Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, altofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.
O Pato Donald (no orixinal inglés Donald Duck) é un personaxe de debuxos animados e banda deseñada dos estudios Walt Disney, creado en 1934. Donald é un pato branco, de pernas e bico alaranxados, viste sempre unha camisa e quepis de mariñeiro. O motivo para isto é que na época no que foi deseñado, todos os personaxes precisaban vestir roupas.
Jugoslovenska Radiotelevizija ou JRT (en galego:Radiotelevisión iugoslava) foi o ente público de radiodifusión da República Federal Socialista de Iugoslavia, ata a súa desaparición en 1992. O ente estaba conformado pola unión dos distintos entes de radio e televisión subnacionais (tanto repúblicas como provincias autónomas) que en conxunto conformaban a federación iugoslava: A JRT foi un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, ademais de ser o único estado socialista pertencente a esta organización. Entre as actividades do ente, cabo destacar a realización do Jugovizija, concurso no cal, as distintas radiodifusoras que conformaban o ente, presentaban as súas cancións, para logo, escoller a que representaría a Iugoslavia no Festival da Canción de Eurovisión.
Fatiha Boudiaf, nada en Orán o 28 de novembro de 1944, é unha activista alxeriana, viúva do antigo presidente Mohamed Boudiaf. Tralo seu asasinato en 1992, estableceu a Fundación Boudiaf para divulgar a mensaxe de paz do seu marido. Foi unha crítica da reclusión de Lambarek Boumaarafi, dicindo que unha conspiración maior estaba involucrada na morte do seu marido e pediu que se reabrise a investigación.
Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
Rarotonga é a illa máis poboada das Illas Cook, ten 9.500 habitantes. A illa alberga os edificios do parlamento das Illas Cook e o Aeroporto Internacional de Rarotonga. Debido a que Rarotonga é a illa máis poboada, en ocasións fálase dos insulares como rarotonganos, aínda que poden provir dalgunha das outras 15 illas, como Aitutaki ou Mangaia.
O sitio trinacional de Sangha é un bosque dividido entre as nacións da República Centroafricana, o Camerún e a República do Congo. Foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2012 debido á súa extraordinaria biodiversidade e comunidades biolóxicas únicas. O sitio inclúe 3 parques nacionais contiguos dentro dos bosques tropicais húmidos de África central: o Parque Nacional Nouabalé-Ndoki no Congo, o Parque Nacional Lobéké no Camerún e o Parque Nacional Dzanga-Ndoki na República Centroafricana.
Agás nos imperios de China e Xapón a penetración europea na Asia central e oriental concluíra a fins do século XIX, coa integración de extensos territorios, densamente poboados na organización dos imperios coloniais europeos. Tres grandes rexións asiáticas pertencían a tres imperios europeos. Todo o subcontinente do Indostán incorporárase dende o século XVII ó Reino Unido; Indonesia dependía a súa vez dos Países Baixos dende a mesma época.
O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán.
Un exiptólogo é un especialista na historia e a arqueoloxía do Antigo Exipto, desde as orixes máis remotas ata o fin da época tolemaica, no século I a.C. Nas principais universidades do mundo hai cátedras desta disciplina onde os investigadores fórmanse e gradúan para logo dedicarse á arqueoloxía exipcia in situ, achegando nova información sobre o terreo, ou procesando no seu gabinete o que outros escavaron e con iso enriquecer o noso coñecemento; tamén dedicándose á docencia para formar exiptólogos ou como directores ou conservadores de institucións ou museos onde se custodian obxectos desta antiga civilización. O coñecemento fidedigno da historia do antigo Exipto é moi recente. Fai tan só dous séculos o que se coñecía das orixes da civilización exipcia proviña de relatos dos historiadores e viaxeiros gregos e romanos que, sen moito espírito crítico, recolleron aquilo que os exipcios da súa época narrábanlles.
Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella máis coñecida por Cruz Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario, que reúne ao redor de 97 millóns de voluntarios en todo o mundo. Fundouna en Suíza no ano 1863 Jean Henri Dunant, e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e a conservación dos ecosistemas.
