Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Anhanguera é un xénero de pterosaurio pterodactiloide do Aptiano no Cretáceo Inferior, con achados na formación Santana na planicie de Araripe, no Brasil. En 1986, Rafael Gioia Martins-Neto nunha conferencia durante a 38° Reunião Anual da Sociedade Brasileira para o Progresso da Ciência en São Paulo, informou do descubrimento dun pterosaurio, ao que denominou Pricesaurus megalodon. Os resumos do congreso publicáronse máis tarde, dentro dese ano, na revista Ciência e Cultura.
Wilhelm Bodewin Johann Gustav Keitel, nado o 22 de setembro de 1882 en Helmscherode e finado o 16 de outubro de 1946 en Núremberg, foi un mariscal do exército alemán durante a segunda guerra mundial. Foi capitán de estado maior durante a primeira guerra mundial e máis tarde xefe do departamento de administración do Ministerio da Guerra en 1935. Nomeado en 1938 Comandante en Xefe das Forzas Armadas, asinou a capitulación perante o exército soviético en 1945 en presenza de Gueorgui Zhukov.
Benedetta Carlini, nada en 1591 e finada en 1661, foi unha monxa católica italiana, mística e lesbiana, que viviu durante a contrarreforma en Italia durante os séculos XVI e XVII. Judith Brown narrou a súa vida en Immodest Acts (1986), onde discute os acontecementos que a levaron a acadar importancia para os historiadores da espiritualidade das mulleres e do lesbianismo. A dramaturga e directora canadense Rosemary Rowe escribiu unha peza sobre o seu caso coa irmá Bartolomeu, Benedetta Carlini: Lesbian Nun of Renaissance Italy.
Folco de Baroncelli-Javon, nado en Aix-en-Provence o 1 de novembro de 1869 e finado en Aviñón o 15 de decembro de 1943, foi un aristócrata e escritor provenzal. Poeta de forte conciencia política, foi un gran defensor do pobo e das tradicions camarguesas. Próximo a Frédéric Mistral e a Josèp Romanilha, fundou con eles o voceiro do Felibrige: L'Aiòli.
A aceda ou herba acedeira (Rumex acetosa) é unha planta herbácea perenne que pode chegar a 100 cm de altura, aínda que o habitual é que non pase de 60 cm, e que medra en pradeiras en moitas partes de Europa. A súa flor é pequena, de cor verde e vemella; as flores masculinas e femininas están localizadas en plantas separadas. Agroma entre maio e xullo.
Discografía de Le Sacre du printemps
Esta é unha discografía de son e vídeo do ballet de Igor Stravinskii Le Sacre du printemps. A obra foi estreada en París o 29 de maio de 1913 no Théâtre des Champs-Élysées. Foi presentada polos Ballets Russes de Sergei Diagilev coa coreografía de Vatslav Nizhinskii e foi dirixida por Pierre Monteux.
As algas, olgas ou oucas, comprenden varios grupos de seres vivos acuáticos e autotróficos, ou sexa, que producen a enerxía necesaria para o seu metabolismo a través da fotosíntese. A maior parte das especies de algas son unicelulares e, mesmo as máis complexas – algunhas con tecidos diferenciados – non posúen verdadeiras raíces, caules ou follas. Aínda que foron durante moito tempo consideradas como plantas, só as algas verdes teñen unha relación evolutiva coas plantas "superiores"; os restantes grupos de algas representan liñas independentes de desenvolvemento evolutivo, paralelo ás que levaron ás plantas superiores.
O Círculo de Mohr (estritamente sería a circunferencia de Mohr) é unha técnica usada en enxeñaría e xeofísica para representar graficamente un tensor simétrico (de 2x2 ou de 3x3) e calcular con el momentos de inercia, deformacións e tensións, adaptando os mesmos ás características dunha circunferencia (radio, centro etc). Tamén é posible co círculo o cálculo do esforzo cortante máximo absoluto e a deformación máxima absoluta. Este método foi desenvolvido por 1882 polo enxeñeiro civil alemán Christian Otto Mohr (1835-1918).
