Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social do Goberno de España desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta terceira desde marzo de 2021. Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016.
.at é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Austria. Posúe varios dominios de segundo nivel: .gv.at - para institucións gobernamentais (o seu rexistro está controlado pola Chancelaría Federal de Austria) .ac.at - para institucións académicas e educativas (controlado pola Universidade de Viena) .co.at - indicado para compañías (rexistro sen restrición ningunha) .or.at - indicado para organizacións (rexistro sen restrición ningunha)De todos os xeitos, é posible facer un rexistro directamente no segundo nivel. Dado o número de palabras inglesas que rematan en -at, isto dá pé a posibilidade de moitas domain hacks, aínda que a especulación dos nomes de dominio fixo que xa non quede moito que rexistrar xa.
Un xogo é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.
A ISO 3166-2 é a segunda parte do estándar da ISO 3166. É un sistema geocode creado para cifrar os nomes de subdivisións dos países (entidades territoriais), así coma tamén as Áreas dependentes. O obxectivo do estándar é estableces unha serie mundial de abreviaturas curtas para os lugares, para o seu uso en etiquetas de paquetes, envases e outros obxectos semellantes.
O URL (siglas de Uniform Resource Locator; en galego, localizador uniforme de recursos) é un texto curto que identifica calquera recurso (servizo, páxina, documento, enderezo de correo eletrónico, enciclopedia...) accesible nunha rede. Un concepto similar é o de URI (o L cambia por un I, de identificador).
Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 2013
A 41ª edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns terá lugar o ano 2013 nas localidades angolanas de Luanda e Namibe, sendo a primeira vez que se dispute a competición en África.
O Ano Novo Chinés (chinés tradicional=农历新年, chinés simplicado=農曆新年, pinyin=nónglì xīnnián, máis coñecido na China, como a Festa da Primavera (春节, 春節, chūnjíe), é a máis importante das festividades tradicionais chinesas, baseado no calendario chinés, que é un lunisolar, o que fai que varíe a data segundo o calendario gregoriano entre o 21 de xaneiro e o 20 de febreiro.
Adam Bernard Mickiewicz, nado en Zavosse o 24 de decembro de 1798 e finado en Constantinopla o 26 de novembro de 1855, foi un poeta e nacionalista polaco cuxa obra marca o comezo do Romanticismo no seu país. Coñéceselle sobre todo como o autor do poema dramático Dziady e a epopea nacional Pan Tadeusz, a cal é considerada a último gran epopea da nobreza polaco-lituana. Hai un gran debate sobre a nacionalidade do poeta.
Un selo discográfico é unha empresa que se dedica a realizar gravacións de música, así como a comercialización e distribución das mesmas. Ademais, encárgase de producir artistas de calquera xénero musical, lanzar novos cantantes, proporcionar o necesario como a produción de videoclips, álbums, a promoción na radio, descargas de cancións dende Internet, realizar concertos, entre outras tarefas de difusión.
Os sete outeiros de Roma (italiano: Sette colli di Roma, latín: Septem colles/ montes Romae) ó leste do río Tíber forman o corazón xeográfico da cidade de Roma, dentro dos muros da cidade. Os sete outeiros son: Outeiro Aventino (latín, Aventinus; italiano, Aventino) Outeiro Celio (Cælius, Celio) Outeiro Capitolino (Capitolinus, Campidoglio) Outeiro Esquilino (Esquilinus, Esquilino) Outeiro Palatino (Palatinus, Palatino) Outeiro Quirinal (Quirinalis, Quirinale) Outeiro Viminal (Viminalis, Viminale)O Outeiro Vaticano (en latín Collis Vaticanus) ó noroeste do río Tíber, o Outeiro Pincio (latín Mons Pincius), que están ó norte, e o Outeiro Xanículo (latín Ianiculum), cara ó oeste, non se contan entre os sete outeiros tradicionais.
En lingüística textual, a unidade temática, significativa e pertinente, máis pequena dun texto denomínase motivo. Ás máis das veces o motivo coincide cunha palabra presente no texto; pero, de cando en cando, pode identificarse cun anaco do significado da palabra, é dicir cun sema, ou cun sintagma ou cunha frase na cal non figura a palabra coa cal designamos o motivo. Cando o motivo se reitera ó longo da obra e asume nela un papel preciso, falarase, por analoxía coa música, de leitmotiv (por exemplo a chuvia é un leitmotiv en A Esmorga de Eduardo Blanco Amor).
Un vilán é unha persoa malvada, especialmente na ficción. Os viláns son personaxes de ficción, ou quizais personaxes novelados, en dramas e melodramas que exercen a maldade deliberadamente e se enfrontan ó heroe. Como tales, os viláns son un recurso argumental case inevitable, e máis que os heroes, elementos cruciais sobre os que xira a trama.
Samsung (en hangul: 삼성; en hanja: 三星; en coreano: Samseong) é unha das máis fortes e recoñecidas empresas de Corea do Sur a nivel mundial e líder en diversas ramas da industria electrónica e a industria en xeral. Samsung Electronics, fundada en 1969, é o membro máis grande do Grupo Samsung, que é á vez unha das compañías de aparellos eléctricos máis importantes ao redor do mundo. Fundada en Daegu, Corea do Sur, opera en ao redor de 58 países e ten máis de 208.000 empregados.
En matemáticas, os máximos e mínimos dunha función, coñecidos colectivamente como extremos dunha función, son os valores meirandes (máximos) ou máis pequenos (mínimos) que toma unha función nun punto situado xa sexa dentro dunha rexión en particular da curva (extremo local) ou no dominio da función na súa totalidade (extremo global ou absoluto). De maneira máis xeral, os máximos e mínimos dun conxunto (como se define en teoría de conxuntos) son os elementos maior e menor no conxunto, cando existen. O localizar valores extremos é o obxectivo básico da optimización matemática.
Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América
O Tribunal Supremo dos Estados Unidos (en inglés, Supreme Court of the United States), é o tribunal máis alto existente nos Estados Unidos de América. Como tal, o Tribunal é a cabeza do Poder Xudicial dos Estados Unidos. O Tribunal está formado por un Xuíz Presidente (Chief Justice) e oito Xuíces Asociados (Associate Justices), que son nomeados polo presidente dos Estados Unidos e confirmados co "consello e consentimento" do Senado dos Estados Unidos.
A Orde da Compañía de María Nosa Señora é unha orde relixiosa católica adicada á educación. As relixiosas engaden ás iniciais O.D.N (en latín: Ordinis Dominae Nostrae) ao final dos seus nomes. Foi fundada en Bordeos (Francia) en 1607 por Xoana de Lestonnac sendo a primeira orde feminina que tiña como finalidade o ensino da muller.
A carga útil é a carga valiosa dun vehículo. Na exploración espacial e en avións militares, a carga útil considérase a capacidade de carga (transporte, persoal, municións) sen contar co combustible.A carga útil está intimamente ligada á autonomía do vehículo, a maior autonomía reuqerida a carga útil debe ser sacrificada por combustible e ó revés.
Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias. Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos).
De facto é unha locución latina que significa "de feito" e que se utiliza sobre todo por cuestións legais para referirse a aquelas materias ou situacións que aínda que non están no dereito ou na lei están admitidas na práctica. Contrasta coa locución de iure, que se utiliza cando si está oficializada pola lei ou o dereito.
O nome é a designación ou denominación verbal (as denominacións non verbais son estudadas pola iconoloxía e a iconografía) que se lle dá a unha persoa, animal, cousa, ou concepto tanxible ou intanxible, concreto ou abstracto, para distinguilo doutros. Como signo, en xeral é estudado pola semiótica, e como signo nunha contorna social, pola semioloxía.
