Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
En matemáticas, e máis concretamente en teoría de números alxébricos, a aritmética modular é un conxunto de métodos que permiten a resolución de problemas sobre os números enteiros. Estes métodos xorden do estudo do residuo obtido por unha división. A idea de base da aritmética modular é de traballar non sobre os números mesmos, senón sobre os residuos da súa división por algunha cousa.
Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.
Virgin Atlantic, o nome comercial de Virgin Atlantic Airways Limited, é unha aeroliña británica, con sede en Crawley, West Sussex, que pertence nun 51% ao Virgin Group e nun 49% a Delta Air Lines. A compañís creouse en 1984 como British Atlantic Airways, e foi pensada polos seus fundadores, Randolph Fields e Alan Hellary, para voar entre Londres e as illas Falkland. Pouco despois cambiou o seu nome para o de Virgin Atlantic Airways, Fields vendeu as súas accións despois de desacordos con Richard Branson sobre a xestión da empresa.
O topónimo Lamas pode referirse a: En GaliciaLamas, parroquia do concello de Boqueixón; Lamas, parroquia do concello de Cervantes; Lamas, parroquia do concello de Cospeito; Lamas, parroquia do concello da Estrada; Lamas, parroquia do concello de Friol; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de Leiro; Lamas, parroquia do concello de Lugo; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de Moraña; Lamas, parroquia do concello de San Cristovo de Cea; Lamas, lugar de dita parroquia; San Martiño de Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de San Sadurniño; Lamas, parroquia do concello de Xinzo de Limia; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, parroquia do concello de Zas; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas do Biduedo, parroquia do concello de Triacastela; Lamas, lugar de dita parroquia; Lamas, lugar da parroquia das Trabancas no concello de Agolada; Lamas, lugar da parroquia de Ames no concello de Ames; Lamas, lugar da parroquia de Peibás no concello de Antas de Ulla; Lamas, lugar da parroquia de Becerreá no concello de Becerreá; Lamas, lugar da parroquia de Illán no concello de Begonte; Lamas, lugar da parroquia de Cardeiro no concello de Boimorto; Lamas, lugar da parroquia de Cespón no concello de Boiro; Lamas, lugar da parroquia de Sergude no concello de Boqueixón; Lamas, lugar da parroquia de Carballedo no concello de Carballedo; Lamas, lugar da parroquia de Sísamo no concello de Carballo; Lamas, lugar da parroquia de Ansemar no concello de Castro de Rei; Lamas, lugar da parroquia de Lamas no concello de Cervantes; Lamas, lugar da parroquia de Pedrafita no concello do Corgo; Lamas, lugar da parroquia de Montes no concello de Cualedro; Lamas, lugar da parroquia de Lamas no concello da Estrada; Lamas, lugar da parroquia de San Pedro do Incio no concello do Incio; Lamas, lugar da parroquia de Cadrón no concello de Lalín; Lamas, lugar da parroquia de Noceda no concello de Lalín; Lamas, lugar da parroquia de Golmar no concello da Laracha; Lamas, lugar da parroquia de San Martiño de Meis, no concello de Meis; Lamas, lugar da parroquia de Figueiroá no concello de Paderne de Allariz; Lamas, lugar da parroquia de Carcacía no concello de Padrón; Lamas, lugar da parroquia de Padrón no concello de Padrón; Lamas, lugar da parroquia de San Mamede do Carballal no concello de Palas de Rei; Lamas, lugar da parroquia de Celaguantes no concello da Peroxa; Lamas, lugar da parroquia de Xinzo no concello de Ponteareas; Lamas, lugar da parroquia de San Pedro de Eume no concello das Pontes de García Rodríguez; Lamas, lugar da parroquia de León no concello de Portomarín; Lamas, lugar da parroquia de Vilamoure no concello de Punxín; Lamas, lugar da parroquia de Barrantes no concello de Ribadumia; Lamas, lugar da parroquia de Santalla no concello de Ribeira de Piquín; Lamas, lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán no concello de Riotorto; Lamas, lugar da parroquia de Camba no concello de Rodeiro; Lamas, lugar da parroquia de Meder no concello de Salvaterra de Miño; Lamas, lugar da parroquia de San Mamede do Couto no concello de Samos; Lamas, lugar da parroquia