Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias. É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet. AD Andorra AE Emiratos Árabes Unidos AF Afganistán AG Antiga e Barbuda AI Anguila AL Albania AM Armenia AO Angola AQ Antártida AR Arxentina AS Samoa Americana AT Austria AU Australia AW Aruba AZ Acerbaixán BA Bosnia e Hercegovina BB Barbados BD Bangladesh BE Bélxica BF Burkina Faso BG Bulgaria BH Bahrein BI Burundi BJ Benín BL Saint-Barthélemy BM Bermudas BN Brunei BO Bolivia BQ Bonaire, San Eustaquio e Saba BR Brasil BS Bahamas BT Bután BV Illa Bouvet BW Botswana BY Belarús BZ Belize CA Canadá CC Illas Cocos CD República Democrática do Congo CF República Centroafricana CG República do Congo CH Suíza CI Costa do Marfil CK Illas Cook CL Chile CM Camerún CN China CO Colombia CR Costa Rica CU Cuba CV Cabo Verde CW Curaçao CX Illa de Nadal CY Chipre CZ Chequia DE Alemaña DJ Djibuti DK Dinamarca DM Dominica DO República Dominicana DZ Alxeria EC Ecuador EE Estonia EG Exipto EH Sáhara Occidental ER Eritrea ES España ET Etiopía FI Finlandia FJ Fidxi FK Illas Malvinas FM Estados Federados de Micronesia FO Illas Feroe FR Francia GA Gabón GB Reino Unido GD Granada GE Xeorxia GF Güiana Francesa GG Guernsey GH Ghana GI Xibraltar GL Groenlandia GM Gambia GN Guinea GP Guadalupe GQ Guinea Ecuatorial GR Grecia GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur GT Guatemala GU Guam GW Guinea-Bissau GY Güiana HK Hong Kong HM Illa Heard e Illas McDonald HN Honduras HR Croacia HT Haití HU Hungría ID Indonesia IE Irlanda IL Israel IM Illa de Man IN India IO Territorio Británico do Océano Índico IQ Iraq IR Irán IS Islandia IT Italia JE Jersey JM Xamaica JO Xordania JP Xapón KE Kenya KG Kirguizistán KH Camboxa KI Kiribati KM Comores KN Saint Kitts e Nevis KP Corea do Norte KR Corea do Sur KW Kuwait KY Illas Caimán KZ Casaquistán LA Laos LB Líbano LC Santa Lucía LI Liechtenstein LK Sri Lanka LR Liberia LS Lesoto LT Lituania LU Luxemburgo LV Letonia LY Libia MA Marrocos MC Mónaco MD Moldavia ME Montenegro MF San Martiño, Francia MG Madagascar MH Illas Marshall MK Macedonia do Norte ML Malí MM Myanmar MN Mongolia MO Macau MP Illas Marianas do Norte MQ Martinica MR Mauritania MS Montserrat MT Malta MU Mauricio MV Maldivas MW Malaui MX México MY Malaisia MZ Mozambique NA Namibia NC Nova Caledonia NE Níxer NF Illa Norfolk NG Nixeria NI Nicaragua NL Países Baixos NO Noruega NP Nepal NR Nauru NU Niue NZ Nova Zelandia OM Omán PA Panamá PE Perú PF Polinesia francesa PG Papúa Nova Guinea PH Filipinas PK Paquistán PL Polonia PM Saint-Pierre-et-Miquelon PN Illa de Pitcairn PR Porto Rico PS Palestina PT Portugal PW Palau PY Paraguai QA Qatar RE Reunión RO Romanía RS Serbia RU Rusia RW Ruanda SA Arabia Saudita SB Illas Salomón SC Seychelles SD Sudán SE Suecia SG Singapur SH Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha SI Eslovenia SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen ) SK Eslovaquia SL Serra Leoa SM San Marino SN Senegal SO Somalia SR Suriname SS Sudán do Sur ST San Tomé e Príncipe SV O Salvador SX Sint Maarten (Países Baixos) SY Siria SZ Eswatini TC Turks e Caicos TD Chad TF Territorios Austrais Franceses TG Togo TH Tailandia TJ Taxiquistán TK Tokelau TL Timor Leste TM Turkmenistán TN Tunisia TO Tonga TR Turquía TT Trinidad e Tobago TV Tuvalu TW Taiwán TZ Tanzania UA Ucraína UG Uganda UM Illas Ultramarinas dos Estados Unidos US Estados Unidos de América UY Uruguai UZ Uzbekistán VA Vaticano VC San Vicente e as Granadinas VE Venezuela VG Illas Virxes Británicas VI Illas Virxes Estadounidenses VN Vietnam VU Vanuatu WF Wallis e Futuna WS Samoa YE Iemen YT Mayotte ZA Suráfrica ZM Zambia ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son: ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias; ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos; ISO 4217, códigos para unidades monetarias; ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras; ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.
