Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga, Golegã, o 16 de novembro de 1922 e finado en Tías, Lanzarote, o 18 de xuño de 2010, foi un escritor portugués, gañador en 1998 do Premio Nobel de Literatura e en 1995 do Premio Camões.Saramago considerouse responsable do recoñecemento internacional efectivo da prosa en portugués. Coñecido polo seu ateísmo e iberismo, foi membro do Partido Comunista Portugués e foi subdirector do Diário de Notícias. Xunto con Luiz Francisco Rebello, Armindo Magalhães, Manuel da Fonseca e Urbano Tavares Rodrigues foi, en 1992, un dos fundadores da Fronte Nacional para a Defensa da Cultura (FNDC).
O Zapatismo é o termo empregado para referirse para referirse ao movemento encabezado por Emiliano Zapata, un dos líderes da Revolución Mexicana. As súas ideas foron postas en práctica no Plano de Ayala de 1911. As doutrina zapatista baséase nun repartimento xusto da terra, sendo unha prioridade que esta pase ás mans dos campesiños que a traballan, eliminando así o traballo servil e o caciquismo.
Grand Theft Auto IV é un videoxogo de mundo aberto desenvolvido por Rockstar North e publicado por Rockstar Games. Foi lanzado o 29 de abril de 2008 para as consolas PlayStation 3 e Xbox 360, e o 2 de decembro de 2008 para Microsoft Windows. É o onceavo título da serie Grand Theft Auto, e a primeira grande estrea dende o videoxogo de 2004 Grand Theft Auto: San Andreas.
Unha sala de cinema, cinema ou cine é un edificio que contén un auditorio para ver filmes. Moitas salas de cinema son negocios para o público xeral, que asiste pagando unha entrada. Con todo, algunhas salas de cinema están operadas por organizacións que non perseguen beneficios ou sociedades nas que os membros pagan unha cota para ver filmes.
Federación Internacional da Industria Fonográfica
Federación Internacional da Industria Fonográfica (IFPI, do inglés International Federation of the Phonographic Industry) é a organización que representa os intereses da industria da gravación por todo o mundo. É unha organización sen animos de lucro por parte dos seus membros rexistrada en Suíza. A súa secretaría está situada en Londres, Reino Unido.
Un cuarteto é unha forma musical escrita para catro instrumentos. Unha disposición que tivo moita importancia en diversos períodos da historia da música foi o cuarteto de corda, composto por dous violíns, unha viola e un violoncello. Denomínase tamén cuarteto á estrutura dunha forma en catro movementos similar á sonata clásica.
O oído ou ouvido (do verbo latino audire 'oír') é un conxunto de órganos cuxas funcións principais son dotar de equilibrio e audición ao corpo dos humanos ou animais. Dentro do estudo do medicina denomínase tamén órgano vestibulococlear. É un órgano que se atopa moi desenvolvido, principalmente en mamíferos terrestres e acuáticos, tal é o caso dos félidos e os grandes cetáceos onde, grazas á súa evolución fisioanatómica, hiperdesenvolvéronse mecanorreceptocitos especializados en destacar o sentido de equilibrio e audición en perfecta harmonía.
AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal de Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas. AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002.
Unha catedral é un importante templo de culto onde un bispo católico, anglicano ou luterano ten a súa sé ou cátedra: outras crenzas cristiás sen a figura do bispo, como a Igrexa de Escocia, tamén manteñen a denominación de catedral. Normalmente é meirande cós templos (igrexa) que non sexan sé dun bispado ou cabeza de diocese. As catedrais deben o seu nome a que no interior delas se impartían cátedras (inicialmente do latín cathedra, 'onde sentar', que tamén orixinaría a palabra cadeira) ós seminaristas versadas en Latín, Gramática ou Teoloxía.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Titanfall é un videoxogo multixogador de tirador en primeira persoa desenvolvido por Respawn Entertainment e publicado por Electronic Arts. Foi lanzado para Microsoft Windows e Xbox One o 11 de marzo de 2014. Unha versión para Xbox 360 foi adaptada por Bluepoint Games e foi estreado o 8 de abril de 2014.
