Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
María Antonia Xosefa Xoana de Habsburgo-Lorena (en alemán Maria Antonia Josepha Johanna von Habsburg-Lothringen; en francés Marie Antoinette Josèphe Jeanne de Habsbourg-Lorraine), nada en Viena o 2 de novembro de 1755 e morta na guillotina en París o 16 de outubro de 1793, máis coñecida so o nome de María Antonieta de Austria, foi princesa real de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, raíña consorte de Francia (1774-1793) polo seu matrimonio con Luís XVI. Era a irmá de Xosé II de Habsburgo e de Leopoldo II de Habsburgo. Foi alcumada dende a súa chegada a Francia l'Autrichienne (unha paronomasia en francés das palabras autrichienne, que significa 'muller austríaca' e autre-chienne, que significa 'outra cadela') e, máis tarde, Madame Déficit.
Para o artigo sobre a parroquia do concello de Santiso, véxase Novela Unha novela é un xénero literario narrativo xeralmente en prosa e dunha extensión que pode ser considerable onde se explican uns feitos de ficción que expón relacións, accións e condutas humanas a partir duns personaxes, unha ambientación, un narrador e un punto de vista. Poden aparecer descricións e diálogos para embelecer, aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na Idade Moderna.
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
O post-rock é un subxénero do rock alternativo caracterizado polo uso de instrumentos comunmente asociados á música rock, pero utilizando ritmos, harmonías, timbre e progresións de acordes que non adoitan atoparse neste tipo de música. Os músicos post-rock acostuman producir música instrumental. Don Caballero e Tortoise estaban entre as bandas máis prominentes que se describiron como post-rock nos anos 90, pero os seus estilos eran moi diferentes, a pesar de ser bandas instrumentais que se centraban nas guitarras e nas baterías.
Anton Pavlovich Chekhov (en ruso: Антон Павлович Чехов), nado en Taganrog (Rusia) o 29 de xaneiro de 1860 e finado en Badenweiler (Alemaña) o 14 ou 15 de xullo de 1904, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno considerado un dos máis grandes escritores de todos os tempos. A súa carreira como dramaturgo produciu catro clásicos, e os seus mellores relatos son moi apreciados por escritores e críticos. Xunto con Henrik Ibsen e August Strindberg, Chekhov é frecuentemente referido como unha das tres figuras fundamentais do nacemento do primeiro modernismo no teatro.
Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses.
Cómpre non confundir esta Xunta coa Xunta Suprema de GobernoA Xunta Suprema Central foi un órgano de goberno formado o 25 de setembro de 1808 que acumulou os poderes executivo e lexislativo españois durante a ocupación napoleónica de España. Nela había representantes das Xuntas que se formaran nas provincias españolas como, entre outras, a que se formou na provincia de Sevilla o 27 de maio de 1808, que se chamou nun comezo Xunta Suprema de España e Indias, ou na da Coruña que o 5 de xuño do mesmo deu lugar á Xunta Suprema do Reino de Galicia. Ambas as dúas tiveron un papel moi importante na resistencia militar do sur e o noroeste de España, respectivamente, así como na comunicación con Inglaterra e coas colonias americanas.
Os baruya son unha tribo que vive no interior de Papúa Nova Guinea, e constitúen un dos clans dominantes da súa zona. Teñen unha economía basicamente agrícola, se ben tamén practican a caza pero nun sentido máis ben simbólico. A súa sociedade non posúe estamentos sociais, se ben existe unha clara distinción entre homes e mulleres, estando estas totalmente subordinadas.
No sistema circulatorio, unha vea (do latín vēna, -ae) é un vaso sanguíneo que leva sangue en dirección ao corazón. Os vasos que cargan sangue para fóra do corazón denomínase arterias. O estudo das veas e as doenzas das veas coñécese co nome de fleboloxía (dos elementos flebo-, do grego φλέψ, φλεβός phléps, phlebós, "vea", "vaso sanguíneo", e -loxía, do grego λόγοσ lógos, "palabra", "tratado") e é unha disciplina que ven sendo desenvolvida a través dunha variedade de científicos de diferentes áreas.
The Adventures of Rain Dance Maggie
"The Adventures of Rain Dance Maggie" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo e funk rock Red Hot Chili Peppers. É o primeiro sinxelo do seu álbum I'm With You.
Un palacio ou pazo é, ou foi, a residencia do Xefe do Estado ou outra figura pública de alto rango, como membros da nobreza ou do alto clero. Moitos palacios transformáronse para outros usos, como Parlamentos, museos ou hoteis. A palabra úsase tamén para describir edificios luxosos que non son, ou non foron, residencia de figuras públicas, como Palacio da Música, Palacio da Ópera, e mesmo non tan luxosos, como os Palacios de Deportes.
Titus Petronius Niger, máis coñecido como Petronio (Petronius Arbiter en latín), nado cara ao ano 27 en Marsella (Galia) e finado cara ao ano 66 en Cumae, foi un escritor romano. No ano 66 foi acusado de participar na conspiración de Piso, co obxectivo de asasinar a Nerón. De feito, pretendía el mesmo tornarse emperador de Roma.