do O Carballal no concello de Santiago de Compostela; Lamas, lugar da parroquia de Laraño no concello de Santiago de Compostela; Lamas, lugar da parroquia de Nespereira no concello de Sarria; Lamas, lugar da parroquia de Vilamaior no concello de Sarria; Lamas, lugar da parroquia de Chave no concello do Saviñao; Lamas, lugar da parroquia de Ousende no concello do Saviñao; Lamas, lugar da parroquia de Carelle no concello de Sobrado; Lamas, lugar da parroquia de Bamonde no concello de Teo; Lamas, lugar da parroquia de Cacheiras no concello de Teo; Lamas, lugar da parroquia de Árbol no concello de Vilalba; Lamas, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro no concello de Viveiro; Lamas, lugar da parroquia de Santo André de Boimente no concello de Viveiro; Lamas, lugar da parroquia da A Rigueira no concello de Xove; As Lamas, lugar da parroquia da Valenzá, no concello de Barbadás; As Lamas, lugar da parroquia de Boimil, no concello de Boimorto; As Lamas, lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños; As Lamas, lugar da parroquia de Aguada, no concello de Carballedo; As Lamas, lugar da parroquia da Ameixenda, no concello de Cee; As Lamas, lugar da parroquia de Acevedo do Río, no concello de Celanova; As Lamas, lugar da parroquia da Barra, no concello de Coles; As Lamas, lugar da parroquia de Roca, no concello de Guitiriz; As Lamas, lugar da parroquia de Churío, no concello de Irixoa; As Lamas, lugar da parroquia de Moimenta, no concello de Lalín; As Lamas, lugar da parroquia de Zorelle, no concello de Maceda; As Lamas, lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Monforte de Lemos; As Lamas, lugar da parroquia de Sas do Monte, no concello de Montederramo; As Lamas, lugar da parroquia de Merille, no concello de Ourol; As Lamas, lugar da parroquia de Crespos, no concello de Padrenda; As Lamas, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; As Lamas, lugar da parroquia de Santa Cruz do Valadouro, no concello do Valadouro; Os Lamas, lugar da parroquia de Soaserra, no concello de Cabanas; Lamas de Abade, lugar da parroquia do Castiñeiriño no concello de Santiago de Compostela; Lamas de Abaixo, lugar da parroquia de Bulso no concello de Sober; Lamas de Arriba, lugar da parroquia de Bulso no concello de Sober; Lamas de Brosmos, lugar da parroquia de Lobios no concello de Sober; Lamas de Campos, parroquia do concello da Fonsagrada; Lamas de Campos, lugar de dita parroquia; Lamas de Lor, lugar da parroquia de Vilar de Lor no concello de Quiroga; Lamas de Moreira, parroquia do concello da Fonsagrada; Lamas de Moreira, lugar de dita parroquia; Lamas de Outeiro, lugar da parroquia de Sabucedo de Montes no concello de Cartelle; Lamas de Pacios, lugar da parroquia de Pacios no concello de Baralla; Lamas de Ríos, lugar da parroquia de Caborrecelle no concello de Portomarín; Lamas Maiores, lugar da parroquia de Caborrecelle no concello de Portomarín; O Alto das Lamas, lugar da parroquia de Aguada, no concello de Carballedo; Campo de Lamas, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Castro de Lamas, lugar da parroquia de Lamas de Moreira, no concello da Fonsagrada; Chao de Lamas, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Coto de Lamas, lugar da parroquia de Lamas de Moreira, no concello da Fonsagrada; Eido de Lamas, lugar da parroquia de Sabucedo, no concello de Porqueira; Eixe de Lamas, lugar da parroquia de Baltar, no concello de Melide; A Gándara de Lamas, lugar da parroquia de Calo, no concello de Vimianzo; A Portela de Lamas, lugar da parroquia de Pardesoa, no concello de Forcarei; Portolamas, lugar da parroquia de Anafreita, no concello de Friol; Portolamas, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de Nespereira, no concello de Sarria; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de San Martiño de Meanos, no concello de Zas.En PortugalLamas, freguesía do concello de Braga; Lamas, freguesía do concello de Cadaval; Lamas, freguesía do concello de Miranda do Corvo; Lamas, freguesía do concello de Macedo de Cavaleiros; Lamas do Vouga, freguesía do concello de Águeda; Lamas, aldea do concello de Ribeira de Pena; Santa Maria de Lamas, vila do concello de Santa Maria da Feira.
