Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, ou simplemente Arsenio, nado na Baiuca (Arteixo) o 24 de decembro de 1930 e finado na Coruña o 5 de maio de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos, converténdose nunha das figuras máis destacadas da historia do club. Como futbolista xogaba de dianteiro, e tras pasar polo Bergantiños, o Fabril e o Xuvenil, debutou en Primeira División co Deportivo na tempada 1951/52. Xogou seis anos co club coruñés, disputando 146 partidos oficiais e marcando 33 goles.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Os Xogos Olímpicos de 1912 realizáronse en Estocolmo, capital de Suecia, entre o 5 de maio e o 27 de xullo coa participación de 2407 atletas (48 mulleres) de 28 países. Abertos oficialmente polo Rei Gustavo V, os xa bastante concorridos, prestixiados e famosos Xogos foron un modelo da eficiencia sueca e o primeiro no que compareceron atletas de todos os cinco continentes representados na bandeira olímpica. Dotados dunha estrutura nunca antes vista, estes foron os primeiros Xogos que utilizaron un, na época, moderno sistema de son con altofalantes espallados polo complexo olímpico e pola cidade, para informar sobre os resultados de cada deporte disputado; alén diso, Estocolmo empregou por primeira vez un sistema de fotografías e cronometraxe semieletrónica, para a marcación dos tempos da Natación e do Atletismo.
Winston Leonard Spencer-Churchill, nado no pazo de Blenheim, na comarca de Oxford, o 30 de novembro de 1874 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1965, foi un político e escritor británico, coñecido polo seu liderado no Reino Unido durante a segunda guerra mundial. Así mesmo desempeñou labores de periodista, soldado e pintor, este último no seu lecer. Foi gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1953.
O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Suramérica, Goa na India e Macau na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.
Retrospectiva (do latín: retrospectare) é unha celebración de eventos ocorridos, normalmente organizada ao final do ano referente aos acontecementos ocorridos ao decorrer de dito ano. Tamén pode facer referencia á vida ou carreira dunha persoa dedicada á arte. Así mesmo pode empregarse en calquera outro campo, como o da bioloxía ou a ecoloxía, en relación a estudos ao respecto de feitos acontecidos no pasado.
O occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés, é oficial en toda a rexión dende o 9 de agosto de 2006, data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.
O aspecto gramatical, en lingüística, é unha propiedade que posúen os verbos e as perífrases verbais para sinalar o tempo interior da acción ou resaltar unha fase do seu desenvolvemento interior por enriba das demais, caracterizando así o transcurso do tempo dos acontecementos descritos. Cabo resaltar que o aspecto lingüístico diferénciase do tempo, en que mentres o tempo sinala o momento en que algo ocorre respecto de todo o demais, o aspecto especifica o tempo interior da acción ou a fase de desenvolvemento ou modificación da mesma que destaca sobre todas as demais, tanto na conxugación regular en que se reflicte o 'grao de terminación' do acontecemento, isto é, se posúe un aspecto perfectivo ou perfecto, que sinala a acción acabada no tempo de que se trate, como o aspecto imperfectivo ou imperfecto, que sinala acción inacabada no tempo exterior de que se trate. A chamada conxugación perifrástica ou por perífrase expresa os outros matices de aspecto, menos importantes ca estes .
Unha mensaxe, no senso máis xeral, é o obxecto da comunicación, a secuencia que prové información, e que pode referirse tamén a esa información en si e ao seu formato. Máis precisamente, na Teoría da Comunicación, unha mensaxe é unha información conformada por unha secuencia de sinais que corresponden a regras de combinación precisas, que é enviada por un emisor a un (ou varios) receptores, por medio dunha canle que serve de soporte físico á transmisión. A forma de transmisión varía conforme a natureza do sistema de comunicación e o código usado: ondas sonoras, luces, movemento, impulsos mecánicos ou eléctromagnéticos etc.
Catherine Zeta-Jones, nada o 25 de setembro de 1969 en Swansea, é unha actriz, cantante e bailarina galesa de cinema e teatro. Ó longo da súa carreira como actriz recibiu moitos premios e recoñecementos polo seu talento. Entre eses premios destaca o Premio Óscar que acadou pola interpretación da asasina "Velma Kelly" no filme Chicago no ano 2002.
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña). É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
A literatura de viaxes consiste en libros de viaxe que son considerados literatura; non constitúe unha categoría ou un xénero literario universalmente recoñecido. Trátase de textos que recollen os acontecementos, os sentimentos e as voces dunha viaxe realizada polo narrador, que pode ou non coincidir co autor empírico. Segundo a perspectiva crítica pode sosterse que a mera enumeración de feitos non constitúe per se literatura, pero esta non é unha postura universal.
