Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O pan (do latín panis) é un alimento básico que forma parte da dieta tradicional en Europa, Oriente Medio, India, América e Oceanía. Adóitase preparar mediante o enfornado dunha masa, elaborada fundamentalmente con fariña de cereais, sal e auga; en ocasións engádense outros produtos para conferirlle determinadas calidades, como especias, froitos secos, froitas confitadas, mel etc. A mestura, na maioría das ocasións, adoita conter lévedos para que fermente a masa e sexa máis esponxosa e tenra.A adición do lévedo provoca a fermentación da masa antes do enfornado, e como consecuencia, proporciónalle volume e esponxosidade debido á produción de pequenas burbullas de dióxido de carbono (CO2) que quedan inmersas entre a masa húmida da fariña.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O fútbol americano é un deporte de conxunto coñecido por mesturar complexas estratexias e un xogo físico moi intenso. Naceu hai máis de 100 anos nos Estados Unidos. É un dos deportes de impacto máis competitivos do mundo onde o xogador require dunha gran disciplina, adestramento físico e preparación mental.
A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países. Historicamente os habitantes das cidades foron unha proporción pequena da humanidade en xeral, mais hoxe, despois de varios séculos de urbanización sen precedentes e acelerada, a metade da poboación mundial vive nas cidades.
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Orzamento ou presuposto é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica. A elaboración dun orzamento permita ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).
Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. Segundo o censo de 2020, Seúl tiña unha poboación de 9,9 millóns de persoas e forma o corazón da Área da capital de Seúl coa metrópole circundante de Incheon e a provincia de Gyeonggi. Considerada unha cidade global e clasificada como unha cidade alfa pola Globalization and World Cities Research Network (GaWC), Seúl foi a 4ª economía metropolitana máis grande do mundo en 2014 despois de Toquio, Nova York e Os Ánxeles.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa. A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Tanglewood Numbers é o quinto álbum de estudio da banda de indie rock Silver Jews, publicado o 18 de outubro de 2005 a través do selo Drag City. Ao igual que en todos os seus outros discos, o principal compositor de Silver Jews e membro constante da banda é David Berman. Neste álbum outros catorce músicos están implicados na creación e na gravación.
As artes escénicas son as artes destinadas ao estudo e/ou práctica de calquera tipo de obra escénica ou escenificación. Toda forma de expresión capaz de inscribirse na escena: o teatro, a danza, a música (especialmente a ópera, o ballet, a zarzuela, o teatro musical, o cabaré, o music hall, os concertos ou recitais, etc.) e, en xeral, calquera manifestación do denominado mundo do espectáculo (show business -farándula-) ou que leve a cabo nalgún tipo de espazo escénico, habitualmente nas salas de espectáculos, pero tamén en calquera espazo arquitectónico ou urbanístico construído especialmente ou habilitado ocasionalmente para realizar calquera tipo de espectáculo en vivo, como ocorre cos espectáculos ambulantes (como o circo, o guión, os tradicionais cómicos da legua e comedia da arte ou o actual teatro rueiro). Outras expresións, como desfiles, procesións de Semana Santa e multitude de ritos relixiosos, festas populares, ou entroidos, teñen unha clara dimensión escénica.
Unha aplicación móbil (app) é unha aplicación informática deseñada para ser empregada en tabletas táctiles, teléfonos intelixentes e outros dispositivos móbiles. Pódense adquirir a través de plataformas de distribución de aplicacións. Algunhas aplicacións son de balde, mentres que outras deben ser mercadas.
Un enderezo postal é a indicación do lugar de envío de correo dunha persoa, empresa ou organismo presentado nun formato codificado que serve para localizar con precisión a localización dun edificio ou calquera outra estrutura habitable, xeralmente utilizando as divisións políticas e os nomes das rúas como referencia e outros identificadores como os números dos edificios e dos andares ou o código postal que serven para unha mellor prestación do servizo de correos. As normas relativas á súa presentación dependen de cada país, variando tamén co tempo, pero en xeral o enderezo debe escribirse no centro dereita do anverso dos sobres, postais ou paquetes embaixo do franqueo. A maioría dos servizos de correos contemporáneos dos países desenvolvidos utilizan máquinas de clasificación que converten os enderezos en códigos de barras para a súa distribución cara ao lugar de destino.
O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús. Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) .
Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot e nada en París en 1934, é unha modelo e actriz francesa, considerada unha icona sexual dos anos 1950s e 1960s. Filla dun industrial, modelo dende os 15 anos, e aparece pola primeira vez en pantalla en 1952 en Le Trou Normand. O filme Et Dieu créa la femme dirixido polo seu home Roger Vadim lanzouna ao estrelato, Bardot foi unha das poucas actrices europeas en recibir atención polos medios de comunicación norteamericanos.
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums.
O Reichstag (en alemán Reichstagsgebäude , abreviado Reichstag) é un edificio localizado no barrio Tiergarten, no arrabalde de Mitte en Berlín, capital de Alemaña. Foi a sede do Reichstag en tempos do II Imperio Alemán (1871-1918) e máis tarde do parlamento da República de Weimar (1919-1933). Dende 1994 reúnese alí cada cinco anos a Convención Federal (Bundesversammlung) para elixir ao presidente de Alemaña (Bundespräsident) e desde 1999 é o lugar de reunión do parlamento alemán (Bundestag).
A sinagoga Pinkas (en checo: Pinkasova synagoga) é a segunda sinagoga sobrevivente máis vella en Praga. As súas orixes son conectadas coa familia Horowitz, unha familia xudía de sona en Praga. Hoxe, a sinagoga é administrada polo Museo Xudeu de Praga e conmemora as 78 000 vítimas xudías checas do Shoah.
Imprimatur ("Que se imprima", en latín) é unha aprobación por parte da xerarquía da Igrexa católica segundo a cal unha obra literaria ou semellante está libre de erros en materia de doutrina e moral e é polo tanto aceptábel para ser impresa e lida polos católicos. O imprimatur é de maior importancia nas obras que tratan da teoloxía e doutrina católicas e introduciuse como medida para reducir a exposición, especialmente dos leigos, á herexía. A presenza do imprimatur foi en tempos un asunto da maior preocupación para moitos católicos.
Para o estado homónimo véxase: Estado do Río de Xaneiro.O Río de Xaneiro, (en portugués: Rio de Janeiro), ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior, funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente.
O iogur é un derivado lácteo, de cor branca, sabor ácido e consistencia semilíquida, obtido da fermentación do leite pola acción de microorganismos acidófilos: estreptococos e lactobacilos. A este método de obtención débelle o nome de leite fermentado ou leite acidificado. Pode elaborarse a partir de calquera tipo de leite, se ben resulta absolutamente predominante o elaborado con leite de vaca.
Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.376.223 artigos e 2.078.989 usuarios, dos cales 14.184 son activos.
Ella Maria Lani Yelich-O'Connor, nada en Devonport, North Shore, Rexión de Auckland, Nova Zelandia, o 7 de novembro de 1996, máis coñecida polo seu nome artístico Lorde (ˈlɔrd), é unha cantautora neozelandesa. O seu primeiro EP, The Love Club, foi lanzado o 22 de novembro de 2012, e o seu primeiro sinxelo, "Royals", debutou no número un do top corenta de Nova Zelandia, e tamén acadou o primeiro posto na Billboard Hot 100 por nove semanas en 2013, converténdose na primeira artista neozelandesa en conseguilo. O seu álbum de estrea, Pure Heroine, foi estreado o 27 de setembro de 2013 e a finais dese mesmo ano foi nomeada ao Grammy en catro categorías, gañando dous dos premios.
Vladimir Andreevich Makogonov, nado en Nakhchivan o 27 de agosto de 1904 e finado en Bakú o 2 de xaneiro de 1993, foi un xogador de xadrez da República Socialista Soviética de Acerbaixán. Viviu en Bakú case toda a súa vida. En 1950 tornouse Mestre Internacional de Xadrez, e en 1987 foi premiado co título de Grande Mestre de Xadrez honorario.
Campionato do mundo de tríatlon 2008
O XX Campionato Mundial de Tríatlon celebrouse en Vancouver (Canadá) o 8 de xuño de 2008 baixo a organización da Unión Internacional de Tríatlon (ITU) e a Federación Canadense de Tríatlon. Os 1,5 km de natación realizáronse na English Bay, os 40 km de bicicleta e os 10 km de carreira desenvolvéronse no Parque Stanley da cidade canadense.
Beat Happening é unha banda estadounidense de indie pop formada en Olympia, Washington en 1982. Calvin Johnson, Heather Lewis e Bret Lunsford veñen sendo os membros permanentes do grupo. Beat Happening foi un dos primeiros líderes dos movementos indie pop e lo-fi estadounidenses, destacando polo seu uso de primitivas técnicas de gravación, o seu desprezo polos aspectos técnicos na creación de música, e por cancións con temas de natureza infantil ou tímida.