O inferno é, desde o punto de vista de varias relixións, mitoloxías e filosofías, un lugar onde van as almas dos pecadores que morreron en pecado mortal. A orixe do termo é latina infernum 'as profundidades' ou 'mundo inferior'. Dende moi cedo o inferno acadou un significado negativo, xa que era o lugar onde ían parar as almas condenadas despois da vida, a diferenza do ceo, lugar de eterna salvación.
A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, en chinés 中華人民共和國香港特別行政區 é unha rexión chinesa formada por unha península e varias illas, entre elas a illa de Hong Kong, no Mar da China Meridional, no delta do Río das Perlas, xunto á provincia de Guangdong. Ata 1997 foi colonia do Reino Unido. O nome da illa de Hong Kong (chinés: 香港), significa literalmente "porto fragrante" ou "porto do recendo".
Camael (do hebreo: חַמּוּאֵל, Ghamuel, calor divina) é un arcanxo da forza, a coraxe e a forza segundo a anxoloxía das cristiá e xudía. Camael é coñecido como un dos dez anxos da cábala, asignado á sefirot Geburáh. Tamén é descrito como un dos sete arcanxos xunto con Miguel, Gabriel, Rafael, Uriel, Jofiel e Zadkiel.
A tortura é o acto de causar dano físico ou psicolóxico intencionadamente a unha persoa ou animal. O obxectivo pode ser variado: obter unha confesión ou información da vítima ou dunha terceira persoa, como vinganza por un feito cometido pola vítima ou tamén unha terceira persoa, como preludio dunha execución (nese caso fálase de morte-suplicio) ou simplemente como entretemento do torturador. Este dano pódese causar de varias formas.
Calidris pygmaea é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris. É unha pequena limícola que cría nas costas do mar de Bering e inverna no Sueste asiático. Esta especie está moi ameazada, e dise que dende os anos 1970 a poboación reprodutora diminuíu significativamente.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
Kroke (que significa Cracovia en yiddish) é unha banda klezmer polaca formada no ano 1992. Aínda da influencia klezmer, Kroke crea e toca composicións orixinais empregando ornamentación auténtica, estilos e escalas tanto de música klezmer como sefardí, dando como resultado un son que é á vez contemporáneo e distintivamente xudeu. Toman, igualmente, bases da súa experiencia no jazz e na música clásica.
O Power metal é un subxénero do Heavy Metal derivado do Speed Metal. Podería traducirse como Metal Enérxico ou Metal Potente Esta etiqueta acuñouse para designar un amplo espectro de variedades do Speed Metal. Pode aglutinar ó Speed Metal, ó Metal Melódico, ó Metal Británico, ó Metal Épico, ó Metal Neoclásico, e incorporar elementos de folk (o que se denomina Folk-Metal), Trash Metal, ou incluso Black Metal.
Dragon Ball GT: Final Bout, coñecido en Europa e no Xapón como Dragon Ball: Final Bout (ドラゴンボール ファイナルバウト, Doragon Bōru Fainaru Bauto), é un videoxogo de loita para a PlayStation. O xogo foi desenvolvido por TOSE e distribuído por Bandai no Xapón, Europa e América do Norte en 1997, sendo o primeiro lanzamento en América do Norte dun videoxogo de Dragon Ball. Malia que o título norteamericano fai referencia á serie anime Dragon Ball GT, a historia do xogo non ten correlación directa con Dragon Ball GT, sendo os personaxes xogables unha mestura de personaxes de Dragon Ball GT e da súa serie predecesora Dragon Ball Z. A serie de anime Dragon Ball GT non foi lanzada en América do Norte até comezos dos anos 2000.
