Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias. É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet. AD Andorra AE Emiratos Árabes Unidos AF Afganistán AG Antiga e Barbuda AI Anguila AL Albania AM Armenia AO Angola AQ Antártida AR Arxentina AS Samoa Americana AT Austria AU Australia AW Aruba AZ Acerbaixán BA Bosnia e Hercegovina BB Barbados BD Bangladesh BE Bélxica BF Burkina Faso BG Bulgaria BH Bahrein BI Burundi BJ Benín BL Saint-Barthélemy BM Bermudas BN Brunei BO Bolivia BQ Bonaire, San Eustaquio e Saba BR Brasil BS Bahamas BT Bután BV Illa Bouvet BW Botswana BY Belarús BZ Belize CA Canadá CC Illas Cocos CD República Democrática do Congo CF República Centroafricana CG República do Congo CH Suíza CI Costa do Marfil CK Illas Cook CL Chile CM Camerún CN China CO Colombia CR Costa Rica CU Cuba CV Cabo Verde CW Curaçao CX Illa de Nadal CY Chipre CZ Chequia DE Alemaña DJ Djibuti DK Dinamarca DM Dominica DO República Dominicana DZ Alxeria EC Ecuador EE Estonia EG Exipto EH Sáhara Occidental ER Eritrea ES España ET Etiopía FI Finlandia FJ Fidxi FK Illas Malvinas FM Estados Federados de Micronesia FO Illas Feroe FR Francia GA Gabón GB Reino Unido GD Granada GE Xeorxia GF Güiana Francesa GG Guernsey GH Ghana GI Xibraltar GL Groenlandia GM Gambia GN Guinea GP Guadalupe GQ Guinea Ecuatorial GR Grecia GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur GT Guatemala GU Guam GW Guinea-Bissau GY Güiana HK Hong Kong HM Illa Heard e Illas McDonald HN Honduras HR Croacia HT Haití HU Hungría ID Indonesia IE Irlanda IL Israel IM Illa de Man IN India IO Territorio Británico do Océano Índico IQ Iraq IR Irán IS Islandia IT Italia JE Jersey JM Xamaica JO Xordania JP Xapón KE Kenya KG Kirguizistán KH Camboxa KI Kiribati KM Comores KN Saint Kitts e Nevis KP Corea do Norte KR Corea do Sur KW Kuwait KY Illas Caimán KZ Casaquistán LA Laos LB Líbano LC Santa Lucía LI Liechtenstein LK Sri Lanka LR Liberia LS Lesoto LT Lituania LU Luxemburgo LV Letonia LY Libia MA Marrocos MC Mónaco MD Moldavia ME Montenegro MF San Martiño, Francia MG Madagascar MH Illas Marshall MK Macedonia do Norte ML Malí MM Myanmar MN Mongolia MO Macau MP Illas Marianas do Norte MQ Martinica MR Mauritania MS Montserrat MT Malta MU Mauricio MV Maldivas MW Malaui MX México MY Malaisia MZ Mozambique NA Namibia NC Nova Caledonia NE Níxer NF Illa Norfolk NG Nixeria NI Nicaragua NL Países Baixos NO Noruega NP Nepal NR Nauru NU Niue NZ Nova Zelandia OM Omán PA Panamá PE Perú PF Polinesia francesa PG Papúa Nova Guinea PH Filipinas PK Paquistán PL Polonia PM Saint-Pierre-et-Miquelon PN Illa de Pitcairn PR Porto Rico PS Palestina PT Portugal PW Palau PY Paraguai QA Qatar RE Reunión RO Romanía RS Serbia RU Rusia RW Ruanda SA Arabia Saudita SB Illas Salomón SC Seychelles SD Sudán SE Suecia SG Singapur SH Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha SI Eslovenia SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen ) SK Eslovaquia SL Serra Leoa SM San Marino SN Senegal SO Somalia SR Suriname SS Sudán do Sur ST San Tomé e Príncipe SV O Salvador SX Sint Maarten (Países Baixos) SY Siria SZ Eswatini TC Turks e Caicos TD Chad TF Territorios Austrais Franceses TG Togo TH Tailandia TJ Taxiquistán TK Tokelau TL Timor Leste TM Turkmenistán TN Tunisia TO Tonga TR Turquía TT Trinidad e Tobago TV Tuvalu TW Taiwán TZ Tanzania UA Ucraína UG Uganda UM Illas Ultramarinas dos Estados Unidos US Estados Unidos de América UY Uruguai UZ Uzbekistán VA Vaticano VC San Vicente e as Granadinas VE Venezuela VG Illas Virxes Británicas VI Illas Virxes Estadounidenses VN Vietnam VU Vanuatu WF Wallis e Futuna WS Samoa YE Iemen YT Mayotte ZA Suráfrica ZM Zambia ZW CimbabueOs capítulos que derivan deste código son: ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias; ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos; ISO 4217, códigos para unidades monetarias; ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras; ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU);Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.
