Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016 e finado en 2023 a mans de Hugo Guezeta, foi un dúo galego de música (se se lle pode chamar así) trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939 e finada o 24 de maio de 2023 en Küsnacht (Suíza), foi unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos, é unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a "Raíña do Rock".
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Stanley Kubrick, nado o 26 de xullo de 1928 no barrio do Bronx en Nova York (Estados Unidos) e finado o 7 de marzo de 1999 en Hertfordshire (Inglaterra), foi un director de cine, guionista, produtor, director de fotografía e editor de cine estadounidense que desenvolveu a meirande parte dos seus traballos no Reino Unido. É considerado como un dos mellores directores de cine de tódolos tempos. Moitos dos seus filmes son adaptacións cinematográficas de novelas e relatos curtos, que destacan polo seu perfeccionismo técnico, a atención os detalles para achegarse ó realismo e o seu intenso simbolismo intelectual.
Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo, Bologna en italiano) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romaña. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia. Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social.
Paixón de Cristo ou de Xesús é a denominación convencional utilizada para englobar os episodios evanxélicos que narran os sucesos protagonizados por Xesucristo entre a Última Cea e a súa crucifixión e morte (o ciclo narrativo pode deterse aí -comprendendo aproximadamente unha noite e o día seguinte- ou continuarse con o seu enterro e resurrección, ao terceiro día -o cómputo cronolóxico foi historicamente obxecto de debate-). Tamén é o tema máis utilizado na arte cristiá. A palabra galega "paixón" provén da latina passĭo, -ōnis, sendo esta un calco da grega πάθος (pathos).
O hertz (símbolo Hz), tamén chamado hercio, é a unidade derivada do SI para frecuencia, a cal é expresada en termos de oscilacións por segundo (s−1, 1/s). A unidade é nomeada en homenaxe ao físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo do electromagnetismo. O nome foi establecido pola Comisión Electrotécnica Internacional (IEC nas súas siglas inglesas) en 1930.
François Rabelais nado en La Devinière, preto de Chinon, cara a 1494 e finado en París o 9 de abril do 1553, foi un médico e escritor francés, humanista do Renacemento. Rabelais renovou, á luz do pensamento antigo, o ideal filosófico e moral do seu tempo. A súa obra foi incluída no Index Librorum Prohibitorum.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
Centro, en ciencia política, é o conxunto de partidos, políticas e ideoloxías que se caracteriza por considerarse a si mesma intermedias, no espectro político, a posicións tanto de dereita como de esquerda política.É conveniente non confundir o centrismo co reformismo. Mentres o centrismo valora as posicións consensuais como un fin en si mesmas -as políticas do "xusto medio" -, o reformismo mantén obxectivos a longo prazo para os cales tales posicións serían só un momento nun proceso progresista de avance moderado ou paulatino. Na práctica política contemporánea, o centrismo propón e defende políticas de economía mixta e de afondamento da democracia.«O goberno representativo falla cando políticos corruptos en xeral serven intereses empresariais ou especiais.
The Jam foi unha banda inglesa de punk rock/mod revival formada en Woking, Surrey e activa durante finais dos anos 70 e principios dos anos 80. Se ben comparte o su punto de vista de "mozos irados" e tempos rápidos dos seus contemporáneos do punk rock, The Jam vestían traxes deseñados coidadosamente en vez de roupa estragada, e incorporaron un feixe de influencias do rock mainstream dos 60 en vez de rexeitalas, colocando á banda na vangarda do moemento mod revival. A banda tivo 18 sinxelos top 40 consecutivos no Reino Unido, dende a súa estrea en 1977 ata a súa desaparición en decembro de 1982, incluídos catro números 1.
Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.
Airbus Group SE é un grupo aerospacial e de defensa europeo. Entre as empresas participantes está Airbus dedicada á produción de avións comerciais e Airbus Military que manufactura avións militares. Eurocopter, o principal subministrador mundial de helicópteros; Astrium, líder europeo en programas espaciais desde o Ariane ata o Galileo; e Cassidian que produce sistemas de seguridade e defensa.
A sinterización é un proceso de fabricación de pezas sólidas moldeadas. Consiste en compactar varios pos de metal e / ou cerámica mesturados homoxeneamente a alta presión e, unha vez compactados, realizar un tratamento térmico a unha temperatura inferior á temperatura de fusión da mestura, obtendo unha peza consolidada e compacta. Este procedemento de fabricación proporciona unha grande cohesión dos pos, creando enlaces fortes entre as partículas, que acaban uníndose nun só bloque coa forma dun molde determinado.