A psicanálise é unha disciplina fundada por Sigmund Freud que agrupa tres tipos de reflexións e de estudos: un conxunto de teorías nacidos da experiencia analítica, a metapsicoloxía; unha serie de métodos de investigación das significations inconscientes da lingua, do comportamento ou das producións da imaxinación; unha psicoterapia, a cura psicanalítica.A psicanálise, como disciplina creada para tratar enfermidades mentais, baséase na revelación do inconsciente. O seu campo de acción é o da psicoterapia que procura elucidar a través dun proceso de asociacións as conexións entre os compoñentes inconscientes dos procesos mentais dos pacientes. Na psicanálise clásica, a materia fundamental da psicanálise son os patróns inconscientes da vida conforme son revelados a través das asociacións libres do analizando.
Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.
Sesame Street é un programa infantil de televisión estadounidense dirixido a nenos en idade preescolar, coñecido pola combinación de educación e entretemento, empregando uns monicreques coñecidos como the Muppets creados por Jim Henson, a animación, as curtas, o humor, e a utilización de referencias culturais. En Galicia emitiuse desde 1979 e durante os anos oitenta do século XX en castelán e en Televisión Española cunha versión española chamada Barrio Sésamo. Na versión española, ademais dos monicreques internacionais: Big Bird (Caponata), Ernie and Bert (Epi e Blas), Elmo, Grover (Coco), Cookie Monster (Triqui ou Monstro das Galletas), Kermit the Frog (a Ra Gustavo), e Count von Count (o Conde) apareceron personaxes nacionais que acadaron gran sona, uns humanos e dous monicreques: O ourizo Espinete e o papagaio Don Pimpón.
Selección de fútbol sub-19 de España
A selección de fútbol sub-19 de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española menores de 19 anos, que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, no Campionato europeo da UEFA Sub-19. É unha das categorías inferiores da selección de fútbol de España e naceu en substitución da selección sub-18, previamente creada en 1952, xa que en competicións oficiais, esa categoría pasou a sub-19 en 2002 para a UEFA. É a vixente campioa do Europeo sub-19 e a selección máis laureada do campionato con seis títulos continentais conquistados desde o inicio do torneo para categoría sub-19 en 2002.
En probabilidade e estatística, a desviación típica ou estándar é a medida máis común de dispersión. De xeito sinxelo, mide como están de dispersos os valores nunha colección de datos. Máis raramente aparece referida como desviación padrón ou desvío (típico, estándar, padrón...).A desviación estándar está definida como a raíz cadrada da varianza.
As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas que evolucionaron do latín vulgar entre os séculos III e VIII. Tamén son coñecidas como neolatinas ou romances. As cinco linguas románicas con maior número de falantes nativos son o castelán (480 millóns de falantes), o portugués (270 millóns), o francés (77 millóns), o italiano (65 millóns) e o romanés (24 millóns). Das principais lingua románicas, o italiano é a máis achegada ó latín, seguido polo castelán, o romanés e o portugués, sendo a máis diverxente o francés.
Swervedriver é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Oxford en 1989 ao redor dos membros principais Adam Franklin e Jimmy Hartridge. Entre 1989 e 1998 a banda publicou catro álbums de estudio e numerosos EPs e sinxelos, a pesar de pasar por varias formacións, representantes e selos. En 1993 a banda estableceu unha formación composta por Franklin nas voces e na guitarra, Hartridge na guitarra, Jez Hindmarsh na batería, e Steve George no baixo.
O grande incendio de Roma foi un gran lume urbano que se produciu en Roma no ano 64. Causou unha gran devastación durante seis días antes de ser controlado. Diferentes fontes acusaron o emperador Nerón de iniciar o lume, mentres que outras afirman que organizou medidas para contelo e prestar axuda ós refuxiados.
O día festivo, ou día feiral, é aquel que non é día laborable, no ámbito laboral, que non é día hábil, no ámbito procesual, podendo ser o domingo (na maioría dos países do mundo), o sábado (nos países influídos pola cultura xudía) ou o venres (nos países influídos pola cultura islámica), ademais doutros días declarados festivos. Ademais, un día festivo é unha data do calendario que é resaltada de forma especial e habitualmente adoita ser feiral. Todas as culturas e nacións celebran diferentes eventos durante o ano, en datas específicas de tipo cultural, político ou relixioso.
If These Trees Could Talk é unha banda estadounidense de post-rock instrumental procedente de Akron, Ohio. O grupo autoeditou o su EP de estrea, If These Trees Could Talk, no ano 2006. O selo independente The Mylene Sheath re-editouno en vinilo no ano seguinte e tamén publicou o seu primeiro álbum, Above the Earth, Below the Sky, en 2009.
A Doutrina Kirkpatrick foi unha doutrina política exposta pola Embaixadora de Estados Unidos Jeane Kirkpatrick ante as Nacións Unidas nos anos oitenta para xustificar, no contexto da guerra fría, o sostén dos Estados Unidos a ditaduras do Terceiro Mundo que eran anticomunistas. Kirkpatrick aseguraba que os estados prol-soviéticos eran réximes totalitarios mentres as ditaduras prol-occidentais eran autoritarios. Kirkpatrick indicaba que os réximes totalitarios eran máis estables que os réximes autoritarios, e polo tanto teñen unha maior propensión a influír nos estados veciños.
A App Store é un servizo para o iPhone, iPod Touch, e o iPad, creado por Apple Inc, que permite aos usuarios buscar e descargar aplicacións, desenvolvidas co iOS SDK e publicadas por Apple. Estas aplicacións están dispoñibles para ser compradas ou gratuítas, dependendo de cada unha. As aplicacións poden ser descargadas directamente ao iPhone o ao iPod Touch por medio dunha aplicación do mesmo nome.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O conflito sexual intralocus é un tipo de conflito sexual que ocorre cando un locus xenético contén alelos que teñen efectos opostos sobre a fitness de cada sexo, de tal maneira que un alelo mellora a fitness do macho (a expensas das femias), mentres que o alelo alternativo mellora a fitness das femias (a expensas dos machos). Tales polimorfismos "sexualmente antagonistas" son xerados en último extremo por dúas forzas: (i) os papeis reprodutivos diverxentes de cada sexo, como os conflitos sobre a estratexia de apareamento óptima, e (ii) o xenoma compartido de ambos os sexos, que xera correlacións xenéticas positivas entre sexos para a maioría dos caracteres. A longo prazo, o conflito sexual intralocus resólvese cando evolucionan mecanismos xenéticos que desacoplan as correlacións xenéticas entre sexos entre os caracteres.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alexia: Labor Omnia Vincit (tamén coñecida simplemente como Alexia, e estilizada como A L E X I A) é unha miniserie documental española de deporte sobre a xogadora de fútbol Alexia Putellas. Estreose en Amazon Prime Video o 30 de novembro de 2022, onde conta cunha versión subtitulada en galego. A serie segue a traxectoria de Putellas durante un ano entre o seu primeiro e o seu segundo Balón de Ouro.
Frente Obrero é un partido político español, inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior coas siglas FO o 13 de marzo de 2019, de ideoloxía republicana e federal. A pesar de que dende varios medios de comunicación considéraselles partidarios do comunismo, o partido rexeita esta ideoloxía e opta por denominarse fronte de masas, co fin de «chegar a máis sectores na súa loita política». Tamén rexeita a dicotomía da esquerda e a dereita, adoptando o que se coñece como terceira posición.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
42 segundos é un filme español-andorrano de 2022 dirixido por Àlex Murrull e Dani de la Orden, e escrito por Carlos Franco. Está protagonizado por Álvaro Cervantes e Jaime Lorente como Manel Estiarte e Pedro García Aguado respectivamente. É unha dramatización da participación do equipo nacional masculino de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
O wallisiano ou ʻuveano é unha lingua polinesia falada na illa de Wallis (tamén coñecida como ʻUvea). A lingua tamén é coñecida como uveano do leste para distinguila da lingua uveana do oeste falada na illa de Ouvéa, preto de Nova Caledonia. Esta illa foi colonizada dende a illa de Wallis no século XVIII. Indíxena da illa de Wallis, a lingua tamén é falado en Nova Caledonia dende a década de 1950 por mor da migración de moitos wallisianos (especialmente en Nouméa, Dumbéa, La Foa e Mont Dore).
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Sevilla o 9 de marzo de 1951, foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española. Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que quedase rezagado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.