de programas na BBC Radio 2 e é o comentarista da BBC no Festival de Eurovisión.
O Festival de Eurovisión (en inglés Eurovision Song Contest; en francés Concours Eurovision de la Chanson) é un festival da canción televisado, creado en 1956 de carácter anual e con participantes de numerosos países europeos, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión. A representación dos diversos países escóllena as canles de televisión pública. O Festival retransmítese por televisión e radio en toda Europa.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Euthyrhynchus floridanus é unha especie de hemíptero carnívoro pentatómido e única especie do xénero Euthyrhynchus. É nativo das partes máis cálidas do sueste dos EUA e considérase beneficioso porque se alimenta de moitas especies de insectos que son pragas, así como de saltóns e outros pequenos insectos. Esta especie tamén caza en grupos, que poden ser de ata 12 individuos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Non confundir co Río Moldova, romanés, afluente do Río Siret. Non confundir co Río Moldava ou Vltava, checo, afluente do Río Elba. A República Moldova, ou máis común e simplemente Moldova ou Moldavia, (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste.
Australian Broadcasting Corporation
Australian Broadcasting Corporation (en galego, Corporación de Radiodifusión australiana) é un grupo audiovisual público de radio e televisión de Australia. Os servizos de radio comezaron en 1923 e a televisión iniciouse en 1956. O propietario da cadea é o Goberno de Australia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.