O bocadillo de salchicha (en inglés: hot dog, ‘can quente’) é un bocadillo quente feito cunha salchicha cociñada, que adoita servirse con mostaza ou ketchup. A salchicha adoita ser do tipo Frankfurt (frankfurter), ou vienesa (wiener) fervida, ou fritida; o pan é mol e con forma alongada. O bocadillo de salchicha foi importado de Alemaña e popularizado nos Estados Unidos, onde se converteu nun alimento de venda na rúa para a clase traballadora.
O Armijas Sporta Klubs Rīga, coñecido popularmente como ASK Riga, é un club profesional de baloncesto letón con sede na cidade de Riga, capital do país. Actualmente xoga na Latvijas Basketbola līga, a máxima categoría do baloncesto letón. O ASK foi o primeiro campión da Copa de Europa (actual Euroliga), torneo que conseguiu en tres ocasións consecutivas, sendo o único equipo en logralo xunto a Jugoplastika.
O hertz (símbolo Hz), tamén chamado hercio, é a unidade derivada do SI para frecuencia, a cal é expresada en termos de oscilacións por segundo (s−1, 1/s). A unidade é nomeada en homenaxe ao físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo do electromagnetismo. O nome foi establecido pola Comisión Electrotécnica Internacional (IEC nas súas siglas inglesas) en 1930.
A ASOBAL, acrónimo da Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (en galego: Asociación de Clubs Españois de Balonmán), é unha asociación deportiva española sen ánimo de lucro fundada en 1984. Por delegación da Real Federación Española de Balonmán, a ASOBAL é a encargada de organizar as catro principais competicións masculinas de clubs do país: a Liga ASOBAL, a Copa ASOBAL, a Copa do Rei e a Supercopa.Na actualidade, a ASOBAL está integrada polos 16 equipos que disputan a máxima categoría do balonmán masculino español, aínda que a pertenza á asociación non é un requirimento indispensable para poder disputar esta categoría.
Genisteae é unha tribo de arbustos da subfamilia Faboideae da familia dos legumes Fabaceae, principalmente cos tres xéneros Chamaecytisus, Cytisus e Genista, porén tamén inclúe outros pequenos xéneros que teñen flores amarelas, mais tamén brancas, rosas ou púrpuras. En Galiza atopamos moitos arbustos pertencentes a esta tribo, coma os toxos ou as xestas.
Atentados do 11 de setembro de 2001
Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia.
Isaac Asimov (Isaak Yudovich Ozimov; en ruso: Исаак Юдович Озимов), nado en Petrovichi o 2 de xaneiro de 1920 e finado en Nova York o 6 de abril de 1992, foi un autor e bioquímico estadounidense nado en Rusia. Trátase dun escritor de éxito e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción e ciencia popular ou divulgación científica. A obra máis famosa de Asimov é a "Saga da Fundación", que despois combinou con dúas das súas outras series, a serie Imperio Galáctico e a serie de Robots.
Dise que un xiro é dextroxiro (do latín dexter, -tra, -trum, 'dereito', 'que está á dereita', e gȳrus, 'xiro') cando se efectúa cara á dereita, é dicir, no mesmo sentido que as agullas do reloxo, en contraposición ao sentido levoxiro. O concepto, tamén coñecido como dextrorrotatorio, pódese usar nos seguintes contextos: En química cualifícase así á substancia que ten a propiedade de facer xirar o plano da luz polarizada cara á dereita, en contraposición ás substancias levoxiras. Véxase isomería, enantiómero e quiralidade.
Marta Gabriela Michetti, nada en Laprida, Buenos Aires, o 28 de maio de 1965, é unha política e licenciada en relacións internacionais arxentina pertencente ó partido Proposta Republicana. O 10 de decembro de 2015 asumiu como vicepresidenta da Nación Arxentina, tras imporse xunto con Mauricio Macri nas eleccións presidenciais de 2015.Anteriormente foi vicexefa de Goberno da Cidade de Buenos Aires até o 20 de abril de 2009, cando renunciou para presentarse como candidata a deputada nacional nas eleccións lexislativas do 28 de xuño, resultando elixida para o mandato 2009-2013. En 2013 foi elixida senadora nacional pola Cidade Autónoma de Buenos Aires e designada xefa do bloque PROL no Senado.
Max Planck, nado en Kiel o 23 de abril de 1858 e finado en Gotinga o 4 de outubro de 1947, foi un físico alemán, considerado como o pai da teoría cuántica. Despois de estudar en Múnic e Berlín, Planck obtivo o seu grao de doutor en 1879. Despois de ocupar o cargo na Universidade de Kiel, Planck foi nomeado profesor de física teórica da Universidade de Berlín no 1899 substituíndo a Kirchhoff, permaneceu aquí ata 1926.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (xuño de 2023) é o número 1 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 10 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2019, 2020, 2021 e 2023), gañador do Torneo de Wimbledon en 6 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018, 2019 e 2021 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016, 2021 e 2023, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013, 2016 e 2021). En 2023 logrou o récord de Grand Slam gañados, 23, co que superou os 22 que lograra Rafa Nadal.
Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007. Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzouno en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias. Foi denominado como o «SMS de Internet».A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres (orixinalmente 140), chamados chíos ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario.
O estramonio (Datura stramonium), tamén coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gurgullo, é unha planta da familia das solanáceas, de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno. Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides, especialmente nos talos e nas nervaduras das follas.
Prison Break é unha serie de televisión estadounidense creada por Paul Scheuring que comezou a emitir a Fox Broadcasting Company o 29 de agosto de 2005. A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e 20th Century Fox Television.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Them Crooked Vultures é un supergrupo de rock alternativo formado nos Ánxeles no ano 2009 polos músicos John Paul Jones (Led Zeppelin), Dave Grohl (Nirvana, Foo Fighters) e Josh Homme (Queens of the Stone Age, Kyuss, Eagles of Death Metal). O grupo tamén contou con Alain Johannes (Queens of the Stone Age, Spinnerette, Eleven) nalgunhas actuacións en directo. A banda comezou a gravar en xullo do 2009 e realizou o seu primeiro concerto o 9 de agosto dese ano en Chicago, facendo a súa estrea en Europa o día 19 de agosto.
Volendam é unha vila en Holanda Setentrional nos Países Baixos, no concello de Edam-Volendam, o cal compón xunto coa vila de Edam. A vila conta con arredor de 22 000 habitantes (en novembro de 2007) e está irmandada con Coventry. Volendam é unha localidade bastante turística, sendo as súas zonas máis visitadas o porto e a zona antiga.
Anna Karenina (en ruso: Анна Каренина), é unha novela do escritor ruso Lev Tolstoi, publicada entre 1873 e 1877. É unha das obras máis senlleiras do autor, canda Voina i mir (Война и мир) [en galego, Guerra e Paz; aínda sen traducir] escrita entre 1867 e 1869. Esta novela romántica está considerada unha das obras cume do Realismo e ten un dos inicios máis coñecidos da literatura universal: "Todas as familias felices son iguais.
Un gas de efecto invernadoiro (ou ás veces, simplemente, gas de invernadoiro ou gas invernadoiro) é un gas que absorbe e emite enerxía radiante nas lonxitudes de onda do infravermello térmico, causando o efecto invernadoiro. Os principais gases de efecto invernadoiro da atmosfera terrestre son o vapor de auga (H2O), dióxido de carbono (CO2), metano (CH4), óxido nitroso (N2O) e ozono (O3). Cantidades moderadas de efecto invernadoiro suavizan a temperatura media da Terra e se non existisen estes gases, a temperatura media na superficie da Terra sería de só -18 °C, en lugar da media actual de 15 °C (33 ºC máis).
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022 e a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O Nissan Trade é un vehículo comercial lixeiro que foi producido dende 1986 até 2001 por Nissan Motor Ibérica S.A., a filial española do fabricante xaponés Nissan. O Trade vendíase en versións furgoneta e chasis-cabina; os vehículos chasis-cabina foron producidos até 1998, namentres que as furgonetas foron fabricadas até 2001.O Nissan Trade lanzouse ao mercado como unha versión renovada dos Ebro serie F / Trade, despois de que Nissan completase a adquisición do fabricante español Ebro. Estes vehículos —cuxa produción se iniciou en 1976— tamén tiñan sido vendidos pola marca española Avia, cos nomes Avia 1000, Avia 1250 e Avia 2000.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A apóutega, mel de raposo, tetos, abuítega,venturiño, ameleira, mel do cuco, chuchamelos, tamén coñecida como póutiga ou apóutiga , de nome científico Cytinus hypocistis, é unha especie de planta parasita que é polinizada polas formigas, pertencente á familia Cytinaceae. Parasita nas raíces de plantas dos xéneros Cistus e Halimium. Atópase principalmente na zona mediterránea, é a especie tipo para o xénero Cytinus.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
William Bradley "Brad" Pitt, nado en Shawnee (Oklahoma) o 18 de decembro de 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Óscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro. Foi descrito como un dos homes máis atractivos do mundo, un feito polo cal recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy autostopista en Thelma e Louise (1991).
A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na Ribeira Sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de España de Montaña e anteriormente tamén o fixo para o Campionato de Galicia de Montaña e para o Campionato de Europa de Montaña.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
1 000 000 000 é un número natural que segue ao 999 999 999 e precede ao 1 000 000 001. A súa representación en notación científica é 1×109 (ou 1×10^9). En termos matemáticos, é a potencia de 10 máis alta que segue sendo menor que a cifra máxima que pode ser representada con 10 díxitos en base decimal.
Màxim Huerta Hernández, nado en Utiel, Valencia o 26 de xaneiro de 1971, é un xornalista, escritor e político español. En xuño de 2018 desempeñou o cargo de ministro de Cultura e Deporte durante seis días até a súa dimisión ó darse a coñecer unha sentenza por fraude fiscal. Foi gañador do Premio Primavera 2014 coa súa cuarta novela, La noche soñada.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Unha peneira é un instrumento formado tradicionalmente por unha caixa de madeira, con fondo de coiro con furados ou ben cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a fariña, a area etc. En galego tamén recibe os nomes de baruto, bortel ou xirgo. O termo cribo, criba ou zaranda refírese a un tipo de peneira que se emprega soamente para zarandear certas sementes, como trigo, chícharos, millo etc., limpándoas daquelas partículas máis grosas que interesa separar.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.