Museo de Belas Artes de Boston
O Museo de Belas Artes de Boston (en inglés, Museum of Fine Arts, Boston, MFA) é un dos museos máis grandes dos Estados Unidos e contén a segunda colección permanente máis grande no hemisferio occidental, trala do Museo Metropolitano de Arte en Nova York. O director actual do museo é Matthew Teitelbaum.Foi creado no ano 1870 e inaugurouse en 1876, cunha gran parte das súas coleccións tomada da galería de arte do Ateneo de Boston. Atópase na Avenida Huntington de Boston, Massachusetts dende o ano 1909.
O termo alternancia pode referirse a: En lingüística, a alternancia é un proceso polo cal non existe unha definición formal dun parámetro ou categoría lingüística. As situacións de alternancia sincrónica son expresión dunha evolución diacrónica en marcha; Tamén en lingüística, a alternancia vocálica é o cambio da vogal radical na conxugación dun verbo; En política, a alternancia no poder existe cando dous partidos maioritarios van substituíndose mutuamente no goberno (bipartidismo); En electricidade, a alternancia é unha estrutura da corrente con dirección variable. A súa voltaxe é normalmente estable: en España a corrente alterna doméstica ten un valor nominal de 230 volts.
Un hospital (do latín hospitālis) é un lugar onde se atenden enfermos, para avaliar o diagnóstico e fornecer o tratamento que precisen. Existen diferentes tipos de hospitais, segundo o tipo de patoloxías que atenden: hospitais xerais, hospitais psiquiátricos, xeriátricos, materno-infantís etc. Dentro dos hospitais tamén existen as diferentes ramas de medicina como son; os otorrinos, oftalmólogos, cardiólogos, odontólogos figuran entre os pertencente a hospitais xerais.
"Hump de Bump" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo e funk rock Red Hot Chili Peppers. É o quinto e derradeiro sinxelo do seu álbum Stadium Arcadium, editado no ano 2006. Foi ademais o último sinxelo lanzado con John Frusciante coma guitarrista, quen deixou a banda dous anos máis tarde.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
Sir Richard Owen, nado en Lancaster, Reino Unido o 20 de xullo de 1804 e finado en Londres o 18 de decembro de 1892, foi un biólogo, paleontólogo e anatomista comparativo inglés, coñecido, entre outras cousas, por ser o introdutor en Inglaterra da anatomía transcendental e por definir con precisión o concepto homoloxía
O CGA, siglas de Color Graphics Adapter ("adaptador de gráficos a cor"), é un estándar gráfico. Foi creado en 1981 para superar as limitacións do sistema MDA, permitindo traballar con modos gráficos (16 cores e resolución de 160x100, 4 cores e resolución de 320x200 e 2 cores e resolución de 640x200). En modo texto a pantalla dividiase en 25 filas de 80 columnas.
Iwakuni (岩国市, いわくにし, Iwakuni-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado na parte sur-leste da prefecura, e na area da provincia histórica de Suō e suroeste da rexión de Chūgoku, extremo oeste da illa de Honshū. Ten 873,78 km² de superficie e unha poboación de 145.225 habitantes (2009).
Northern Exposure foi unha serie de televisión norteamericana que emitiu a CBS entre 1990 e 1995, cun total de 110 episodios. A serie estaba ambientada nun pequeno e remoto lugar de Alasca chamado Cicely e comeza cando chega Joel Fleischman (Rob Morrow), un xudeu de Nova York, que fixo a carreira de medicina grazas a unha bolsa de estudos do estado de Alasca e segundo as condicións da bolsa está obrigado a exercer durante catro anos en Alasca. En España a serie emitiuna a segunda canle de TVE co título de Doctor en Alaska, en castelán.
Robert Gordon Orr, nado en Parry Sound o 20 de marzo de 1948 é un xogador de hóckey sobre xeo canadense retirado, recoñecido como un dos mellores de todos os tempos. Orr empregaou a súa velocidade sobre os patíns e as habilidades para facer xogo para revolucionar a posición de defensa. Xogou na National Hockey League (NHL) durante 12 temporadas, dez cos Boston Bruins, ás que seguiron dúas cos Chicago Black Hawks.
"Udzima wa ya Masiwa" (que en comoriano quere dicir "A Unión das Grandes Illas") é o himno nacional das Comores. Foi adoptado logo da independencia en 1978, sendo escrito por Said Hachim Sidi Abderemane, quen tamén compuxo a música, xunto con Kamildine Abdallah. Mayotte (que é reclamada polas Comores, pero que está baixo administración francesa) tamén é mencionada na letra.
Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.
As Illas Cocos ou Illas Keeling (Cocos Islands Malay: Pulu Kokos (Keeling)), oficialmente o Territorio das Illas Cocos (Keeling) (/ˈkoʊkəs/; Cocos Islands Malay: Pulu Kokos (Keeling)), é un territorio externo australiano no Océano Índico, que comprende un pequeno arquipélago aproximadamente a medio camiño entre Australia e Sri Lanka e relativamente preto da illa indonesia de Sumatra. O dobre nome do territorio (oficial desde a incorporación das illas a Australia en 1955) reflicte que historicamente as illas foron coñecidas como Illas Cocos' ou Illas Keeling' . O territorio consta de dous atois compostos por 27 illas de coral, das cales só dúas: West Island e Home Island, están habitadas.
Myspace é un servizo de rede social virtual fundado nos Estados Unidos, que pon gratuitamente á disposición dos seus membros rexistrados un espazo web personalizado, que permite crear un blog, mostrar as súas composicións musicais e difundir información de tipo persoal, sobre gustos, afeccións etc. O site posúe tamén un sistema de mensaxería que facilita a comunicación entre os seus membros. Unha das maiores achegas deste espazo é a posibilidade que dá de albergar numerosos sites de grupos musicais e dj's dos estilos musicais máis variados, procedentes de múltiples países.
Aspergillus é un xénero de fungos ascomicetos que consta de varios centos de especies de mofos ou balores que se poden atopar en varios climas de todo o mundo. Aspergillus foi catalogado por primeira vez en 1729 polo crego e biólogo italiano Pier Antonio Micheli. Ao ver o fungo ao microscopio Micheli atopoulle un parecido coa forma dun hisopo de auga bendita (aspergillum en latín), do latín spargere, 'asperxer', e nomeou o xénero de acordo con iso.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos, Ourol, o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
Un escritor ou unha escritora é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas. Considérase que os primeiros escritores dos que se sabe o nome foron Ptahhotep (séculos XXV a XXIV antes da Nosa Era, que escribiu en exipcio) e Enheduanna (séc. XXIII antes da Nosa Era, escritora en sumerio), sendo esta última o primeiro poeta do que existe rexistro do seu nome.Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera persoa escritora, pero o termo adoita restrinxirse ás persoas que desenvolven esta faceta como actividade profesional.
A crema catalá é unha sobremesa moi típica da cociña catalá consistente nunha crema pasteleira con base de xema de ovo que se acostuma cubrir superficialmente cunha capa de azucre caramelizado, o que lle dá un contraste crocante. Cómese durante todo o ano, mais en Cataluña é costume o día de San Xosé, o 19 de marzo, polo que tamén ten o nome de crema de Sant Josep.
O axolote (do náhuatl clásico: āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum. Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.
Acme (do grego ακμή akmé, 'punta', 'cumio', 'vigor', a través do latín científico acmē) pódese referir a: En medicina:a fase de maior intensidade no desenvolvemento dunha enfermidade (sendo, neste sentido, sinónima de climax). na febre, a máxima temperatura acadada.En paleontoloxía: o punto culminante do desenvolvemento dunha especie, ou outro taxon, no curso da súa evolución.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O hóckey é un deporte, ou familia de deportes, que consiste no enfrontamento entre dous equipos no cal, os xogadores, valéndose dun stick ou pau de madeira, teñen que levar unha bóla dura ou disco de caucho até a portería contraria para anotar un gol. Existen varias modalidades mais as principais son estas catro: sobre patíns, sobre patíns en liña, sobre herba e sobre xeo.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
O Aeroporto de Antalya (IATA: AYT, ICAO: LTAI) é un aeroporto internacional turco situado a 13 km ao nordés do centro da cidade de Antalya. É un gran destino durante a tempada estival europea debido a que se atopa na costa mediterránea do país. No asno 2016 pasaron polo aeroporto un total de 18 741 659 pasaxeiros, sendo o terceiro máis concorrido de Turquía e o 30º de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Un DVD ou deuvedé (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Fernando Calvet Prats, nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico catalán, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.
Aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen
O aeroporto de Istanbul-Sabiha Gökçen (IATA: SAW, ICAO: LTFJ) é un dos dous aeroportos internacionais que serven a Istanbul, a cidade máis grande de Turquía (o outro é o aeroporto de Atatürk. Situado a 35 km ao sueste do centro da cidade, Sabiha Gökçen atópase na parte asiática e é centro de conexións para Pegasus Airlines, ademais dunha base para Turkish Airlines e Borajet. Foi bautizado na honra de Sabiha Gökçen, a primeira piloto de combate de Turquía e filla adoptiva de Mustafa Kemal Atatürk, o presidente fundador da República de Turquía.
Unha planta rubideira ou planta gateadora é aquela que medra suxeitándose nun soporte, ben enrolándose, ben a través de órganos fixadores especiais. As rubideiras non se manteñen erguidas por si mesmas, necesitando doutra planta, un muro, un penedo, unha parra, un espaller, unha pérgola, unha rede etc. Para iso poden utilizar órganos como gabiáns, raíces adventicias etc.
A síndrome de Patau, tamén coñecida como trisomía no par 13, trisomía D ou síndrome de Bartholin-Patau, é unha doenza xenética resultado da presenza dun cromosoma 13 suplementario. Esta síndrome é a trisomía reportada menos frecuente na especie humana. Foi observada por primeira vez por Thomas Bartholin en 1657, pero non foi ata 1960 cando a descubriu o doutor Klaus Patau.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que foi estreado no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara. Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.