Erotismo é unha palabra formada a partir do grego ἔρως, érōs con que se designaba ao amor apaixonado unido co desexo. Tal sentimento foi personificado nunha deidade: Eros (a ter en conta que en grego moderno a palabra erotas alude ao amor romántico). O termo «erotismo» connota e denota a todo o relacionado coa sexualidade e non limitándose ao acto sexual per se.
Virtual International Authority File
O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.
Gran Premio de Francia de 1961
O Gran Premio de Francia de 1961 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux, o 2 de xullo de 1961. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1961.
O oso panda ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia. Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros.
Asta Sofie Amalie Nielsen, nada o 11 de setembro de 1881 en Vesterbro (Copenhague) e finada o 24 de maio de 1972 en Frederiksberg, foi unha actriz de cine mudo dinamarquesa principalmente coñecida por protagonizar numerosos filmes na década de 1910 e por ser unha das primeiras estrelas de cinema de fama internacional.
GIF (Graphics Interchange Format) é un formato gráfico de mapa de bits para imaxes de ata 256 cores. O formato introduciuno CompuServe en 1987. Deseñado especificamente para comprimir imaxes e gráficos creados por ordenador, o formato tivo unha gran popularidade na World Wide Web xa que, ao utilizar o algoritmo de compresión sen perda LZW, mesmo imaxes de gran tamaño podían descargarse nun período de tempo razoable, aínda con modems moi lentos.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
O voo 103 de Pan Am era un voo regular transatlántico de Pan Am entre Frankfurt e Detroit, a través de Londres e Nova York. O 21 de decembro de 1988, o N739PA, o avión que operaba a parte sobre o océano da ruta, resultou esnaquizado por unha bomba, matando aos seus 243 pasaxeiros e 16 tripulantes, no que se coñeceu como o atentado de Lockerbie. Grandes seccións do avión caeron sobre zonas residenciais de Lockerbie, Escocia, matando a 11 persoas en terra.
Manfred Winkelhock, nado en Waiblingen, Baden-Württemberg (Alemaña) o 6 de outubro de 1951 e finado en Bowmanville, Ontario, o 12 de agosto de 1985, foi un piloto de carreiras alemán. Participou en 56 Grandes Premios de Fórmula 1 (con 47 saídas) entre 1980 e 1985, pilotando para Arrows, ATS, Brabham e RAM Racing, cun mellor resultado dun quinto posto no Gran Premio do Brasil de 1982. É o irmán máis vello de Joachim e Thomas Winkelhock e pai de Markus Winkelhock, que tamén son pilotos de carreiras.
O nu metal é un estilo musical que combina o metal alternativo co rap, hardcore punk, rock alternativo e ás veces co pop, tamén adoita ter esencias doutros estilos como o funk, a música electrónica, o reggae e o folk, entre outros. Utiliza guitarras menos estridentes e máis graves que o rock ou heavy metal convencional, acompañadas por efectos e estraños sons nos riffs. Xurdiu a principios e mediados dos anos 1990 no sector dos Ánxeles e impulsado principalmente por grupos como Korn, Deftones e Limp Bizkit.
Spacewar (estilizado en ocasións Spacewar!) é un videoxogo de simulación de combate espacial desenvolvido no ano 1962, sendo un dos primeiros xogos creados nos comezos da historia dos videoxogos. Foi deseñado por Steve Russell, en colaboración con Martin Graetz e Wayne Wiitanen, e programado polo propio Russell coa axuda de Bob Saunders e Steve Piner para a minicomputadora DEC PDP-1 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Trala súa creación, outros estudantes e empregados das universidades da zona expandiron o videoxogo, entre eles Dan Edwards e Peter Samson.
O Preço Certo é un concurso actualmente producido pola FremantleMedia Portugal e emitido na RTP1. Da súa versión orixinal The Price is Right, foron feitas diversas adaptacións por todo o mundo. En Portugal, o concurso tivo inicialmente unha versión na década dos 90, con Carlos Cruz, máis tarde pasouno a presentar Nicolau Breyner.
O transporte público comprende os medios de transporte en que os pasaxeiros non son os seus propietarios, sendo servidos por terceiros. Os servizos de transporte público poden ser subministrados tanto por empresas públicas como privadas. Algúns medios de transporte público son o ferrocarril, metro, autocar, tranvía ou funicular.