World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Está baseado no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol. Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.
Alpheus Spring , tamén coñecido como Alpheus Spring Packard Jr. para distinguilo do seu pai, nado o 19 de febreiro de 1839 en Brunswick, Maine, e finado o 14 de febreiro de 1905 en Providence, Rhode Island, foi un entomólogo, paleontólogo, profesor universitario estadounidense (e tamén cirurxián na guerra civil).
Aquis Originis era unha das once mansio coas que contaba a Vía Nova, que era a vía que comunicaba Bracara Augusta con Astúrica Augusta nos tempos do imperio romano, e que cruzaba en diagonal a actual provincia de Ourense. As mansio eran hostais xestionados polo estado para o descanso dos viaxeiros que empregaban as calzadas romanas. A mansio estaba na parroquia de Río Caldo, no concello de Lobios, en pleno parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.Existe controversia sobre a situación da mansión.
A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é o Rei Carlos III, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.
Organización Hidrográfica Internacional
A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970. A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.
De viris illustribus ('sobre homes famosos' en latín) é o título de varias obras escritas en latín que recollen a vida de homes notables (e ás veces dalgunhas mulleres). Estas son algunhas, en orde cronolóxica: De viris illustribus de Corneli Nepote (século I a. C.), unha "historia de grandes homes" en 16 volumes dedicados a Tito Pomponio Ático dos que só se conserva a parte que trata dos xenerais estranxeiros.De viris illustribus de Suetonio (séculos I e II d.C.), do que só se conservan fragmentos, sobre todo da parte dedicada a gramáticos e retóricos; De viris illustribus urbis Romae, unha colección anónima do s.
Un conflito é unha situación de tensión ou hostilidade producida por un desacordo entre dous ou máis persoas. Cando acontece o enfrontamento, este pode xerar unha discusión verbal ou no grao extremo unha guerra, namentres que se non aflora provoca inestabilidade psíquica no suxeito ou poboación, que haberá precisar a posteriori dun tempo de reestabelecemento co gallo de recobrar a orde ou a paz.
A fibra óptica (FO, en inglés Optical Fiber, OF) é un filamento transparente e delgado, usualmente feito de vidro ou plástico para transmitir sinais de luz a través de centos ou miles de quilómetros. A fibra óptica é un dos elementos clave na revolución das telecomunicacións ópticas. A fibra óptica é un medio de transmisión, empregado habitualmente en redes de datos e telecomunicacións, consiste nun fío moi fino de material transparente, vidro ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos para transmitir.
Lagos (en yoruba: Èkó) é a cidade máis poboada de Nixeria e de África, cunha poboación estimada de 21 millóns de persoas en 2015. A poboación estimada da cidade de Lagos foi de máis de 24 millóns en 2022; e ao redor de 30 millóns para a área metropolitana de Lagos, incluída a área suburbana que se interna no veciño estado de Ogun, facendo de Lagos a área urbana máis poboada de África. Lagos foi a capital nacional de Nixeria ata decembro de 1991, despois da decisión do goberno de Nixeria de trasladar a súa capital a Abuja, no centro do país.
Arthur Wellesley, duque de Wellington
Arthur Wellesley, 1º Duque de Wellington, nado en Dublín o 1 de maio de 1769 e finado no castelo de Walmer, en Kent (Inglaterra), o 14 de setembro de 1852, foi un militar do exército británico e mais un estadista. Está considerado unha das figuras militares e políticas máis prominentes da primeira metade do século XIX. Xogou un salientábel papel durante as guerras napoleónicas, chegando a atinxir o grao de mariscal de campo. A súa fama provén en boa medida de ser o home que derrotou a Napoleón na Batalla de Waterloo en 1815.
