Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O LZ 129 Hindenburg foi o dirixíbel máis coñecido da compañía Zeppelin denominado así polo presidente alemán Paul von Hindenburg. Queimouse nun accidente o 6 de maio de 1937 cando intentaba aterrar en Nova Jersey despois de cruzar o Atlántico. O LZ 129 Hindenburg e o seu modelo irmán o LZ 130 Graf Zeppelin foron os dous dirixíbeis máis grandes construídos, e as aeronaves máis grandes que se construíron naquela época.
O branco e negro é un termo amplamente usado para referirse a un abano de acabamentos e procesos das artes visuais de carácter monocromo, e onde só existen brancos, negros e distintas tonalidades de grises. Existe a fotografía en branco e negro e a banda deseñada en branco e negro. Tamén tiveron a súa época, se ben agora só se usan xa con carácter experimental, o cine en branco e negro e a televisión en branco e negro.
Unha batalla é un combate entre dous ou máis contendentes onde cada un deles tratará de derrotar os demais. Normalmente teñen lugar nun contexto de guerra ou campaña militar, e normalmente poden ser ben definidas polo espazo, o tempo e acción levada a cabo. As guerras e as campañas son guiadas pola estratexia mentres que as batallas son as fases nas que se emprega a táctica.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
A dos salmónidos (Salmonidae) é a única familia da orde dos salmoniformes (Salmoniformes), peixes teleósteos mariños, os máis deles anádromos e algúns de augas doces, que se distribúen de forma natural por todo o hemisferio Norte, pero que foron amplamente introducidos polo ser humano en augas frías de ríos de todo o mundo para a pesca.Inclúe especies como as troitas e os salmóns do Vello Mundo, os salmóns do Pacífico, as troitas do xénero Salvelinus, os salmóns do xénero Huso, os corégonos (xénero Coregonus) e os tímalos (xénero Thymallus). Algunhas das súas especies son, ademais, extensamente criadas en acuicultura, tanto que existe unha especialidade dentro deste tipo de actividades, a acuicultura de salmónidos. Os salmoniformes apareceron por primeira vez no rexistro fósil no cretáceo superior.
Godfrey Harold Hardy , nado en Cranleigh, Surrey, o 7 de febreiro de 1877 e finado en Cambridge o 1 de decembro de 1947 foi un matemático británico tamén coñecido como G. H. Hardy que formulou a desigualdade que leva o seu nome. Foi o principal valedor en Gran Bretaña e director de tese do matemático autodidacta indio Ramanujan (1887-1920), coñecido por algunhas das súas asombrosas fórmulas.
A bandeira do Xapón, coñecida como Nisshōki (日章旗) ou Hinomaru no hata (日の丸の旗) traducido como "o disco solar" en xaponés, consiste nun fondo branco cun gran disco vermello (representando ao sol) no centro. As súas proporcións son de 2:3; o disco atópase exactamente no centro e o diámetro do mesmo é igual a tres quintas partes da medida vertical. Non se coñece cando comezou a empregarse como símbolo pero quedaron recollidos discos solares en abanos pregables chamados guisen que datan do século XII e foron debuxados por guerreiros samurai (bushi).
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas. Fundouse o 16 de novembro de 1945 co obxectivo de contribuír á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións. A constitución firmada ese día entróu en vigor o 4 de novembro de 1946, ratificada por vinte países.
Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis.
Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.
A xeografía (provén do latín geographĭa e este dende o grego «γεωγραφία» xeografía 'descrición da terra', composto de "η γη" (hê gê) a Terra e "γραφειν" [graphein] describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol (xeografía matemática), e entre os humanos e o ambiente (xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza.
O termo pé, en anatomía e zooloxía pode referirse a: En anatomía (humana e animal), o pé é a parte final da perna, que serve de plataforma de sustentación do corpo, e para camiñar. Por analoxía, en bioloxía o termo pé aplícase a diferentes tipos de estruturas soporte de varios seres vivos, especialmente ao: pé dos moluscos; pé dos cogomelos. Así mesmo, por extensión, os termos pé ou pata aplícanse ás estruturas que soportan outras en diversos mobles e outros obxectos (mesas, camas, armarios, hórreos etc.).
DomainKeys Identified Mail (DKIM) é un mecanismo de identificación de correo electrónico, que permite a unha organización responsabilizarse do envío dunha mensaxe, de xeito que esta pode ser validada por un destinatario. A devandita organización pode ser unha fonte direta da mensaxe, coma o autor, o servidor a cargo de xestiona-lo correo para ese dominio, ou un servidor intermedio situado no camiño que percorre ese correo. A necesidade deste tipo de autenticación xorde pola falsificación de contidos propia do spam (correo-lixo).
Os microsporidios (Microsporidia) son un grupo de parasitos unicelulares formadores de esporas relacionados cos fungos. Estas esporas conteñen un aparato extrusor que ten un extremo enroscado tubular polar nun disco de ancoraxe na parte apical da espora. Tradicionalmente foran considerados protozoos ou protistas, pero agora sábese que son fungos, ou un grupo irmán dos fungos.
