Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Suídas (Suidas, en grego Σουΐδας) ou a Suda (Σοῦδα, Suda) é unha grande enciclopedia bizantina sobre o mundo antigo, escrita en grego sobre o século X. Foi probabelmente escrita por varios eruditos, malia que a miúdo se considerou o nome de Suídas como o do autor, pero Suídas ou Suda é tamén unha palabra grega que quere dicir fortín, guía e por iso tanto se pode falar da Suda como de Suídas.
American Crime Story é unha serie de televisión estadounidense antolóxica desenvolvida por Scott Alexander e Larry Karaszewski, que son produtores executivos xunto con Brad Falchuk, Nina Jacobson, Ryan Murphy e Brad Simpson. Dun xeito semellante á serie antolóxica American Horror Story, que tamén é de Murphy e Falchuk, cada tempada preséntase como unha miniserie autoconclusiva, baseándose en diferentes eventos reais sen relación entre as tempadas. Alexander e Karaszewski non continuaron logo do remate da primeira tempada, mais mantivéronse como produtores executivos.
O Yangtzé é o río máis importante en lonxitude da China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná-La Plata.
A Encyclopædia Britannica, tamén chamada pola súa tradución a galego Enciclopedia Británica, é unha enciclopedia de contidos xerais redactados en lingua inglesa e publicada pola editorial privada Encyclopædia Britannica, Inc.. Os verbetes na Britannica teñen como público un perfil de lector adulto e cultivado; está escrita por 19 editores que traballan a xornada completa e conta coa colaboración de máis de catro mil expertos. É amplamente considerada como a máis académica das enciclopédias do mundo.
Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
Denomínase comunidade virtual ou comunidade dixital a aquela comunidade cuxos vínculos, interaccións e relacións teñen lugar, non nun espazo físico senón nun espazo virtual como Internet. As comunidades virtuais fórmanse a partir de intereses similares entre un grupo de persoas. Organízanse e levan a cabo a partir de obxectivos en específico.
Mukhannathun (do árabe مخنثون, efeminados, homes que semellan mulleres; en singular mukhannath) é un termo do árabe clásico para designar as persoas que agora se chamarían transxénero (bioloxicamente homes, xenericamente mulleres). En varios hadith faise referencia aos mukhannathun. Nun dos hadith o profeta Mahomé desterra a un mukhannath a unha rexión preto de Medina, pero prohibe aos seus habitantes que lle fagan dano.
Club Atlético Independiente de Neuquén
O Club Atlético Independiente de Neuquén é un club de fútbol arxentino da cidade de Neuquén.
O termo icona pode referirse a: Unha icona, unha figura ou símbolo que representa unha ligazón a un Programa informático, ficheiro ou sitio de Internet. Unha icona, un signo de comunicación onde se ten unha relación entre o elemento suxerido e o seu substituto, onde existe unha relación de necesariedade entre a forma e o contido. Unha icona, unha representación pictórica de temática relixiosa, propia do leste de Europa.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web.(WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.
Demon Days é o segundo álbum de estudio da banda virtual británica Gorillaz, publicado o 11 de maio do 2005 no Xapón e o 23 de maio no Reino Unido a través do selo Parlophone. O disco conta con colaboracións de De La Soul, Neneh Cherry, Martina Topley-Bird, Roots Manuva, MF DOOM, Ike Turner, Bootie Brown of the Pharcyde, Shaun Ryder, Dennis Hopper, o London Community Gospel Choir e o Children's Choir of San Fernandez. Demon Days entrou nas listas ritánicas no número 1 e nas estadounidenses no número 6, superando ao seu álbum de estrea, Gorillaz.
