Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha
A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España. A Xunta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Xunta de Comunidades e polo Consello de Goberno.
Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación. Hai de distintos tipos e tamaños.
Un DJ (a partir do inglés deejay) ou disc jockey, é a persoa encargada de reproducir e mesturar música en directo para unha audiencia en discotecas, pubs, clubs, festivais, grupos de música ou na radio. Os DJs usan equipos que poden reproducir, como mínimo, dous tipos de música gravada, de maneira simultánea, e mesturalos entre si. Isto permite que o DJ cree transicións entre cancións.
O Golfo de Porto é un golfo do Mar Mediterráneo situado na fachada occidental da illa de Corsica, Francia, moi coñecida pola súa cor dramática e cantils escarpados.. O golfo está situado dentro do departamento de Corse-du-Sud. O golfo e a costa circundante forman parte do Parque natural rexional de Corsica.
Rebelde sen causa (en inglés: Rebel Without a Cause) é un filme estadounidense de 1955 sobre un grupo de adolescentes confusos nun suburbio de clase media. Rodado no novo formato CinemaScope e dirixido por Nicholas Ray, ofreceu un comentario social así como unha alternativa aos filmes previos que mostraban delincuentes nun ambiente deprimido. O filme está protagonizado por James Dean, Sal Mineo e Natalie Wood.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 foi a 33ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 25ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 25 de setembro.
Este artigo trata sobre a área de goberno local nixeriana, para o idioma vexa Lingua agatuAgatu é unha Área de Goberno Local de Nixeria, que se atopa dentro do Estado de Benue. Creouse en 1991, sendo anteriormente tratada como distrito da antiga División Otukpo. A capital da Área atópase en Obagaji, e a súa xente é principalmente labrega, sendo unha das nove Áreas do Estado de Benue que están maiormente habitadas polo pobo idoma.
Un élitro (do grego ἔλυτρον, elitron, 'vaíña, cuberta') é unha á anterior modificada e endurecida de certas ordes de insectos, que son fundamentalmente os coleópteros e algúns hemípteros; non obstante, na maioría dos hemípteros, as ás anteriores son denominadas hemélitros, nas que só a metade basal está engrosada, mentres que o resto é membranoso.
Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.
A agronomía (do latín ager, 'campo', e do grego νόμος, nomos, 'lei'), denominada tamén como enxeñaría agronómica, é a ponla da ciencia agrícola que trata o estudo dos cultivos e os solos onde medran. Os agrónomos traballan para desenvolver métodos que melloren o uso do solo e aumentar a produción de alimentos.
Sigüenza é unha vila e concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O municipio ocupa unha área de 395 km², e en 2006 tiña unha poboación de 4.629 habitantes. Sigüenza é sede da diocese de Sigüenza-Guadalaxara compartida na actualidade coa capital provincial, Guadalaxara.
Abu al-Qasim Jalaf ibn al-Abbas Al-Zahrawi ou Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi (en árabe: أبو القاسم بن خلف بن العباس الزهراوي), máis coñecido como Abulcasis, na súa forma latinizada (en galego, Abulcasis ou Albucasís), foi un médico e científico andalusí, (Madīnat al-Zahrā, Córdoba, Al-Ándalus, 936 - Córdoba, Al-Ándalus, 1013).
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1968
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1968 foi a 19ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 11ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con doce Grandes Premios que se iniciaron o 1 de xaneiro e finalizaron o 3 de novembro.
Un número natural é un número enteiro non negativo (0, 1, 2, ...). Os números naturais son os primeiros que descubriu o home, xa que se corresponden coa necesidade de contar basicamente os obxectos. Neste contexto, un número natural é definido como un número enteiro positivo, i.e., sen incluír o cero.
Catubodua (protocelta Katubodwā, "corvo de batalla") é o nome dunha deusa celta da guerra da que se ten coñecemento por unha inscrición atopada no departamento francés de Alta Savoia, no leste de Francia que di ATHVBODVAE AVG SERVILIA TERENTIA S L M e por outras tres inscricións relacionadas, atopadas en Austria e Eslovenia. Semella que o seu culto é idéntico ó da deusa da mitoloxía irlandesa Badb Catha. Nicole Jufer e Thierry Luginbühl relacionaron Catubodua con outras deusas marciais como Boudina, Bodua e Boudiga, cuxos nomes comparten a mesma raíz, que significa "liorta, combate" ou "vitoria".
En química analítica, analito é un compoñente (elemento, composto ou ión) de interese analítico presente nunha mostra que se separa da matriz. É unha especie química cuxa presenza ou contido se desexa coñecer, é identificable e cuantificable, por medio dun proceso de medición química.En metroloxía química constitúe un tipo particular de mensurando, que é unha magnitude, a cantidade do obxecto de medida; é dicir, a concentración de analito, a porción que se somete a cuantificación, previa comparación cun padrón que achega a información requirida.En conxunto cos elementos intanxibles, o analito e o mensurando son necesarios para a definición e a solución do problema analítico. Os elementos intanxibles requiren planificación do deseño, a súa evolución e corrección.
En anatomía, a uretra (do grego οὐρήθρα, ourethra) é un tubo que conecta a vexiga urinaria co exterior e serve para expulsar a urina (en ambos os sexos) e para expulsar o seme (no sexo masculino). Nos machos, a uretra está conectada tanto co aparato urinario coma co reprodutor, atravesa lonxitudinalmente o pene e acaba no seu extremo. Nas femias a uretra é máis curta, é independente do aparato reprodutor, e acaba no perineo por diante do orificio vaxinal.
