Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.
A televisión é un sistema de telecomunicación para a transmisión de imaxes en movemento, habitualmente acompañadas de son, así como tamén o medio de radiodifusión desa imaxe e son a través de ondas electromagnéticas, funciona a partir da análise e conversión da luz e do son en ondas electromagnéticas e da súa reconversión nun aparello que recibe o mesmo nome do sistema ou pode tamén chamarse televisor ou aparello de televisión. O aparello de televisión capta as ondas electromagnéticas e a través dos seus compoñentes internos convérteas novamente en imaxe e son. Establecida comercialmente a fins da década de 1930 nuns poucos países e na maioría entre 1950 e 1970, converteuse nun aparello común en fogares, negocios e institucións, particularmente como fonte de entretemento e información, xerando unha potente industria ao seu redor, a partir de 1970 coa aparición do vídeo doméstico e despois do laserdisc, DVD, discos Blu-ray e discos duros permitiu ver contidos gravados ou lanzados especificamente neses medios.
Pokémon Go é un videoxogo de realidade aumentada para móbil desenvolvido por Niantic e distribuído por The Pokémon Company. Foi lanzado en xullo de 2016 para dispositivos iOS e Android. O xogo permite ó xogador capturar, combater e adestrar criaturas virtuais, chamadas Pokémon, que aparecen nas pantallas dos dispositivos como se estivesen no mundo real.
Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939, é unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos, é unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a "Raíña do Rock".
Hornbostel-Sachs (ou Sachs-Hornbostel) é un sistema de clasificación de instrumentos musicais creado por Erich Moritz von Hornbostel e Curt Sachs, e publicado por primeira vez no Zeitschrift für Musik en 1914. En 1961 publicouse unha tradución ao inglés no Galpin Society Journal. Constitúe o sistema de clasificación máis amplamente usado polos etnomusicólogos e organólogos.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
Un Transformador Tesla é un tipo de transformador de descarga dirsuptiva, que recibe este nome polo seu inventor, Nikola Tesla. Os transformadores Tesla están compostos de circuítos eléctricos resonantes emparellados. Nikola Tesla experimentou cunha ampla variedade de bobinas e configuracións, de xeito que é complicado describir unha forma específica de construción que satisfaga os desexos daqueles que queiran sabelo todo dos transformadores "Tesla".
Unsere Besten ("O Noso Mellor") foi un programa de televisión ZDF, na Alemaña, no 2003, baseado no programa da BBC, Great Britons. A idea da serie era saber cales foron as persoas alemás máis importantes da historia. O público podía votar (a través de carta, SMS ou internet) para escoller dunha lista con máis de 300 persoas.
Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.
A Euroliga 2018-19 foi a 19ª edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) e a oitava desde o seu patrocinio por Turkish Airlines. Incluíndo as edicións desta competición organizadas por FIBA Europa foi a edición número 62. A Final Four desta Euroliga disputouse no Fernando Buesa Arena de Vitoria-Gasteiz, España.
O calcio é un elemento químico, símbolo Ca, de número atómico 20 (20 protóns e 20 electróns) e masa atómica 40 u. É un metal do grupo dos alcalino-terrosos, pertencente ao grupo 2 da clasificación periódica dos elementos químicos. É un elemento sólido na temperatura ambiente, maleábel, dúctil que reacciona violentamente coa auga.
Gilles Joye, nado en 1424 ou 1425, probablemente na vila flamenga de Courtrai, e finado o 31 de decembro de 1483 en Bruxas, foi un poeta, cantante e compositor flamengo da escola francoflamenga de música do Renacemento, e máis en concreto da primeira fase desta escola, tamén coñecida como escola de Borgoña. É salientable polas súas cancións, que se distinguen polo seu estilo lírico e xocoso.
