Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Eslovaquia no Festival de Eurovisión
Eslovaquia debutou no Festival de Eurovisión 1994, sendo o primeiro país de Centro-Europa en debutar en máis de 30 anos. Dende a edición de 1998 ata a do 2009, Eslovaquia decidiu non participar no festival debido aos malos resultados que conseguía. O seu mellor resultado foi unha décimo oitava posición con 19 puntos, na edición de 1996.
O Messerschmitt Me 209-II foi unha proposta para actualizar o famoso Bf 109 que serviu como o principal avión de combate da Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. O Me 209-II, a pesar da súa designación, non gardaba ningunha relación co anterior Me 209. O número da fuselaxe 8-209 do RLM foi asignado a Messerschmitt, para o seu par de células Me 209 coa designación posterior a xullo de 1938, que se utilizaron para dous proxectos durante a década de 1930 e principios da década de 1940.
Antichrist Superstar é o segundo álbum da banda estadounidense de rock industrial Marilyn Manson, publicado o 8 de outubro de 1996 a través dos selos Nothing Records e Interscope Records. O éxito do disco nas listas mainstream converteu ao grupo nun nome familiar e ao seu líder nunha icona do rock. Isto levou a numerosas protestas de grupos reixiosos e cívicos como a American Family Association debido á percibida postura anti-cristiá da banda ademais de pola da natureza transgresiva e de confrontación da súa música, actuacións e aparencia.
Mario Gabriel Andretti, nado en Montovun (Croacia) o 28 de febreiro de 1940, é un piloto estadounidense (Italoamericano, posto que é oriúndo de Motovun, antiga cidade de Italia, hoxe en Croacia). Durante a súa carreira, gañou catro títulos de Champcar, e o campionato mundial de Fórmula Un do ano 1978. Andretti é a primeira e única persoa en gañar as 500 millas de Indianápolis, as 500 millas de Daytona e o Campionato Mundial de Fórmula 1.
Teño un soño (I Have a Dream) é o nome do popular discurso de Martin Luther King Jr en que falou do seu desexo dun futuro en que a xente negra e branca puidesen coexistir harmoniosamente e como iguais. Este discurso foi pronunciado o 28 de agosto de 1963 desde o Monumento a Lincoln durante a Marcha sobre Washington polo traballo e a liberdade. Considérase como o momento definitorio do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos para alén dun dos mellores discursos da historia.
A ximnástica rítmica é un deporte, que se desenvolve nos Xogos Olímpicos e outros campionatos. Na súa maioría é practicado por mulleres. O seu obxectivo é a busca de exhibicións orixinais, encadear exercicios difíciles, equilibrados e belos que potencien a expresividade e impresionen pola súa perfección técnica, harmonía e ritmo no movemento.
En medicina, ascite é o termo empregado para designar á acumulación de fluídos na cavidade do peritoneo, situada na parte abdominal do corpo. É común debido á cirrose hepática e doenzas graves do fígado, e a súa presenza pode esconder outros problemas médicos. O diagnóstico é usualmente feito mediante análises de sangue, unha ecografía do abdome e extracción directa do fluído axudándose dunha agulla (técnica denominada parecentese), que tamén pode ser terapéutica, é dicir, axudar ao baleirado da cavidade do peritoneo.
Streaming (fluxo de información multimedia, en galego) é unha forma de distribución de datos, polo xeral datos multimedia, nunha rede a través de ordenadores. O termo streaming provén do inglés e refírese a unha corrente continua, que flúe sen interrupción. A tecnoloxía in streaming funciona mediante un búfer de datos que van sendo almacenados a medida que se van descargando na estación do usuario para despois amosarlle o material descargado.
Un programa é un conxunto de emisións periódicas transmitidas por televisión ou radio, agrupadas baixo un título ou cabeceira común, nas que a modo de bloque inclúese a maior parte dos contidos audiovisuais que se ofrecen nunha cadea. No ámbito profesional, non son considerados programas os bloques de contidos dedicados ás autopromocións, á continuidade e á publicidade convencional. Os programas televisivos serven para entreter, informar, entre outras finalidades.
Gran Selo dos Estados Unidos de América
O Gran Selo dos Estados Unidos é un signo para a certificación de documentos utilizado nos Estados Unidos de América, país que non conta cun escudo heráldico propiamente dito. Na composición figura o lema nacional: E Pluribus Unum, que significa en latín "de varios, un" ou "de moitos, un". O selo aparece no reverso dos billetes dun dólar.
Expedición de Magalhães-Elcano
A expedición de Magalhães e Elcano foi unha expedición marítima do século XVI financiada pola Coroa española e capitaneada por Fernando de Magalhães. Esta expedición, ao mando de Juan Sebastián Elcano no seu retorno, completou a primeira circunnavegación da Terra na historia. A expedición tiña o propósito de abrir unha ruta comercial coas illas das especias por occidente, buscando un paso entre o océano Atlántico e o océano Pacífico.
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt.
Unha letra é cada un dos símbolos ou signos gráficos dun sistema de escritura. Os signos de certas escrituras, como algunhas moi antigas, son chamados silabogramas se describen unha sílaba, ideogramas se reflicten unha idea (ás veces parte dunha palabra) ou logogramas se reflicten unha palabra ou oración, como algúns xeroglíficos. Unha palabra é o conxunto formado por unha ou máis letras con significación semántica.