Denomínase graffiti (palabra plural tomada do italiano graffiti, que vén do verbo graffire) a varias formas de expresión artística, realizadas principalmente sobre mobiliario urbano, buscando a maior difusión pública da peza, e xeralmente utilizando a técnica denominada Bombing, consistente na utilización de pintura en spray para levar a cabo as obras. Na linguaxe común, o Graffiti é o resultado de pintar por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social; pode de igual xeito tratarse dunha sentenza ofensiva ou dunha reivindicación, polo que o Graffiti non se axusta á vixencia lexislativa, prescindido de autorizacións, malia que ás veces as pintadas se realizan baixo supervisión e control. No eido dos graffitis cómpre lembrar a Keith Haring (1958 - 1990), pintor norteamericano que alcanzou a fama coas pintadas realizadas sobre os vagóns do metro de Nova York nos anos 80 do pasado século.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
O Free Cinema (cinema libre en galego) foi un movemento cinematográfico que xurdiu en Inglaterra a mediados da década de 1950. O termo fai referencia á ausencia de intención propagandística ou busca de éxito comercial. Foi cofundado por Lindsay Anderson, que logo se desvencellou da idea de “movemento”, Karel Reisz, Tony Richardson e Lorenza Mazzetti.
Al Unser Jr.'s Turbo Racing é un videoxogo de carreiras publicado para a consola Nintendo Entertainment System en 1990. É unha adaptación do xogo xaponés de Famicom World Grand Prix - Pole to Finish (ワールドグランプリ ポールトゥフィニッシュ), con algunhas modificacións notables como o engadido de Al Unser Jr. como adestrador no xogo, o número de voltas, o son e o deseño da interface.
O termo pé, en anatomía e zooloxía pode referirse a: En anatomía (humana e animal), o pé é a parte final da perna, que serve de plataforma de sustentación do corpo, e para camiñar. Por analoxía, en bioloxía o termo pé aplícase a diferentes tipos de estruturas soporte de varios seres vivos, especialmente ao: pé dos moluscos; pé dos cogomelos. Así mesmo, por extensión, os termos pé ou pata aplícanse ás estruturas que soportan outras en diversos mobles e outros obxectos (mesas, camas, armarios, hórreos etc.).
A Antigüidade clásica é un termo amplo que abrangue un longo período de tempo nas áreas dominadas por Grecia e Roma; é dicir, identifícase co período grecorromano da Idade Antiga no mundo grecorromano: a Conca do Mediterráneo e o Oriente Próximo. A Antigüidade clásica localízase no momento de plenitude das civilizacións grega e romana (século V a. C. ao século II) ou no sentido amplo, en toda a súa duración (século VIII a.
The Beach Boys son un quinteto vocal e instrumental orixinal de Hawthorne (Os Ánxeles) que popularizou un estilo de pop coñecido por "Surfing" ou "Hot-Rod". As súas cancións responden a un movemento xuvenil de California da década de 1960, un despreocupado xeito de vivir que tiña nas praias, os coches, as mozas e o surf os seus principais sinais de identidade. O grupo estivo formado por tres irmáns: Brian (compositor, vocais, baixo, piano), Carl (guitarra, vocais) e Dennis Wilson (batería, vocais), xunto cun curmán da familia, Mike Love (vocal) e un veciño, Ao Jardine (guitarra, vocais).
Johann Joseph Fux, nado en 1660 en Hirtenfeld (Ducado da Estíria, Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 13 de febreiro de 1741 en Viena (Sacro Imperio Romano Xermánico), foi un compositor e pedagogo austríaco de finais do Barroco. Foi o introductor da escola napolitana en Austria a pesar do seu ton xeralmente frío e académico. Entre a súa obra salienta o tratado de composición Gradus ad parnassum.
Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt.
A Basketbol Süper Ligi (BSL), tamén coñecida como Tahincioğlu Basketbol Süper Ligi por motivos de patrocinio, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino de Turquía. A entidade encargada da súa organización é a Federación de Baloncesto Turquía (TBF), pertencente á FIBA Europa. Actualmente compiten nela 16 equipos, os que, ao final da temporada, os dous últimos descenden á Türkiye Basketbol Ligi.
