Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Corea do Sur, oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea. O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, co Xapón polo leste e coa China polo oeste.
«Aprite le finestre» (en galego: «Abride as xanelas») é unha canción composta por Virgilio Panzito e interpretada en italiano por Franca Raimondi. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Fonit Cetra. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1956.
Antonio Ángel Custodio Sergio Alejandro María de los Dolores Reina de los Mártires de la Santísima Trinidad y de Todos los Santos, coñecido como Antonio Gala Velasco, nado en Brazatortas (Cidade Real), o 2 de outubro de 1930 e finado en Córdoba o 28 de maio de 2023, foi un poeta, dramaturgo, novelista, guionista e articulista español.
A Sega Mega Drive, coñecida en diversos territorios de América como Sega Genesis, é unha videoconsola de 16 bits producida por Sega. Forma parte da cuarta xeración de videoconsolas e competiu no mercado contra a SNES de Nintendo. Foi comercializada en 1988 no Xapón como Mega Drive e en 1989 en Norteamérica como Genesis.
Crime organizado ou organización criminal son termos que caracterizan grupos transnacionais, nacionais ou locais altamente centralizados e xestionados por criminais, que pretenden involucrarse en actividades ilegais, xeralmente co obxectivo de lucro monetario. Algunhas organizacións criminais, tales como organizacións terroristas, teñen tamén motivacións políticas. Ás veces, esas organizacións forzan as persoas a estabelecer negocios con elas, como cando unha banda extorsiona cartos dos comerciantes en troques de "protección".Outros tipos de organizacións, incluíndo Estados, militares, forzas policiais e empresas, poden, ás veces, usar métodos do crime organizado para alcanzar os seus intereses, mais os seus poderes derivan da súa condición de institucións sociais formais.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
A α-bungarotoxina (α-BTX) é unha das bungarotoxinas que compoñen o veleno de serpes elápidas como Bungarus multicinctus. É un tipo de α-neurotoxina, unha proteína neurotóxica que se une competitivamente de maneira case irreversible ao receptor de acetilcolina nicotínico que se encontra nas unións neuromusculares, causando a parálise, insuficiencia respiratoria e a morte da vitima. Tamén xoga un papel antagonista na unión ao receptor de acetilcolina nicotínico α7 no cerebro, e por iso ten numerosas aplicacións en investigación en neurociencias.
Denomínase comunidade virtual ou comunidade dixital a aquela comunidade cuxos vínculos, interaccións e relacións teñen lugar, non nun espazo físico senón nun espazo virtual como Internet. As comunidades virtuais fórmanse a partir de intereses similares entre un grupo de persoas. Organízanse e levan a cabo a partir de obxectivos en específico.
En botánica, a fórmula floral é unha maneira de representar simbolicamente e estrutura dunha flor mediante o uso de letras, números e outros signos. Tipicamente, utilízase a fórmula floral para representar as características morfolóxicas das flores dunha determinada familia de plantas, máis que as dunha especie en particular.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
O termo operación pode ter os seguintes significados: En EconomíaRefírese a unha transacción ou intercambio de bens ou servizos. Operación bancaria Operación bolsistaEn Estratexia militarOperación, planificación loxística militar creada pola intelixencia militar cun obxectivo definido.En InformáticaOperación, instrución realizada por un equipo informático.En MatemáticasOperación matemática, unha acción ou procedemento que produce un valor novo a partir dun ou máis valores de entrada. Operación aritmética.
Brandeburgo ou Brandemburgo (en alemán Brandenburg, en sorabo Braniborska e en baixo saxón Brannenborg) é un dos 16 Estados federados (Bundesländer) de Alemaña. O estado atópase no leste do país e foi un dos 6 novos bundesländer creados en 1990 coa absorción da República Democrática Alemá por parte da Alemaña Federal. Brandeburgo, arrodea a capital do país Berlín, mais non a inclúe.
Rochefort-en-Yvelines é unha concello na rexión da îleIlla de Francia, departamento de Yvelines, distrito de Rambouillet, cantón de Saint-Arnoult-en-Yvelines. As coordenadas do concello son 48 ° 35' de latitude norte e 01 ° 59' de lonxitude leste. A poboación é de 774 habitantes (1999) e a superficie de 12.6 km².
Thor: Ragnarok é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Taika Waititi. É un filme de superheroes de Marvel Comics baseado no personaxe de Thor, foi producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É a secuela dos filmes Thor de 2011 e Thor: The Dark World de 2013, e é o décimo sétimo filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU).
Jennifer Lynn Lopez, nada en Nova York o 24 de xullo de 1969, é unha bailarina, cantante e actriz estadounidense de orixe portorriqueña. En 1986 realizou un pequeno papel na película My Little Girl, traballou a continuación como bailarina en diversos vídeos musicais de rap e cos New Kids on the Block e Janet Jackson. Como actriz o seu primeiro papel relevante foi na serie South Central en 1994 e na gran pantalla en My Family en 1995.
Front Nacional de Catalunya (FNC) foi unha organización política catalá fundada en Perpiñán como fronte patriótica de organizacións políticas nacionalistas catalás no exilio tras a guerra civil española. En 1942 Nosaltres Sols, Estat Català e a Federació Nacional d’Estudiants Nacionalistes participaron na creación da FNC e a organización traballou durante a segunda guerra mundial como aliada da resistencia francesa e dos servizos de intelixencia polacos e británicos e organizando o paso polos Pireneos ata España de máis de 800 aviadores aliados, xudeus e outros fuxitivos. A FNC reivindicaba o dereito á autodeterminación, organizou unha sección militar no interior que foi desartellada pola policia en 1946.
Rincewind é un personaxe de ficción das novelas de Discworld do autor inglés Terry Pratchett. É un mago (fracasado) de nivel 0 que non dá aprobado os cursos da Universidade Invisible (Unseen University) en Ankh-Morpork. Rincewind pasa case todo o seu tempo escapando de varios grupos de persoas que intentan matalo por diferentes razóns.
En informática, a palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
O Airbus A380, fabricado polo consorcio europeo Airbus, é un avión para o transporte de viaxeiros (entre 555 e 850 viaxeiros), o que o converte no maior avión comercial da historia. Trátase dun catrimotor de dous pisos e fuselaxe ancha e debido ao seu tamaño moitos aeroportos tiveron que modificar e mellorar as súas instalacións para acomodalo. Inicialmente foi chamado Airbus A3XX e deseñouse para desafiar o monopolio de Boeing no mercado dos avións de gran tamaño.
O ácido murámico é un monosacárido que se orixina pola unión por enlace éter do ácido láctico e a glicosamina. É un azucre ácido porque leva un grupo carboxilo (COOH) e tamén un aminoazucre, porque leva un grupo amino. Forma parte da estrutura do ácido N-acetilmurámico, que é un dos compoñentes do peptidoglicano que forma a parede celular bacteriana.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
Marlon David Jackson, nado o 12 de marzo de 1957 en Gary, Indiana, é un artista estadounidense, membro de The Jackson 5. É coñecido como "Dancing Machine" ou "the Dancingest Jackson" polas súas actuacións no escenario, así como "Jokester" polo seu bo humor característico. É dezasete meses máis vello que o seu irmán Michael.
Os cardeais da Igrexa Católica, segundo o Código de Dereito Canónico, "constitúen un Colexio peculiar, ao que compete prover a elección do Romano Pontífice, segundo a norma do dereito peculiar; así mesmo, os Cardeais asisten ao Romano Pontífice tanto colexialmente, cando son convocados para tratar xuntos cuestións de máis importancia, como persoalmente, mediante os distintos oficios que desempeñan, axudando ao Papa sobre todo no seu goberno cotián da Igrexa universal."
O iPad é un dispositivo computacional do tipo Tablet PC deseñado pola empresa estadounidense Apple Inc. Foi presentado ó público o 27 de xaneiro do 2010, nunha conferencia de prensa no Yerba Buena Center for the Arts na cidade de San Francisco. Antes da súa presentación, xurdiron diversos rumores acerca do seu nome, dentro dos que se incluían iSlate e iTablet.
En química, un composto químico é unha substancia formada pola unión de dous ou máis elementos da táboa periódica, e que pode descompoñerse nestes por métodos químicos apropiados.Os compostos, do mesmo xeito que as mesturas, están constituídos por dous ou máis elementos químicos diferentes, pero diferéncianse esencialmente destas nos seguintes aspectos: Os compoñentes das mesturas poden separarse por medios físicos (filtración, decantación, destilación, ...), pero os constituíntes dos compostos, non. As mesturas teñen as propiedades dos seus compoñentes, pero os compostos posúen as súas propiedades específicas correspondentes. As mesturas poden existir en calquera proporción mentres que os compostos fórmanse a partir dos elementos químicos en proporción invariable (lei das proporcións definidas enunciada entre 1794 e 1804 polo químico francés Joseph Louis Proust).
Pyrobaculum é un xénero de microorgnismos do dominio das arqueas pertencentes á familia Thermoproteaceae. Como suxire o significado do seu nome ("bastón de fogo"), estas arqueas teñen forma de bacilo e foron illados en hábitat onde reinaban altas temperaturas. Son gramnegativas e as súas células están rodeadas por unha capa S composta por subunidades proteicas.
O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.
Akari (あかり, en xaponés, Luz), denominado ASTRO-F antes do lanzamento e inicialmente denominado IRIS (InfraRed Imaging Surveyor), foi un observatorio espacial xaponés no infravermello pertencente á JAXA. Foi lanzado o 21 de febreiro de 2006 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 é o sétimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 22 de xaneiro, e finalizou o 2 de setembro. Juan Manuel Fangio gañou o seu terceiro título consecutivo, o cuarto da súa carreira.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Pixar Animation Studios é unha compañía de animación por ordenador especializada na produción de gráficos en 3D e con sede en Emeryville, California (Estados Unidos). Obtivo coas súas producións 16 premios Óscar da Academia, 7 Globos de Ouro e 11 Grammys, entre outros premios. Pixar foi a creadora da primeira longametraxe comercial totalmente animada por ordenador, Toy Story, que se estreou o 22 de novembro de 1995 nos Estados Unidos.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Un intercomunicador é un sistema de comunicación electrónico autónomo que permite falar de xeito limitado ou con carácter privado. Os intercomunicadores poden ser sistemas móbiles pero polo xeral fíxanse permanentemente en edificios ou vehículos. Os intercomunicadores poden incorporar conexións a walkie-talkie, teléfonos ou móbiles ou a sinais de luces ou teclas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Varanus giganteus (xeralmente denominado varano xigante) é o maior lagarto monitor nativo de Australia. É un dos grandes lagartos vivos existentes hoxe na Terra, só superado polo Varanus komodoensis, que é o varano (ou dragón) de Komodo, da illa de Komodo (Indonesia), o Varanus salvator da India e sueste asiático e o Varanus salvadorii de Nova Guinea, e similar en tamaño ao Varanus niloticus de África. Atópase ao oeste da Gran Cordilleira Divisoria nas terras áridas de Australia, pero raramente se deixa ver porque é moi tímido e a zona onde habita é moi remota e deserta.
Eleccións municipais de 2023 en Galicia
As eleccións municipais de 2023 celebraranse o 28 de maio de 2023 en toda España. En Galicia, escolleranse nelas 313 corporacións municipais.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Xavier Trias i Vidal de Llobatera, nado en Barcelona o 5 de agosto de 1946, é un político español, militante de CDC desde 1979 e alcalde de Barcelona entre 2011 e 2015. Entre outras responsabilidades na Generalitat de Cataluña, foi conselleiro de Sanidade e da Presidencia durante os gobernos de Jordi Pujol. Está casado e ten catro fillos.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
Eleccións municipais de 2019 en Galicia
As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade no de Cerdedo-Cotobade. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.