Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Björk Guðmundsdóttir, nada en Reiquiavik o 21 de novembro de 1965, é unha cantante, compositora e actriz islandesa máis coñecida como Björk. Foi a antiga líder da banda islandesa de rock alternativo The Sugarcubes. O seu gusto musical abrangue moitos tipos de música, entre eles; pop, rock alternativo, jazz, ambient, electrónica, folk, trip hop e clásica.
O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período. O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1.
United Express é o nome de marca da división rexional de United Airlines, baixo o cal nove aeroliñas rexionais de propiedade individual operan voos de curta e media distancia. O 1 de outubro de 2010 a UAL Corporation e Continental Airlines fusionáronse para formar United Continental Holdings, o holding da recentemente fusionada United Airlines. Coa unión de Continental e United, Continental Connection e Continental Express foron adoptando gradualmente o nome da marca United Express, chegando a ser doce o número de operadores con máis de 550 avións.
Prick é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado o 5 de agosto de 1994 a través do selo Amphetamine Reptile Records. Debido a problemas co selo que evitaban que a banda editase discos co nome "Melvins", o álbum foi lanzado co nome escrito do revés. O disco foi gravado como un xeito de financiar as sesión do Stoner Witch e amosa un carácter marcadamene experimental.
Tapia de Casarego (oficialmente Tapia) é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao leste con El Franco e ao sur e ao oeste con Castropol. O concello cobre unha superficie de 66 km² e contaba cun total 4290 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 65,01 hab./km².
Fitzcarraldo é un filme alemán de 1982 escrito e dirixido por Werner Herzog e protagonizado por Klaus Kinski. Conta a historia dun señor do caucho, un irlandés coñecido no Perú como Fitzcarraldo, que está determinado a transportar un barco de vapor sobre un outeiro para acceder a un rico territorio do caucho na conca do Amazonas. O filme baseáse nos feitos reais do peruano Carlos Fitzcarrald e a súa fazaña de transportar un barco de vapor desmontado sobre o istmo de Fitzcarrald.
Iniciativa per Catalunya Verds
Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) foi un partido político ecosocialista catalán que ten a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC. Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
A exiptoloxía é o estudo do Antigo Exipto e das antigüidades exipcias. A exiptoloxía estuda a lingua, historia, relixión, arte e economía da cultura exipcia antiga desde o V milenio a. C. até o fin do goberno romano no século IV. O descoñecemento desta cultura fomentou no pasado un culto a supostos coñecementos ocultos e máxicos que caen dentro do terreo do esotérico.
The Bride Screamed Murder é o vixésimo álbum de estudio da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado o 1 de xuño do 2010 a través do selo Ipecac Recordings. É o seu primeiro álbum en entrar na lista Billboard 200, concretamente estando no número 200, ao vender 2.809 copias nas primeiras semanas. No mes de outubro do 2010 apareceu o vídeo musical para a canción "Electric Flower", dirixido por Mark Brooks.
O baloncesto (basketball en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao aire libre.
Gran Premio de Bélxica de 1983
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1983 disputouse en Spa-Francorchamps o 22 de maio de 1983. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1983, e o 41º Gran Premio de Bélxica. O circo da F1 volveu a Spa logo de que a pista fora acurtada.
WeChat ou Wēixìn (en lingua chinesa: 微信, literalmente mensaxe de micro) é un servizo de mensaxería de texto e mensaxes de voz chinés, creado por Tencent Guangzhou Research e o Centro de Investigación e Proxectos en outubro do 2010, e foi publicado por primeira vez en xaneiro do 2011. A aplicación está dispoñíbel en sistemas Android, BlackBerry OS, iOS, Nokia Asha e Windows Phone. Entre as linguas soportadas inclúe chinés simplificado, chinés tradicional, español, indonesio, malaio, xaponés, coreano, polaco, italiano, tailandés, vietnamita, hindi, ruso e inglés.
Zenit-2M ou Zenit-2SLB foi un lanzador pesado colaboración entre Rusia e Ucraína.O Zenit-2M era a versión para lanzamento desde o cosmódromo de Baikonur do foguete Zenit-3SL lanzado desde unha plataforma mariña pola empresa Sea Launch. Era capaz de poñer en órbita baixa terrestre ata 12 toneladas de carga. Foi lanzado unha única vez, o 29 de xullo de 2007, para poñer en órbita o satélite de recoñecemento Tselina-2 número 23.
Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline.
O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).