O termo bala pode referirse a: Bala, munición das armas de fogo; Bala cilindro-cónica, inventada en 1832; Bala Minié, proxectil para fusil de avancarga, codesenvolvida por Claude-Étienne Minié; Bala de prata; segundo certas mitoloxías, proxectil capaz de matar homes lobo, vampiros e outras criaturas fantásticas; Bala de goma. Bala, conxunto de mollos de cereal amoreados, medeiro.O topónimo Bala pode referirse a: Bālā Morġāb, cidade de Afganistán, na fronteira con Turkmenistán; Distrito de Darwazi Bala, distrito afgán da provincia de Badakhshan; Angosto del Bala, estreito polo que discorre o río Beni, en Bolivia; lago Bala, en Gwynedd, Gales; Bala, distrito turco da provincia de Ancara;Como apelido, Bala pode referirse a: Haradin Bala, comandante do Exército de Liberación de Kosovo e criminal de guerra (n. 1957); Krystian Bala, escritor e fotógrafo polonés (n.
"Troublemaker" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 26 de xullo do 2008 (dixitalmente o 20 de maio) como terceiro sinxelo do seu álbum Weezer. Estreouse no número 39 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks, e acadou o seu segundfo posto. Anteriormente pensouse na canción como primeiro sinxelo do álbum, pero por razóns descoñecidas finalmente foi elixida "Pork and Beans".
Un cazacarros é un tipo de vehículo blindado de combate armado cun canón ou un lanzador de mísiles, e deseñado especificamente para enfrontarse a outros vehículos blindados. Moitos deles baseáronse en chasis de carros de combate con cadeas, mentres que outros se moven sobre rodas. Dende a segunda guerra mundial, os carros de combate principais substituíron en gran medida aos cazacarros armados con canóns, aínda que os armados con mísiles anti-carros guiados son comunmente usados para tarefas anti-carro de longo alcance suplementarias.
O AC Ace é un automóbil deportivo producido pola empresa de automóbiles inglesa AC Cars. AC regresou o mercado despois da segunda guerra mundial coa gama de automóbiles de 2 litros en 1947, pero foi o coche deportivo As de 1953 co que a compañía fixo a súa reputación nos anos da guerra. AC considerou un deseño de John Tojeiro que utiliza unha luz de tipo escaleira marco tubular, todos independentes de transversal de folla de suspensión excepcionalmente fermoso, aberto corpo de aliaxe de dúas prazas, claramente inspirado na Ferrari Barchetta.
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.Os Xogos Olímpicos (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes. Existen dous tipos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos, segundo a Carta Olímpica: «Os xogos da olimpíada celébranse durante o primeiro ano dunha olimpíada, e os Xogos Olímpicos de inverno durante o seu terceiro ano».
Gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022
O gromo de hepatite aguda grave en nenos de 2022 é un gromo de hepatite aguda grave de causa descoñecida que afecta a crianzas e adolescentes. Os primeiros casos da doenza foron descritos no Reino Unido entre abril e marzo de 2022, e o primeiro paciente reportado á Organización Mundial da Saúde foi o 5 de abril dese mesmo ano.
O termo rosa pode facer referencia a: Rosa, a flor da roseira (plantas do xénero Rosa); Por extensión, calquera flor, caravel; Rosa, o nome da cor vermella moi clara; Rosa, mancha na pel de cor avermellada; Rosa, un nome de muller; Rosa do deserto, un mineral propio de zonas areentas e áridas; Rosa dos ventos, figura en forma de estrela usada na orientación naval; Rosa Porriño, denominación comercial dunha variedade de granito que se explota en Galiza.
Un personaxe xogador é un personaxe ficticio dun videoxogo ou xogo de rol cuxas accións son controladas por un xogador e non polas regras do xogo. Os personaxes que non están controlados por un xogador chámanse personaxes non xogables (máis coñecidos polas súas siglas en inglés NPC: non-player characters). As accións dos personaxes que non son xogadores son normalmente xestionadas polo propio xogo nos videoxogos, ou segundo as regras seguidas por un mestre do xogo que arbitra os xogos de mesa de rol.
The Breeders é unha banda de rock alternativo formada por Kim Deal (membro dos Pixies) e Tanya Donelly (de Throwing Muses). Activa desde 1988, experimentou varios cambios na súa formación, e na actualidade está composta por Kim Deal (voz e guitarra), a súa irmá xemelga Kelley Deal (guitarra e coros), José Medeles (batería e percusión), Mando López (baixo) e Cheryl Lyndsey (guitarra). O seu segundo álbum, Last Splash (1993), foi o máis éxitoso dos catro que editaron, acadando o posto 33 na lista Billboard.