A astrometría ou astronomía de posición é a parte da astronomía que se encarga de medir e estudar a posición, paralaxes e o movemento propio dos astros. É unha disciplina moi antiga, tanto coma a astronomía.A pesar de que case son sinónimos, normalmente considérase a astrometría como a parte experimental ou técnica que permite medir a posición dos astros e os instrumentos que a fan posible, mentres que a astronomía de posición usa a posición dos astros para elaborar un modelo do seu movemento ou definir os conceptos que se usan. Sería pois a parte teórica.
Stanford Encyclopedia of Philosophy
A Enciclopedia de filosofía de Stanford (SEP) é unha enciclopedia de libre acceso en liña mantida pola Universidade Stanford. A enciclopedia desenvolveuse inicialmente con fondos públicos do NEH e do NSF. Un plan de recollida de fondos a longo prazo co fin de asegurar o libre acceso á enciclopedia está apoiado a nivel mundial por varias universidades e consorcios de bibliotecas. Ditas institucións contribúen baixo un plan formulado polo SEP en colaboración coa Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition (SPARC), a International Coalition of Library Consortia (ICOLC) e a Southeastern Library Network (SOLINET), con fondos equiparados pola NEH. Cada entrada é escrita e mantida por un experto no tema, incluíndo a profesores de máis de 65 Institucións académicas arredor do mundo.
O predicado é un termo que se emprega en lingüística para referirse a máis dun concepto. Na gramática, tradicionalmente, definiuse o predicado como a parte da oración na que se atopa o verbo e, con frecuencia, outros sintagmas que, no caso de habelos, manteñen unha relación co verbo a distintos niveis de proximidade. Dentro do predicado aparecen tódolos sintagmas que non teñen cabida no suxeito dunha oración.
WordNet é un léxico semántico para a lingua inglesa. Agrupa palabras inglesas en grupos de sinónimos chamados synsets, prové de definicións curtas e almacena as distintas relacións semánticas entre estes grupos de sinónimos. O propósito é dobre: producir unha combinación de dicionario e tesauro que se puidese empregar dunha forma máis intuitiva, e co obxectivo de soporta-la análise automática de textos e as apliacións da intelixencia artificial.
Unha magnitude física e unha propiedade dos sistemas físicos susceptible de ser medida e expresada mediante un número e unha unidade, e coa cal se pode establecer relacións cuantitativas. A técnica por medio da cal se asigna un número a unha propiedade física, como resultado dunha comparación de dita propiedade con outra similar tomada como patrón, a cal se adoptou como unidade, denomínase medición. Resulta fundamental establecer unha única unidade de medida para unha magnitude dada, de forma que poida ser comprendida pola xeneralidade das persoas.
VRML (Virtual Reality Modeling Language) é unha linguaxe para o desenvolvemento de aplicacións de realidade virtual, deseñado para o seu emprego na World Wide Web. VRML é un formato de ficheiro de texto no que se especifican os vértices e as arestas de cada polígono tridimensional. VRML é a base sobre a que se desenvolveu X3D, que a substituíu, o que non provocou a desaparición de VRML, que aínda é amplamente usada.
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
A Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (en inglés: Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill), tamén coñecida como UNC polas súas siglas en inglés, ou sinxelamente Carolina, é unha universidade pública con sede en Chapel Hill, Carolina do Norte, nos Estados Unidos. Fundada en 1789, a universidade comezou a matricular estudantes en 1795, o que tamén a converte nunha das tres institucións que reclaman o título de ser a universidade pública máis antiga dos Estados Unidos, xunto con Xeorxia e William and Mary. Carolina do Norte é unha das oito universidades Public Ivy.
Kevin Norwood Bacon, nado o 8 de xullo de 1958 en Filadelfia (Pensilvania), é un actor estadounidense de cinema e teatro. Entre os seus filmes máis importantes están Animal House, Diner, Footloose, Flatliners, Wild Things, Algúns homes bos, Apollo 13, Mystic River, The Woodsman, Trapped, Death Sentence, Amor estúpido e tolo e X-Men: First Class.
WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia.
O Imperio Medio de Exipto (2040-1640) viu o afianzamento do poder dos faraóns. O Imperio Medio comeza para algúns coa XI dinastía, co poderoso caudillo tebano Mentuhotep II e para outros coa XII dinastía, iniciada por Amenemhat I, cando se consolidou a reunificación de Exipto, logrouse centralizar o poder e se emprendeu a expansión das fronteiras, freando as incursións estranxeiras. A XII dinastía trasladou a capital a Menfis e aumentou a burocracia.
