Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo H
O Grupo H da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: Bélxica, Alxeria, Rusia e os Corea do Sur. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Bélxica, invicta con 9 puntos, e Alxeria, que con 4 puntos pasa de rolda por vez primeira, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Rusia, con 2 puntos, e Corea do Sur, con 1 punto.
Oxford University Press (OUP; en galego: "Imprenta da Universidade de Oxford") é unha coñecida empresa editoral universitaria do Reino Unido. É a editora universitaria máis importante do mundo; figura entre os vinte e cinco primeiros grupos editoriais internacionais e é a segunda editora independente máis antiga en activo, despois de Cambridge University Press. Trátase dun departamento da Universidade de Oxford, dirixido por un grupo de quince investigadores graduados de Oxford nomeados polo reitor da universidade, que constitúen o consello de administración, coordinados por un director executivo, que é o máximo representante da entidade.As súas publicacións están dispoñibles baixo dúas denominacións: "Oxford University Press", para a maior parte do catálogo, e "Clarendon", para determinadas obras de prestixio.
Un condensador é un compoñente electrónico pasivo que consiste nun par de condutores separados por un dieléctrico (illante) o polo baleiro. Cando existe unha diferenza de potencial (voltaxe) entre os condutores, créase un campo eléctrico estático no dieléctrico que almacena enerxía e produce unha forza mecánica entre os condutores. Un condensador ideal caracterízase por un único valor constante, capacitancia, medido en faradios.
As células bipolares da retina son un tipo de neuronas cuxo corpo celular se encontra na capa nuclear interna da retina do ollo, situadas entre os fotorreceptores (conos e bastóns) e as células ganglionares. Actúan, directa ou indirectamente, transmitindo sinais desde os receptores ás células ganglionares.
Abbas Kiarostami (persa: عباس کیارستمی), nado en Teherán o 22 de xuño de 1940 e finado en París o 4 de xullo de 2016, foi un director de cine, guionista e produtor iraniano. Un activo cineasta dende 1970, Kiarostami ten realizado máis de corenta filmes, incluíndo curtametraxes e documentais. Kiarostami foi louvado pola crítica por dirixir a Triloxía de Koker (1987–94), Close-Up (1990), Ta’m-e gīlās (1997) (premiado coa Palma de Ouro no Festival de Cannes), e The Wind Will Carry Us (1999).
Le jeune Karl Marx é un filme de temática histórica do ano 2017 sobre a vida de Karl Marx dirixido polo haitiano Raoul Peck, escrito polo mesmo Peck e Pascal Bonitzer, e o papel do protagonista representado por August Diehl. Foi presentado no Festival de Cine de Berlín, do 9 ao 19 de febreiro de 2017.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
O fastback é un tipo de carrozaría que se define porque a parte traseira do coche ten unha única pendente desde o teito ata o parachoques da parte traseira e o vidro traseiro está case horizontal e paralelo á cola, formando un plano continuo, dependendo de como se incorpore a función ao estilo individual é moi similar ao estilo kammback.Algúns modelos (como o Ford Mustang) comercializáronse especificamente como fastback, a miúdo para diferenciar o modelo doutros estilos de carrozaría (por exemplo, modelos cupé) da mesma gama de modelos. O cupé de 4 portas é unha ferramenta de marca común que se emprega hoxe en día para describir os sedáns fastback.
The Hunger Games é unha novela de ciencia ficción escrita pola estadounidense Suzanne Collins que foi publicada en 2008. Está escrita en primeira persoa na voz dunha adolescente de 16 anos, Katniss Everdeen, que vive na nación postapocalíptica de Panem, no que outrora foran os Estados Unidos de América. O Capitolio, unha metrópole moi avanzada, exerce o control político sobre o resto do nación.
Los Angeles Daily News, tamén coñecido como Daily News of Los Angeles, é o segundo xornal que máis circula nos Ánxeles, California. É o principal xornal de Los Angeles Newspaper Group, parte da empresa de Digital First Media, que ten a súa base de operacións en Colorado. As oficinas de Daily News atópanse situadas en Woodland Hills, e a maioría dos seus lectores son do Val de San Fernando.