Felip Mateu i Llopis (tamén coñecido e citado pola forma castelá Felipe Mateu y Llopis), nado en Valencia o 15 de novembro de 1901 e finado en Barcelona o 13 de abril de 1998, foi un historiador e bibliotecario español, catedrático de Paleografía e Diplomática, e un dos numismáticos máis recoñecidos do século XX.
Este artigo refírese a humanos. Para a preñez en animais véxase Preñazo.O embarazo, gravidez, preñazo ou preñez dunha muller é o período que transcorre entre a implantación do cigoto no útero ata o momento do parto. Durante este período prodúcense na muller importantes cambios fisiolóxicos, metabólicos e incluso morfolóxicos coa finalidade de protexer, nutrir e permitir o desenvolvemento do feto, como son a interrupción dos ciclos menstruais, ou o aumento do tamaño das mamas para preparar a lactación.
Beth pode referirse a: a letra Beth, a segunda en moitos alfabétos semíticos, como o hebreo, sirio, arameo ou o fenicio; os números Beth, unha secuencia infinita de números cardinais; a expresión Beth, co significado en hebreo de "casa de", derivada da letra; Beth é un antropónimo popular en Inglaterra, apócope de Elizabeth, Bethany ou Bethan. a cantante catalá Beth, nada en 1981; o personaxe Beth March, da novela Little Women de Louisa May Alcott.
Os Phoenix Suns son un equipo de baloncesto profesional con sede en Phoenix (Arizona). Son membros da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA), e o único equipo da súa división que non é do estado de California. O seu pavillón é, dende 1992, o Phoenix Suns Arena, coñecido antigamente coma Talking Stick Resort Arena, America West Arena e US Airways Center.
O Sistema de classificación APG II, sucesor do Sistema APG de 1998, é un sistema para a clasificación das anxiospermas – segundo criterios filoxenéticos -, publicado en 2003 por un vasto grupo de investigadores que se autodenominou "APG II" (do inglés Angiosperm Phylogeny Group, Grupo para a Filoxenia das Anxiospermas). No 2009 publicouse o seu sucesor, o APG III. Este sistema de clasificación das anxiospermas é marcadamente diferente dos anteriores, "tradicionais" e baseados en criterios morfolóxicos. O sistema aínda está en pleno desenvolvemento e evolución, sendo revisado constantemente, pois moitas partes da filoxenia son de coñecimento recente (por exemplo, que Amborella é unha anxiosperma basal) e outros non presentan aínda un posicionamento cladístico concreto.
Unha campá ou sino é un instrumento que consiste nunha peza oca xeralmente de bronce con forma aproximada de cono sen vértice que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior ou por un martelo exterior produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño. É un instrumento de percusión e un idiófono. O instrumento de percusión pode ser unha lingueta suspensa dentro do sino, (chamada badalo se interna é martelo se externa), dunha esfera pequena, libre, incluída dentro do corpo do sino, ou dun mallo separado.
The Jam foi unha banda inglesa de punk rock/mod revival formada en Woking, Surrey e activa durante finais dos anos 70 e principios dos anos 80. Se ben comparte o su punto de vista de "mozos irados" e tempos rápidos dos seus contemporáneos do punk rock, The Jam vestían traxes deseñados coidadosamente en vez de roupa estragada, e incorporaron un feixe de influencias do rock mainstream dos 60 en vez de rexeitalas, colocando á banda na vangarda do moemento mod revival. A banda tivo 18 sinxelos top 40 consecutivos no Reino Unido, dende a súa estrea en 1977 ata a súa desaparición en decembro de 1982, incluídos catro números 1.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O cego de Pumardedón é un libro, de 25 capítulos e 163 páxinas, do escritor galego Francisco Fernández del Riego, publicado por Ir Indo Edicións en 1992. Inclúe na cuberta unha pintura de Antón Pulido Novoa. En 1985 publicáronse dous capítulos (o número 22 e o 23) da, daquela, inédita novela, na revista Grial.