ESPN, Inc. (siglas de Entertainment and Sports Programming Network, hoxe en desuso), é un grupo dos medios con sede nos Estados Unidos, que opera e produce canles de televisión por cable, satélite, radio, sitios web, revistas e libros relacionados co deporte. Tamén organiza eventos tales como os Premios ESPY desde 1993 e os X Games desde 1995.
O Bologna Football Club 1909 é un club de fútbol italiano da cidade de Boloña (Emilia-Romagna), formado en 1909 e refundado en 1993. Recibe o alcume de rossoblu debido ás camisas con raias azuis e vermellas que empregan, que son tamén as cores oficiais da cidade. Bologna foi un dos clubs fundadores da Serie A en 1929.
Ana Bolena (en inglés: Anne Boleyn), raíña consorte de Inglaterra, 1ª marquesa de Pembroke. A súa data de nacemento adoitaba fixarse en 1507, pero os historiadores máis modernos dátana en 1501 - 19 de maio de 1536. Ana foi a segunda esposa do rei Henrique VIII e a nai da raíña Isabel I. O matrimonio de Henrique e Ana, e a súa subsecuente execución, eran parte do complexo comezo da considerable axitación política e relixiosa que foi a Reforma inglesa, con Ana participando activamente na promoción da causa da reforma da Igrexa.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
O Campionato de España-Copa da Súa Maxestade o Rei, comunmente coñecida como Copa do Rei ou simplemente A Copa, é un torneo futbolístico por eliminación directa que se disputa anualmente entre os mellores clubs de España. Organízao a Real Federación Española de Fútbol. Foi creada en 1903, a raíz do éxito da Copa da Coroación disputada un ano antes, sendo o torneo nacional de fútbol máis antigo de España.
A guerra de Corea foi un conflito bélico entre Corea do Norte (comunista) e Corea do Sur (capitalista) que se desenvolveu entre o 25 de xuño de 1950 e o 27 de xullo de 1953. Á vez, foi unha guerra non oficial entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. Os principais combatentes nesta guerra foron as repúblicas de Corea do Norte e a China por un bando e Corea do Sur, con axuda dos Estados Unidos, Australia, o Canadá, o Reino Unido, Colombia e outras nacións baixo o mando de Estados Unidos polo outro.
Un centrocampista é unha das posicións do fútbol, situado xeralmente entre os defensas e os dianteiros do seu equipo. Algúns centrocampistas xogan un papel defensivo estritamente definido, parando ataques, e son coñecidos como centrocampistas defensivos. Outros teñen límites máis difusos, sendo máis móbiles e eficientes no pase, como os chamados pivotes, os organizadores ou os todocampistas.
Cábala (hebreo: קַבָּלָה, cabalá: "recibimento") é o conxunto de tradicións e practicas místicas do xudaísmo, que busca, por medio de métodos esotéricos, explicar os segredos da Creación e lograr coñecementos ocultos das escrituras sagradas. Un cabalista tradicional coñécese como Mekubal (hebreo: מְקוּבָל).Sucede, porén, que outras prácticas inspiradas na cábala pretenden estender e adaptar o seu contido, segundo esas outras relixións ou doutrinas. Así, definicións da cábala varían de acordo coa tradición e obxectivos daqueles que lle seguen.
Pune é unha cidade do estado de Maharashtra, no centro-oeste da India, a segunda en importancia trala capital Mumbai e a un centenar de quilómetros ao suroeste desta última. Conta con 3.446.330 de habitantes (2010) e máis de cinco millóns na área metropolitana. Enclavada na meseta do Decán, a 552 metros de altitud ao pé dos Ghats Occidentais que a separan da costa do Índico, sitúase na confluencia dos ríos Mula e Mutha.
Cemiterio Nacional de Arlington
O Cemiterio Nacional de Arlington (en inglés: Arlington National Cemetery) é un cemiterio militar estadounidense do Condado de Arlington, Virxinia. Cruzando o río Potomac dende Washington, D.C., nas 253 ha están enterrados os mortos en conflitos da nación dende a Guerra Civil Estadounidense, así como os mortos doutros conflitos anteriores que foron voltos a enterrar neste cemiterio. O cemiterio creouse durante a Guerra Civil nas leiras de Arlington House, que fora a casa da familia da muller do xeneral confederado Robert E. Lee, Mary Anna (Custis) Lee (a tatara-tataraneta de Martha Washington).
