Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Lorine Zineb Nora Talhaoui, nada en Estocolmo o 16 de outubro de 1983, é unha cantante e produtora discográfica sueca de orixe bérber. É principalmente coñecida por representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2012, que tivo lugar en Bakú (Acerbaixán), e por gañar dito festival coa súa canción "Euphoria" acadando un total de 372 puntos. En 2023 volveu a gañar o Festival de Eurovisión coa canción "Tattoo" con 583 puntos.
Rolling Stone é unha revista estadounidense dedicada á música e a cultura popular. Edítase dende 1967 e ademais de ter a súa edición norteamericana quincenal, posúe varias edicións estranxeiras mensuais, repartidas en distintos países do mundo, coas cales a revista permite dar unha ollada máis local á música. Foi fundada en San Francisco por Jann Wenner (que aínda é o editor xefe da revista) e o crítico musical Ralph J. Gleason.
O MeV/c2 (mega electrón volt partido por c cadrado) é unha unidade de masa derivada do eV, usada en física atómica e de partículas. A súa posibilidade é debida á equivalencia masa-enerxía. O seu valor ven dado por: 1 MeV / c 2 = ( 1.602 176 634 × 10 − 19 C ) ⋅ 1 × 10 6 V ( 2.99 792 458 × 10 8 m / s ) 2 = 1.782 661 92 × 10 − 30 kg .
Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica
Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (en latín "Principios matemáticos da filosofía natural") é unha obra científica de Isaac Newton, na que describe os seus descubrimentos na mecánica e no cálculo matemático. Foi publicada en 1687 a petición do seu amigo Edmond Halley, e a obra marcou un punto de inflexión na historia da ciencia, pois está considerada como unha das obra científica máis importantes xamais publicadas. A súa publicación demorouse moito polo temor de Newton a que outros tentasen apropiarse dos seus descubrimentos.
Un director de orquestra, ou unha directora de orquestra, é a persoa encargada de conducir a música que interpreta unha orquestra. O seu labor é moi arduo. A partir do estudo profundo e intensivo dunha partitura, deberá encargarse de unificar a interpretación dunha obra que interpretará un grupo amplo de músicos.
Apollo 9 foi a terceira misión tripulada do programa Apollo dos Estados Unidos, e o primeiro voo do módulo de mando/servizo (Command/Service Module, CSM) xunto ó módulo lunar (LM). A súa tripulación estivo formada polo comandante James McDivitt, o piloto do módulo de mando David Scott e o piloto do módulo lunar Rusty Schweickart. Pasaron dez días nunha órbita terrestre baixa probando varios aspectos críticos para unha aterraxe na Lúa, incluíndo os motores do módulo lunar, os sistemas de soporte vital, sistemas de navegación e manobras de acoplamento.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
A era paleozoica ou primaria, tamén chamada paleozoico (do grego παλαιός palaiós, 'vello', 'antigo', e ζωη zoē, 'vida'; é dicir: 'era da vida antiga') é a primeira das tres na que se divide o eón Fanerozoico (ou 'era da vida visíbel —do grego φανερός phanerós, 'visíbel', 'que está á vista'—). Abarca dende comezos do Cámbrico (hai aproximadamente 542 millóns de anos) ata o final do Permiano (hai aproximadamente 251 millóns de anos).
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica. Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario.
Denomínaselle conservante a calquera substancia engadida aos alimentos (sexa de orixe natural ou de orixe artificial) que poida deter ou minimizar a deterioración causado pola presenza de diferentes tipos de microorganismos (bacterias, lévedos e mofos). Esta deterioración microbiana dos alimentos pode producir perdas económicas substanciais, tanto para a industria alimentaria (que pode chegar a xerar perdas de materias primas e dalgúns produtos elaborados antes da súa comercialización, deterioración da imaxe de marca) así como para distribuidores e consumidores (tales como deterioración de produtos despois da súa adquisición e antes do seu consumo, problemas de sanidade etc.).
O HC Keski-Uusimaa é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Kerava (Finlandia). O club foi fundado no ano 2008 e dende o 2012 compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Keravan jäähalli, un pavillón con capacidade para 2.000 espectadores.