A revolución industrial foi un período de transición global da economía humana cara a procesos de fabricación máis eficientes e estables que sucedeu á revolución agrícola, e que se iniciou na segunda metade do século XVIII no Reino de Gran Bretaña, que se estendeu unhas décadas despois a gran parte da Europa occidental e a América anglosaxoa, e que concluíu entre 1820 e 1840. Esta transición incluíu o paso de métodos de produción manual a métodos mecanizados; novos procesos de produción de ferro e de fabricación de produtos químicos, e, o uso crecente de enerxía hidráulica e enerxía de vapor; o desenvolvemento de máquinas ferramenta; e o auxe do sistema de fábricas mecanizadas. A produción aumentou enormemente, e o resultado foi un aumento sen precedentes da poboación e da taxa de crecemento demográfico.
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A Estrada Unha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
Maximilian zu Wied-Neuwied, nado en Neuwied o 23 de setembro de 1782 e finado na mesma vila o 3 de febreiro de 1867, foi un nobre (era príncipe) e explorador, etnólogo, naturalista e zoólogo alemán. Seguindo o exemplo de Alexander von Humboldt, emprendeu dúas expedicións de varios anos a América. Nas súas numerosas publicacións, fixo importantes achegas á botánica, zooloxía e etnoloxía do Brasil e de América do Norte.
Milton Almeida dos Santos, nado en Brotas de Macaúbas o 3 de maio de 1926 e finado en São Paulo o 24 de xuño de 2001 foi un xeógrafo brasileiro. Graduado en Dereito, salientou polos seus traballos en diversas áreas da xeografía, en especial nos estudos de urbanización do Terceiro Mundo. Foi un dos grandes nomes da renovación da xeografía no Brasil ocorrida na década de 1970.
21st Century Breakdown é o oitavo álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 15 de maio do 2009 a través do selo Reprise Records. Trátase da segunda ópera rock do grupo, tras American Idiot, e é o seu primeiro traballo producido por Butch Vig. Green Day comezou a traballar no disco en xaneiro do ano 2006.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
O termo kidult provén da contracción das dúas palabras inglesas kid e adult (en galego, neno e adulto, respectivamente) e utilízase para designar aos xoves de entre 20 e 40 anos, urbanos, cun nivel adquisitivo medio ou medio-alto que consomen produtos que lles evocan a súa infancia. Así, trátase dun grupo de poboación social e politicamente activo cuxo consumo está vencellado a referentes da cultura popular . Nos países de fala hispana acuñouse o termo adultescentes ou adulescentes .
O Club Baloncesto Estudiantes S.A.D, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Movistar Estudiantes, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Madrid (España). Fundado en 1948 por un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu era, até o seu descenso en 2021, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español xunto co Real Madrid e o Joventut de Badalona. Entre os trofeos conquistados, destacan tres Copas do Rei e unha Copa Príncipe de Asturias.
Un exiptólogo é un especialista na historia e a arqueoloxía do Antigo Exipto, desde as orixes máis remotas ata o fin da época tolemaica, no século I a.C. Nas principais universidades do mundo hai cátedras desta disciplina onde os investigadores fórmanse e gradúan para logo dedicarse á arqueoloxía exipcia in situ, achegando nova información sobre o terreo, ou procesando no seu gabinete o que outros escavaron e con iso enriquecer o noso coñecemento; tamén dedicándose á docencia para formar exiptólogos ou como directores ou conservadores de institucións ou museos onde se custodian obxectos desta antiga civilización. O coñecemento fidedigno da historia do antigo Exipto é moi recente. Fai tan só dous séculos o que se coñecía das orixes da civilización exipcia proviña de relatos dos historiadores e viaxeiros gregos e romanos que, sen moito espírito crítico, recolleron aquilo que os exipcios da súa época narrábanlles.
O Chevrolet Camaro é un automóbil deportivo producido polo fabricante estadounidense Chevrolet. O Camaro xurdiu como resposta de General Motors ó seu rival máis digno durante esta época: o Ford Mustang. No 1970, en plena era dos muscle cars e pony cars, Chevrolet presentou este modelo en tres versións, o 350, o Z-28 e o Super Sport (SS).