Óscar ós mellores efectos visuais
O Óscar aos mellores efectos visuais (Academy Award for Visual Effects) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Óscar.
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol, de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 88 trofeos en distintas competicións (68 nacionais e 20 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000.
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor. Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente.
Blur: The Best of é un recompilatorio de grandes éxitos da banda inglesa de britpop Blur, editado o 30 de outubro do 2000. Foi lanzado en CD, casete, MiniDisc, dobre vinilo de 12", DVD e VHS. O álbum en CD inclúe 17 dos 23 sinxelos da banda entre 1990 e o 2000, xunto co tema "Music Is My Radar". Unha edición especial contén un CD en vivo.
"Seaside Rendezvous" é unha canción do grupo de rock británico Queen, que figura como número sete do seu cuarto álbum de estudio: Unha Noite na Ópera. A canción, que nunca foi interpretada en directo, foi escrita por Freddie Mercury e amosa claras influencias do vaudeville e do "music hall". Esta canción conta cunha curiosa sección de ponte musical executada vocalmente por Mercury e mais por Roger Taylor, na súa parte central.
Mute Records é un selo discográfico formado en 1978 por Daniel Miller, nun principio para realizar o seu propio sinxelo, T.V.O.D./Warm Leatherette, baixo o alcume de The Normal. Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas post-punk, como Fad Gadget (pseudónimo de Frank Tovey), a Einstürzende Neubauten, Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire. Cando a música electrónica se situou no cumio das listas de 1981 do Reino Unido, Mute Records asinou con artistas como Depeche Mode, Nitzer Ebb, Yazoo ou Erasure, bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente.
Janica Kostelić, nada en Zagreb (Iugoslavia) o 5 de xaneiro de 1982, é unha ex esquiadora, catro veces campioa olímpica croata. Nas competicións da Copa do Mundo gañou trinta probas individuais, tres títulos xerais, tres títulos de slálom e catro títulos (non oficiais) de combinada. Os éxitos de Kostelić no esquí profesional levaron a algúns comentaristas, escritores e compañeiras a considerala unha das mellores esquiadoras da historia.
As plantas bulbosas son plantas herbáceas e perennes que presentan órganos subterráneos de reserva de nutrientes, tales como bulbos, cormos, rizomas, tubérculos e raíces tuberosas. Estas especies adoitan perder a súa parte aérea durante as épocas desfavorables de crecemento (o inverno ou o verán, dependendo da especie) e permanecen en repouso grazas ás reservas almacenadas nos seus bulbos. Cando as condicións estacionales volven ser favorables, ditas reservas sustentan o novo ciclo de crecemento.
Un xogo é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.
Un estudio de gravación é un lugar adaptado para o rexistro de voces e música, polo que debe reunir unhas condicións de acústica e electrónica. Unha das condicións máis importantes no seu deseño é a insonorización, de forma que o son interior non se propague cara ao exterior nin que o son exterior penetre e interfira nas gravacións. Isto conséguese mediante a aplicación de diversos materiais especiais (absorbentes e illantes) e o uso de cámaras de aire.
Este artigo refírese a humanos. Para a preñez en animais véxase Preñazo.O embarazo, gravidez, preñazo ou preñez dunha muller é o período que transcorre entre a implantación do cigoto no útero ata o momento do parto. Durante este período prodúcense na muller importantes cambios fisiolóxicos, metabólicos e incluso morfolóxicos coa finalidade de protexer, nutrir e permitir o desenvolvemento do feto, como son a interrupción dos ciclos menstruais, ou o aumento do tamaño das mamas para preparar a lactación.
A gens Acilia foi unha gens plebea romana, cuxos membros aparecen na escena política romana a partir de mediados do século III a. C., para despois atravesar o alto e o baixo Imperio e ocupar postos importantes ata o século V, durante un total de sete séculos. O primeiro membro ilustre da gens foi Caio Acilio Glabrio, que foi cuestor no 203 a.C. e tribuno da plebe no 197 a.