A tradución (do latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, o texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, o texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos.
Fox Broadcasting Company , máis coñecida como FOX, é unha rede de televisión dos Estados Unidos, propiedade de Fox Entertainment Group, que comezou as súas emisións o 9 de outubro de 1986 cando como primeira emisión o episodio piloto da serie Married with Children. Un dos seus programas máis populares é American Idol que emite desde 2002.
Marianne (pronunciado [maʁjan]) é unha figura alegórica, personificación nacional da República Francesa desde a Revolución Francesa, que representa a liberdade e a razón.Marianne amósase en moitos contextos en Francia e ocupa os lugares de honra en institiucións como os concellos ou os tribunais de xustiza. Forma parte dos motivos representados no Triunfo da República, unha escultura de bronce que se ve desde a Place de la Nation, en París, e tamén aparece representada, xunto con outra estatua, na Place de la République, da capital francesa. Do mesmo xeito, o seu perfil utilízase no logotipo oficial do Goberno francés, é reprodúcese tamén nas moedas de francesas con valores en euro (e nas do anterior sistema do Franco), e nos selos de correos de Francia.Marianne é un dos símbolos máis salientables da República Francesa e úsase adoito con carácter oficial na maioría de documentos administrativos.
Naruto Shippūden 4: The Lost Tower
Naruto Shippūden 4: The Lost Tower (劇場版 NARUTO-ナルト-疾風伝 ザ・ロストタワー Gekijōban Naruto Shippūden: Za Rosuto Tawā) é un filme de animación xaponés diixido por Masahiko Murata que foi estreado no 2010. É o sétimo filme baseado no manga e anime Naruto escrito por Masashi Kishimoto.
O Comité Olímpico Neozelandés (en inglés: New Zealand Olympic Committee; e antes de 1994, New Zealand Olympic and Commonwealth Games Association) é a asociación nacional dos Xogos da Commonwealth de Nova Zelandia, responsable de escoller e organizar os equipos de deportistas que representan a Nova Zelandia nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno, así como nos Xogos da Commonwealth.
A ditadura é unha forma de goberno no que unha persoa, ou un grupo de persoas máis ou menos extenso, exerce o poder en virtude dunha afirmación persoal, sen limitacións legais ou constitucionais efectivas. O concepto de ditadura úsase contemporaneamente dunha forma moito máis laxa para designar todo tipo de réximes non democráticos modernos. Este "estiramento conceptual" do termo restoulle precisión e capacidade de diferenciación ao colocar baixo unha mesma etiqueta a réximes políticos que teñen pouco en común.
A Academia Francesa (en francés: Académie française) é unha institución encargada de regular e perfeccionar a lingua francesa. Foi fundada en 1635 polo cardeal Richelieu, durante o reinado de Luís XIII de Francia, feito que a converte nunha das máis antigas institucións do país galo. Está composta por un total de corenta membros, que son elixidos polos seus iguais.
Actor's Theatre of Louisville é un theatro que se atopa no barrio Downtown da cidade de Louisville, en Kentucky. Fundado no ano 1964 polo produtor local Richard Block e o actor Ken Jenkins e deseñado en 1974 como Teatro do Estado de Kentucky, funciona como unha asociación sen ánimo de lucro. O edificio que alberga o teatro provén da reunión de dous edificios antigos:o Old Bank of Louisville que é un National Historic Landmark e o inmoble Myers-Thompson Display.
O hindi (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India. É unha lingua indoeuropea, da familia Indoirania. Evolucionou a partir dos idiomas prákritos da Idade Media (indoario medio) e, indirectamente, do sánscrito, do cal toma grande parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico.
A batalla de Anzio (en inglés: Lo sbarco di Anzio) é un filme italo-estadounidense de 1968 dirixido por Edward Dmytryk e Duilio Coletti. Está protagonizado por Robert Mitchum e Peter Falk. O filme foi rodado en Italia cun equipo de filmación italiano e foi producido por Dino De Laurentiis; porén, ningún dos personaxes principais é italiano.
