Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939 e finada o 24 de maio de 2023 en Küsnacht (Suíza), foi unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alongou durante mais de cincuenta anos, foi unha dos principais expoñentes do rock, e foi alcumada da "Raíña do Rock".
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O servizo postal ou servizo de correo é un sistema dedicado a transportar cartas, así como outros documentos escritos e paquetes de tamaño pequeno ou medio ao redor do mundo, así como xiros. Todo documento enviado a través do sistema postal é chamado correo ou correspondencia. Os paquetes son "envíos postais" que se poden transportar por terra, mar, ou aire; cada un con tarifas diferentes dependendo do tipo de envío, a súa duración na entrega e se leva ou non outros servizos adicionais.
A pintura gótica, unha das expresións da arte gótica, apareceu apenas en 1200 ou case 50 anos despois do inicio da arquitectura e escultura góticas. A transición do Románico cara ao Gótico é bastante imprecisa e non hai unha creba definida, mais pódese percibir o inicio dun estilio máis sombrío e emotivo que o do período anterior. Esta transición ocorre primeiro en Inglaterra e Francia preto de 1200, en Alemaña preto de 1220 e en Italia preto de 1300.
Windows 8 é unha versión de Microsoft Windows, a familia de sistemas operativos producidos por Microsoft para uso en ordenadores persoais, incluíndo escritorios domésticos e empresas, netbooks, tablets, servidores e centros multimedia, sacado á venda o 26 de outubro de 2012. Engade soporte para procesadores ARM, así como as tradicionais microprocesadores x86 de Intel e AMD. A interface de usuario foi modificado para o facer máis axeitado para uso con pantalla táctil, en adición ao rato tradicional e teclado. Respecto ás edicións anteriores, Microsoft cambiou a terminoloxía das diferentes versións que ofrecía do seu sistema.
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
"Parabéns para ti!" é unha canción popular orixinalmente en lingua inglesa e coñecida habitualmente nesa lingua como Happy Birthday to You ou simplemente Happy Birthday, adoita cantarse nas festas de aniversario. Compúxerona en 1893 as irmás Patty Hill e Mildred Hill, mestras de profesión co título Good Morning to All. A letra da canción foi rexistrada con copyright en 1935.
O acetileno ou etino (C2H2) é un hidrocarburo moi inflamable, incoloro e tóxico. Mesturado co aire é explosivo, disolto en acetona e gardado en cilindros a presión pódese utilizar para fins comerciais, en especial para soldadura de metais e fabricación de explosivos, disolventes, resinas e fibras sintéticas. Obtense pola acción da auga sobre o carburo de calcio.
Carl Pearson ou Karl Pearson, nado en Londres o 27 de marzo de 1857 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1936, foi un científico, matemático e pensador británico, que estableceu a disciplina da estatística matemática. Desenvolveu unha intensa investigación sobre a aplicación dos métodos estatísticos na bioloxía e foi o fundador da bioestatística. Foi un positivista radical, na tradición de Berkeley e Ernst Mach.
Miekkailija (tamén coñecido polo título en estoniano: Vehkleja) é un filme de 2015 coproducido entre Finlandia, Estonia e Alemaña que foi dirixido por Klaus Härö. Conta a historia real de Endel Nelis, un esgrimista e adestrador estoniano. O guión foi creado por Anna Heinämaa e rodaxe comezou en Estonia a finais de febreiro de 2014.
Thomas Hunt Morgan, nado en Lexington (Kentucky) o 25 de setembro de 1866 e finado en Pasadena (California) o 4 de decembro de 1945, foi un xenetista estadounidense. Estudou a historia natural, zooloxía e macromutación na mosca da froita Drosophila melanogaster. As súas contribucións científicas máis importantes foron no eido da Xenética.
A Ligue 1, anteriormente chamada Division 1, é a máxima categoría da liga de fútbol profesional en Francia. Dispútase desde 1932 e está organizada pola Ligue de Football Professionnel. O Championnat francés é a sexta mellor liga do mundo segundo o ránking oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).
The Legend of Zelda: Breath of the Wild
The Legend of Zelda: Breath of the Wild (en xaponés: ゼルダの伝説 ブレス オブ ザ ワイルド, Zeruda no Densetsu: Buresu obu za Wairudo) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido e publicado por Nintendo para as consolas Nintendo Switch e Wii U. O xogo forma parte da franquía The Legend of Zelda e conta a historia do protagonista Link con amnesia, que esperta dun soño de cen anos unha misteriosa voz que o guía cara a derrota de Calamity Ganon antes de que poida destruír o reino de Hyrule. O xogo tivo un longo período de desenvolvemento que abrangueu cinco anos. Ó concibir Breath of the Wild, o produtor Eiji Aonuma quixo reformar as convencións do modo de xogo da serie Zelda.
Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación. Hai de distintos tipos e tamaños.
The Help é unha novela da escritora norteamericana Kathryn Stockett, publicada en 2009. Trata da vida de empregadas domésticas afroamericanas que traballan en casas de brancos en Jackson (Mississippi) a comezos da década de 1960, aínda que sen ser un libro histórico. A novela é a primeira de Stockett.
