Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Antonio Ángel Custodio Sergio Alejandro María de los Dolores Reina de los Mártires de la Santísima Trinidad y de Todos los Santos, coñecido como Antonio Gala Velasco, nado en Brazatortas (Cidade Real), o 2 de outubro de 1930 e finado en Córdoba o 28 de maio de 2023, foi un poeta, dramaturgo, novelista, guionista e articulista español.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.
Un ordenador persoal é un aparello electrónico deseñado para un uso variado cuxo tamaño, capacidade e prezo de venda faino útil para o usuario. O termo ordenador persoal ven do inglés Personal Computer (PC), que aínda que no principio era un acrónimo co tempo foise utilizando para referirse os ordenadores baseados no sistema operativo Windows. Os ordenadores adoitan traer aplicacións como editores de texto, follas de cálculo, navegadores e reprodutores multimedia entre outros mais non están limitados a esas só, se non que permiten a instalación doutras.
Salomón foi, segundo a Biblia, rei de Israel e fillo de David mais Batxeba. Ó seu reinado atribúese a construción do primeiro Templo de Xerusalén, o chamado Templo de Salomón, no seu Sancta Sanctorum, gardábase a Arca da Alianza, que contiña as táboas da Lei, revelada por Deus a Moisés no monte Sinaí, o caxato de Moisés e a cobra de bronce coa que Moisés acabou coa praga que asolou o campamento xudeu durante o seu trasego polo deserto do Sinaí. Considerado na Biblia como un rei sabio, a el se lle atribúen os libros chamados sapienciais.
Morannon (‘porta negra’ en sindarin) era o nome das xigantescas portas que eran a única entrada á escura terra de Mordor. Eran enormes batentes de ferro que ían dun a outro extremo de Cirith Gorgor (‘o paso dos espectros’), entre Ered Lithui (os ‘montes da cinsa’) e Ephel Dúath (as ‘montañas da sombra’), cercándoo. Detrás abríase o estreito val de Udûn.
O Cabido de La Palma (en castelán: Cabildo de La Palma) é o órgano de goberno da illa de La Palma, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa.
Día Internacional dos Traballadores
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial. Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axustizados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álxido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
O Museo Exipcio do Cairo, actualmente nomeado tamén Museo de Antigüidades do Cairo, é un museo dotado duns vastos fondos arqueolóxicos exipcios de toda clase, que se atopa situado na capital d'O Cairo. Depende do Consello Supremo de Antigüidades, organismo gobernamental encargado do patrimonio histórico do país, que depende a súa vez do Ministerio de Cultura. Aínda que os obxectos máis apreciados son os relacionados con Tutankhamon (especialmente a súa máscara de ouro), o museo posúe obxectos de todas as dinastías, da máis variada natureza, desde obxectos de uso diario ás momias de faraóns e altos personaxes.
American Recordings é un selo discográfico estadounidense baseado nos Ánxeles dirixido polo produtor musical Rick Rubin. Antigamente era coñecida como Def American Recordings (nirmalmente simplificado como Def American), e polo selo están ou pasaron artistas como Slayer, The Black Crowes, ZZ Top, Danzig, Trouble, Tom Petty, Johnny Cash e System of a Down.
Midsommar é un filme sueco-estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Ari Aster e protagonizado por Florence Pugh, Jack Reynor, William Jackson Harper, Vilhelm Blomgren e Will Poulter. É unha coprodución entre os Estados Unidos e Suecia, e foi rodada en localizacións de Budapest no verán e no outono de 2018. Midsommar estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 3 de xullo de 2019 a través de A24, e en Suecia o 10 de xullo de 2019 a través de Nordisk Film.
Os Altos do Golán (árabe: هضبة الجولان Haḍbatu 'l-Jawlān, ou مرتفعات الجولان Murtafaʻātu l-Jawlān, hebreo: רמת הגולן Ramat HaGolan, (son) ), ou simplemente o Golán, é unha rexión do Oriente Próximo cunha extensión aproximada de 1 800 km2. A rexión definida como os Altos do Golán difire segundo a disciplinas: segundo as xeolóxicas e bioxeográficas, os Altos do Golán son unha superficie basáltica rodeada polo río Yarmouk ao sur, o mar de Galilea e o val de Hula ao oeste, a cordilleira do Antilíbano co monte Hermon ao norte e o uadi Raqqad ao leste. Como rexión xeopolítica, os Altos do Golán son unha área de Siria capturada e ocupada por Israel, trala guerra dos seis días, e anexada en 1981.
Un vacúolo (do latín científico vacuǒlum, e este do latín vacuus, -a, -um, 'baleiro') é un orgánulo celular presente en todas as células vexetais e nas dos fungos, así como tamén nalgunhas animais de protistas. Esencialmente son compartimentos pechados que conteñen diferentes fluídos, fundamentalmente auga, e diversas substancias inorgánicas e orgánicas en solución, incluídos enzimas, e, nalgúns casos, tamén sólidos. Cando nunha célula existen varios vacúolos, o conxunto deles coñécese co nome de vacuoma.
A tempada 2010-2011 da Kontinental Hockey League foi a terceira tempada da competición euroasiática de hóckey sobre xeo. A liga estivo formada por un total de 23 equipos (un menos que na tempada precedente) repartidos en dúas conferencias (leste e oeste) de dúas divisións dada unha. Cada equipo xogou un total de 54 partidos.
Sony Music Entertainment, tamén coñecida como SME, Sony Music ou simplemente Sony (anteriormente denominada Sony BMG Music Entertainment) é un selo musical estadounidense. É un dos catro maiores conglomerados de compañías discográficas do mundo xunto coa Universal Music Group, EMI e Warner Music Group, sendo actualmente a segunda maior.
Frankenstein ou o moderno Prometeo
Frankenstein ou o moderno Prometeo é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos máis tarde.
Burgenland (húngaro Várvidék, Őrvidék ou Felsőőrvidék, croata Gradišće, esloveno Gradiščansko) é o estado austríaco menos poboado (O estado posuía unha poboación de 277.569 habitantes no censo do 2001) e situado máis o leste de Austria. O estado está composto por dous ¨Statutarstadt¨ (vilas autónomas) e 7 distritos con 171 concellos. O estado ten 166 km de longo e chega ós 5 km de estreito.
Copa das Nacións de Montreux 1921
O Torneo de Pascua de 1921 foi a primeira edición da actualmente denominada Copa das Nacións de Montreux. O torneo foi celebrado entre os días 26 e 28 de marzo de 1921 na cidade de Montreux (Suíza). Nesta primeira edición, organizada polo Montreux Hockey Club participaron os propios anfitrións e o Stuttgart RC alemánO torneo consistiu en tres partidos entre os dous equipos, gañados todos eles polo Montreux HC, que finalizou cun cómputo global de 12 goles a 2.
Protocolo pode ter varios significados: Un protocolo de actuación é un conxunto de regras escritas que indican que pasos dar nun proceso determinado. Un protocolo, que regula as normas de cortesía nas relacións interpersoais e nos actos sociais. O Protocolo criptográfico, que regula os procedementos de encriptación da información.
As Illas Virxes Británicas (IVB) oficialmente simplemente as Illas Virxes son un Territorio Británico de Ultramar do Reino Unido no Caribe, que corresponde á metade oriental das Illas Virxes (as maiores son Tórtola, Virgin Gorda e Anegada). Ten fronteira marítima ao oeste coas Illas Virxes Americanas. Ao leste a Pasaxe Anegada sepáraas doutro territorio británico, Anguila.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema. Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes, moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas.
James Adam "Jim" Belushi, nado en Chicago, Illinois o 15 de xuño de 1954, é un actor, comediante, cantante e músico estadounidense.É o irmán máis novo do tamén actor cómico John Belushi, e o pai do actor Robert Belushi. Interpretou o papel de Jim na comedia de situación According to Jim (2001–2009). Outros papeis destacables de televisión inclúen Saturday Night Live (1983–1985), Wild Palms (1993), Aaahh!!!
Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti.
Violencia sexual é calquera acto sexual ou tentativa de obter un acto sexual por violencia ou coerción, actos de tráfico de persoas ou actos dirixidos contra a sexualidade dunha persoa, calquera que sexa a relación coa vítima. Ocorre en tempos de paz e en contextos bélicos, é xeneralizada e é considerada como unha das violacións dos dereitos humanos máis común, omnipresente e traumática.A violencia sexual é un problema de saúde pública grave e ten un impacto profundo na saúde física e mental a curto ou a longo prazo, cun maior risco de problemas na saúde sexual e reprodutiva, cun risco maior de suicidios ou infección de HIV. Tamén se cualifican como violencia sexual os asasinatos que ocorren durante unha agresión sexual ou a consecuencia delas como é no caso dos crimes de honra. Aínda que as mulleres e as mozas a sofren en maior proporción, a violencia sexual pode ocorrerlle a calquera en calquera idade e é un acto de violencia que pode ser perpetrado por persoas proxenitoras, coidadoras, por persoas coñecidas e descoñecidas, así como polas parellas.
A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc.
The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro e escrito por Toro e Vanessa Taylor. Está protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Doug Jones, Michael Stuhlbarg e Octavia Spencer. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana.
Este artigo trata sobre o cómic, para obter información sobre a película vaia a Watchmen (filme); e sobre a banda canadense vaia a The Watchmen. Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons. Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
Navassa (en castelán: Navaza) é unha pequena illa deshabitada do Mar Caribe. É unha Área insular dos Estados Unidos, e constitúe un territorio non incorporado dos Estados Unidos, administrado polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos. Con todo, a illa é reclamada por institucións privadas e por Haití.
William Stephen Belichick (AFI: [ˈbɛlᵻtʃɪk]), nado o 16 de abril de 1952 en Nashville, Tennessee, é un adestrador estadounidense de fútbol americano que actualmente traballa como adestrador xefe dos New England Patriots da National Football League (NFL). Como adestrador deste último equipo gañou catro Super Bowl.
A bioética (do grego antigo βίος bíos, "vida", e ἠθικός ēthikós, "comportamento moral") é a rama da ética dedicada a prover os principios para a conduta correcta do ser humano con respecto á vida, tanto da vida humana como da vida non humana (animal e vexetal), así como o ambiente no que poden darse condicións aceptábeis para a vida. Trátase dunha disciplina relativamente nova, e a orixe do termo débese ao pastor protestante, teólogo, filósofo e educador alemán Fritz Jahr quen, en 1927 usou a palabra Bio-Ethik nun artigo sobre a relación ética do ser humano coas plantas e os animais. Máis adiante, en 1970, o bioquímico estadounidense dedicado á oncoloxía Van Rensselaer Potter utilizou o termo bio-ethics nun artigo sobre «a ciencia da supervivencia»,No seu sentido máis amplo, a bioética, a diferenza da ética médica, non se limita ao ámbito médico, senón que inclúe todos os problemas éticos que teñen que ver coa vida en xeral, estendendo desta maneira o seu campo a cuestións relacionadas co medio ambiente e ao trato debido aos animais.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
República Federal Socialista de Iugoslavia
A República Federal Socialista de Iugoslavia (abreviado: RFSI, en croata e esloveno: Socijalistička Federativna Republika Jugoslavija, en serbio e mecedonio: Социјалистичка Федеративна Република Југославија, en albanés: Republika Socialiste Federative e Jugosllavisë, en húngaro: Jugoszláv Szocialista Szövetségi Köztársaság) foi un estado socialista europeo que existiu entre os anos 1963 e 1992, substituíndo na súa creación á República Federal Popular de Iugoslavia. Estaba formada por Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Macedonia e Montenegro. Foi gobernada ata o ano 1980 por Josip Broz Tito, quen a diferenza doutros países comunistas de Europa, elixiu un camiño independente ao da Unión Soviética, manténdose así distanciado dos países do Bloque do Leste, chegando a criticar as intervencións en Hungría, Checoslovaquia e Afganistán.
Mutación con cambio de sentido
En xenética, unha mutación con cambio de sentido é unha mutación puntual na cal un só cambio de nucleótido orixina un codón que codifica un aminoácido diferente. É un tipo de substitución non sinónima.
Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal. Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica.
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
This Heat foi unha banda inglesa de rock experimental formado a principios de 1976 no distrito londiniense de Camberwell polos multiinstrumemtistas Charles Bullen (guitarra, clarinete, viola, voces), Charles Hayward (batería, teclado, voces) e Gareth Williams (teclados, guitarra, baixo, voces). This Heat estivo activa durante a ascendencia do rock progresivo e o punk rock británico, pero mantívose separado desas escenas debido a un enfoque radicalmente inventivo que tocou diversos estilos e xéneros. O seu éxito comercial foi limitado, pero This Heat son amplamente considerados como un elo perdido entre o rock progresivo (especialmente o Krautrock) e xéneros experimentais coma o post-punk, a música industrial, o post-rock e o noise rock.
Movemento polos dereitos animais
O movemento polos dereitos animais, é un movemento social que busca un fin á distinción moral e legal que hoxe en día se realiza entre os seres humanos e os animais non humanos, e que tería como finalidade, entre outras cousas, o fin do seu uso para comida, roupa, e nas industrias de lecer. Deste xeito, emprégase o termo "dereitos animais" (e non "dereitos dos animais") cun sentido semellante ao que tería o termo "dereitos humanos". É un dos poucos exemplos dun movemento social que foi creado polos debates filosóficos.
Ezra Weston Loomis Pound, nado o 30 de outubro de 1885 e finado o 1 de novembro de 1972, foi un poeta, músico e crítico estadounidense expatriado, membro da chamada xeración perdida (Lost generation), que foi unha das figuras senlleiras do movemento poético moderno de comenzos e mediados do século XX. Foi fundador ou cofundador de movementos como o imaxinismo e o vorticismo. Seguidor de Benito Mussolini, eran coñecidas as súas simpatías fascistas.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Xavier Trias i Vidal de Llobatera, nado en Barcelona o 5 de agosto de 1946, é un político español, militante de CDC desde 1979 e alcalde de Barcelona entre 2011 e 2015. Entre outras responsabilidades na Generalitat de Cataluña, foi conselleiro de Sanidade e da Presidencia durante os gobernos de Jordi Pujol. Está casado e ten catro fillos.
Eleccións municipais de 2023 en Galicia
As eleccións municipais de 2023 celebraranse o 28 de maio de 2023 en toda España. En Galicia, escolleranse nelas 313 corporacións municipais.
Campionato Mundial de Motocrós 2020
O Campionato Mundial de Motocrós 2020 foi a 64ª edición do Campionato Mundial de Motocrós. Estivo organizado pola FIM e constou de 18 grandes premios, comezando o 1 de marzo de 2020 en Inglaterra e rematando o 8 de novembro do mesmo ano en Italia.Na categoría raíña, MXGP, o esloveno TIm Gajser revalidou o título da tempada anterior, mentres que en MX2 o francés Tom Vialle proclamouse campión do mundo por primeira vez.
Advanced Photovoltaic Experiment
Advanced Photovoltaic Experiment, tamén coñecido polo seu acrónimo APEX, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 3 de agosto de 1994 mediante un foguete Pegasus desde a Base Edwards da Forza Aérea, en California.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Partidos políticos de España inscritos de 1981 a 1985
Esta é unha lista de partidos inscritos no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior de España de 1981 a 1985.