Teuta (Ilirio: *Teutana, 'amante do pobo, raíña'; grego antigo: Τεύτα; Modelo:Lang-lat) foi a raíña rexente da tribo Ardiaei en Iliria, que reinou aproximadamente desde o 231 a.C ata o 228/227 a.C.Despois da morte do seu cónxuxe Agrón no 231 a.C., asumiu a rexencia do Reino dos Ardieos para o seu fillastro Pines, continuando a política de expansión de Agron no Mar Adriático, no contexto dun conflito en curso coa República Romana sobre os efectos da piratería iliria no comercio rexional. A morte dun dos embaixadores romanos a mans de piratas ilirios deu a Roma a ocasión de declararlle a guerra no 229 a.C. Rendeuse despois de perder a Primeira Guerra Iliria en 228. Teuta tivo que renunciar ás partes do sur do seu territorio e pagar un tributo a Roma, pero finalmente se lle permitiu manter un reino confinado nunha zona ao norte de Lissus (Lezhë moderna).Os detalles biográficos sobre a vida de Teuta están sesgados polo feito de que as fontes antigas sobreviventes, escritas por autores gregos e romanos, son xeralmente hostís aos ilirios e á súa raíña por razóns políticas ou de misóxina.Modelo:Sfn.
A competencia monopolística é unha estrutura de mercado caracterizada pola presenza de moitas empresas que venden produtos heteroxéneos, substitutivos achegados, pero imperfectos, entre si. Ao tratarse de produtos heteroxéneos, cada produtor ten un certo poder de mercado sobre o ben que produce, polo que a competencia monopolística pode definirse como unha estrutura de mercado intermedia entre monopolio e competencia perfecta. O modelo clásico de competencia monopolística débese ao economista británico Chamberlin.
The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación.
Os cromosomas artificiais humanos (CAH ou máis coñecidos polas siglas inglesas HAC) son vectores de transferencia para grandes fragmentos de ADN. Están en desenvolvemento desde a década de 1990, tras o éxito dos cromosomas artificiais de lévedo YAC e, máis recentemente, de bacterias BAC e os PAC derivados do plásmido P1. Os YAC e PAC utilízanse para clonar grandes loci genómicos incluídas as rexiós reguladoras, e téñense utilizado moito para xerar mapas físicos do xenoma humano, identificar xenes de enfermidades por clonación posicional, e para xerar ratos transxénicos para estudos de expresión xénica.
O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período. O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1.
No sistema universitario de España, unha cátedra universitaria é o posto o máis alto no escala docente dunha Universidade, ocupado por persoal docente e investigador logo de pasar unha serie de requisitos. Algúns postos universitarios, como o reitorado, só poden ser ocupados por catedráticos ou catedráticas.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica. O xadrez é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfis, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8x8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente.
Unha arma termonuclear é un deseño de segunda xeración de armas nucleares. A idea básica é o uso dunha bomba atómica de fisión a modo de disparador colocada preto dunha cantidade de combustible de fusión, e o uso da “implosión de radiación” para comprimir o combustible da fusión e conseguir o seu acceso. A bomba de fisión e o combustible de fusión colócanse cerca un doutro nun recipiente especial que está feito para reflectir raios X durante o maior tempo posible.
A harmónica ou filharmónica, é un instrumento de vento empregado en todo o mundo en moitos xéneros musicais, especialmente no blues, na música folk estadounidense, na música clásica, no jazz, na música country e no rock. A harmónica tócase empregando a boca (beizos e lingua) para dirixir o aire dentro ou fóra dun ou máis buratos da pez. Tras cada burato hai unha cámara que contén polo menos unha palleta.