Orville H. Gibson (8 de maio de 1856 – 19 de agosto de 1918) foi un luthier que fundou a Compañía de Guitarras Gibson en Kalamazoo, Michigan en 1902 para a fabricación de guitarras, mandolinas e outros instrumentos musicais.Os seus primeiros instrumentos coñecidos foron unha mandolina-guitarra de 10 cordas, que leva a data de 1894. As mandolinas de Gibson eran "diferentes a calquera intrumento de fondo plano previo", segundo o historiador da música Paul Sparks. Os estándares de fabricación da súa compañía eran moi altos e os seus instrumentos vendéronse moito.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.487 .
O complemento a dous dun número N que, expresado no sistema binario con n díxitos, defínese como C 2 N = 2 n − N {\displaystyle C_{2}^{N}=2^{n}-N} O total de números positivos será 2 n − 1 − 1 {\displaystyle 2^{n-1}-1} e o de negativos 2 n − 1 {\displaystyle 2^{n-1}} , sendo n {\displaystyle n} o número máximo de bits. O 0 {\displaystyle 0} contaría á parte. Vexamos un exemplo: tomemos o número que, cando se expresa en binario é N = 45 {\displaystyle N=45} , con 6 díxitos, e calculemos o seu complemento a dous: N = 101101 2 {\displaystyle N=101101_{2}} N = 45 {\displaystyle N=45} , n = 6 {\displaystyle n=6} ; 2 6 = 64 {\displaystyle 2^{6}=64} e, por tanto: C 2 N = 64 − 45 = 010011 2 {\displaystyle C_{2}^{N}=64-45=010011_{2}} Pode parecer confuso, pero é moi fácil obter o complemento a dous dun número a partir do seu complemento a un, porque o complemento a dous dun número binario é unha unidade maior que o seu complemento a un, é dicir: C 2 N = C 1 N + 1 {\displaystyle C_{2}^{N}=C_{1}^{N}+1} Cómpre sinalar que neste exemplo limitouse o número de bits a 6 {\displaystyle 6} , polo que non sería posible distinguir entre o -45 e o 19 (o 19 en binario é 10011 {\displaystyle 10011} ).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A licenza MIT (ou licenza X11 ou MIT X) é unha licenza de software libre permisiva Esta licenza creárona avogados no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) fundamentándose na licenza BSD e facéndoa máis sinxela.. Como o MIT liberou diversas licenzas a Free Software Foundation refírese a esta licenza chamándoa Licenza X11. Dálle ese nome porque é a licenza do xestor gráfico X Window System.
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
O verme da seda é a larva ou eiruga da avelaíña (ou bolboreta) da seda doméstica, tamén chamada bómbice, de nome científico Bombyx mori. Este lepidóptero é máis coñecido pola súa eiruga, que é a que produce os casulos de seda, que polo adulto. É un insecto economicamente importante, xa que é o principal produtor de seda natural.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Estribela, Lourizán, Pontevedra
Estribela é un barrio situado ao sur da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra, lindando co veciño concello de Marín. Segundo o INE en 2008 tiña 1303 habitantes, dous menos ca no ano anterior.
Parque Arqueolóxico do Solsticio
O Parque Arqueolóxico do Solsticio (en portugués: Parque Arqueológico do Solstício), tamén coñecido en fontes académicas como AP-CA-18, é un parque arqueolóxico que se atopa no estado de Amapá, no Brasil, preto da cidade de Calçoene. É un exemplo de arte rupestre de interese histórico e turístico coñecido por conter o Observatorio Astronómico de Calçoene. Componse dun círculo de megálitos, coloquialmente coñecido como o Stonehenge do Amazonas, de 127 bloques de granito, cada un deles de até 4 metros de altura, de pé nun círculo de máis de 30 metros de diámetro na beira do río Rego Grande no cumio dun outeiro.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou filosofía e letras en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.
Para ver outros vexetais de igual nome ver os artigos dos xéneros Cytisus e Genista. A xesta, xesta brava, xesta de vasoiras, xesta marela, xesta moura ou xesta negra, (Cytisus scoparius) é unha especie de planta perenne, arbustiva, da familia das leguminosas, moi común en Galicia. Baixo este nome común, con ou sen adxectivos, denomínase conxuntamente unha serie de arbustos semellantes (maiormente do xénero Cytisus) que corresponden a distintas especies, das que esta especie é a máis frecuente.
O endosulfán (endosulfan) é un insecticida e acaricida organoclorado sen patente, prohibido na Unión Europea e que está sendo prohibido ou retirado progresivamente en todo o mundo. Converteuse nun agroquímico moi controvertido debido á súa aguda toxicidade, potencial de bioacumulación e acción como perturbador endócrino. Debido ao seu perigo para a saúde humana e para o medio ambiente, negociouse unha prohibición global da fabricación e uso do endosulfán baixo a Convención de Estocolmo en abril de 2011.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Mecano foi un grupo español de música pop dos anos 80 e 90. Estaba composto por: Ana Torroja (voz), Nacho Cano (programación, guitarras, teclados e coros) e José María Cano (guitarras, teclados e coros). Mecano vendeu uns 25 millóns de discos en países como España, México, Venezuela, Arxentina ou Chile e acadaron o número un en varias ocasións en Francia e Italia, grazas ós seus traballos nos respectivos idiomas.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.