Luis María Retolaza Ibargüengoitia, nado en Bilbao o 27 de decembro de 1924 e finado ibídem o 22 de abril de 2007, foi un histórico dirixente do PNV. Ocupou cargos de dirección en devandito partido e foi o primeiro Conselleiro de Interior do Goberno Vasco (1980-1988). Formou parte do "Colectivo Izadia" xunto con Ramón Labayen, José Miguel Zabala ou Javier Chalbaud, dende o que realizaba análises sobre a situación política vasca e mundial, sempre dende a perspectiva da súa profunda convicción soberanista.Unha das súas últimas aparicións públicas realizouna en outubro de 2006, nun acto de autoinculpación, á entrada do Palacio de Xustiza en Bilbao, xunto a outros ex-dirixentes históricos do PNV como Xabier Arzalluz, Eli Galdos ou Luis María Bandrés en protesta polo proceso xudicial aberto contra o lehendakari Juan José Ibarretxe.
Patrimonio da Humanidade en Camboxa
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
Os Humanos arcaicos ou Homo sapiens arcaico son un termo vagamente definido que se emprega para referirse a un rango de especies do xénero Homo que datan de menos de 500,000 anos de antigüidade, e parar resaltar contrastes cos humanos modernos. Esta categoría habitualmente inclúe a Homo heidelbergensis, Homo rhodesiensis, Homo neanderthalensis e mesmo ás veces a Homo antecessor. Os humanos modernos en teoría evolucionaron a partir de humanos arcaicos, cando estes evolucionaron a partir de Homo erectus.
A prominencia dunha montaña, tamén denominada prominencia topográfica, altura de culminación, altura relativa, altura autónoma ou factor primario, é unha noción usada en orografía para a clasificación das montañas. Defínese como o desnivel mínimo que hai que descender desde o cume dunha montaña para ascender a outra, calquera que sexa, máis alta. Canto máis prominente sexa unha montaña máis destacará entre as que a rodean, con independencia da súa altitude.
Atanarico, finou no 381 en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico, foi un xuíz. Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei e caudillo dos tervingos;e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador.
IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda retallista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa.[Cómpre referencia] A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.[Cómpre referencia]É unha das principais empresas en fabricación de mobles.
A Espada de Goujian (chinés tradicional: 越王勾踐劍, chinés simplificado: 越王勾践剑) é un artefacto arqueolóxico do período das Primaveras e Outonos (-771 a -403) atopado en 1965 en Hubei, China. Forxada en cobre e estaño, pertencía ó Rei Goujian de Yue, e é famosa polo seu infrecuente afiado e pola súa resistencia á corrosión raramente vista en artefactos tan antigos. Este artefacto histórico da China antiga está en posesión do Museo Provincial de Hubei.
Un kelpie ou cabalo acuático (each uisge en gaélico) é unha criatura fantástica pertencente á mitoloxía celta. Estas criaturas serían seres espirituais, que segundo as lendas vivirían nos lagos, posto que serían espíritos da auga. Os kelpies apareceríanse ante os seres humanos usualmente tomando forma de cabalo, aínda que tamén pode tomar forma humana e mesmo hai versións nas que se representa como unha especie de hipocampo.
Colville Young, nado na Cidade de Belize o 20 de novembro de 1932, é un político e escritor belizense, que ocupou o cargo de gobernador xeral de Belize dende o 17 de novembro de 1993 até o 30 de abril de 2021. Substituíu a Elmira Minita Gordon. Colville foi un dos fundadores do Partido Liberal, unha formación política de curta vida que terminou por unirse ó Partido Democrático Unido.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Macaca fascicularis é un primate cercopitécido nativo do sueste de Asia. Esta especie de macaco ten unha longa historia xunto aos humanos. A especie foi vista alternativamente como unha praga agrícola, un animal sagrado, e, máis recentemente, animal de experimentación médica.Vive en grupos sociais matrilineares de ata oito individuos dominados por femias.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores en castelán.A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950. Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenvolvendo as súas propias liñas creativas. As súas principais liñas poéticas foron o clasicismo, o intimismo, o ruralismo e o hilozoísmo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Eleccións municipais de 2023 en Galicia
As eleccións municipais de 2023 celebraráronse o 28 de maio de 2023 en toda España. En Galicia, escolleranse nelas 313 corporacións municipais. Estas eleccións tamén serviron para determinar a representación dos partidos políticos no pleno das catro deputacións provinciais, de acordo cos resultados obtidos en cada partido xudicial.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre) foi unha organización terrorista española de extrema esquerda, cunha forte inspiración maoísta creada en 1975. Tras múltiples anuncios do seu desartellamento por parte dos corpos de seguridade, a organización, ou pequenos grupos que así se reivindican, seguen funcionando cunha mínima intensidade. É o brazo armado do PCE(r).
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.687 .
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
A xeración das Festas Minervais está composta por unha serie de autores de poesía da Literatura galega do século XX. Son persoas que non viviron directamente a Guerra civil española, asistiron á universidade e participaron nas Festas Minervais (concurso literario organizado pola USC que premiaba obras poéticas e narrativas en galego) e senten grande interese pola cultura europea do momento e toman conciencia crítica coa realidade española da época. Boa parte deles fundaron o grupo Brais Pinto durante a súa estancia en Madrid, e crearon unha colección literaria co mesmo nome.
O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado é unha flexión verbal que se forma engadindo morfema de persoa e número ao infinitivo. É unha das características máis orixinais do galego-portugués, aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés. Tamén se usa hoxe na lingua húngara.