Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Martin Luther King, Jr., nado como Michael King Jr en Atlanta (Xeorxia) o 15 de xaneiro de 1929 e asasinado en Memphis (Tennessee) o 4 de abril de 1968, foi un ministro e activista baptista estadounidense, un dos líderes máis destacados do movemento polos dereitos civís desde 1955 ata o seu asasinato en 1968. Líder da igrexa afroamericana e fillo do activista dos dereitos civís e ministro Martin Luther King Sr., King promoveu os dereitos civís da xente de cor nos Estados Unidos a través da non-violencia e a desobediencia civil. Inspirado polas súas crenzas cristiás e o activismo non violento de Mahatma Gandhi, dirixiu unha resistencia non violenta contra as leis de Jim Crow e outras formas de discriminación.
Endemismo é un termo empregado na bioloxía para indicar que a distribución dun taxón está limitada a un ámbito xeográfico reducido, non se atopando de forma natural en ningunha outra parte do mundo. Por iso, cando se indica que unha especie é endémica de certa rexión, quérese dicir que só é posible atopala de forma natural nese lugar.
A célula (do latín cellula, que significa 'cuarto pequeno, cela') é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, a cal é capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutrición, a relación co medio que a rodea e a reprodución. Todos os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula. Estes seres formados por unha soa célula son os chamados organismos unicelulares, mentres que se están constituídos por un conxunto de varias (ata miles de millóns) reciben o nome de organismos pluricelulares.
Frentorish "Tori" Bowie, nada o 27 de agosto de 1990 en Sand Hill (Mississippi) e finada en Winter Garden (Florida) a comezos de maio de 2023, foi unha atleta estadounidense. Compitiu principalmente nas probas de velocidade dos 100 e os 200 metros lisos. Tamén posuía un récord persoal de 6,95 metros en salto de lonxitude, de 2014.
Estados dos Estados Unidos de América
Os Estados Unidos de América son unha federación de 50 estados máis algunhas outras entidades cunha extensión total duns dez millóns de km2. Estes estados distribúense case na súa totalidade en América do Norte, agás Hawai, que se atopa no medio do Océano Pacífico, podendo considerarse xeograficamente en Oceanía. A cidade de Washington, no chamado Distrito de Columbia, é a sede do goberno federal.
Aos pés do monte Parnaso en Focea, Delfos é o lugar dun santuario panhelénico onde falaba o oráculo de Apolo a través da súa profetisa, a Pitia ; tamén albergaba o ónfalos ou «embigo do mundo». Investido cun significado sagrado, Delfos foi do século -VI ao -IV o verdadeiro centro e o símbolo da unidade do mundo grego. Os santuarios panhelénicos eran complexos arquitectónicos externos ás cidades: constituían os únicos lugares onde todos os antigos gregos, e algúns bárbaros (lidios e etruscos) tomaban parte en celebracións relixiosas comúns.
Na literatura médica, síntoma é calquera alteración da percepción normal que unha persoa ten do seu propio corpo, do seu metabolismo, das súas sensacións, podendo ou non ser reflexo dun indicio de doenza. Os síntomas son frecuentemente confundidos cos sinais ou signos, que son as alteracións percibidas ou medidas por outra persoa, xeralmente un profesional da saúde. A diferenza entre síntoma (por exemplo dor de cabeza) e sinal ou signo (por exemplo febre), é que o sinal é aquilo que pode ser percibido por outra persoa sen o relato ou comunicación do paciente e o síntoma é a queixa relatada polo paciente e que só el consegue percibir.