Francisco Olmos Hernández, máis coñecido como Paco Olmos, nado en Valencia, é un adestrador de baloncesto español. No seu palmarés conta cunha ULEB Cup, un subcampionato da Liga ACB, un título de LEB Ouro, dúas Copas Princesa, tres títulos de campión da liga mexicana, así como o recoñecemento ao mellor adestrador da ACB da campaña 2003. A nivel internacional posúe unha medalla de prata no Torneo das Américas de 2013 e un bronce no Centrobasket de 2014, ambas co selección de Porto Rico.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
Clunia Sulpicia foi unha cidade romana situada no Alto de Castro, a máis de 1.000 metros de altitude, entre as localidades de Coruña del Conde e Peñalba de Castro, no sur da provincia de Burgos (Castela). A cidade localizábase na vía que ía de Caesaraugusta (Zaragoza) a Asturica Augusta (Astorga). Foi unha das cidades romanas máis importantes do norte peninsular e foi capital dun convento xurídico, o denominado Conventus Cluniensis.
Factor de crecemento transformante
O factor de crecemento transformante ou TGF (do inglés Transforming Growth Factor), ás veces denominado factor de crecemento tumoral, é o nome que se lle dá a dous factores de crecemento polipeptídicos: TGFα e TGFβ. En realidade, o nome "factor de crecemento transformante" é un pouco arbitrario, xa que as dúas clases de TGFs non están relacionados nin estrutural nin xeneticamente entre elas, e actúan a través de distintos mecanismos receptores. Ademais, non sempre inducen a transformación celular, como parece suxerir o seu nome, e non son os únicos factores de crecemento que poden inducir a transformación celular.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria. A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática.
A sinagoga (do grego συναγωγή, transliterado synagogē, "asemblea"; en hebreo בית כנסת beit knesset, "casa da asemblea"; en yiddish שול, shul; en ladino אסנוגה, esnoga) é a casa de oración dos practicantes do xudaísmo. O termo hebreo Beit Knesset - בית כנסת ("Casa da asemblea"), non debe confundirse co Knesset, o parlamento israelí. Algunhas congregacións empregan o termo Beit Tefila - בית תפילה ("Casa da oración").
Un personaxe é cada un dos seres que forman a acción dunha obra literaria, película etc., e que son o motor da acción narrativa. Non debe confundirse o termo persoeiro (individuo real de relevancia ou que queremos salientar) con personaxe (ser ficticio por moito que represente a unha persoa real da que soamente é unha representación inventiva). O personaxe é o elemento motor da acción narrativa.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
Iacarta (en indonesio: Jakarta), oficialmente coñecida como Capital Especial da Rexión de Iacarta (en indonesio: Daerah Khusus Ibu Kota Jakarta), é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8 792 000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16 000 000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio. Iacarta é a undécima cidade máis poboada do planeta e a súa área metropolitana é coñecida como Jabodetabek. É o centro político, industrial e financeiro do país.
O Xapón (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo leste polo océano Pacífico e polo oeste polo mar do Xapón, ao oeste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".
O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos ecuánimes (iguais) e unha convivencia humana por medio do apoderamento feminino e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses. De acordo con Maggie Humm e Rebecca Walker, a historia do feminismo pode dividirse en tres "ondas".
José María Martínez-Bordiú e Bassó, nado en Madrid o 22 de outubro de 1962, é un aristócrata, economista, empresario hostaleiro e personaxe dos medios español. XVIII Barón de Gotor, é máis coñecido como Pocholo Martínez-Bordiú. Famoso, entre outras cousas, polos seus vínculos familiares: é sobriño de Cristóbal Martínez-Bordiú, marqués de Villaverde, quen fose xenro de Francisco Franco.
Ephippiorhynchus asiaticus é unha especie de cegoña alta e de pescozo longo e negro que vive no subcontinente indio e sur de Asia cunha poboación separada en Australia. Vive en hábitats de zonas húmidas e preto de campos de certos cultivos como o arroz e trigo onde procura comida capturando unha ampla variedade de presas. As aves adultas de ambos os sexos teñen un pesado peteiro e debuxos de cor branca e negra iridescente, pero hai un dimorfismo sexual na cor do iris do ollo, que nas femias é amarelo e nos machos é escuro.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Os Acordos de Abraham son a denominación empregada para referirse ao proceso de normalización diplomática, auspiciado polos Estados Unidos, entre países de maioría islámica e Israel a partir do ano 2020. Orixinalmente, os Acordos de Abraham eran unha declaración conxunta entre o Estado de Israel, os Emiratos Árabes Unidos, e os Estados Unidos, feita o 13 de agosto de 2020. Mais logo tamén se empregou para referirse aos acordos para manter relacións diplomáticas formais entre Israel e Emiratos Árabes Unidos e Bahrain, e por extensión a outros como Marrocos e Sudán.
Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
O ácido desoxirribonucleico (ADN, ou DNA, nas súas siglas en inglés) é un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus, e é responsable da súa transmisión hereditaria. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un código, xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das células, como as proteínas e as moléculas de ARN. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero as outras secuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 196.711 .