Leelah Alcorn, nada o 15 de novembro de 1997 en Kings Mills (Ohio) e finada o 28 de decembro de 2014, foi unha rapaza transxénero estadounidense cuxo suicidio atraeu a atención dos medios nacionais e internacionais. Alcorn publicara unha nota de suicidio no seu blog de Tumblr, escribindo sobre estándares sociais relacionados coas persoas transxénero e expresando esperanza en que a súa morte crearía un diálogo sobre a discriminación, abuso e falta de apoio para as persoas transxénero. Asignada ó xénero de varón no seu nacemento como Joshua Alcorn, criouse en Ohio no seo dunha familia afiliada co movemento da Igrexas de Cristo.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Axis porcinus (nalgunhas clasificacións Hyelaphus porcinus) é unha especie de pequeno cérvido nativo da rexión do subcontinente indio e chaira indo-ganxética e partes do sueste asiático. En Australia viven poboacións que foron introducidas, así como nos Estados Unidos (en Texas, Hawai e Florida) e Sri Lanka.O seu nome específico (porcinus) fai referencia aos porcos e deriva da súa maneira de correr polos bosques parecida á dos porcos (coa cabeza colgando baixa), para poder esquivar máis facilmente obstáculos en lugar de saltar sobre eles como farían outros cervos. Nalgúns países chámanlle cervo porco ou similar.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.614 .
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
A Xunta de Galicia aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia como o órgano colexiado de goberno de Galicia. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais as conselleiras e os conselleiros. As vicepresidencias e as conselleiras e conselleiros noméanse dende a presidencia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O sambar (Rusa unicolor, antes Cervus unicolor) é unha grande especie de cervo nativo do subcontinente indio, sur da China e sueste asiático que está considerada especie vulnerable na Lista vermella da IUCN desde 2008. As súas poboacións declinaron substancialmente debido a unha forte caza, insurxencias locais e explotación industrial do hábitat.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Gerhard Bremer nado en xullo de 1917 en Delligsen, Baixa Saxonia, e finado o 29 de outubro de 1989 en Alacant, Comunidade Valenciana, foi un oficial alemán nazi das Waffen-SS. Foi acusado de crimes de guerra relacionados co desembarco de Normandía pero fuxiu á España franquista, onde obtivo refuxio e foi contratista de construción.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 celebráronse o 12 de xullo de 2020 para elixir os 75 membros da 11ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. As eleccións celebráronse de xeito simultáneo coas eleccións ao Parlamento do País Vasco. A comezos de febreiro de 2020, a posibilidade dun adianto electoral no País Vasco para o 5 de abril xerou especulacións sobre se o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estaría disposto a adiantar as eleccións galegas para celebralas conxuntamente coas vascas, como ocorrera nos comicios de 2009, 2012 e 2016, malia as afirmacións anteriores de Feijóo de que a súa vontade non era a dun final prematuro da lexislatura.
O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, é unha obra de Manuel Curros Enríquez aparecida en agosto de 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco ("ladrade, mordede, ride" indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia unha das obras cume da literatura occidental, A divina comedia de Dante Alighieri.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Espada de Goujian (chinés tradicional: 越王勾踐劍, chinés simplificado: 越王勾践剑) é un artefacto arqueolóxico do período das Primaveras e Outonos (-771 a -403) atopado en 1965 en Hubei, China. Forxada en cobre e estaño, pertencía ó Rei Goujian de Yue, e é famosa polo seu infrecuente afiado e pola súa resistencia á corrosión raramente vista en artefactos tan antigos. Este artefacto histórico da China antiga está en posesión do Museo Provincial de Hubei.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Antonio Ángel Custodio Sergio Alejandro María de los Dolores Reina de los Mártires de la Santísima Trinidad y de Todos los Santos, coñecido como Antonio Gala Velasco, nado en Brazatortas (Cidade Real), o 2 de outubro de 1930 e finado en Córdoba o 28 de maio de 2023, foi un poeta, dramaturgo, novelista, guionista e articulista español.