Un vao é un lugar natural por onde poder pasar un obstáculo, normalmente cruzar unha corrente de auga ou un anaco de mar. Como topónimo pode referirse a: Vao, lugar da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz; Vao, lugar da parroquia de San Martiño de Mondoñedo no concello de Foz; Vao, lugar da parroquia de Vedro no concello de Portomarín; Vao, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro no concello do Valadouro; O Vao, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo; O Vao, lugar da parroquia de Tuxe, no concello do Bolo; O Vao, lugar da parroquia de Riobó, no concello de Cabana de Bergantiños; O Vao, lugar da parroquia de Temes, no concello de Carballedo; O Vao, lugar da parroquia de Rabiño, no concello de Cortegada; O Vao, lugar da parroquia de Cospeito, no concello de Cospeito; O Vao, lugar da parroquia de Cereixido, no concello da Fonsagrada; O Vao, lugar da parroquia de Verís, no concello de Irixoa; O Vao, lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios; O Vao, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Manzaneda; O Vao, lugar da parroquia de San Salvador de Poio, no concello de Poio; O Vao, lugar da parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra; O Vao, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Salvaterra de Miño; O Vao, lugar da parroquia de Pascais, no concello de Samos; O Vao, lugar da parroquia de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra; O Vao, lugar da parroquia de Coruxo, no concello de Vigo; O Vao, lugar da parroquia de San Vicenzo de Curtis, no concello de Vilasantar; O Vao, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar; Cruceiro de Vao, lugar da parroquia de Boiro no concello de Boiro; Ponte do Vao, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz; Ponte do Vao, lugar da parroquia de Coeo, no concello de Lugo; A Ponte do Vao, lugar da parroquia de Laxosa, no concello do Corgo; Porto do Vao, lugar da parroquia de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro de Rei; O río Vao, afluente no río Anllóns, na provincia da Coruña; O río Vao, afluente no río Calvar, na provincia da Coruña; Istmo do Vao, na península entre O Grove e a praia da Lanzada; Encoro do Vao, no río Bibei; Praia do Vao, ó carón da praia da Lavanqueira, na illa de Arousa; Praia do Vao, en Coruxo, entre a illa de Toralla e Canido, concello de Vigo. Campo do Vao, campo de fútbol do Coruxo Club de Fútbol, en Coruxo, concello de Vigo.Isto aconteceu tamén na toponimia doutros territorios (Hondarribia, Atarrabia, Frankfurt, Oxford).
Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.
Gran Premio de Hungría de 1994
O Gran Premio de Hungría de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 14 de agosto de 1994, no circuíto de Hungaroring. Foi a décima carreira da tempada de 1994. A carreira foi o décimo Gran Premio de Hungría e a novena en Hungaroring.
Daniel Mattheus "Danie" Gerber, nado o 14 de abril de 1958 en Porto Elizabeth, é un ex xogador surafricano de rugby, que defendeu as cores dos Springboks entre 1980 e 1992. Xogou principalmente na posición de centro co número 13, sendo considerado un dos mellores xogadores da historia nesa posición, ata o punto de ser elixido en 2007 para formar parte do International Rugby Hall of Fame (o Salón da Fama Internacional do Rugby). Tamén foi elixido xogador do ano en Suráfrica nos anos 1984, 1985 e 1992.
VRML (Virtual Reality Modeling Language) é unha linguaxe para o desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual, deseñado para o seu emprego na World Wide Web. VRML é un formato de ficheiro de texto no que se especifican os vértices e as arestas de cada polígono tridimensional. VRML é a base sobre a que se desenvolveu X3D, que a substituíu, o que non provocou a desaparición de VRML, que aínda é amplamente usada.
Manhua, en chinés simplificado 漫画, en pinyin Mànhuà, é o nome que recibe a banda deseñada na China e Taiwán. No resto do mundo, a palabra úsase para definir a totalidade dos cómics producidos no país. Aínda que as narracións gráficas análogas ás bandas deseñadas existiron nese territorio ao longo da súa historia imperial, o termo manhua apareceu por primeira vez en 1904 nunha obra titulada shishi manhua, no xornal de Shanghai Jingzhong.O termo tamén inclúe formatos tradicionais específicos do país como Lianhuanhua.
A dos pecoros (Pecora) é unha infraorde de mamíferos artiodáctilos que comprende a maioría dos ruminantes. A maioría dos membros da infraorde teñen apéndices craniais proxectados desde o óso frontal; só dous xéneros existentes na actualidade carecen deles, Hydropotes e Moschus.Aínda que a maioría dos pecoros teñen apéndices craniais, só algúns destes apéndices son cualificados como "cornos", e moitos científicos coinciden en que os apéndices non xurdiron dun antepasado común, senón que evolucionaron independentemente.
Busuanga é a illa máis grande das illas do Grupo Calamian na provincia de Palawan en Filipinas. A illa de Busuanga é a segunda illa máis grande na provincia logo da illa de Palawan. A illa está situada a medio camiño entre as illas de Mindoro e Palawan no Mar da China Meridional situado ao oeste e o Mar de Sulu ao sueste.
Tomistoma schlegelii, xeralmente coñecido internacionalmente como gavial malaio ou falso gavial, é unha especie de crocodiliano de auga doce nativa da Península de Malaca, Borneo, Sumatra e Xava. Está incluída como especie vulnerable na lista vermella da IUCN, xa que a súa poboación global se estima en só 2 500 individuos maduros.O nome específico schlegelii déuselle en honor ao herpetólogo alemán Hermann Schlegel.
