Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen: A cidade é sede do goberno ou da residencia do xefe de Estado.
Pandulfo III de Salerno foi, por poucos días en 1052, un príncipe longobardo de Salerno. Puxérono no trono os cuñados do príncipe Guaimaro IV, tras o seu asasinato nunha conxura, coa axuda dos amalfitanos, o 3 de xuño de 1052. Instigado polos seus mesmos "electores", Pandulfo e os seus secuaces botáronse a cazar os familiares do seu predecesor, que se refuxiaran no Castelo de Arechi.
Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria). Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área): p = F A {\displaystyle p={\frac {F}{A}}} ou p = d F d A {\displaystyle p={\frac {dF}{dA}}} onde: p é a presión F é a compoñente normal da forza. A é a áreaAínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección.
Non confundir coa transdución xenética bacteriana.En bioloxía, a transdución de sinais ten lugar nas células cando unha molécula de sinalización extracelular activa un receptor da superficie celular, o cal á súa vez altera algunhas moléculas intracelulares orixinando unha resposta. Este proceso comprende dúas fases: Unha molécula sinalizadora activa unha proteína receptora específica na membrana celular. Un segundo mensaxeiro transmite os sinais dentro da célula, causando unha resposta fisiolóxica.En cada un destes pasos, o sinal pode ser amplificado.
Unha base de datos é un ficheiro organizado de datos sobre un tema. Nos servizos públicos é empregado como un arquivo para ter un acceso rápido ós os seus datos administrados. En informática, unha base de datos é un ficheiro informático que se emprega para preservar datos de xeito organizado e que permite atopar está información rapidamente cando sexa preciso.
Buffalo Springfield foi un grupo de músico estadounidense-canadense de música rock formado nos Ánxeles en 1966. Entre os membros orixinais estaban Stephen Stills (guitarra, teclado, voz), Dewey Martin (batería, voz), Bruce Palmer (baixo), Richie Furay (guitarra, voz) e Neil Young (guitarra, harmónica, piano, voz). Pioneiros do xénero folk rock, Buffalo Springfield, xunto con The Byrds, mesturaban elementos da música folk e da música country con infuencias británicas.
Denomínase talibán a un movemento político fundamentalista islámico afgán de carácter sunnita que gobernou a maioría do país a partir de 1996 e ata 2001, malia ter recoñecemento diplomático de soamente tres países: os Emiratos Árabes Unidos, Paquistán, e Arabia Saudita, así como do goberno -non recoñecido internacionalmente- da República chechena de Ichkeria.
Ayu-mi-x II Version Jpn, leva ese título debido a que inclúe remixes realizados unicamente por DJs xaponeses. Esta versión contén 12 remixes producidos por, por exemplo, GTS, Yukihiro Fukutomi, Fantastic Plastic Machine, Izumi Miyazaki, e moitos outros. Este álbum foi lanzado o 8 de marzo do ano 2000.
A histona H3 é un dos cinco grandes tipos de proteínas histonas que forman parte da estrutura da cromatina nas células eucariotas. Presenta un dominio globular principal e unha longa cola N-terminal. A H3 forma parte do octámero dos nucleosomas, os cales forman a estrutura de colar de doas da cromatina.
Considérase cinema musical todas aquelas producións cinematográficas que ofrecen cancións ou temas musicais bailables nunha parte fundamental do seu desenvolvemento argumental. O concepto do espectáculo que impera en todos os aspectos da sociedade dos Estados Unidos alcanza un dos seus máximos expoñentes no cinema e, dentro del, nas elaboradas coreografías, as melodías inesquecibles e as obras mestras que deu o xénero musical.Serviu non só para que o cinema alcanzase a madurez técnica ao que sacrificaba o star system do cinema mudo. Serviu tamén para alumar un xénero que até entón tecnicamente non existía.
Valie Export tamén VALIE EXPORT, nada en Linz o 17 de maio de 1940, o seu nome de nacemento é Waltraud Lehner e despois da súa voda Waltraud Höllinger, é unha artista feminista austríaca. O seu traballo inclúe videoinstalacións, performances, cine expandido, animacións de computador, fotografía, escultura e publicacións sobre arte contemporánea. É unha das artistas pioneiras en analizar as políticas de xénero.