Un ácido (do latín acidus, que significa agre) é considerado tradicionalmente como calquera composto químico que, cando se disolve en auga, produce unha solución cunha actividade de catión hidronio maior que a auga pura, isto é, un pH menor que 7. Isto aproxímase á definición moderna de Johannes Nicolaus Brønsted e Thomas Martin Lowry, quen definiron independentemente un ácido como un composto que doa un catión hidróxeno H+ a outro composto (denominado base). Algúns exemplos comúns son o ácido acético (no vinagre), o ácido clorhídrico (no salfumant e os mollos gástricos), o ácido acetilsalicílico (na aspirina), ou o ácido sulfúrico (usado en baterías de automóbil).
Akira Kurosawa (黒澤 明, Kurosawa Akira), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993.
The Supremes foi un grupo de música pop e soul estadounidense formado exclusivamente por mulleres, que interpretou cancións de distintos xéneros musicais, dende o doo wop á psicodelia e a música disco. Formouse na cidade de Detroit. As súas primeiras integrantes foron Florence Ballard, fundadora do grupo, a súa amiga Mary Wilson e unha compañeira de escola de ambas, Diana Ross.
Deadpool é unha personaxe de banda deseñada, co verdadeiro nome de Wade Winston Wilson, caracterizado coma un mercenario ou antiheroe que aparece en historietas publicadas por Marvel Comics, orixinalmente na serie X-Men pero tamén nos últimos anos noutras series Marvel. Creado polo debuxante Rob Liefeld e o guionista Fabian Nicieza, Deadpool apareceu por primeira vez en The New Mutants nº 98, en febreiro de 1991. Deadpool é un mercenario que usa alta tecnoloxía e que como Wolverine, é un produto de Weapon X, un programa paramilitar clandestino que realizou o goberno canadense.
O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).
O metrominuto é un plano peonil estética dun tradicional plano de metro, que marca as distintas rutas que se poden realizar a pé nunha determinada poboación. A idea naceu na cidade de Pontevedra, dentro do seu Proxecto de Mobilidade, que recibiu o premio europeo da mobilidade Intermodes por consideralo o primeiro mapa de transporte pedestre de Europa. No deseño do Metrominto hai que trazar as rutas con segmentos e establecer o tempo que se tarda en percorrelas, tomando como referencia un lugar da cidade, que será considerado como punto 0, do que parten os diferentes recorridos.
O mongol (en escritura mongol: , Mongɣol kele; en mongol cirílico: Монгол хэл, Mongol khel) é a lingua propia do pobo mongol, a lingua oficial de Mongolia e a máis coñecida da familia lingüística mongol. O número de falantes de tódolos dialectos chega ós 5,2 millóns, incluíndo os habitantes de Mongolia e ós residentes da Mongolia Interior, unha rexión autónoma de China. En Mongolia, o dialecto khalkha, escrito en cirílico (e outrora en alfabeto latino), é o predominante, mentres que en Mongolia Interior, a lingua é máis diversa dialectalmente e escríbese na escritura mongol.
O nacionalismo chicano é unha ideoloxía nacionalista étnica e proindixenista dos chicanos. Mentres que o movemento chicano tiña compoñentes nacionalistas máis marcados durante as décadas de 1960 e 1970, o movemento tendeu a destacar os dereitos civís e a inclusión política e social por enriba das ideas nacionalistas nas décadas posteriores. Por esta razón, o nacionalismo chicano é descrito máis como unha ideoloxía e non tanto un movemento político.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
A Batalla do Monte Blair (en inglés: Blair Mountain Battle) foi unha das maiores revoltas da historia do Estados Unidos de América e a maior rebelión armada que houbo nese país desde a Guerra Civil Americana.Durante cinco días, a finais do verán de 1921, preto de 10 000 mineiros do carbón e 3.000 Logan Defenders (policías e fura-folgas) apoiados pola patronal das minas enfrontáronse no condado de Logan en Virxinia Occidental. A insurrección tiña a súa orixe no intento dos traballadores de crear sindicatos en tódalas minas do suroeste do estado. A Batalla rematou cando entrou en acción o exército dos Estados Unidos, enviado por orde presidencial, e non antes de que se disparasen en torno a un millón de balas.Como resultado das protestas os mineiros viron reducidos os seus dereitos laborais ata a década de 1930, cando o Goberno Federal dos Estados Unidos recoñeceu o dereito de sindicación.
