Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras. Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
O nacionalismo galés (en galés: Cenedlaetholdeb Cymreig) é un movemento que se volveu popular no século XIX e ó longo do XX. Xeralmente avoga pola independencia de Gales dentro do Reino Unido (é dicir, transformar a Gales nun estado libremente asociado ó Reino Unido e coa posibilidade de independencia total) ou fóra del.
A ximnástica rítmica é un deporte, que se desenvolve nos Xogos Olímpicos e outros campionatos. Na súa maioría é practicado por mulleres. O seu obxectivo é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
O imperio contraataca ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en inglés: Star Wars Episode IV: The Empire Strikes Back) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que foi estreado en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.
Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación.
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó océano Atlántico, no punto extremo leste de América do Sur, a ponta do Seixas, a 34º 45' 54" de lonxitude oeste. Hoxe a cidade vive do turismo nas súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas dunha capital de estado.
Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II. A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento.
Izumisano (泉佐野市, いずみさのし, Izumisano-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó suroeste da prefectura, na zona sur da provincia histórica de Izumi, no centro da rexión de Kinki, no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 55,03 km² e a poboación de 100.044 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.820 hab./km².
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países. Historicamente os habitantes das cidades foron unha proporción pequena da humanidade en xeral, mais hoxe, despois de varios séculos de urbanización sen precedentes e acelerada, a metade da poboación mundial vive nas cidades.
Merlot é unha caste de uva tinta, froito da videira común (Vitis vinifera) orixinaria de Francia, de pequeno tamaño, forma esférica e pel grosa de cor negra azulada, de cultivo moi estendido. É unha das responsábeis das características dos viños tintos de Saint Émillion, na rexión de Bordeos, en Francia. Malia ser unha caste xeralmente utilizada en viños para seren consumidos novos, as vinícolas de Saint Émillion garanten rótulos de lonxevidade.
Libre é o adxectivo relativo á liberdade. Pode referirse a: en economía, o libre comercio é un concepto referente á venda de produtos entre países, libre de aranceis e de calquera forma de barreiras comerciais; en filosofía, o libre albedrío é a doutrina que sostén que as nosas decisións dependen de nós mesmos; en matemáticas, un número libre de cadrados é un enteiro n se non existe un número primo p tal que p2 divide n.O topónimo galego Libre pode referirse a: Libre, lugar da parroquia de Son, no concello de Navia de Suarna.
O termo concello pode referirse a: Municipio, estrutura de administración local, e o territorio que esta abrangue; Casa consistorial, sede de dita administración local.Amais, como topónimo Concello pode referirse a: Concello, lugar da parroquia de Agudelo, no concello de Barro; O Concello, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín; O Concello, lugar da parroquia de Antas, no concello da Lama.
Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval. Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham. Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Juan sen Terra, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan.
O canto é a emisión controlada de sons do aparello fonador (voz), seguindo unha composición musical. O canto ten un rol importante dentro da música porque é o único medio musical que pode integrar texto á liña musical. O intérprete denomínase cantante, e para certos xéneros musicais cantor e cantaor.
Stanley Schachter, nado en Flushing, Queens, o 15 de abril de 1922 e finado en East Hampton, Nova York, o 7 de xuño de 1997, foi un psicólogo social estadounidense, coñecido polo seu desenvolvemento da teoría dos dous factores da emoción en 1962 xunto con Jerome E. Singer. Na súa teoría, afirma que as emocións teñen dous ingredientes, excitación fisiolóxica e unha etiqueta cognitiva. A experiencia dunha persoa dunha emoción xorde da conciencia da excitación física do corpo e da explicación que un asocia a esa excitación.
Sotra Facula (procedente do nome da illas Sotra de Noruega) é un prominente accidente xeolóxico de Titán, a lúa máis grande de Saturno. Crese que pode ser un volcán de xeo ou criovolcán, formando unha montaña aproximadamente circular que ten uns 65 km de diámetro. Esta ten dous picos que se elevan 1000 m e 1500 m respectivamente; estes picos posúen cráteres que poden acada-los 1500 m de profundidade.
A lingua burushaski (burū́šaskī / بروشسکی) é unha lingua illada falada no norte de Gilgit–Baltistán, Paquistán. No 2000, o burushaski era falado por 87.000 persoas do pobo burusho. Outros nomes da lingua son Biltum, Khajuna, Kunjut, Brushaski, Burucaki, Burucaski, Burushaki, Burushki, Brugaski, Brushas, Werchikwar e Miśa:ski.
Fifty Foot Hose é unha banda de rock psicodélico formada en San Francisco a finais da década de 1960 e reformada a mediados da década de 1990. Foi un dos primeiros grupos en fusionar o rock e a música experimental. Como outras poucas bandas da época (sobre todo nos Estados Unidos), trataron de combinar os sons contemporáneos do rock con instrumentos electrónicos e ideas compositivas de vangarda.