Vsevolod Mikhailovich Bobrov, nado en Morshansk o 1 de decembro de 1922 e finado o 1 de xullo de 1979, foi un deportista soviético que destacou en fútbol, bandy e hóckey sobre xeo. Está considerado un dos mellores deportistas rusos da historia en cada un deses tres deportes.Comezou no fútbol, xogando no CDKA de Moscova, no VVS Moscova, e no Spartak Moscova, cos que gañou catro ligas soviéticas e dúas copas soviéticas, ademais de proclamarse en dúas ocasións máximo goleador da liga. Foi internacional e representou á Unión Soviética nos Xogos Olímpicos de 1952, onde anotou cinco goles en tres partidos, caendo nun partido de repetición contra Iugoslavia.
As illas Senkaku (en xaponés: 尖閣諸島 | Senkaku-Shotō ou Diaoyutai; en chinés: 釣魚台及其附屬島嶼 釣魚台列島 Diàoyútái Lièdǎo) son un grupo de illas situadas no extremo occidental do arquipélago xaponés, que están en disputa entre o Xapón, a República Popular da China e a República da China (Taiwán) desde hai xa varias décadas.
A cabalgada dos malditos (en inglés: A Time for Killing) é un filme estadounidense de 1967 dirixido orixinalmente por Roger Corman pero rematado por Phil Karlson. Rodado en Panavision e Pathécolor, está protagonizado por Glenn Ford, George Hamilton, Inger Stevens e Harrison Ford (acreditado como Harrison J. Ford) no seu primeiro papel acreditado nun filme.
Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020, foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000).
O Ártico (do grego ἄρκτος "oso, osa", en referencia á constelación da Osa Menor á que pertence a Estrela Polar) é a rexión que rodea o Polo Norte da Terra. Inclúe partes do Canadá, Groenlandia (que é un territorio dinamarqués), Noruega, Suecia e Finlandia, así como o océano Ártico. Existen numerosas definicións da rexión ártica.
Un anacoluto é unha figura retórica de pensamento, un fenómeno da lingua no que unha expresión está morfolóxica ou sintacticamente mal construída pero é comprensible semanticamente. Un exemplo podería ser: A comprensión da Idade Media en Europa esixe o coñecemento do latín, xa que era a lingua franca culta que abranguía a tódolos países.Aquí é agramatical omitir na segunda parte o elemento xustaposto á subordinada (que se supón que é o coñecemento do latín), debido a que non é correcto que o coñecemento fose a lingua franca (un coñecemento dunha lingua non é unha lingua, ou polo menos non é iso o que se pretende expresar a non ser que sexa metaforicamente). No entanto, o contexto e a lóxica da expresión obriga a pensar que o que era a lingua franca fose o latín'.
Ignacio José de Allende Unzaga, nado en 1769 e finado en 1811, foi un capitán do exército realista en México que simpatizou co proxecto de independencia do país. Asistiu ás primeiras xuntas secretas da rebelión organizadas polos corrixidores de Querétaro e loitou canda a Miguel Hidalgo na primeira etapa da guerra de independencia. Relevou a Hidalgo no liderado dos insurxentes.
Feitos de Tomé é un texto de principios do século III, considerado un dos evanxeos apócrifos. É unha serie de feitos episódicos acontecidos durante a misión evanxelizadora de Xudas Tomé ("Xudas o Xemelgo") na India. Remata co seu martirio cando morre atravesado por lanzas, por espertar a ira do rei Misdeo ou Mazdaï (Vasudeva I).
O Acordo de Schengen é unha convención entre países europeos sobre unha política de libre circulación de persoas no espazo xeográfico de Europa. Son 22 nacións da Unión Europea (Bulgaria, Chipre, Croacia, Irlanda, Reino Unido e Romanía, non son parte) e máis outros tres países europeos membros da EFTA (Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
Un motor de busca ou buscador é un sistema informático que procura arquivos almacenados en servidores web, un exemplo son os buscadores de internet (algúns buscan só na Web pero outros buscan ademais en News, Gopher, FTP etc.) cando lles pedimos información sobre algún tema. As procuras fanse con palabras clave ou con árbores xerárquicas por temas; o resultado da procura é unha listaxe de direccións Web nas que se mencionan temas relacionados coas palabras clave buscadas.