O termo linguaxe informática ou linguaxe de computador inclúe toda a ampla variedade de linguaxes usadas para comunicarse cos computadores. É unha extensión do termo máis específico (e tamén máis común) de linguaxe de programación. As linguaxes de programación son polo tanto un subconxunto das linguaxes informáticas, o mesmo que outros tipos de linguaxes.
Stirling (en escocés: Sruighlea, e en scots: Stirlin) é unha pequena cidade no centro de Escocia, e que se atopa entre a Terra Alta e a Terra Baixa de Escocia. É unha vila antiga, formada ao redor dun importante castelo histórico, e que ten memoria dende a Idade Media. É ademais un centro administrativo, universitario, comercial e da industria lixeira.
Rugeiro é unha personaxe de Matteo Maria Boiardo en Orlando Innamorato e Ludovico Ariosto ' en Orlando furioso . Boiardo cóntanos (introducíndolle ao comezo do seu segundo libro) que é un mozo guerreiro moi valente, descendente da liñaxe de Heitor (cuxo escudo, leva unha aguia branca nun campo azul) e de cuxos descendentes descenderá os Este, aos que vai dirixido o poema. Rugeiro, é o irmán xemelgo de Marfisa e fillo de Rugeiro II. Á morte dos seus pais, é recollido polo feiticeiro Atlas.
Jürgen Schmidhuber, nado en Múnic o 17 de xaneiro de 1963, é un científico informático alemán coñecido polo seu traballo no campo da intelixencia artificial, concretamente nas redes neurais artificiais. É director científico do Instituto Dalle Molle para a Investigación en Intelixencia Artificial en Suíza.É máis coñecido polo seu traballo fundacional e moi citado sobre a memoria longa a curto prazo (LSTM), un tipo de arquitectura de rede neural que se converteu na técnica dominante para varias tarefas de procesamento da linguaxe natural en investigación e aplicacións comerciais na década de 2010.
O Apollo 13 foi a sétima misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América. Non puido cumprir o seu obxectivo, que era realizar unha aluaxe na rexión de Fra Mauro, debido ás enormes complicacións causadas pola explosión dun tanque de osíxeno cando a nave espacial viaxaba cara á Lúa. Esta aventura espacial foi levada ao cine en 1995 coa película Apollo 13.
Sistema de información xeográfica
Os sistemas de información xeográfica (SIX ou GIS en inglés) son sistemas de telemática apoiados na teledetección, é dicir, son programas de ordenador que conteñen un conxunto de imaxes, as cales ó superpoñerse permiten obter moitos datos sobre unha zona de estudo. Estas imaxes describen o tipo de cuberta vexetal, a litoloxía, a topografía etc. desa zona.
Un ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano gregoriano medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un ano gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días.
O bosón de Higgs, tamén chamado bosón escalar (polo propio Peter Higgs, pois o termo bosón dinos que ten un spin -xiro- enteiro, e escalar que o valor do xiro é 0), é unha partícula elemental masiva teorizada no ano 1964 dentro do esquema do modelo estándar da física de partículas. É a derraderia partícula do modelo estándar que foi observada, confirmouse a súa existencia polo CERN o 14 de marzo de 2013 - os resultados preliminares comunicáronse publicamente o 4 de xullo de 2012-, e desenvolve un papel importante na explicación da existencia do mecanismo do Campo de BEH ou Campo de Higgs, que da orixe a masa doutras partículas elementais, en particular a diferenza entre o fotón (sen masa) e os bosóns W e Z (relativamente pesados). As partículas elementais con masa e a diferenza entre electromagnetismo (causado polos fotóns) e a forza débil (causada polos bosóns W e Z) son críticos en moitos aspectos da estrutura microscópica (e así macroscópica) da materia.