HD 189733 b é un planeta extrasolar que se atopa a 63 anos luz do Sistema Solar na constelación de Vulpecula. O planeta foi descuberto orbitando a estrela HD 189733 A o 5 de outubro de 2005, cando astrónomos de Francia observaron to planeta transitando a través da superficie da estrela. Cunha masa un 13% maior que a de Xúpiter, HD 189733 b orbita a súa estrela unha vez cada 2,2 días cunha velocidade orbital de 152,5 km/s, o que o converte nun Xúpiter quente con poucas perspectivas de vida extraterrestre.
A Best 2 -Black- é un dos dous álbums da serie de compilacións de grandes éxitos "A Best 2" da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 28 de febreiro de 2007 (o mesmo día que "A Best 2 -White-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum debutou na primeira posición no Xapón no seu primeiro día a venda e tomou a segunda posición nas listas semanais, algo que tamén logrou noutros países de Asia. "A Best 2 –Black-" esta situado no cuarto posto dos CDs xaponeses máis vendidos de 2007.
O International Cricket Council (do inglés: Consello Internacional de Crícket), universalmente coñecido polo seu acrónimo ICC, é o organismo mundial reitor do crícket. Fundouse o en 1909 co nome de Imperial Cricket Conference (Conferencia Imperial de Crícket) con representantes de Australia, Inglaterra e Suráfrica. En 1965 mudou o nome a International Cricket Conference (Conferencia Internacional de Crícket) e en 1987 adoptou o seu actual nome.
A celobiosa (de fórmula C12H22O11) é un disacárido producido pola hidrólise parcial da celulosa, está composto por dous residuos de glicosa unidos por enlace O-glicosídico β(1→4). Ten a mesma composición química que a maltosa, exceptuando que o residuo glicosídico do enlace está en configuración anomerica β, polo que o nome sistemático da celobiosa é β-D-glucopiranosil (1,4) D-glucopiranosa. Ten propiedades redutoras e formas anoméricas, xa que unha das glicosas ten un carbono anomérico libre.
Campionato do mundo de tríatlon de longa distancia
O Campionato do mundo de tríatlon de longa distancia é unha competición internacional de tríatlon celebrada anualmente dende 1994. As probas comezan, cun sector de natación, outro de ciclismo e rematan cunha carreira a pé, cunhas distancias que varían entre a distancia olímpica (ou estándar) e a distancia dunha carreira do Ironman. Os campionatos están organizados pola Unión Internacional de Tríatlon.
A Oficina Europea de Patentes é unha institución vencellada á Unión Europea pero independente dela (ten como socios da organización países que non están nela). O seu propósito é organizar e coordinar as diversas oficinas nacionais de patentes. Ten como linguas de traballo o inglés, francés e alemán, e sedes en Múnic, A Haia, Viena, Bruxelas e Berlín.
Un exiptólogo é un especialista na historia e a arqueoloxía do Antigo Exipto, desde as orixes máis remotas ata o fin da época tolemaica, no século I a.C. Nas principais universidades do mundo hai cátedras desta disciplina onde os investigadores fórmanse e gradúan para logo dedicarse á arqueoloxía exipcia in situ, achegando nova información sobre o terreo, ou procesando no seu gabinete o que outros escavaron e con iso enriquecer o noso coñecemento; tamén dedicándose á docencia para formar exiptólogos ou como directores ou conservadores de institucións ou museos onde se custodian obxectos desta antiga civilización. O coñecemento fidedigno da historia do antigo Exipto é moi recente. Fai tan só dous séculos o que se coñecía das orixes da civilización exipcia proviña de relatos dos historiadores e viaxeiros gregos e romanos que, sen moito espírito crítico, recolleron aquilo que os exipcios da súa época narrábanlles.