Gujarat (en gujarati: ગુજરાત, Gujarāt: ['gudʒəɾɑt̪] ) é un estado da República da India. A súa capital é Gandhinagar, unha cidade planificada preto de Ahmedabad, a antiga capital e centro comercial do estado. Situado ao suroeste da peníndula indostánica, limita ao noroeste con Paquistán, ao norte con Rājasthān, ao leste con Madhya Pradesh, ao sueste con Maharastra e ao oeste co mar Arábigo (Océano Índico).
Mundial de Fútbol de 2018 - Grupo B
O Grupo B da Copa do Mundo de Fútbol de 2018, realizada en Rusia, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a campioa de Europa dous anos antes Portugal, xunto con España, Marrocos e Irán. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificaranse para a seguinte fase, e as outras dúas seleccións quedarán eliminadas.
Jane Austen, nada en Steventon o 16 de decembro de 1775 e finada en Winchester o 18 de xullo de 1817, foi unha novelista inglesa. Foi autora de obras de ficción romántica localizada entre a clase acomodada rural, que a converteron nunha das escritoras máis lidas da literatura inglesa. O seu realismo, a súa penetrante análise da sociedade da época, unida ao seu uso da narración indirecta libre e a ironía, fan dela un dos máis estimados e influentes novelistas do século XIX segundo os críticos e estudosos.
O envellecemento humano ou senescencia humana é o conxunto de modificacións morfolóxicas e fisiolóxicas que aparecen como consecuencia da acción do tiempo sobre os seres humanos (e tamén noutros seres vivos), que supón unha diminución da capacidade de adaptación en cada un dos órganos, aparatos e sistemas, e da capacidade de resposta aos axentes lesivos (noxas) que inciden no individuo. O envellecemento dos organismos e particularmente o da especie humana foi motivo de preocupación desde hai moito tempo por diversas razóns de saúde e demográficas.A esperanza de vida humana aumentou significativamente nos últimos anos. O envellecemento da poboación pode considerarse un éxito das políticas de saúde pública e do desenvolvemento socioeconómico, aínda que tamén é un reto para toda a sociedade, xa que debe adaptarse a esta nova realidade.
O termo bar pódese referir a: Bar, local onde se serven bebidas; Bar, unidade de presión.Amais, como topónimo pode referirse a: Bar, lugar da parroquia de Branzá, no concello de Arzúa; Bar, comuna francesa do departamento de Corrèze; Bar-le-Duc, comuna francesa do departamento de Meuse; Bar-lès-Buzancy, comuna francesa do departamento de Ardennes; Bar-sur-Seine, comuna francesa do departamento de Aube; Bar, cidade de Montenegro; Bar, cidade de Ucraína; Río Bar, río de Francia.
A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
Restauración borbónica en España
Coñécese como Restauración Borbónica o período que abrangue dende o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en 1874, en Sagunto, e que dá fin á Primeira República española e a proclamación da Segunda República española o 14 de abril de 1931. A denominación alude ao feito da recuperación do trono español por parte dunha persoa da dinastía Borbón, o futuro Afonso XII, tras a paréntese do Sexenio Revolucionario. Este período caracterízase por certa estabilidade institucional, a conformación dun modelo liberal do Estado e a incorporación dos novos movementos sociais e políticos, froito da Revolución Industrial, que comeza a súa decadencia coa ditadura de Miguel Primo de Rivera en 1923.
O Aris B.C. (en grego: K.A.E. Άρης) é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva Aris con sede na cidade de Tesalónica, Grecia. A sección de baloncesto foi fundada en 1922, oito anos despois que a propia sociedade e a sección de fútbol. O pavillón onde xoga tradicionalmente como local é o Alexandreio Melathron (Nikos Galis Hall).
Unha empresa é unha organización ou institución dedicada a actividades ou persecución de fins económicos ou comerciais. A Comisión da Unión Europea suxire a seguinte definición: De acordo ao dereito internacional, a empresa é o conxunto de capital, administración e traballo dedicados a satisfacer unha necesidade no mercado.
O RTECS (Registry of Toxic Effects of Chemical Substances, Rexistro de Efectos Tóxicos de Substancias Químicas) é unha base de datos de información sobre toxicidade de substancias químicas compilado da literatrura científica aberta, sen que se fagan ulteriores comprobacións. Ata o ano 2001 foi mantida polo NIOSH (Instituto Nacional de Seguridade Ocupacional e Saúde) de EUA como unha publicación libremente dispoñible gratuíta. Actualmente é mantida pola compañía privada Symyx Technologies e só está dispoñible pagando unha tarifa ou por subscrición.