A drenaxe é o conxunto de operacións (instalacións de tubaxes, abertura de gabias e canles, bombeo, etc.) realizadas para remover a auga dunha superficie ou do subsolo. En xeoloxía, é calquera medio polo que a auga contida nunha zona flúe a través da superficie ou de infiltracións no terreo. Drenaxe, cloacas ou rede de saneamento, en enxeñaría e urbanismo, é o sistema de canalizacións, sumidoiros ou trampas, coas súas conexións, que permite o desaloxo de líquidos, xeralmente pluviais, dunha poboación.
Peregrin Tuc (2990 TI - 70 CI), máis coñecido polos seus amigos como Pipin, é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien que aparece na súa obra O Señor dos Aneis. É un hobbit e un dos amigos máis novos e queridos de Frodo Bulseiro. Peregrin era o único fillo home de Paladin Tuc II e Eglantine Ribeira, polo que herdou o título de seu pai Thain da Comarca á morte deste en 13 TI. Tiña tres irmás máis vellas, Perla Tuc, Pimpernel Tuc, e Pervinca Tuc.
Daniel Louis "Dan" Castellaneta, nado o 29 de outubro de 1957, é un actor estadounidense, dobrador, comediante e guionista. Famoso por darlle voz a Homer Simpson na versión orixinal da serie de televisión animada Os Simpsons, ademais de moitos outros personaxes da serie, incluíndo Abraham Simpson, Barney Gumble, Krusty o pallaso, o xardineiro Willie, o alcalde Quimby e Hans Moleman. Nacido en Oak Park, Illinois, un suburbio de Chicago, Castellaneta comezou a asistir a clases de teatro a curta idade.
Moviment de Defensa de la Terra
O Moviment de Defensa de la Terra (MDT) é unha organización independentista revolucionaria que ten como ámbito os países cataláns. Xurdiu da confluencia do PSAN, de Independentistes dels Països Catalans e independentes en 1984 tras varios anos de tentativas de organizar ó independentismo próximo a Terra Lliure. En 1987 os enfrontamentos na II Asemblea entre o PSAN e IPC deu lugar a que a organización se fraccionase en dous grupos: MDT-PSAN e MDT-IPC, o primeiro daría lugar á coalición Catalunya Lliure e o segundo foi o que mantivo o nome e deu cobertura ás Candidaturas d'Unitat Popular e acabou formando a Assemblea d'Unitat Popular.
"Parabéns para ti!" é unha canción popular orixinalmente en lingua inglesa e coñecida habitualmente nesa lingua como Happy Birthday to You ou simplemente Happy Birthday, adoita cantarse nas festas de aniversario. Compúxerona en 1893 as irmás Patty Hill e Mildred Hill, mestras de profesión co título Good Morning to All. A letra da canción foi rexistrada con copyright en 1935.
Fito & Fitipaldis é un grupo musical bilbaíno creado en 1998 por Fito Cabrales coa intención de publicar cancións que non eran do estilo da súa outra banda, Platero y tú. O seu tipo de música é moi variado, vai desde o Rock and roll pasando polo blues, o soul, o swing e moitos máis. As súas letras adoitan falar de historias persoais.
O Número de Mach ( M a {\displaystyle \mathrm {Ma} } or M {\displaystyle M} ) é a relación que existe entre a velocidade dun corpo que se despraza nun determinado medio e a velocidade do son nese fluído nas mesmas condicións físicas, en particular á mesma temperatura e presión. Recibe o nome do físico e filósofo austríaco Ernst Mach. Utilízase a miúdo para representar a velocidade dun obxecto que viaxa a velocidades próximas ou superiores á do son.
O calvinismo (ás veces chamado tradición reformada, a fe reformada ou teoloxía reformada) é un sistema teolóxico protestante e un enfoque da vida cristiá que pon a énfase na autoridade de Deus sobre todas as cousas. Esta vertente do cristianismo protestante é así nomeada en relación ao reformador relixioso francés do século XVI Jean Calvin, quen sistematizou moitas das máis coñecidas doutrinas que forman parte da teoloxía reformada. A tradición reformada foi desenvolvida por teólogos como Martin Bucer, Heinrich Bullinger, Pietro Martire Vermigli, Ulrich Zwingli, Teodoro de Beza e Guillaume Farel e influíu en reformadores británicos como Thomas Cranmer e John Knox.