Unha criptomoeda, criptodivisa ou criptoactivo é un medio dixital de intercambio que utiliza criptografía forte para asegurar as transaccións financeiras, controlar a creación de unidades adicionais e verificar a transferencia de activos; é un tipo de moeda complementaria e de moeda dixital. As criptomoedas teñen un control descentralizado, en contraposición ás moedas centralizadas e aos bancos centrais.O control de cada moeda funciona a través dunha base de datos descentralizada, habitualmente unha cadea de bloques, que serve como unha base de datos de transaccións financeiras pública.A primeira criptomoeda que empezou a operar foi o bitcoin en 2009 e, desde entón, apareceron moitas outras con diferentes características e protocolos como litecoin, namecoin, peercoin, ripple, dogecoin, petro etc.A comezos de 2019 mesmo algúns bancos traballan xa con criptomoedas.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O metabolismo dos ácidos graxos é o conxunto dos procesos metabólicos nos que interveñen ou están estreitamente relacionados cos ácidos graxos, unha familia de moléculas dentro dos macronutrientes lipídicos. Estes procesos poden dividirse en dous grandes ramas: (1) procesos catabólicos que xeran enerxía, e (2) procesos anabólicos que proporcionan os bloques de construción que cómpren para sintetizar outros compostos ou novos ácidos graxos.No catabolismo, os ácidos graxos son metabolizados para producir enerxía, principalmente en forma de adenosín trifosfato (ATP). Cando se comparan con outra clase de macronutrientes (carbohidratos e proteínas), os ácidos graxos contidos nos lípidos renden máis enerxía por gramo, cando son completamente oxidados a CO2 e auga por medio da beta-oxidación e o ciclo do ácido cítrico.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Mil primaveras máis é un texto de Álvaro Cunqueiro no que fai unha defensa da lingua galega. Está encadrado nun discurso que deu nunha homenaxe que lle fixeron en Vigo o 24 de abril de 1980. Amais dunha apoloxía, pode ser lido en clave simbólica como unha vontade colectiva do pobo galego respecto do mantemento da súa lingua propia.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Lingua náhuatl nos Estados Unidos de América
A lingua náhuatl é falada nos Estados Unidos principalmente por inmigrantes mexicanos de comunidades indíxenas e por chicanos que a estudan e falan como segunda lingua. Malia que non existe un censo oficial da lingua no país norteamericano, calcúlase que hai uns 140.800 falantes de náhuatl. Durante as últimas décadas, os Estados Unidos levou a cabo moitas iniciativas educativas destinadas a ensinar o náhuatl como lingua de herdanza cultural.Grazas a fontes de primeira man recollidas ao longo de varias décadas, sábese que existen comunidades náhuatls nas cidades dos Ánxeles, Houston, Chicago, Atlanta e Riverside, sendo coñecidas as dúas primeiras como "cidades capitais da migratoción náhuatl" xa que se estabeleceron como referentes internacionais da rexión nahua dende a década de 1980, consolidándose como redes comunitarias.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
Vilanova dos Infantes, Celanova
San Salvador de Vilanova dos Infantes é unha das 19 parroquias do concello ourensán de Celanova. En 2017, tiña 222 habitantes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.316 .
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Pedro Tertuliano Hervella Nieto
Pedro Tertuliano Hervella Nieto, nado na Rúa o 23 de marzo de 1891 e finado no Barco o 27 de agosto de 1970, foi un xornalista e escritor galego.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Comité Revoluzonareo Arredista Galego
O Comité Revoluzonareo Arredista Galego (C.R.A.G.) foi unha agrupación política soberanista galega fundada na Habana por Fuco Gómez en 1921. Estaba artellada do mesmo xeito que as sociedades secretas nacionalistas irlandesas ou catalás do momento. Perseguía a caída da monarquía, da ditadura de Primo de Rivera e a independencia de Galicia.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial a ilustración, defensa e promoción da lingua galega. Elabora as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, e decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua.
"Colección Xabarín" e "Colección Xabaril" redirixen aquí, para o contedor de programas infantís da TVG véxase "Xabarín Club".Xabarín (inicialmente "Xabarín" e posteriormente renomeada como "Xabaril") é unha colección de literatura xuvenil (de aventuras, misterio, ficción científica etc) en lingua galega, de Edicións Xerais de Galicia, que botou a andar no ano 1983. Maiormente son traducións de obras da literatura universal, inda que tamén inclúe obras orixinais en galego.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Gala Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Gala Murguía, nada en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finada na Coruña o 18 de xaneiro de 1964, foi a filla máis lonxeva de Rosalía e Murguía e tivo un papel importante na apertura da Casa Museo Rosalía de Castro, xa que foi clave na reconstrución da vida familiar na Casa da Matanza.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado no ano 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel. Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".
A lingua pochuteca é unha lingua morta do grupo nahua e da familia uto-azteca que se falou outrora na vila de San Pedro Pochutla, no estado de Oaxaca, en México. En 1917 foi documentada nunha monografía de Franz Boas, que consideraba a lingua case extinta. Na década de 1970 outro investigador atopou dous falantes arredor de Pochutla que aínda lembraban algunhas das palabras rexistradas por Boas.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
O galego antigo, galego medieval ou galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.