Ayu-mi-x 6 -Gold- é un álbum de remixes da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 26 de marzo do ano 2008 (o mesmo día que "Ayu-mi-x 6 -Silver-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. Este é o sexto título da serie de álbums "ayu-mi-x" e o seu primeiro álbum de remixes en catro anos, xa que en 2004 lanzara MY STORY Classical.
O son cubano é un xénero de música e danza que se orixinou nas terras altas orientais de Cuba a finais do século XIX. É un xénero sincrético que mestura elementos de orixe española e africana. Entre os seus compoñentes hispánicos fundamentais están o estilo vocal, o metro lírico e a primacía do tres, derivado da guitarra clásica. Por outra banda, o seu característico ritmo de clave, estrutura de chamada e resposta e sección de percusión (bongó, maracas, etc.) están enraizados en tradicións de orixe bantú.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.
A África Oriental é a parte da África bañada polo Océano Índico e inclúe, non só os países costeiros e insulares, Comores, Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Seychelles, Somalia e Tanzania, senón tamén algúns do interior, como Burundi, Ruanda e Uganda, alén de Cimbabue, Zambia e Malaui, herdeiros da antiga Federación de Rodesia e Niasalandia, que están incluídos nesta definición de subrexión estatística da ONU. Ás veces Sudán e Exipto son tamén considerados parte da África Oriental, como tamén Madagascar e Mozambique, países da África Austral, poden tamén estar considerados parte da África Oriental. Estes países están asociados en varias organizacións: no Mercado Común de África Oriental e Austral (COMESA - Common Market of Eastern and Southern Africa), na Comunidade para o Desenvolvemento de África Austral (SADC é a sigla do nome da organización en lingua inglesa: Southern Africa Development Community), na Comunidade de África Oriental (EAC - East African Community) unha unión política, social e económica cunha historia que remonta á colonización e que agrupa tres estados: Kenya, Tanzania e Uganda.
Unha estación de esquí é unha área preparada para o desfrute da neve. Dispón de pistas de esquí balizadas preparadas por máquinas especiais e clasificadas por cores (verdes, azuis, vermellas, negras) así como pistas de fondo, hoteis para o descanso dos usuarios, remontes para o transporte dos esquiadores a zonas altas e segundo cales diferentes servizos que poden ir desde zona para usar zorras até pistas de patinaxe.
Unha facultade é unha institución docente de estudo e investigación que normalmente constitúe unha subdivisión dunha universidade. Abrangue unha área de estudo concreta ou un conxunto de áreas relacionadas. A antiga Universidade de París, que serviu de modelo para a maioría das universiades medievais de Europa, tiña catro facultades: Teoloxía, Leis, Medicina e Artes.
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un. O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
O músculo (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato") é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada.
Giovanni Morelli nado en Verona, no 25 de febreiro de 1816 e finado en Milán o 28 de febreiro de 1891, foi un historiador da arte e político italiano. Entre 1874 e 1876, baixo o pseudónimo de Ivan Lermolieff, desenvolveu un método de crítica das obras de arte que buscaba identificar as características dun estilo artístico mediante unha análise minuciosa, prestando atención aos detalles. Este método pasou a ser coñecido como método Morelliano, servindo como base para o Método de Investigación Indiciaria.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.Samuel Herman Reshevsky, nado o 26 de novembro de 1911 en Ozorkow (Polonia) e finado o 4 de abril de 1992, en Nova York, Estados Unidos, foi un xogador de xadrez. Foi un dos máis fortes grandes mestres de América e do mundo.
Eliades Ochoa Bustamante, nado en La Loma de la Avispa, Songo - La Maya, o 22 de xuño de 1946, é un guitarrista e cantante cubano. Intérprete de música tradicional cubana dende a súa infancia, gañou fama na década de 1970, como líder do Cuarteto Patria, e máis tarde como unha das estrelas do Buena Vista Social Club.