Gavialis é un xénero de crocodilianos que inclúe unha especie viva, o gavial (Gavialis gangeticus), e varias especies fósiles extintas, como son Gavialis bengawanicus, Gavialis breviceps, Gavialis browni, Gavialis curvirostris, Gavialis hysudricus, Gavialis leptodus, Gavialis lewisi e Gavialis pachyrhynchus. A maioría das especies, incluída a actual G. gangeticus, proceden do subcontinente indio, mentres que G. bengawanicus coñécese como o gavial de Xava. Gavialis probablemente apareceu no subcontinente Indio a inicios do Mioceno hai uns 20 millóns de anos e espallouse polo arquipélago malaio seguindo un camiño chamado a ruta Siva–malaia no Cuaternario.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Os anfibios (Amphibia, do grego ἀμφί, amphí ('ambos') e βίος, bíos ('vida'), que significa «ambas as vidas» ou «en ambos os medios») son unha clase de vertebrados anamniotas (sen amnio, como os peixes), tetrápodos, ectotérmicos, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferenza do resto dos vertebrados, distínguense por sufrir unha transformación durante o seu desenvolvemento. Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre, presentando na actualidade unha distribución cosmopolita ao atoparse exemplares en practicamente todo o mundo, estando ausentes só nas rexións árticas e antárticas, nos desertos máis áridos e na maioría das illas oceánicas.
Os pentastómidos (Pentastomida) son un enigmático grupo de artrópodos parasitos, que os estudos moleculares sitúan como un grupo de crustáceos dexenerados. Son moi coñecidos os do xénero Linguatula, que teñen unha especie de lingua que se parece á lingua dos vertebrados.Coñécense unhas 130 especies de pentastómidos; todos son parasitos obrigados cunha anatomía dexenerada. O tamaño dos adultos varía desde 1 a 14 cm de lonxitude, e parasitizan o tracto respiratorio de vertebrados.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.250 .
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Lorine Zineb Nora Talhaoui, nada en Estocolmo o 16 de outubro de 1983, é unha cantante e produtora discográfica sueca de orixe bérber. É principalmente coñecida por representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2012, que tivo lugar en Bakú (Acerbaixán), e por gañar dito festival coa súa canción "Euphoria" acadando un total de 372 puntos. En 2023 volveu a gañar o Festival de Eurovisión coa canción "Tattoo" con 583 puntos.
Refraneiro galego sobre o mes de maio
A auga de febreiro ten pros campos tempero; i a de maio teno pra todo o ano . A auga de maio inda carga o carro . A chuvia na semana da Ascensión, leva o centeo e deixa o relón .
A gravidade da Terra, denotada por g, é a aceleración neta que se imparte aos obxectos debido ao efecto combinado da gravitación (da distribución da masa dentro da Terra) e a forza centrífuga (da rotación da Terra). En unidades SI, esta aceleración mídese en metros por segundo ao cadrado (en símbolos, m/s² ou m·s−2) ou de maneira equivalente en newtons por quilogramo (N/kg ou N · kg−1). Preto da superficie da Terra, a aceleración gravitacional é de aproximadamente 9,81 m/s², o que significa que, ignorando os efectos da resistencia do aire, a velocidade dun obxecto que cae libremente aumentará en aproximadamente 9,81 metros por segundo cada segundo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión).Os outros feirantes é un libro de relatos escrito en 1971 por Álvaro Cunqueiro que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións. Son descricións breves nas que non falta o humor e a ironía.
A festa dos maios, tamén coñecida simplemente como os maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Xabarín (inicialmente "Xabarín" e posteriormente renomeada como "Xabaril") é unha colección de literatura xuvenil (de aventuras, misterio, ficción científica etc) en lingua galega, de Edicións Xerais de Galicia. Maiormente son traducións de obras da literatura universal, inda que tamén inclúe obras orixinais en galego.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
O colonialismo é unha práctica segundo a cal un país controla persoas ou territorios, a miúdo estabelecendo colonias, en xeral para o seu propio avance econónimo e estratéxico. Non hai unha concepción única do colonialismo e as súas definicións poden variar segundo o uso e o contexto. O colonialismo foi usado por primeira vez para describir unha colonia romana, unha especie de granxa, e máis tarde pasou a describir un posto avanzado ou unha clase de cidade romana.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.
O Rusty trombone (trombón oxidado ou trombón sucio) é un acto sexual no que un home queda de pé cos xeonllos e as costas lixeiramente torsionados cos pés separados polo menos ao ancho dos ombreiros para deixar ao descuberto o seu ano. Unha persoa normalmente axeonllase detrás do home e realiza un anilingus mentres pasa unha man por debaixo dos testículos ou arredor do corpo para realizar manualmente movementos rápidos cara arriba e abaixo do pene, imitando os movementos dun músico de trombón. O acto defínese principalmente pola orientación física da parella, a combinación de anilingus con estimulación sexual manual e a semellanza do esfínter anal cunha boquilla de trombón, non obstante, son posibles outras posicións e variacións.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.