"Xustácrino" redirixe aquí. A sinalización xustácrina (ou sinalización dependente de contacto) é un tipo de sinalización célula/célula ou célula/matriz extracelular que se dá en organismos multicelulares, que require un contacto estreito das células. Por tanto, é diferente das sinalizacións nas que se libera unha molécula de sinalización que difunde no espazo extracelular, ou nas que se usan condutos longos como os nanotubos de membrana e citonemas (similares a "pontes"), ou nas que se utilizan vesículas extracelulares como os exosomas ou microvesículas.
a-ha foi unha banda norueguesa de synthpop formada polo vocalista Morten Harket, o guitarrista Paul Waaktaar-Savoy e o tecladista Magne Furuholmen. Tras formaren o grupo en 1982, saíron de Noruega rumbo a Londres co obxectivo de facer unha carreira no mundo da música. O grupo alcanzou pronto grande éxito co seu álbum de estrea: Hunting High and Low, lanzado en 1985.
A ruptura entre Tito e Stalin foi un conflito político e ideolóxico entre os líderes máximos de Iugoslavia e a Unión Soviética, Josip Broz Tito e Iosif Stalin. A principal consecuencia foi a expulsión de Iugoslavia do Kominform (Oficina de Información Comunista) en 1948. Inicialmente parecía que o enfrontamento se debía á «deslealdade ideolóxica» de Iugoslavia cara a URSS e o socialismo marxista, ou ben polo orgullo nacionalista de Tito, que o impedía someterse sen crítica á vontade de Stalin.
The Dubliners é un grupo folk irlandés. Constituíronse como grupo en 1962, na cidade de Dublín (Irlanda). Os seus membros orixinais foron Ronnie Drew (voz , guitarras), Luke Kelly (voz, banjo, guitarra), Barney McKenna (banjo), Ciaran Bourke (frauta irlandesa, harmónica, guitarra, voz) e John Sheahan (violín).
Microsoft Windows é unha familia de sistemas operativos desenvolvidos pola multinacional informática Microsoft Corporation, que comezou a desenvolver unha interface gráfica de fiestras en setembro de 1981. A primeira versión de Windows, a 1.0, saíu ao mercado o 20 de novembro de 1985 coma un xestor de fiestras para o MS-DOS co obxectivo de competir co MacOS de Apple Computer, esta primeira versión de Windows tan só permitía fiestras en mosaico. A partir das versión 95 (e tamén no caso das versións NT), Windows xa non se ten que instalar sobre un DOS se non que o inclúe dentro do seu propio código formando un sistema operativo de seu.
Haliaeetus leucogaster é unha especie de pigargo, unha grande ave de presa diúrna accipítrida das costas de Australasia e sur e sueste de Asia. Foi descrita orixinalmente por Johann Friedrich Gmelin en 1788 e está moi relacionada coa Haliaeetus sandfordii das illas Salomón, e considérase que as dúas forman unha superespecie. É unha ave moi distintiva, o adulto ten cabeza, peito, cobertoiras da parte inferior das ás e cola brancos.
Un produto é calquera cousa producida (manufactura) por un proceso natural ou por unha actividade humana. Especificamente pode referirse a: En Ciencias da naturezaProduto, nunha reacción química, é o conxunto de substancias que se obteñen ao combinar os reactivos. É dicir, é o material que se forma como resultado dunha reacción química.
María José Rodríguez Malmierca
María José Rodríguez Malmierca, nada en Logroño en 1970, é a responsable da Área de E-learning e Colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia dende 1999.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A terceira lei da termodinámica, na súa formulación clásica, debido a Walther Hermann Nernst, estabelece que é imposíbel, por medio dun número finito de etapas (ou estados) atinxir a temperatura do cero absoluto (cero kelvin). Adoita, por isto, recibir tamén o nome de principio da inaccesibilidade do cero absoluto. De forma equivalente: Ao chegar ao cero absoluto, 0 K, calquera proceso nun sistema físico está detido.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Véxase tamén O muíño na cultura popular galega A seguir recóllense os refráns que fan alusión ó pan, sexa pantrigo ou pan de centeo, pero tamén ó trigo, a fariña, o forno, ós panadeiros, etc. Debe terse en conta que en ocasións se utiliza o nome de pan para designar outros gran, como o centeo, e mesmo o cereal aínda no campo. A anguía en empanada e a lamprea escabechada .
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1
The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 é un filme estadounidense dirixido por Bill Condon que foi estreado no 2011. É o primeiro dos dous filmes baseados na novela de Stephenie Meyer Breaking Dawn.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
A Festa do Boi é unha celebración popular característica da localidade de Allariz (Ourense) e consiste en correr un boi polas rúas allarizás, controlado polos mozos grazas a unha corda atada ós cornos. A festa, que se celebra desde o século XVI, faise coincidir coa fin de semana do Corpus Christi. Dende entón tódolos anos saía o boi no Corpus, e aínda que durante a Guerra Civil esta celebración foi suspendida, contra o 1983 un grupo de mozos decidiu recuperar a Festa do Boi.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
San Pedro de Cervás é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ares. Segundo o Instituto Galego de Estatística do ano 2007 tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 582 habitantes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.