O Galatasaray Spor Kulübü é un club deportivo turco de Istambul, fundado en 1905 por Ali Sami Yen. O seu equipo de fútbol actualmente compite na Superliga de Turquía e o seu campo é o estadio Ali Sami Yen, con capacidade para 23.785 espectadores. O equipo de baloncesto é coñecido por motivos de patrocinio como Galatasaray Medical Park.
Os Brooklyn Nets son un equipo profesional de baloncesto con sede en Nova York. Os Nets compiten na National Basketball Association (NBA) como membros da División Atlántico da Conferencia Leste, sendo unha das dúas franquías da cidade xunto cos New York Knicks. O equipo xoga no Barclays Center, pavillón con capacidade para 17.732 espectadores situado no barrio de Brooklyn.
A Gran Revolución Cultural Proletaria (en chinés tradicional: 無產階級文化大革命; en chinés simplificado: 无产阶级文化大革命; pinyin: Wúchǎnjiējí wénhuà dàgémìng), tamén chamada simplemente Revolución Cultural, foi un movemento revolucionario dos estudantes e traballadores chineses contra dos burócratas do Partido Comunista Chinés, dirixido polo xefe do Partido Comunista, Mao Tse Tung, en 1966 para consolidar o maoísmo como ideoloxía dominante e eliminar a oposición política. Oficialmente rematou en 1969, aínda que a maioría dos historiadores consideran que rematou en 1976 co arresto da coñecida como Banda dos Catro.
Camillo-Guarino Guarini (7 de xaneiro, 1624 - 1683) foi un sacerdote, matemático, escritor e arquitecto. Nacido en Módena, estudou matemáticas, foi profesor de literatura e filosofía en Mesina e arquitecto do duque Filiberto de Savoia, escribiu libros de matemáticas en latín e italiano e o seu Euclides adauctus foi unha das primeiras obras de xeometría descritiva. Realizou a súa actividade arquitectónica en Turín inspirada na obra de Francesco Borromini, de quen procede o sentido ondulante das estruturas e elemementos, o carácter determinante do espazo, creando ámbitos con maior fantasía e variedade formal.
O verbo é unha clase de palabra que funciona como núcleo do predicado e adoita indicar acción (traer, ler etc.), proceso (pensar, crer etc.) ou estado (existir, vivir, permanecer, ser etc.). En galego constitúe a clase de palabra máis variable. Dependendo da lingua, hai moitos factores que fan que os verbos poidan mudar a súa forma, entre eles pódense atopar o tempo, o modo, o aspecto, a voz.
Rondae Jaquan Hollis-Jefferson, nado o 3 de xaneiro de 1995 en Chester, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Beşiktaş Icrypex turco. Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA do 2015 polos Portland Trail Blazers procedente da Universidade de Arizona.
Gregg Charles Popovich, nado o 28 de xaneiro de 1949 en East Chicago, Indiana, é un adestrador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente dirixe aos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA), cos que gañou cinco títulos de campión: 1999, 2003, 2005, 2007 e 2014. É, pois, un dos únicos cinco adestradores da historia da competición con cinco ou máis aneis de campión, honra que comparte con Phil Jackson, Red Auerbach, Pat Riley e John Kundla. Coñecido habitualmente como "Coach Pop" (do inglés: Adestrador Pop) ou simplemente "Pop", é posuidor do récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis vitorias que derrotas da histoira da NBA, e o terceiro en golbal, só por detrás de Pat Riley con 19 e Phil Jackson con 20.
A catedral de San Vito (en checo: Katedrála Svatého Víta ou Katedrála svatého Víta, Václava a Vojtěcha) é un templo adicado ao culto católico situado na cidade de Praga (República Checa). Forma parte do conxunto artístico monumental do Castelo de Praga e é a maior mostra de arte gótica da cidade. Dende 1989 está adicada a San Vito, San Venceslau e San Adalberto.
Supernova é o nome dado a diferentes tipos de explosións de estrelas, que producen obxectos extremadamente brillantes, os cales declinan ata se tornaren invisíbeis pasadas algunhas semanas ou meses. En apenas algúns días o seu brillo pode se intensificar en millóns de veces a partir do seu estado orixinal, mais co pasar do tempo a súa temperatura e brillo diminúen ata chegaren a un grao inferior aos primeiros. A explosión dunha supernova pode expulsar ao espazo ata o 90% da materia dunha estrela.
O Emirates Stadium é o terceiro maior estadio de fútbol de Inglaterra, despois do mítico Old Trafford e do ultramoderno Wembley, e por tanto o segundo máis grande de Londres. O Emirates está situado ao norte de Londres, no barrio de Ashburton Grove, moi preto de Highbury Stadium. É propiedade do Arsenal F.C. e nel disputa os seus partidos como local.