O URL (siglas de Uniform Resource Locator; en galego, localizador uniforme de recursos) é un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia...) accesible nunha rede. Un concepto similar é o de URI (o L cambia por un I, de identificador).
ClamAV ou Clam AntiVirus é un paquete antivirus gratuíto desenvolvida para Unix e con versións para AIX, BSD, OpenVMS, Linux, Solaris, Microsoft Windows e Mac OS X propiedade desde o 17 de agosto de 2007 da empresa Sourcefire. O principal obxectivo do Clam AntiVirus e a integración con servidores de correo electrónico para verificar os arquivos adxuntos ás mensaxes. O paquete inclúe un daemon escalable con múltiples fíos de execución, controlados a partir do escáner da liña de comando, e actualizacións de módulo as sinaturas.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
Partícula teorizada como posible constituínte da materia escura. Como os fotóns, serían partículas de intercambio de forzas. A diferenza deles, terían masa, aínda que moi pequena.No 2021 estase a usar aparellos optomecánicos para procurar a súa detección, axustando a frecuencia de vibración do aparello (chamado tambor optomecánico,'optomechanical drum') coa masa esperada do fotón escuro.
O DTM 2014 foi a 15ª tempada do Deutsche Tourenwagen Masters. A tempada comezou o 4 de maio no circuíto de Hockenheim e rematou o 19 de outubro no mesmo lugar, tras 10 carreiras. O campión da clasificación de marcas foi Audi, mentres que o campión dos pilotos foi o condutor alemán de BMW, Marco Wittmann.
Plan 9 é un sistema operativo multiusuario de código aberto desenvolvido por Bell Labs (a filial de I+D de Lucent Technologies). O equipo de desenvolvemento de Plan 9 conta con algúns dos creadores orixinais de Unix, como Rob Pike e Dennis Richie. O seu nome ven do filme Plan 9 from Outer Space de Ed Wood.
Francisco Javier Pérez Villarroya
Francisco Javier Pérez Villarroya, nado en Zaragoza o 6 de agosto de 1966, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica. O xadrez é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfis, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente.
Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo Cultivares de pexego. Pavía é unha cidade do suroeste da Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (Durante a época romana chamábase Ticinum.), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavía e en 2001 contaba con 71.074 habitantes.
Unha institución, termo derivado etimoloxicamente do latín institutio ("educación"), é un establecemento ou organismo que realiza un labor social de tipo educativo e cultural, como os institutos de ensino ou investigación, ou ben os museos. Palabras como instrución, instrutor ou institutriz pertencen ao campo semántico de institución. Así mesmo, a palabra institución fai referencia ao mecanismo de orde social e cooperación que procura gobernar o comportamento dun grupo de individuos, xa sexa reducido ou unha sociedade completa.
Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano. Un océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') é unha grande extensión de auga salgada, que cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta Terra, sendo o principal compoñente da hidrosfera. Aproximadamente o 70% da superficie da Terra (uns 361 millóns de quilómetros cadrados) está composta por océano, unha extensión continua de auga que se acostuma a dividir en varios océanos e en mares máis pequenos.
A pelaxe é a calidade ou características dos pelos dos animais mamíferos. O pelame é o conxunto de pelos que nacen da pel dos animais mamíferos, especialmente a daqueles que teñen unha extensa cobertura de pelos. Cando as pelaxes dos animais son procesadas na industria peleteira para convertelas en abrigos e outros complementos para vestir conservando o seu pelo denomínase xeralmente peles.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Macaca fascicularis, xeralmente chamado macaco cangrexeiro, é un primate cercopitécido nativo do sueste de Asia. Esta especie de macaco ten unha longa historia xunto aos humanos. A especie foi vista alternativamente como unha praga agrícola, un animal sagrado, e, máis recentemente, animal de experimentación médica.Vive en grupos sociais matrilineares de ata oito individuos dominados por femias.
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.659 .
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A fucosa é un desoxiazucre de seis carbonos (hexosa) cun grupo aldehido no extremo da molécula, polo que é unha aldosa coa fórmula química C6H12O5. Atópase en glicanos con enlaces N-glicosídicos da superficie de células de mamíferos, insectos e plantas, e é a subunidade fundamental do polisacárido fucoidano de algas, especialmente do xénero Fucus. Hai dúas características estruturais que distinguen a fucosa doutros azucres de seis carbonos presentes nos mamíferos: a ausencia de grupo hidroxilo no carbono 6 (polo que é un desoxiazucre), e a configuración L, pouco frecuente nos monosacáridos.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado é unha flexión verbal que se forma engadindo morfema de persoa e número ao infinitivo. É unha das características máis orixinais do galego-portugués, aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés. Tamén se usa hoxe na lingua húngara.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
Emilio José de Dios Merino, máis coñecido como Emilio de Dios, nado o 29 de outubro de 1971 en Xixón, Asturias, é un director deportivo español, que tras formar parte do Sporting de Gijón, o Racing de Santander e o Club Deportivo Lugo, onde substituíu no cargo a Toni Otero, actualmente está sen equipo.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.