A Night at the Opera (en galego: "Unha noite na ópera") é o cuarto álbum de estudio da banda británica de rock Queen, lanzado o 21 de novembro de 1975 en Europa e o 2 de decembro en América. Con este álbum, Queen adoptou unha sonoridade diferente comparada cos seus discos anteriores, facendo moito uso dun piano e de moitos outros instrumentos nunca utilizados polo grupo ata entón. Cancións como You're My Best Friend" e Bohemian Rhapsody conseguiron un éxito moi salientable e foron executadas en todos os concertos do grupo desde ese momento.
Harry Potter e a pedra filosofal
Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.Harry Potter e a pedra filosofal é a primeira novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro describe como Harry descobre que é mago e como comeza os seus estudos na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería á par que vai coñecendo o seu verdadeiro pasado agochado polos seus tíos e frustra un intento de volver do Señor Escuro, Lord Voldemort, o autor dos asasinatos dos seus pais e que intentara matar a Harry cando tiña un ano. O libro saíu á venda o 30 de xuño de 1997 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de xaneiro de 2003 en Galicia pola Editorial Galaxia.
O dalton (símbolo Da) ou unidade de masa atómica (símbolo u) é unha unidade de masa empregada en física e química, especialmente na medida de masas atómicas e moleculares. Equivale á doceava (1/12) parte da masa dun átomo de carbono-12. No Sistema Internacional de Magnitudes (ISO 80000-1), dáse como único nome o de dalton e desaconséllase o de unidade de masa atómica unificada.
Jordan Bernt Peterson, nado en Alberta o 12 de xuño de 1962, é un psicólogo clínico canadense, profesor de psicoloxía na Universidade de Toronto. As súas principais áreas de estudo son a psicoloxía anormal, social e a psicoloxía da personalidade, particularizando na psicoloxía das relixións e das crenzas ideolóxicas, e na avaliación da personalidade e no desempeño profesional.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente no grupo I da Primeira División RFEF tras conseguir o pase na tempada 2020-21. Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A estela de Mazarelas é unha estela romana atopada na parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras. A estela é salientable pola inscrición latina do seu rexistro inferior e a figura humana esquemática do seu piso superior. O piso intermedio adórnase con motivos xeométricos de trísceles e círculos concéntricos.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Hédervár ([ˈheːdervaːr]) é un concello de Hungría, situado no condado de Győr-Moson-Sopron. Ten 14,28 km² de área e súa poboación en 2015 foi estimada en 1.237 habitantes.A área xa estaba habitada na Idade de bronce. A cidade está asociada coa familia alemá Héder que se estableceu en Hungría e foi a fundadora da familia Héderváry.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Elvis Aaron Presley, máis coñecido por Elvis Presley ou polo seu nome de pía Elvis, e como o Rei do Rock and Roll, ou simplemente o Rei, nado en Tupelo, Mississippi, o 8 de xaneiro de 1935 e finado en Memphis, Tennessee, o 16 de agosto de 1977, foi un cantante e actor norteamericano. Está considerado como unha das máis significativas iconas culturais do século XX. Cando tiña 13 anos, trasladouse coa súa familia a vivir a Memphis, Tennessee. A súa carreira musical comezou en 1954 cando gravou para Sun Records co produtor Sam Phillips, quen quería levar o son da música afroamericana a unha audiencia máis numerosa.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
A estela de Crecente é unha estela romana atopada na parroquia de San Pedro de Mera, no concello de Lugo. É moi notábel polo relevo da súa parte superior. Nel figuran catro persoas vestidas á maneira romana, esculpidas cunha técnica de resabios clásicos, relativamente infrecuente na escultura galaicorromana que se conserva.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939 e finada o 24 de maio de 2023 en Küsnacht (Suíza), foi unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alongou durante mais de cincuenta anos, foi unha dos principais expoñentes do rock, e foi alcumada da "Raíña do Rock".