Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O dominio de primeiro nivel (en inglés Top Level Domain TLD) é un dos compoñentes dun enderezo de internet, estes van separados por puntos, así por exemplo: gl.wikipedia.org, e precisamente o último é o que se denomina dominio de primeiro nivel, ou TLD. Por exemplo, no nome de dominio "gl.wikipedia.org", "org" é o TLD, ou dominio de primeiro nivel. O sistema de nomes de dominio en internet transforma os nomes de dominio en enderezos IP numéricos, permitindo así referirse a sitios web e outros recursos mediante nomes doados de lembrar en vez dos enderezos IP numéricos, como 207.142.131.245, que identifican cada ordenador. Este Sistema de Servidores de Nomes de Dominio (DNS, de Domain Name Server) constitúe unha xerarquía en forma de árbore: Cada TLD (p.ex.
Jason Mraz, nado o 23 de xuño de 1977, é un cantautor estadounidense de Mechanicsville (Virxinia). Está influenciado polo reggae, pop, rock, folk, jazz, e hip hop. Tocou con grandes artistas como Dave Matthews Band, James Blunt, Gavin DeGraw, Paula Cole, John Popper, Alanis Morissette, Ohio Players, Rachael Yamagata, James Morrison, Lisa Hannigan, John Mayer, Jewel e Colbie Caillat, entre outros.
A dos felininos (Felini) é unha das tribos en que moitos autores dividen a familia dos félidos (Felidae), que engloba a case todos os xéneros da famiia. Hai dous grupos principais de felinos, os gatos con dentes de sabre, da extinta subfamilia dos macairodontinos (Machairodontinae) e os gatos con dentes cónicos. Estes úlimos divídense na subfamilia dos panterinos (Pantherinae), que inclúe aos grandes felinos do xénero Panthera e os leopardos nebulosos do xénero Neofelis, e a dos felinos (Felinae), que inclúe ao resto dos gatos, desde os máis pequenos, dos xéneros Felis e Prionailurus, até os máis grandes, dos xéneros Puma e Acinonyx.
As betaproteobacterias ou Betaproteobacteria (tamén escrito beta-proteobacterias ou proteobacterias beta) é un grupo de bacterias gramnegativas considerado unha clase do filo Proteobacteria.As Betaproteobacteria constan de varios grupos de bacterias aeróbicas ou anearobias facultativas que adoitan ser bastante versátiles nas súas capacidades degradativas, pero que tamén conteñen xéneros qimiolitótrofos (por exemplo, o xénero que oxida amoníaco Nitrosomonas) e algúns fotótrofos (membros dos xéneros Rhodocyclus e Rubrivivax). As Betaproteobacteria interveñen na fixación do nitróxeno en varios tipos de plantas, oxidando o amoníaco para producir nitrito, un importante composto para o metabolismo das plantas. Moitos deles encóntranse en mostras tomadas do medioambiente, xa que viven nas augas ou no solo.
Google Nexus é unha liña de dispositivos móbiles que empregan o sistema operativo Android desenvolvido por Google en colaboración con fabricantes de hardware. Os dispositivos da serie Nexus foron considerados os produtos Android insignia de Google. Non teñen modificacións realizadas polo operador de telefonía, nin polos fabricantes, e ademais teñen un xestor de inicio non bloqueado, para permitir un maior desenvolvemento e individualización do usuario final.
Edimburgo (en inglés: Edinburgh; en gaélico escocés: Dùn Éideann) é a capital e segunda maior cidade de Escocia. A cidade atópase na costa leste de Escocia á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Edimburgo é capital de Escocia dende 1437 e é a sede do goberno escocés.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
Un milímetro de mercurio (símbolo mmHg) ou torricelli (símbolo Torr, así denominada na honra de Evangelista Torricelli), é unha unidade de presión. O milímetro de mercurio defínese como a presión exercida na base dunha columna dun milímetro de mercurio, que ten unha densidade de 13,5951 g/cm3, baixo a acción da gravidade estándar (9,80665 m/s2), é dicir, 133,322 387 415 Pa, mentres que o torr equivale a 1/760 da presión atmosférica estándar, é dicir, 133,322 368 421... Pa (os decimais son periódicos).
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.
Booboo Stewart, nado como Nils Allen Stewart, Jr. o 21 de xaneiro de 1994 en Beverly Hills (condado dos Ánxeles), é un actor, cantante e modelo estadounidense. É coñecido por interpretar a Seth Clearwater na saga Twilight, Warpath en X-Men: Days of Future Past e Jay na franquía de Disney Descendants.
A capela da familia Gadd (en finés Gaddin kappeli) é unha capela funeraria de estilo barroco construída en 1785 situada en Nokiantie 22a, no barrio de Rahola, Tampere (Finlandia). Foi contruída pola familia Gadd, e entre 1785 e 1854 foron enterrados nela un total de 28 membros da familia. Posteriormente retiráronse os corpos da capela e foron trasladados ao camposanto.
Airbus Helicopters SAS (anteriormente Eurocopter Group) é a división de fabricación de helicópteros de Airbus. É a compañía máis grande da industria en termos ingresos e helicópteros de turbina entregados. A súa sede atópase no aeroporto de Marsella Provenza, en Marignane, Francia, preto de Marsella.
Un mapamundi (do latín mappa mundi, «mapa do mundo») é unha representación cartográfica, é dicir, un mapa de toda a superficie da Terra. O material sobre o que se representa adoita ser papel ou pel. Dependendo da súa forma, un mapamundi pode ser un globo terráqueo, que reproduce a escala a forma practicamente esférica; ou un planisferio terrestre, que reproduce a escala o resultado teórico dalgún tipo de proxección xeográfica da esfera terrestre nun plano.
Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020, foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou.
No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias. O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que ven sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas.
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria). Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área): p = F A {\displaystyle p={\frac {F}{A}}} ou p = d F d A {\displaystyle p={\frac {dF}{dA}}} onde: p é a presión F é a compoñente normal da forza. A é a áreaAínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección.
O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. É unha estrela de tipo espectral G2, constituíndo a fonte primaria de enerxía electromagnética do sistema planetario.. A súa masa é de 333 000 veces a da Terra e o seu volume 1 400 000 veces.
Charles Babbage, nado en Teignmouth, Devon, Gran Bretaña, o 26 de decembro de 1791 e finado o 18 de outubro de 1871, foi un matemático inglés e científico protoinformático. Foi a primeira persoa en concibir a idea do que hoxe chamariamos un ordenador. No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos.
Dorothy Faye Dunaway, nada en Bascom (Florida) o 14 de xaneiro de 1941, é unha actriz estadounidense de cinema. Gañou o Óscar de mellor actriz en 1976 co filme Network. Tamén gañou un Premio BAFTA o 1967 polos filmes Bonnie e Clyde e Hurry Sundown Emmy polo filme Columbo: It's All in the Game, de 1994.
Tyra Lynne Banks, nada en Inglewood (California) o 4 de decembro de 1973, tamén coñecida como BanX, é unha personalidade televisiva, produtora, empresaria, actriz, escritora, modelo e cantante ocasional estadounidense. Comezou a súa carreira aos quince anos e foi a primeira muller de orixe afroamericana que apareceu nas portadas de GQ e do número de bañadores de Sports Illustrated, en que apareceu dúas veces. Foi un anxo de Victoria's Secret entre 1997 e 2005.
Aegerten é comuna suíza do Cantón de Berna, situada no distrito administrativo de Biel/Bienne. Limita ao noroeste coa comuna de Brügg, ao nordés coa de Schwadernau, ao sueste con Studen, ao sur con Jens e ao suroeste con Port. No ano 2013 contaba cunha poboación de 1816 habitantes, repartidos nunha superficie de 2,1 quilómetros cadrados.
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022 e a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024.
Na batalla de Chacabuco, acontecida o 12 de febreiro de 1817, as forzas de José de San Martín e Bernardo O'Higgins venceron ás realistas despois de dous anos e medio de ocupación española, período coñecido como a Reconquista. A partir desa vitoria, os españois empezaron a repregarse cara o sur e os seus contrincantes preparáronse para desaloxalos definitivamente de Chile na Batalla de Maipú.
Sky Captain and the World of Tomorrow
Sky Captain and the World of Tomorrow é un filme estadounidense dirixido por Kerry Conran que foi estreado no 2004.
A Mancomunidade Filipina ou Estado Libre Asociado Filipino, segundo tradución ao galego do termo inglés "Commonwealth" pola Constitución portorriqueña, foi a designación de Filipinas desde 1935 a 1946, cando o país formou unha mancomunidade cos Estados Unidos. Antes de 1935, as Filipinas foron unha área insular non mancomunada e anteriormente un territorio da EE.UU. A creación da Mancomunidade ou Estado Libre Asociado, foi segundo a Lei de Independencia Filipina, popularmente coñecida pola Acta Tydings-McDuffie, unha institución provisional durante un período de dez anos, transcorrido o cal, seríalle concedida a plena independencia e soberanía. Supuxo o fin da era colonial e un cambio na denominación do país, pasando do termo tradicional “as illas Filipinas” do período colonial, ao singular “Filipinas” que é un símbolo de unidade, soberanía e identidade nacional.
Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.
Un gas de efecto invernadoiro (ou ás veces, simplemente, gas de invernadoiro) é un gas que absorbe e emite enerxía radiante nas lonxitudes de onda do infravermello térmico, causando o efecto invernadoiro. Os principais gases de efecto invernadoiro da atmosfera terrestre son o vapor de auga (H2O), dióxido de carbono (CO2), metano (CH4), óxido nitroso (N2O) e ozono (O3). Cantidades moderadas de efecto invernadoiro suavizan a temperatura media da Terra e se non existisen estes gases, a temperatura media na superficie da Terra sería de só -18 °C, en lugar da media actual de 15 °C (33 ºC máis).
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Francisco Javier García Gaztelu
Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, nado en Galdakao, Biscaia, o 12 de febreiro de 1966, é membro dirixente da banda terrorista ETA condenado pola xustiza pola súa participación en diversos crimes, como os asasinatos de varios políticos do Partido Popular. Tamén é coñecido polos alias "Jon", "Xabier" e "Otsagi", entre outros.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Alexo Breogán Riobóo Lois, nado na Gándara (Narón) o 28 de xullo de 1986, é un traballador social e político galego vinculado ao pensamento nacionalista. Foi o primeiro Secretario Xeral de Podemos Galicia, cargo que conseguiu logo dunhas eleccións primarias nas que encabezaba a candidatura "Claro Que Podemos Galicia".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
The Almighty foi unha banda escocesa de hard rock/heavy metal formada en Glasgow en 1988. Tres dos seus membros fundadores (Ricky Warwick, Stump Monroe e Floyd London) eran amigosque se coñeceran no colexio. Aínda que as raíces musicais dos seus membros estaban no punk, The Almighty adoptou unha dirección máis orientada ao heavy metal/hard rock nos seus primeiros anos.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
O Tipo 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema. O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo.