Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizada principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e a linguaxe C. Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dun desenvolvemento do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor.
O Aérospatiale SA 315B Lama é un helicóptero francés dun motor desenvolvido para cumprir os requistos operativos en ambientes quentes e de grande altitude das Forzas Armadas da India. Combina a célula máis lixeira do Aérospatiale Alouette II cos compoñentes e o motor do Alouette III. O Lama ten un rendemento excepcional a grande altitude; o 21 de xuño de 1972 o tipo estableceu un récord de altitude absoluto para helicópteros de 12 442 metros que non sería superado ata setembro de 2017. O helicóptero foi fabricado baixo licenza por Hindustan Aeronautics Limited (HAL) na India, coñecido como o Cheetah; HAL posteriormente desenvolveu unha versión mellorada, impulsada polo motor Turbomeca TM 333-2M2, coñecida como Cheetal.
Mário Raul Morades de Andrade, nado en São Paulo o 9 de outubro de 1893 e finado no mesmo lugar o 25 de febreiro de 1945, foi un poeta, escritor, crítico literario, musicólogo, folclorista, ensaísta e fotógrafo brasileiro. Foi un dos pioneiros da poesía moderna brasileira coa publicación de seu libro Pauliceia Desvairada en 1922. Mario exerceu unha gran influencia na literatura moderna brasileira e, como ensaísta e estudioso, foi un pioneiro do campo da etnomusicoloxia.
O euro (EUR ou €) é a moeda usada polas institucións da Unión Europea (UE), así como a moeda oficial da eurozona, formada por 19 dos 27 Estados membros da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Ademais, 4 microestados europeos teñen acordos coa Unión Europea para o uso do euro como moeda: Andorra, Cidade do Vaticano, Mónaco e San Marino. Por outra banda, o euro foi adoptado de maneira unilateral por Montenegro e Kosovo.
Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual. Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual.
Para as empresas actuais ver Rolls-Royce Holdings plc (motores de aviación, etc.) e Rolls-Royce Motor Cars, para a empresa orixinal ver Rolls-Royce.Rolls-Royce Motors foi creado en 1973 durante a escisión do negocio de automóbiles Rolls-Royce da nacionalizada Rolls-Royce. Vickers adquiriu a compañía en 1980 e vendeuna a Volkswagen en 1998.
The Libertines é unha banda inglesa formada en Londres en 1997 por Carl Barât (voces/guitarra) e Pete Doherty (voces/guitarra). O grupo, centrado na parella de compositores formada por Barât e Doherty, tamén inclúe a John Hassall (baixo) e a Gary Powell (batería). A banda é unha das principais representantes do movemento garage rock revival no Reino Unido.
O branco ou albo é unha cor cuxo espectro luminoso é mestura aditiva de distintos espectros puros, dando unha sensación de claridade. Pódese definir a partir da composición de cores, coas porcentaxes de cada unha precisas, se ben non hai unha única definición de branco. O branco é a cor do fondo desta páxina.
Metacritic é un sitio web que recompila críticas de discos de música, xogos, filmes, programas de televisión, DVD e libros. En cada avaliación para un produto asígnaselle unha cualificación numérica, e a continuación obtense unha media. Un extracto de cada unha das probas inclúese xunto cunha ligazón para a fonte.
Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi. As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos etc. A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.
Kevin Lamont Thompson, nado o 7 de febreiro de 1971 en Winston-Salem, Carolina do Norte, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Ocupaba a pocisión de pivote cunha altura de 2,08 m. Formado na Universidade Estatal de Carolina do Norte (North Carolina State), destacou sobre todo nas ligas de Italia, Turquía e España.
Os Fomoré, Fomorianos ou Fomoireos, eran, na mitoloxía de Irlanda, os deuses da morte, do mal e da noite, aberracións infernais que tiñan variadas formas: algúns cun ollo, un pé e unha man; outros tiñan cacholas de animais, xeralmente de cabra, aínda que outros non, coma Elatha, que era loiro e fermoso. Eran malévolas divindades humanizadas do Ciclo Mitolóxico de Irlanda, coñecidas principalmente pola súa aparición no Leabhar Gabhála (libro das invasións de Irlanda) e o Cath Mag Tuired (a segunda batalla de Mag Tuired). Os monxes escribas medievais representáronos como demos aínda que os críticos literarios afirman que se tratan de divindades personificadas, e como se trata de textos extraídos da tradición oral irlandesa na Idade media polos monxes cristiáns, estes representáronos como piratas ou demos.
O solsticio de verán (o termo solsticio provén do latín sol ["Sol"] e sistere ["ficar quedo"]) ocorre durante o verán de cada hemisferio, cando o semieixo dun planeta, xa for no hemisferio norte ou no sur, está máis inclinado cara á estrela da súa órbita. A inclinación máxima do eixo da Terra cara ao sol é de 23°27'. Isto ocorre dúas veces ao ano: dous intres nos que o Sol acada a súa posición máis alta no ceo, como se ve desde o polo norte ou sur.
En xenética e bioloxía molecular un par de bases son dous nucleótidos opostos e complementarios situados nas cadeas enfrontadas do ADN (ou ás veces do ARN) que están conectadas por enlaces de hidróxeno (frecuentemente abreviadas como pb ou nos textos ingleses bp). Nos pares de bases de Watson e Crick canónicas do ADN, a adenina (A) forma un par de bases coa timina (T), e a guanina (G) fai o mesmo coa citosina (C). No ARN ás veces poden aparecer bases apareadas en secuencias complementarias da mesma cadea, que están dobradas e quedan enfronte; neste caso a timina é substituída polo uracilo (U), conectándose coa adenina, polo que os pares son A-U, G-C. Tamén hai apareamentos de bases que non seguen a paridade canónica de Watson e Crick, especialmente no ARN, que poden ser pares de bases Hoogsteen ou pares de bases cambaleantes.
A pelota valenciana, (en valenciano, pilota valenciana), é un deporte tradicional xogado na Comunidade Valenciana, variante do xogo de pelota, que pode practicarse en varias modalidades na cal se enfrontan un o máis contrincantes formando dous equipos que compiten arrebolando unha pelota, golpeándoa coa man núa, ou con lixeiras proteccións. O nome de pelota valenciana utilízase para distinguilo doutras variantes como a vasca, xogada normalmente contra un muro ou frontón.
Partícula teorizada como posible constituínte da materia escura. Como os fotóns, serían partículas de intercambio de forzas. A diferenza deles, terían masa, aínda que moi pequena.No 2021 estase a usar aparellos optomecánicos para procurar a súa detección, axustando a frecuencia de vibración do aparello (chamado tambor optomecánico,'optomechanical drum') coa masa esperada do fotón escuro.
Dáctilo (do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo") pode referirse a: Dáctilo, na métrica grecolatina, unha sílaba longa e dúas curtas, en contraposición á anfibraquía e ao anapesto. Tamén se usou na poesía hispánica nos dodecasílabos e outros tipos de versos. Dáctilo, nome de dúas estruturas corporais presentes en senllos grupos de invertebrados.
Co nome de Escola de Delft coñécense varios movementos ou correntes con orixe na cidade neerlandesa de Delft: Escola de Delft, do campo da pintura, da segunda metade do século XVII; Escola de Delft, de arquitectura, que tivo lugar entre 1925 e 1955; Escola de Delft, do eido da microbioloxía, desenvolvida a mediados do século XX por especialistas formados na Universidade de Tecnoloxía de Delft.
O toureiro ou lidador é a persoa que ten maior protagonismo nos espectáculos de corridas de touros. A súa tarefa é conducir repetidamente as arremetidas do touro de forma que resulte esteticamente vistosa, medilo na sorte de capote, dirixilo á pica, colocarlle as banderillas, amornalo na sorte de muleta e finalmente causarlle morte mediante a utilización dunha espada chamada estoque de morte. Antigamente, ao toureiro chamábaselle toureador e referíase a todo aquel que, a pé ou dacabalo, entraba á praza a lidar con touros.
Estadio Municipal Guillermo Amor
O Estadio Municipal Guillermo Amor é un estadio de fútbol, situado na cidade de Benidorm, na provincia de Alacant. O seu equipo titular é o Benidorm Club de Fútbol. Inaugurado en 1968, o seu antigo nome era Estadio Municipal de Foietes, pero o seu nome foi cambiado en 2010 por Guillermo Amor, un dos deportistas máis famosos que naceu na cidade.
María Soledad Rosas, nada o 23 de maio de 1974 en Buenos Aires (Arxentina) e finada o 11 de xullo de 1998 en Turín (Italia) foi unha militante anarquista ítalo-arxentina e membro do movemento okupa en Italia. Foi arrestada acusada de ecoterrorrismo por unha serie de atentados contra o proxecto dun tren de alta velocidade en Italia. Porén, cando sucederan eses atentados, Rosas aínda non residía en Italia.Era descendente de Juan Manuel de Rosas, quen tivera unha filla chamada Fénix Rosas cunha muller indíxena.
O cromosoma 4 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Igual que ocorre cos demais cromosomas (agás o X e Y nos homes), nas nosas células haploides (espermatozoides, óvulos) temos unha soa copia deste cromosoma, e nas diploides temos dúas (un par). Pola posición do seu centrómero clasifícase como un cromosoma submetacéntrico.
"Not for You" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editado o 21 de marzo de 1995 coma segundo sinxelo do terceiro álbum da banda, Vitalogy. A pesar de estar acreditado a todos os membros de Pearl Jam, foi principalmente composta polo seu vocalista Eddie Vedder. A canción acadou o posto 12 da lista Billboard Mainstream Rock Tracks.
O endosulfán (endosulfan) é un insecticida e acaricida organoclorado sen patente, prohibido na Unión Europea e que está sendo prohibido ou retirado progresivamente en todo o mundo. Converteuse nun agroquímico moi controvertido debido á súa aguda toxicidade, potencial de bioacumulación e acción como perturbador endócrino. Debido ao seu perigo para a saúde humana e para o medio ambiente, negociouse unha prohibición global da fabricación e uso do endosulfán baixo a Convención de Estocolmo en abril de 2011.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Fosmet (phosmet) é un insecticida organofosfato derivado da ftalimida, non sistémico usado en plantas e animais. É usado principalmente en maceiras para o control da eiruga Cydia pomonella, aínda que tamén se usa nunha ampla variedade de cultivos de froitas, plantas ornamentais e viñas para o control de áfidos, outros insectos chuchadores, ácaros e moscas do vinagre.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamoso, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A billarda ou estornela é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos, considerado como deporte desde 2020. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.470 .
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
O lagarto arnal, ou lagarto ferreño, Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola.
A azadiractina é un composto químico que pertence ao grupo limonoide, que é un metabolito secundario presente nas sementes da árbore do nim. É un tetranortriterpenoide moi oxidado que ten multitude de grupos funcionais que levan oxíxeno, incluíndo o enol éter, acetal, hemiacetal, epóxido tetrasubstituído e diversos grupos éster carboxílico.
Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
A lista de títulos con versión en galego que foron estreados nas plataformas de streaming inclúe os filmes, series e miniseries das que hai versión en galego, ben sexa orixinal, dobrada ou subtitulada.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra.A final de 2017 entre o Dumbría e o Fisterra foi televisada por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitida en diferido na TVG2.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.