Jan van Eyck, nado contra 1385 presumiblemente en Maaseyck e finado en 1441, foi un pintor flamengo. O pintor e biógrafo de artistas florentino Giorgio Vasari, atribuíu a Jan Van Eyck unha das innovacións que máis consecuencias tería na pintura: Na súa edición de "Le Vite" deixou sentenciado que fora a orixe da pintura ao óleo. Vasari conta que Van Eyck descobreu casualmente que os óleos son aptos como aglutinantes.
O segundo (símbolo no SI: s) é o nome dunha unidade de tempo, e é a unidade básica no Sistema Internacional de Unidades para medilo. Tradicionalmente, o segundo é definido como unha das 86.400 partes nas que se divide o período de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixo imaxinario (período tamén chamado día), mais a definición oficial de segundo é a duración equivalente a 9 192 631 770 períodos de radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do isótopo 133 do átomo de cesio, medidos a 0 kelvin.A miúdo os prefixos do SI son combinados coa palabra segundo para denotar subdivisións do segundo, por exemplo, o milisegundo (unha milésima parte dun segundo) e o nanosegundo (unha mil millonésima parte dun segundo). Aínda que os prefixos do SI poden ser usados para formar múltiplos do segundo (tales como o «quilosegundo» ou mil segundos), estas unidades son rara vez usadas na práctica.
Para outros significados, consultar o arquipélago de Madeira ou Madeira (homónimos). A madeira é un material sólido, orgánico, higroscópico (absorbe auga) e ortotrópico (crecemento diferente nas dimensións espaciais) obtido orixinalmente do tronco das plantas leñosas, especialmente das árbores, mais tamén dos arbustos. Esas plantas perennes caracterízanse polos caules, que crecen en diámetro ano tras ano, e tamén están compostas por celulosa, hemicelulosa e lignina entre os seus tecidos.
O Wall of Sound (muro de son), tamén chamado Spector Sound (son de Spector), é unha fórmula de produción musical desenvolvida polo produtor estadounidense Phil Spector nos Gold Star Studios nos anos 60, coa asistencia do enxeñeiro Larry Levine e o conglomerado de músicos de sesión posteriormente coñecido como "The Wrecking Crew". A intención era a de aproveitar as posibilidades da gravación en estudio para crear unha estética orquestral infrecuentemente densa que se transmitiu ben a través de radios e máquinas de discos da época. Spector explicou en 1964: "estaba buscando un son, un son tan forte que aínda que o material non fose o mellor, o son levaría ao disco.
A música Bluegrass é un xénero que pertence ao conxunto de músicas tradicionais estadounidenses (American roots music), orixinouse nos anos 1940 na zona dos Apalaches de Norteamérica. Bill Monroe (Bill Monroe and the Blue Grass Boys) deulle o nome definitivo a un xénero musical que, até entón, era coñecido como hillbilly. A música Bluegrass é unha unión de diferentes músicas tradicionais do mundo (Inglesa, Irlandesa, Escocesa e Afroamericana) e de distintos tipos ou xéneros musicais (Jazz, blues...).
A Sociedade Americana para a Prevención da Crueldade contra os Animais, en inglés American Society for the Prevention of Cruelty to Animals (ASPCA) é unha organización non gobernamental dos EUA que loita contra os delitos contra os animais. A misión da organización é "proporcionar medios eficaces para a prevención da crueldade cos animais en todo Estados Unidos".
Florence Nightingale, nada o 12 de maio de 1820 en Florencia e finada o 13 de agosto de 1910 en Londres, foi unha enfermeira británica famosa por ser a pioneira no tratamento a feridos de guerra, durante a Guerra de Crimea. Tamén contribuíu no campo da estatística, especialmente na creación de sistemas de representación gráfica como o gráfico sectorial (comunmente coñecido como diagrama polar ou Rosa Nightingale).
Un quiosco (do persiano: kōšk, que significa "pavillón", a través do turco: köşk e do francés kiosque) é unha pequena construción que se instala nos parques e xardíns e que consta, polo xeral, só dun teito e unhas columnas que o sosteñen. Pode ter diversos usos, como por exemplo servir como palco da música. A diferenza das pérgolas, a cuberta dos quioscos non ten cavidades.