O Basket Torino, coñecido por motivos de patrocinio como Reale Mutua Torino, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Turín, Piemonte. Foi fundado o 31 de maio de 2020 como sucesor do Auxilium Pallacanestro Torino. Desde a temporada 2019−20, o equipo compite na Serie A2 Basket, segunda categoría do baloncesto transalpino.
A calor específica é unha magnitude física que se define como a cantidade de calor que hai que subministrar á unidade de masa dunha substancia ou sistema termodinámico para elevar a súa temperatura nunha unidade (kelvin ou grao Celsius). En xeral, o valor da calor específica depende da temperatura inicial. Represéntase coa letra c {\displaystyle c\,\!} .
A rula turca ou rola turca (Streptopelia decaocto) é unha especie de ave columbiforme da familia Columbidae propia de Eurasia. Orixinalmente estendíase polo sur de Asia mais axiña colonizou toda Europa e o norte de África de xeito natural, e tamén América do Norte e o Xapón onde foi introducida. Ademais empeza a se atopar en puntos localizados de América do Sur.
A Biblioteca Nacional de España é o centro depositario do Patrimonio Bibliográfico e Documental de España e a institución custodia unha rica colección histórica e todo tipo de publicacións producidas en territorio nacional desde comezos do século XVIII. Actualmente, este fondo documental está composto por máis de 26 millóns de pezas que inclúen libros, revistas, mapas, gravados, debuxos, partituras, folletos etc.
Unha estación ferroviaria ou estación de ferrocarril é unha instalación ferroviaria con vías á que poden chegar e desde a que se poden expedir trens. Componse de varias vías, con desvíos entre elas, e delimítase por sinais de entrada e saída. Adicionalmente son un punto de acceso ao ferrocarril de pasaxeiros e mercancías, aínda que non é unha condición indispensable para ser unha estación.
A Copa da UEFA 2004-05 foi gañada polo CSKA de Moscova, que xogou a final contra o Sporting de Portugal. Foi a a primeira Copa da UEFA gañada por un equipo ruso, e a primeira competición europea gañada por un equipo ruso dende o desmembramento da URSS, e foi aínda máis sobresaínte porque foi gañada no Estádio José Alvalade, o estadio do Sporting.
A Free Software Foundation (FSF) -Fundación polo Software Libre- é unha organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre (free significa neste caso libre e non necesariamente gratis, a outra acepción que a palabra ten en inglés) e, en particular o proxecto GNU. Desde a súa fundación até mediados da década de 1990, os fondos da FSF destináronse principalmente a pagar a programadores para que escribisen software libre. A partir de mediados ou finais da década de 1990 existen xa moitas compañías e autores individuais que escriben software libre, de xeito que os empregados e voluntarios da FSF traballan fundamentalmente en asuntos legais e estruturais en beneficio da comunidade do software libre.
Unha nave é unha embarcación ou barco, especialmente os de gran tamaño. Outras embarcacións de gran tamaño son os navíos, usados para a guerra ou o transporte de mercancías, e os buques, barcos de gran tamaño e solidez de certa importancia pola misión a que son destinados e polas longas travesías que se poden realizar con eles.
A Dream Is a Wish Your Heart Makes
"A Dream Is a Wish Your Heart Makes" (en galego, "Un soño é un desexo feito polo teu corazón") é unha canción escrita e composta por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston para a película de Walt Disney Cinderella (1950). Na canción, Cincenta dille ós seus amigos animais que nunca vai parar de soñar.
O grunge é un tipo de música dos primeiros anos noventa. É unha mestura do rock máis duro dos sesenta coa forza da música punk aderezado con guitarras marcadamente distorsionadas, e caracterízase polo rexeitamento de estilo de metal que marcou os últimos oitenta, con grupos coma Bon Jovi, Whitesnake ou Van Halen. Naceu coa chamada escena de Seattle e o selo discográfico Sub Pop.
Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso
A Provincia Autónoma de Badaghxán Montañoso (PABM) (Taxico: Вилояти Мухтори Кӯҳистони Бадахшон / Viloyati Mukhtori Kuhistoni Badakhshon) é unha provincia montañosa autónoma ao leste do Taxiquistán. Localizada nas Montañas do Pamir, representa un 45% da superficie total do país. A PABM ocupa toda a parte oriental de Taxiquistán lindando ao leste coa Provincia de Xinxiang china, ao sur e ao oeste coa Provincia do Badaghxán afgán, e ao norte coa Provincia de Oxe (Osh) de kirguiz.
Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
Xardíns botánicos reais de Kew
Os Royal Botanic Gardens, Kew, abreviadamente Kew (en galego xardín botánico real de Kew), fundado en 1759, é unha institución pública do Reino Unido patrocinada polo Departamento de Ambiente, Comida e Asuntos Rurais. Como entidade de investigación e educación botánica de importancia internacional en Botánica procura e institución de educación, emprega 750 persoas. O seu executivo de xefe é o director actual, Richard Deverell.
A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais.