O Museo de Arte de Filadelfia (en inglés, Philadelphia Museum of Art), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de Filadelfia, creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos Estados Unidos. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o Museo Vitoria e Alberto) en Londres, que naceu da Grande Exposición de 1851.
O cristalino é un compoñente do ollo con forma de lente biconvexa que se atopa situado tralo iris e diante do humor vítreo. A súa función principal consiste en permitir enfocar obxectos situados a diferentes distancias. Este obxectivo conséguese mediante un aumento da súa curvatura e do seu espesor, proceso chamado acomodación.
Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. Os filmes de entre 30 e 60 minutos son mediametraxes.
O termo igrexa, da voz grega ἐκκλησία (tr. ekklesia), a través do latín ecclesia, co significado de "asemblea", pode referirse a: Igrexa, conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas do cristianismo, organizadas de xeito xerárquico: A Igrexa primitiva, dos primeiros tempos do cristianismo. O concepto de verdadeira e única Igrexa, co que se identifican algunhas das igrexas cristiás máis importantes.
Aidan de Lindisfarne -en gaélico Áedán- tamén coñecido como Aidano o apóstolo de Northtumbria, naceu probablemente en Connacht en data descoñecida e finou en Bamburgh o 31 de agosto do 651 que é cando se conmemora. Foi foi un monxe misioneiro, de orixe irlandesa, que fundou o mosteiro ou abadía de Lindisfarne, apoado polo rei Oswald, que foi a sede episcopal máis antiga deste reino de Northumbria. Viaxou continuamente para converter ao cristianismo, tanto á nobreza dos anglos como as clases sociais baixas incluíndo os escravos polo que se lle atribúe a restauración do cristianismo en Northumbria.
O urdú (nome local : urdū / اردو) é unha lingua india pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas. Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.
Guía do autostopista galáctico
Guía do autostopista galáctico, no orixinal en lingua inglesa The Hitchhiker's Guide to the Galaxy, é a primeira novela da serie homónima de ciencia ficción e comedia escrita por Douglas Adams (o sexto título da serie foi escrito por Eoin Colfer). A novela é unha adaptación das primeiras catro partes do programa de radio homónimo. A novela foi orixinalmente publicada en Londres o 12 de outubro de 1979.
As fíbulas celtas, tamén chamadas broches penanulares, son tipos de broches fixadores da roupa. Están especialmente asociados co comezo da Alta Idade Media en Irlanda e Britania, malia ter sido atopados noutros tempos e lugares, como por exemplo, formando parte do vestido feminino tradicional en áreas da moderna norte de África. Eran útiles propios da Idade de Ferro e da era romana, e están especialmente asociadas cos broches ornamentados producidos en metal precioso para as elites de Irlanda e Escocia (anos 700-900).
007: Nunca digas endexamais (en inglés: Never Say Never Again) é un filme da saga de James Bond estreado en 1983. Foi dirixido por Irvin Kershner e está protagonizado por Sean Connery. O guión foi escrito por Lorenzo Semple Jr., coa colaboración non acreditada de Dick Clement e Ian La Frenais, a partir dunha historia de Kevin McClory, Jack Whittingham e Ian Fleming.
Armas e armaduras da Terra Media
As armas e armaduras da Terra Media son aquelas presentes nos escritos sobre o mundo ficticio da Terra Media, entre eles O hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion, obra do autor inglés J. R. R. Tolkien.Tolkien modelou a súa guerra de ficción nos períodos da historia antiga e medieval. A súa representación de armas e armaduras reflicte particularmente a cultura do norte de Europa, a influencia do poema épico Beowulf, as sagas nórdicas e outras obras semellantes. Tolkien estabeleceu esta relación en The Fall of Gondolin, a primeira obra do legendarium en ser escrita.
Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en arabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
Unha investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións (título orixinal en inglés: An Inquiry into the Nature and Causes of the Wealth of Nations), máis coñecida por A riqueza das nacións, é a obra fundamental do economista escocés Adam Smith, publicado en 1776. É un traballo de economía política no xurdir da Revolución Industrial, e é amplamente considerado o primeiro traballo no campo da economía. A obra tamén é unha razoada defensa das políticas do mercado libre.
A peste negra foi unha epidemia concreta de peste que chegou a Europa, a China, o Medio Oriente e outras rexións do Mundo durante o século XIV (1347-1350), matando un terzo da poboación de Europa e proporcións probabelmente semellantes noutras rexións. A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixa Idade Media, da construción das catedrais e do Feudalismo e Mercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dos Descubrimentos e do Renacemento, logo que a poboación volveu medrar. Durante o período de revolución que causou, cuestionáronse institucións como a Igrexa católica, prosperaron novas formas de relixión místicas e de pensar e minorías inocentes como os leprosos e os xudeus foron perseguidas e acusadas de seren a causa da peste.
O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7800 que ten no seu inventario. Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.
O escudo de Nixeria, é un dos símbolos nacionais do país. Está composto por un escudo negro con dúas liñas brancas onduladas que forman un Y. O escudo negro representa o fértil solo de Nixeria, mentres que os dous cabalos representan a dignidade. A aguia representa a forza, e as bandas verdes e brancas na parte superior representan a riqueza.
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica da autora canadense Margaret Atwood, publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos. A novela céntrase na historia da criada Offred.
Varanus salvator é unha especie de réptil varánido de gran tamaño nativo do sur e sueste de Asia. É un dos chamados lagartos monitor máis comúns de Asia, que vive desde as costas do nordeste da India, Bangladesh, Sri Lanka, sueste asiático continental e sur da China ata as illas de Indonesia, onde vive preto da auga. Na Lista vermella da IUCN está considerado como en situación pouco preocupante.
O anabaptismo (do neolatino anabaptista, do grego ἀναβαπτισμός: ἀνά- "re-" e βαπτισμός "bautismo", alemán: Täufer, antes tamén Wiedertäufer) é un movemento cristián protestante con orixes na Reforma Radical. Os primeiros anabaptistas formularon as súas crenzas nunha confesión de fe chamada Confesión de Schleitheim. En 1527, Michael Sattler presidiu unha reunión en Schleitheim (no cantón de Schaffhausen, na fronteira suízo-alemá), onde os líderes anabaptistas elaboraron a Confesión de Fe de Schleitheim (doc.
Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.
A Orde do Mérito Civil é, xunto coa Real Orde de Isabel a Católica, unha das dúas ordes actualmente dependentes do Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Concédese a cidadáns españois ou estranxeiros que realizaron méritos civís: servizos relevantes para o Estado, traballos extraordinarios etc.
"Jabberwocky" é un poema de Lewis Carroll, escrito a base de verbas sen sentido. Apareceu orixinalmente como parte da novela Do outro lado do espello, e o que Alicia atopou aló (1872). Considérase un dos mellores poemas sen sentido da literatura inglesa e utilízase nas clases de primaria dos países anglofalantes para ensinar aos estudantes o uso das contraccións, e a morfoloxía dos nomes e verbos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Sempre Xonxa é un filme galego dirixido por Chano Piñeiro e estreado en 1989. Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm e comparte con Urxa, de Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal, e con Continental, de Xavier Villaverde, a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego. Durante vinte anos foi o filme en galego máis visto da historia, con 62.203 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, só superado por O que arde en 2019.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Norovirus é un xénero de virus de ARN monocatenario sen envoltura diversos xeneticamente da familia Caliciviridae. Os virus coñecidos deste xénero considéranse todos cepas dunha soa especie chamada virus Norwalk. Estes virus transmítense pola ruta fecal-oral por medio de alimentos ou auga contaminados; polo contacto persoa a persoa; e por medio da aerosolización do virus e a conseguinte contaminación das superficies.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.689 .