O Centro Pompidou é o nome máis empregado comunmente para designar ao Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou de París (Francia) deseñado polos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers. Foi inaugurado o 31 de xaneiro de 1977. Trátase, ademais, dun edificio que posúe unha biblioteca cun aforamento de 2.000 persoas, aberta ao público.
Carolina do Norte (North Carolina en inglés) é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América. Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno británico na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, e o fogar da primeira colonia británica en América. Está situado na rexión Sur e limita ao oeste con Tennessee, ao sur con Carolina do Sur, ao suroeste con Xeorxia, ao norte con Virxinia e ao leste co océano Atlántico.
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes , destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a internet de forma pública o 29 de agosto de 2005. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon.
O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo (日本語). O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji.
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán máis novo Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente.
Leioheterodon madagascariensis
Leioheterodon madagascariensis é unha especie de cobra orixinaria de Madagascar, Nosy Be, Nosy Sakatia e o arquipélago das Comores. Poden medrar atñe os 130–180 cm. Cóidase que foi introducida na illa de Gran Comora.
En matemáticas, o determinante é unha ferramenta moi potente en numerosos dominios (estudo de endomorfismos, busca de valores propios, cálculo diferencial). É así como se define o determinante dun sistema de ecuacións, o determinante dun endomorfismo, ou o determinante dun sistema de vectores. Foi introducido inicialmente na álxebra para resolver o problema de determinar o número de solucións dun sistema de ecuacións lineais.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
San Vicente de Meá é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mugardos. Segundo o IGE en 2018 tiña 573 habitantes (297 mulleres e 276 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 767 habitantes. Ten unha extensión de 2,07 km² e unha densidade de poboación de 294,69 hab./km².
Ephippiorhynchus asiaticus é unha especie de cegoña alta e de pescozo longo e negro que vive no subcontinente indio e sur de Asia cunha poboación separada en Australia. Vive en hábitats de húmidos e preto de campos de certos cultivos como o arroz e trigo onde procura comida capturando unha ampla variedade de presas. As aves adultas de ambos os sexos teñen un pesado peteiro e teñen debuxos brancos e negro iridescente, pero hai un dimorfismo sexual na cor do iris do ollo, que nas femias é amarelo e nos machos é escuro.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Laacher See (cuxa pronunciación en alemán é [ˈlaːxɐ ˈzeː]), tamén coñecido como Lago Laach, é unha caldeira volcánica cun diámetro de 2 km que se atopa en Renania-Palatinado, Alemaña. Atópase a uns 24 km ao noroeste de Koblenz, a uns 37km ao sur de Bonn e a uns 8km ao oeste de Andernach. Forma parte da cordilleira de Eifel e da rexión volcánica homónima.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña. Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
O Gran Premio de España de 2023 (oficialmente o Formula 1 AWS Gran Premio de España 2023) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 4 de xuño de 2023 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a sétima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023 marca a cincuenta e tres proba do Gran Premio de España como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950 e a trinta e tres vez que se celebrou unha rolda do Campionato do Mundo no circuíto de Barcelona-Cataluña.
Tempada 2023 do Campionato de Galicia de Rallymix
A tempada 2023 é a novena edición do Campionato de Galicia de Rallymix. Comezará o 6 de maio no Rallymix de Touro e rematará o 29 de outubro no Rallymix Concello de Barbadás. En cada proba publícanse dúas clasificacións xerais, clase A para kartcross e clase B para turismos.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Espada de Goujian (chinés tradicional: 越王勾踐劍, chinés simplificado: 越王勾践剑) é un artefacto arqueolóxico do período das Primaveras e Outonos (-771 a -403) atopado en 1965 en Hubei, China. Forxada en cobre e estaño, pertencía ó Rei Goujian de Yue, e é famosa polo seu infrecuente afiado e pola súa resistencia á corrosión raramente vista en artefactos tan antigos. Este artefacto histórico da China antiga está en posesión do Museo Provincial de Hubei.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.699 .
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.