Abraham de Moivre, nado en Vitry-le-François, A Champaña, Francia o 26 de maio de 1667 e finado en Londres, Inglaterra o 27 de novembro de 1754, foi un matemático francés coñecido pola fórmula de Moivre que relaciona números complexos e trigonometría e polo seu traballo na teoría de probabilidade, onde deu orixe ao concepto de distribución normal. Foi un amigo de Isaac Newton, Edmond Halley, e James Stirling. Enfrontouse á persecución relixiosa durante a súa vida.
A Ronda del Litoral (Rolda do Litoral en catalán), identificada tamén como B-10, é unha autovía de circunvalación da cidade de Barcelona que transcorre entre o Nus de la Trinitat e o Nus del Llobregat, percorrendo o sur da cidade condal. Xunto coa Ronda de Dalt (B-20) forma o cinto viario de alta capacidade da cidade de Barcelona.
As acanaladuras son estrías ou sucos verticais, usualmente de sección semicircular, talladas sobre o fuste dunha columna, un piar, unha pilastra ou nun tríglifo. Na columna dórica, están separadas por arestas vivas; na xónica e na corintia, por nervaduras. A orde toscana non ten acanaladuras e son opcionais para as outras ordes.
Arte moderna é un termo referido á maior parte da produción artística dende finais do século XIX ata aproximadamente os anos 1970. Producións recentes son máis a miúdo denominadas arte contemporánea. A arte moderna ten un novo achegamento á arte, onde xa non é importante a representación literal (a través de pintura ou escultura).
O adamantium é un metal de ficción usado principalmente nos cómics de Marvel, a substancia máis dura do Universo Marvel. É dunha extraordinaria dureza e consistencia, dez veces maior que a do diamante. O nome, tanto etimolóxica como conceptualmente, está baseado no adamante da mitoloxía grega, o material do que estaba feita a fouce que Zeus lle deu a Perseo para matar a Medusa.
Burkholderia mallei é unha especie de bacterias gramnegativas aerobias, que é un patóxeno animal que causa o mormo en equinos e tamén pode afectar a humanos. O nome latino malleus fai referencia a dita doenza equina. A especie está moi emparentada con B. pseudomallei, e segundo a tipificación de secuencia multilocus habería que considerala como unha subespecie de B. pseudomallei.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo á figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o Saqueo de Antuerpen, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja».A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982. O mellor resultado obtido pola selección española neste torneo foi ao proclamarse campioa do mundo, fito alcanzado no Mundial de 2010 realizado en Suráfrica.
Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
O carbofurano é un pesticida do grupo dos carbamatos amplamente usado en todo o mundo para o control de insectos nunha ampla variedade de cultivos, como patacas, millo e soia. É un insecticida sistémico, o que significa que a planta o absorbe polas raíces e desde alí distribúese por todos os órganos da planta, onde se acadan concentracións insecticidas. Tamén ten actividade ao contacto contra as pragas.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
Galicia conta cunha poboación de 2 695 645 de habitantes (2017),dos que 1 297 301 son homes e 1 398 344 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2021) Contando así cunha densidade de poboacional de 92,18 hab./km², lixeiramente superior á media española e semellante á europea. Galicia é a quinta comunidade autónoma de España por poboación. Con 292.986 habitantes Vigo é o concello máis poboado, seguida pola Coruña con 244.099 habitantes, segundo datos de 2017.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.206 .
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Moura (tamén estilizado como MØURΔ) é un grupo galego que mestura rock progresivo, rock psicodélico e folk rock procedente da Coruña. O grupo naceu en 2015 e está formado por Diego Veiga (guitarras, harmónica e voz), Hugo Santeiro (guitarras), Fernando Vilaboi (hammond e sintetizadores), Pedro Alberte (baixo) e Luis Casanova (batería). A banda ten publicado un único álbum de estudio ata a data, Moura (2020).
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
Cartas desde o meu muíño, co título orixinal de Lettres de mon moulin, é un libro de Alphonse Daudet. A versión en lingua galega publicouna en 1983 Edicións Xerais de Galicia, sendo a tradución, as introdución e as notas obra de Víctor F. Freixanes. A cuberta e as ilustracións foron de Manuel Fragoso Álvarez.