Unha escola filosófica é unha maneira de pensar ou de proceder en relación á filosofía. As escolas filosóficas moitas veces xorden a partir das ensinanzas dun mestre e en oposición a unha escola rival. Outros nomes para aproximadamente a mesma idea son: escola de pensamento, corrente de pensamento, corrente filosófica, doutrina filosófica e movemento filosófico.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Heroes pode referirse a: Heroes (homes) a serie de televisión estadounidense Heroes; a serie de televisión chilena Heroes; O videoxogo Heroes of Might and Magic; O álbum Heroes do cantante Johnny Cash e Waylon Jennings; O grupo zaragozano de rock Héroes del Silencio; o equipo de béisbol de Seúl Heroes.
Queer as Folk é unha expresión inglesa que significa raros como todos e tamén maricas como todos. É o título de dúas series de televisión de ficción distintas: Queer as Folk (Reino Unido) (1999-2000), unha serie británica que conta a historia de cinco homes homosexuais. Queer as Folk (Estados Unidos) (2000-2005), un remake posterior estadounidense, coa mesma trama inicial pero que se estendeu a cinco tempadas.
Fernando I de Nápoles (ou Ferrante I, nado seguramente en Nápoles o 2 de xuño de 1423 e finado en Nápoles o 25 de xaneiro de 1494, foi un fillo de Afonso V de Aragón e I de Nápoles e Sicilia (1396 - 1458) e da súa amante Giraldona de Carlino, que foi rei de Nápoles entre 1458 e 1494, ano da súa morte.
«Anouschka» é unha canción composta por Hans Blum e interpretada en alemán por Inge Brück. Lanzouse como sinxelo en abril de 1967 mediante Ariola Records. Foi elixida para representar a Alemaña no Festival de Eurovisión de 1967 tras ser seleccionada internamente pola emisora alemá Hessischer Rundfunk.
A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical.
O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203). O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores.
Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recibeu o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso de elementos pesados.
Mute Records é un selo discográfico formado en 1978 por Daniel Miller, nun principio para realizar o seu propio sinxelo, T.V.O.D./Warm Leatherette, baixo o alcume de The Normal. Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas post-punk, como Fad Gadget (pseudónimo de Frank Tovey), a Einstürzende Neubauten, Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire. Cando a música electrónica se situou no cumio das listas de 1981 do Reino Unido, Mute Records asinou con artistas como Depeche Mode, Nitzer Ebb, Yazoo ou Erasure, bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.
O Gran Premio do Xapón de 2014, foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2014. Celebrouse o 5 de outubro de 2014 no circuíto de Suzuka, en Suzuka, Xapón, foi a 15ª rolda da tempada 2014 e o 41º Gran Premio do Xapón. A carreira terminou prematuramente detrás do coche de seguridade na volta 44.
Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa
A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), ten a súa orixe na CSCE (Conferencia sobre a Seguridade e a Cooperación en Europa), celebrada en Helsinqui en 1975, e está conformada actualmente por cincuenta e seis Estados participantes, todos eles países de Europa (incluíndo a Federación Rusa e tódolos países da Unión Europea), Asia Central e América do Norte (Canadá e Estados Unidos). Está recoñecida como organismo rexional conforme o Capítulo VIII da Carta das Nacións Unidas. A Presidencia en Exercicio actual (2008) é exercida por Finlandia.
O prólogo (etim. do grego "prol": antes e "logos": discurso), é o escrito breve, situado ao principio dunha obra extensa, entre os documentos chamados preliminares, e serve a un escritor para xustificar o habela composto e ao lector para orientarse na lectura. Posúe, ademais, outros labores: Facer crítica literaria sobre o autor.
O termo Moreira pode referirse a: Moreira, árbore da familia Moraceae, que dá amoras brancas ou negras; Moreira, herba gramínea (Lolium multiflorum), xoio; Moreira, paxaro do xénero Sylvia (papuxas), papuxa cabecinegra;Amais, como topónimo pode referirse a: En Galicia Moreira, parroquia do concello de Castroverde; Moreira, lugar de dita parroquia; Moreira, parroquia do concello da Estrada. Moreira Nova, lugar de dita parroquia; Moreira Vella, lugar de dita parroquia; Moreira, parroquia do concello de Ponteareas; Lamas de Moreira, parroquia do concello da Fonsagrada. Moreira, lugar de dita parroquia; Lamas de Moreira, lugar de dita parroquia; Moreira, lugar da parroquia de Touriñán, no concello de Muxía; Moreira, lugar da parroquia de Carnés, no concello de Vimianzo; Moreira, lugar da parroquia de Donís, no concello de Cervantes; Moreira, lugar da parroquia de Fontecuberta, no concello de Palas de Rei; Moreira, lugar da parroquia de Cañón, no concello de Celanova; Moreira, lugar da parroquia de Soutomaior, no concello de Soutomaior; Moreira, lugar da parroquia de Duxame, no concello de Vila de Cruces; A Moreira, lugar da parroquia de Cequeliños, no concello de Arbo; A Moreira, lugar da parroquia do Mato, no concello de Chantada; A Moreira, lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar; A Moreira, lugar da parroquia de Ambroa, no concello de Irixoa; A Moreira, lugar da parroquia de Marín, no concello de Marín; A Moreira, lugar da parroquia de San Cosme de Abeancos, no concello de Melide; A Moreira, lugar da parroquia de Bidouredo, no concello de Monterroso; A Moreira, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves; A Moreira, lugar da parroquia de Penosiños, no concello de Ramirás; A Moreira, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño.En Portugal Moreira, freguesía do concello de Maia; Moreira, freguesía do concello de Monção; Moreira, freguesía do concello de Nelas; Moreira de Geraz do Lima, freguesía do concello de Viana do Castelo;Amais, como apelido pode referirse a: Moreira da Silva, cantante brasileiro.
Kevin Peter Hall, nado en Pittsburgh, Pensilvania, o 9 de maio de 1955, e finado en Hollywood o 10 de abril de 1991, foi un actor estadounidense. É coñecido por ser o Predator dos dous primeiros filmes da franquía Predator, e por interpretar a Harry no filme Bigfoot e na serie de televisión Harry and the Hendersons.
Lindita Halimi, tamén coñecida como Lindita, é unha cantante e compositora kosovar. Ela acadou a fama após gañar a sexta edición do Top Fest coa canción "Ëndërroja".En 2016, ela participou na tempada final do American Idol. Halimi representará a Albania no Festival da Canción de Eurovisión 2017 coa canción "World" (orixinalmente Botë), gañando con esta o Festivali i Këngës 55.
Os diplomonádidos (Diplomonadida) ou diplomónadas son unha orde de protistas flaxelados da clase eofarínxeos, a maioría parasitos. É un dos grupos basais de protistas, que se clasifica dentro dos Metamonadida pertencentes aos Excavata, e considérase próximo á orde Retortamonadida. Entre eles está Giardia intestinalis (sinónimo Giardia lamblia), que causa a xiardíase enfermidade parasitaria que afecta aos humanos.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O imperialismo é a práctica, teoría ou actitude de manter ou estender o poder dun estado sobre nacións estranxeiras, particularmente a través do expansionismo, empregando non só o poder duro (poder económico e militar), senón tamén o poder brando (poder cultural e diplomático). O imperialismo céntrase en establecer ou manter a hexemonía e un imperio máis ou menos formal.Os imperios existiron ao longo de toda a historia, dende o comezo da Idade Antiga, mais o uso do vocábulo "imperialismo" adoita limitarse á cualificación da expansión europea que se inicia coa era dos descubrimentos (século XV) e se prolonga durante toda a Idade Moderna e Idade Contemporánea ata o proceso de descolonización trala segunda guerra mundial. Máis especificamente, a expresión Era do Imperialismo, empregada pola historiografía, denomina o período que vai de 1880 a 1914, en que se produciu unha verdadeira carreira para construír imperios coloniais, principalmente coa chamada repartición de África.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Expediente Picasso foi un informe redactado polo xeneral Juan Picasso González que relata os feitos ocorridos na comandancia de Melilla, no contexto da guerra de Marrocos; é dicir, o Desastre de Annual, entre o 17 de xullo e o 9 de agosto de 1921, no que perderon a vida 13 000 efectivos, entre soldados e oficiais.
David Edú García Mitogo, nado en Bata o 18 de maio de 1990 e finado o 11 de maio de 2023 no cruzamento entre os ríos Avia e Miño, foi un futbolista ecuatoguineano que xogaba como dianteiro. Desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva entre o Bierzo e Galicia e foi internacional coa selección de Guinea Ecuatorial.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Manuel González González (músico)
Manuel González González, tamén coñecido como O Chicho do Funk ou Ortiga, nado en Santiago de Compostela o 30 de agosto de 1994, é un músico galego.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".