Adstrinxente, adstritivo ou estíptico é calquera das substancias que coa súa aplicación externa local (tópica), retraen os tecidos e poden producir unha acción cicatrizante, antiinflamatoria e antihemorráxica. Entre os adstrinxentes usuais, con efectos de moi diverso grao, áchanse os alcois, o alume, os taninos, a quina, o nitrato de prata, o acetato de chumbo, o sulfato de zinc, sales de bismuto, o soro salino e o aceite esencial de alcipreste. Tamén se consideran adstrinxentes os fármacos que producen estrinximento, tamén chamados antidiarreicos ou restrinxentes.
Anne Hidalgo, nada como Ana María Hidalgo Aleu en San Fernando, Cádiz o 19 de xuño de 1959, é unha política francesa de orixe española, pertencente ao Partido Socialista Francés, e actual alcaldesa de París. Nas eleccións municipais de 2014 da cidade parisiense, converteuse na primeira alcaldesa de París.
Guerra contra o escaravello da pataca
A guerra contra o escaravello da pataca foi unha campaña lanzada polos países do Pacto de Varsovia durante o período da guerra fría para erradicar a praga do escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata). Foi tamén unha operación de propaganda que afirmaba que estes insectos foran introducidos en Alemaña Oriental, a República Popular de Polonia e a Checoslovaquia comunista polos Estados Unidos como unha forma de guerra entomolóxica. A propaganda comunista daquel tempo afirmaba que os insectos eran lanzados sobre os campos con paracaídas e desde globos, nun intento de empobrecer as poboacións deses países, causando fames e facilitando unha crise económica.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Festival de Cinema de Sundance
O Festival de Cinema de Sundance (en inglés: Sundance Film Festival e anteriormente coñecido como Utah/US Film Festival e US Film and Video Festival) é un acontecemento cinematográfico internacional que se celebra anualmente nas dúas últimas semanas de xaneiro na localidade de Park City, próxima á Salt Lake City, a capital do estado de Utah, nos Estados Unidos.
David Edú García Mitogo, nado en Bata o 18 de maio de 1990 e finado en maio de 2023, foi un futbolista ecuatoguineano que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva entre o Bierzo e Galicia e foi internacional coa selección de Guinea Ecuatorial. Desapareceu o 11 de maio de 2023.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Estribela, Lourizán, Pontevedra
Estribela é un barrio situado ao sur da parroquia de Lourizán, no concello de Pontevedra, lindando co veciño concello de Marín. Segundo o INE en 2008 tiña 1303 habitantes, dous menos ca no ano anterior.
O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, é unha obra de Manuel Curros Enríquez aparecida en agosto de 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco ("ladrade, mordede, ride" indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia unha das obras cume da literatura occidental, A divina comedia de Dante Alighieri.
Flapper é un anglicismo que se usaba nos anos vinte para designar a un novo estilo de vida levado por mulleres novas que usaban saias curtas, substituíron o corpiño pola faixa, estilaban un corte de cabelo especial (chamado bob cut) e escoitaban música non convencional para esa época (jazz), a cal tamén bailaban. As flappers empregaban moita maquillaxe, bebían licores fortes, fumaban, conducían adoito a altas velocidades e tiñan comportamentos similares aos dun home. Estas mulleres supuñan un desafío ao que naquel tempo era considerado o socialmente correcto.
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2022 tiña 372 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.
A lingua serrano (Maarrênga'twich) é unha lingua tákica da familia uto-azteca, falada tradicionalmente polo pobo serrano do sur de California. A lingua está estreitamente relacionada co tongva, co tataviam, co kitanemuk e co vanyume. O serrano ten orde de palabras libre coa única regra de que os verbos adoitan ir en último lugar.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O paspallás (Coturnix coturnix) é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das que integran hoxe en día o xénero Coturnix. É unha ave de pequeno tamaño, unha das poucas galiformes que son migratorias, que é moi apreciada gastronomicamente pola súa carne e os seus ovos.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.