Last Pizza Slice, máis coñecidos polo acrónimo LPS, é un grupo esloveno con orixe na cidade eslovena Celje. O grupo representou a Eslovenia no Festival de Eurovision 2022 coa canción "Disko", despois de gañar o EMA 2022. O grupo non se clasifica para a final, porque remataron na última posición da primeira.
Premio Princesa de Asturias dos Deportes
O Premio Princesa de Asturias de Deportes (até 2014, se denominou Premio Príncipe de Asturias de Deportes) é concedido dende 1981, á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións que, ademais da exemplaridade da súa vida e obra, conseguiran novas metas na loita do home por superarse a si mesmo e contribuíran co seu esforzo, de maneira extraordinaria, ó perfeccionamento, cultivo, promoción ou difusión dos deportes.
O padriño é unha figura común en varias denominacións cristiás. Asiste a outra persoa en certos sacramentos, con orixe no século II, de orixe relixiosa cristiá, e, posteriormente, pasou a obter diferentes significados dependendo da relixión e o código civil. Segundo Corpus Iuris Civilis, o sentido orixinal de patrocinio, e que segue sendo o máis amplo sentido, é un servizo que debe realizar un individuo que ten unha débeda que pagar ao pai ou nai co patrocinio dun ou máis fillos da parella, unha especie de tributo voluntario dado á familia da parella ao longo de toda a vida.
Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que naceu en 2009 para artellar unha ampla resposta colectiva a prol da lingua galega, mediante a defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación, e con intención de conseguir a progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.
O autismo é un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por problemas na interacción social, comunicación verbal e non verbal e comportamentos limitados e repetitivos. Os primeiros sinais deste trastorno detéctanse habitualmente nos dous primeiros anos de idade dos nenos. Estes sinais adoitan desenvolverse de forma gradual, malia que algúns nenos con autismo acadan os seus fitos de desenvolvemento a un ritmo normal e posteriormente presentan unha regresión.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
O sambar (Rusa unicolor, antes Cervus unicolor) é unha grande especie de cervo nativo do subcontinente indio, sur da China e sueste asiático que está considerada especie vulnerable na Lista vermella da IUCN desde 2008. As súas poboacións declinaron substancialmente debido a unha forte caza, guerras por insurxencias locais e explotación industrial do hábitat.
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O coala (Phascolarctos cinereus) é un marsupial herbívoro nativo de Australia. É a única especie da familia dos fascolárctidos, e o seu familiar máis próximo é o uombat. Este animal vive en zonas costeiras das rexións do leste e do sur de Australia, nos estados de Queensland, Nova Gales do Sur, Victoria e Australia Meridional.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.638 .
Macaca fascicularis, xeralmente chamado macaco cangrexeiro, é un primate cercopitécido nativo do sueste de Asia. Esta especie de macaco ten unha longa historia xunto aos humanos. A especie foi vista alternativamente como unha praga agrícola, un animal sagrado, e, máis recentemente, animal de experimentación médica.Vive en grupos sociais matriliñal de ata oito individuos dominados por femias.
A lingua yaqui (ou hiaki), coñecida localmente como yoeme ou yoem noki, é unha lingua nativa americana da familia uto-azteca. Fálana uns 20.000 membros do pobo yaqui, no estado mexicano de Sonora e alén da fronteira en Arizona, nos Estados Unidos. É parcialmente intelixible coa lingua mayo, tamén falada en Sonora, e xuntas compoñen o grupo de linguas cahitas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
José Mário dos Santos Mourinho Félix, OIH, nado en Setúbal o 26 de xaneiro de 1963, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de centrocampista. Durante dous anos consecutivos (2004 e 2005), Mourinho foi nomeado o mellor adestrador de fútbol do mundo pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Eleccións municipais de 2023 en Galicia
As eleccións municipais de 2023 celebraráronse o 28 de maio de 2023 en toda España. En Galicia, escolleranse nelas 313 corporacións municipais. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.