As Catacumbas de París (en francés, Les Catacombes) é un dos cemiterios máis famosos de París, capital de Francia. Componse dunha rede de túneles e cuartos subterráneos localizados no que, durante a era romana, foron minas de pedra calcaria. As minas foron convertidas nun cemiterio común a finais do século XVIII. No presente, consérvase como un osario que acolle máis de seis millóns de esqueletos humanos, a maior concentración deste tipo en Europa.A súa visita oficial comprende as minas do décimo cuarto distrito de París.
Mauro Baldi, nado o 31 de xaneiro de 1954, en Reggio Emilia, Italia é un expiloto de Fórmula 1 que correu para os equipos Arrows, Alfa Romeo e Spirit. Comezou a súa carreira nos rallys en 1972 e comezou a competir en circuítos en 1975 coa Copa Renault 5 de Italia. En 1980 converteuse nun dos mellores pilotos de Fórmula 3, gañando o Gran Premio da F3 de Mónaco e o Campionato de Europa da Fórmula 3 da FIA de 1981 con oito vitorias.
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
O Simca 1000 foi un modelo de automóbil familiar producido polo fabricante francés Simca entre 1961 e 1978 e polo fabricante español Barreiros entre os anos 1965 e 1978. Pertencía ó segmento de turismos familiares con 4 portas, motor traseiro e tracción traseira. O motor de 944 cc producía 52 cabalos de potencia.
Unha banda de mulleres é un grupo musical na música popular que está exclusivamente formado por músicos femininos. Trátase dun concepto distinto a un girl group, no cal os membros femininos son unicamente vocalistas, aínda que esta terminoloxía non é moi estrita. Mentres que as bandas formadas totalmente por homes son moi comúns en moitas escenas do pop e do rock, as bandas de mulleres son pouco habituais.
Os New York Yankees son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede no barrio do Bronx, Nova York. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Leste da American League (AL). Os Yankees son un dos dous equipos ddas ligas maiores que posúe a cidade de Nova York, sendo o outro os New York Mets.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
As arrestinas (abreviadas Arr) son unha pequena familia de proteínas importante na regulación da transdución de sinais en receptores acoplados á proteína G. As arrestinas descubríronse como parte dun mecanismo de dous pasos conservado para regular a actividade dos receptores acoplados á proteína G (GPCRs) no sistema da rodopsina visual grazas aos traballos de Hermann Kühn, Scott Hall e Ursula Wilden e no sistema β-adrenérxico en experimentos realizados por Martin J. Lohse e colaboradores.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O complexo adaptador AP2 é unha proteína multimérica que funciona na membrana plasmática internalizando un cargamento por medio de endocitose mediada por clatrina. É un complexo estable de catro adaptinas que dan lugar a unha estrutura que ten un dominio central e dous dominios apéndices unidos ao dominio central por enlazadores polipeptídicos. Estes dominios apéndice chámanse ás veces 'orellas'.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 197.725.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Carlo Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 31 de maio de 1996, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no FC Porto, do Campionato Portugués. É irmán máis vello dos xemelgos bivitelinos Bruno e Roberto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O noongar (/ˈnʊŋɑːr/; tamén coñecido como nyungar /ˈnjʊŋɡɑːr/) é unha lingua aborixe australiana ou continuo dialectal, falado por algúns membros do pobo noongar. É ensinado activamente en Australia, incluíndo en escolas, universidades e transmitido en medios públicos. A terra dos noongar é a esquina de suroeste de Australia Occidental.
Malaysia Airlines Berhad (MAB) (malaio: Penerbangan Malaysia Berhad), anteriormente coñecida como Malaysian Airline System (MAS) (malaio: Sistem Penerbangan Malaysia), comercializada como Malaysia Airlines, é unha aeroliña malaisia que opera voos dende o aeroporto de Kuala Lumpur e dende centros de conexións secundarios en Kota Kinabalu e Kuching cara destinos en Asia, Oceanía e Europa. Malaysia Airlines é a aeroliña nacional de Malaisia e membro da alianza Oneworld. A sede da aeroliña atópase no aeroporto de Kuala Lumpur.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022 e a Real Academia Galega o Día das Letras Galegas do ano 2024.