Corsica Nazione é un movemento político nacionalista corso fundado en 1992 baixo a influencia d’A Cuncolta Naziunalista, coa unión dos grupos Accolta Naziunale Corsa (ANC) e os Verdes corsos (I Verdi corsi). O seu líder é o avogado Jean-Guy Talamoni. Corsica Nazione loita "por acadar para a comunidade nacional corsa o seu desenvolvemento en materia económica, social e cultural".
A col, coella ou coia é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.
O Primeiro Imperio Francés (Premier Empire en francés) é o réxime instaurado en Francia por Napoléon Bonaparte para substituír o Consulado. Comeza o 18 de maio de 1804 cun decreto do senado (senadoconsulto) que proclama a Napoléon Bonaparte "emperador dos franceses", e remata en abril de 1814 coa abdicación de Napoléon e o seu desterro á illa de Elba). Tras este período instaurouse decontado a Primeira Restauración, interrompida polo episodio dos Cen Días do 20 de marzo ao 22 de xuño de 1815.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
John Rhys-Davies, nado en Ammanford (Carmarthenshire) o 5 de maio de 1944, é un actor galés de cinema e televisión. É coñecido internacionalmente por interpretar o escavador árabe Sallah nos filmes de Indiana Jones e o anano Gimli na adaptación cinematográfica da triloxía d'O Señor dos Aneis, onde tamén fixo a voz de Bárbore, o Ent.
Nuclear Blast Records é un selo discográfico e un distribuídor de discos por correo independendente con subsidiarias en Alemaña, os Estados Unidos e o Brasil. O selo fundouno en 1987 Markus Staiger en Alemaña. Orixinalmente editaba discos de hardcore punk, pero pasou a publicar traballos de bandas de death metal melódico, grindcore, power metal e black metal, ademais de álbums tributo.
Elena Armanda Nicolasa Sanz y Martínez de Arizala ou Elena Sanz Martínez d'Arrizala, nada en Castelló de la Plana o 6 de decembro de 1844 e finada en París o 24 de decembro de 1898, foi unha cantante lírica do século XIX con tesitura de contralto.Foi unha das máis grandes voces da ópera de todos os tempos. Foi especialmente valorarada a súa arte foi nos teatros de París. A súa gran valía artística ficou eclipsada pola súa biografía.
Alan Mathison Turing, nado en Maida Vale (Londres) o 23 de xuño de 1912 e finado en Wilmslow o 7 de xuño de 1954, foi un matemático inglés, que traballou en campos como a informática teórica, a criptoanálise ou a intelixencia artificial. Turing tivo unha gran influencia no desenvolvemento da ciencia da computación teórica, proporcionando unha formalización dos conceptos de algoritmo e computación coa chamada máquina de Turing, que pode considerarse o modelo dun ordenador de propósito xeral. Considérase amplamente como o pai da informática teórica e da intelixencia artificial.Turing criouse no sur de Inglaterra.
O hebreo ou hebraico (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan).
Let the Dominoes Fall é o sétimo álnum de estudio da banda estadounidense de punk rock Rancid, publicado o día 2 de xuño de 2009 a través do selo Hellcat Records. É o seu primeiro traballo con material novo en case seis anos, despois da edición en 2003 de Indestructible, e o primeiro co batería Branden Steineckert, que se uniu a Rancid tras a saída de Brett Reed en 2006. O espazo de tempo de case seis anso entre Indestructible e Let the Dominoes Fall foi o ooa máis grande que Rancid deixou entre álbums de estudio na súa carreira.
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Un músico ou unha música é unha persoa que compón ou executa pezas musicais. Cando a persoa compón pezas fálase dun compositor, mentres que quen as executan poden ser instrumentistas (como guitarristas, violinistas, violonchelistas e pianistas, por exemplo), cantantes, directores de orquestra etc. Tamén son músicos quen realizan arranxos musicais e orquestracións.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
San Fins de Celeiros é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 222 habitantes (115 mulleres e 107 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 220 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 241 habitantes, sendo 120 homes e 121 mulleres.
A dos xecónidos, Gekkonidae, é a familia máis grande de réptiles escamosos lacertilios que comprende os xecos comúns, xa que contén máis de 950 especies descritas en 61 xéneros.O xecónidos encóntranse nas zonas de climas temperados e tropicais de todo o mundo, sendo particularmente numerosas as especies que habitan nas úlimas mencionadas. As especies máis numerosas son as dos xéneros Hemidactylus, Gekko, Phelsuma, Lepidodactylus e Gehyra.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
O ámbar birmano, tamén coñecido como burmita ou ámbar de Kachin, é un ámbar procedente do Val de Hukawng no norte de Myanmar (antes Birmania). O ámbar data de hai uns 100 millóns de anos, durante o final do Albiano e o inicio do Cenomaniano, idades pertencentes ao período cretáceo medio. Este ámbar ten un significativo interese paleontolóxico debido á diversidade de flora e fauna que contén como inclusións, especialmente artrópodos, incluíndo insectos e arácnidos, pero tamén aves, lagartos, serpes, ras e restos fragmentarios de dinosauros.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.