O Gran Premio de Mónaco de 2018 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2018) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 27 de maio de 2018 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2018. Foi a sesaxésima sexta carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e seis carreira en xeral.
O termo guitarra solista (Lead Guitar, en inglés), é o equivalente en galego á "primeira guitarra", dentro dunha banda, xa sexa de rock ou de calquera outro estilo musical. A guitarra solista (ás veces chamada guitarra líder) é a que executa os sos cando un tema o require. Do mesmo xeito, guitarra rítmica (Rhythm Guitar, en inglés) equivale á "segunda guitarra".
Killing Joke é unha banda inglesa de post-punk formada en outubro de 1978 en Notting Hill, Londres. Os seus fundadores Jaz Coleman (voces, teclados) e Geordie Walker (guitarras) son os únicos membros constantes da banda. Killing Joke é unha peza clave no xénero do rock industrial, e a música dos seus primeiros anos foi descrita polos críticos Stephen Thomas Erlewine e John Dougan como "quasi-metal [...] bailando ao ritmo da fatalidade e o pesimismo".
Os árabes (en árabe: عربي ; transliteración: ʻarabī) son un pobo semita orixinario de Arabia. A pesar de que o concepto de pobo árabe ou de nación árabe cambiou moito ao longo dos tempos e dos diversos contextos sociopolíticos, e que a miúdo se confundiu con agrupamentos de tipo relixioso (o islam ou "comunidade dos crentes"), actualmente defínese principalmente polo feito de falar a lingua árabe e non ten ningunha connotación racial, relixiosa nin política. Debido á extensión da lingua árabe por todo o Oriente Medio e o norte de África a partir do século viii, modernamente adóitanse considerar árabes as persoas que teñen como lingua materna o árabe, sexa cal for a súa orixe étnica ou a súa relixión, e por extensión os naturais dos chamados países árabes, aínda que algúns destes teñen minorías étnicas de lingua non árabe.
A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas.
Haliaeetus leucogaster é unha especie de pigargo, unha grande ave de presa diúrna accipítrida das costas de Australasia e sur e sueste de Asia. Foi descrita orixinalmente por Johann Friedrich Gmelin en 1788 e está moi relacionada coa Haliaeetus sandfordii das illas Salomón, e considérase que as dúas forman unha superespecie. É unha ave moi distintiva, o adulto ten cabeza, peito, cobertoiras da parte inferior das ás e cola brancos.
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica da autora canadense Margaret Atwood, publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos. A novela céntrase na historia da criada Offred.
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Diego Tristán Herrera, nado en La Algaba (Sevilla) o 5 de xaneiro de 1976, é un exfutbolista español. Prolífico dianteiro, marcou preto de 200 goles durante a súa carreira e destacou especialmente no Deportivo da Coruña, club do que é o máximo goleador histórico, con 110 tantos, dous máis que Xosé Manuel Traba. Militou seis anos no club galego, ao que chegou procedente do Mallorca no ano 2000, e gañou con el dúas Supercopas de España e a Copa do Rei 2001/02, marcando o segundo gol na histórica final coñecida como a do Centenariazo.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Lista de etimoloxías dos concellos de Galicia
Nesta páxina recóllense as seccións de Toponimia que analizan a etimoloxía dos nomes dos concellos de Galicia. Para outras localidades, que deberían estar agrupadas na Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía, esta información aparecerá nos seus respectivos artigos.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Un produto é calquera cousa producida (manufactura) por un proceso natural ou por unha actividade humana. Especificamente pode referirse a: En Ciencias da naturezaProduto, nunha reacción química, é o conxunto de substancias que se obteñen ao combinar os reactivos. É dicir, é o material que se forma como resultado dunha reacción química.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro.Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Ankabut-e moqaddas (en persa: عنکبوت مقدس) é un filme de 2022 dirixido por Ali Abbasi, protagonizado por Mehdi Bajestani e Zar Amir Ebrahimi. É unha coprodución entre Dinamarca, Alemaña, Suecia e Francia. Está baseada na historia real de Saeed Hanaei, asasino en serie cuxo obxectivo eran as prostitutas e que matou 16 mulleres entre 2000 e 2001 en Mashhad, Irán.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».