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo.
Al-Andalus (en árabe: الأندلس) foi o nome dado á Península Ibérica polos seus conquistadores islámicos do século VIII, sendo empregado para se referiren á península independentemente do territorio politicamente controlado polas forzas islámicas. Inicialmente integrado na provincia norteafricana do imperio omeia, o Al-Andalus sería un emirato (756–929) e posteriormente un califato independente do poder abbásida (929–1031). Coa disolución do califato en 1031, o territorio pulverizouse en varios reinos de Taifas.
O Servizo Nacional de Parques (en inglés: National Park Service) é unha axencia do Goberno Federal dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Interior. Foi fundado o 25 de agosto de 1916. Esta entidade é responsábel da xestión de 58 parques nacionais e de 333 outros locais de interese histórico, cultural e natural.
O esquema Ponzi é un unha operación fraudulenta de investimento na que se prometen anormalmente altos réditos a custa do capital procedente de novos investidores máis que dos beneficios reais da operación. Constitúe unha forma sofisticada do venda piramidal que forma unha burbulla económica destinada ó colapso. O esquema débelle o nome a Charles Ponzi, un inmigrante italiano nos Estados Unidos, quen utilizou esta técnica na década de 1920, aínda que non foi el quen a inventou, pois xa Charles Dickens a describiu nunha das súas novelas.
A citoglobina (ou histoglobina) é unha globina respiratoria que consta no home de 190 aminoácidos, producida polo xene CYGB, situado no cromosoma 17. A diferenza doutras globinas específicas de tecido, como a hemoglobina producida polos glóbulos vermellos, a mioglobina do músculo, e a neuroglobina do sistema nervioso, esta proteína é ubicua e exprésase en todos os tecidos do organismo.
A dinastía Song foi unha dinastía que gobernou China de 960 a 1279, e que debeu a súa existencia a un oficial novo que pensou que tivera unha visión que significaba, segundo dixo, que un novo emperador sacaría a China das mans do emperador Kung-ti, da dinastía Chou. Os seus colegas pensaron que aquilo quería dicir que o seu xeneral, Chan Kuang-yin, sería o novo emperador, e proclamárono como novo gobernante co nome de Sung Tai Tsu. A dinastía Song pode ser dividida en dous períodos: o do Song do Norte (北宋) de 960 a 1127, que se refire ao período en que a capital do Imperio chinés estaba na cidade setentrional de Kaifeng; e o do Song do Sur (南宋), de 1127 a 1279, que comezou cando o Imperio perdeu o control de Kaifeng e do norte da China a mans da Dinastía Jin.
Illa inaccesible é un volcán extinguido (activo por última vez fai seis millóns de anos) co pico Cairn alcanzando 449 m. A illa ten 14 km2 de superficie, no Océano Atlántico Sur a 45 km ao suroeste de Tristan da Cunha. Forma parte do arquipélago de Tristán dá Cunha, que é parte do territorio de ultramar do Reino Unido coñecido como Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha.
Willard Herman Scott, Jr., nado en Alexandria, Virxinia o 7 de marzo de 1934 e finado en Delaplane, Virxinia, o 4 de setembro de 2021, foi un actor, presentador, cómico e personalidade da radio estadounidense. Foi máis coñecido polo seu traballo en televisión en Today e como o creador e intérprete orixinal de Ronald McDonald.
Matthias Jakob Schleiden, nado en Hamburgo o 5 de abril de 1804 e morto en Francoforte do Meno o 23 de xuño de 1881, foi un célebre botánico alemán autor, xunto ao seu compatriota e amigo o fisiólogo Theodor Schwann, da teoría celular. Un ano despois de que Schleiden publicara a súa teoría celular das plantas, o Schwann estendeuna aos animais, unificando así a botánica e a zooloxía baixo unha teoría común. Schleiden foi un dos primeiros científicos alemáns en adherirse ás teses evolucionistas de Charles Darwin.
A Wikipedia en castelán é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua castelá. Foi creada o 11 de maio de 2001, acadando os 100 000 artigos o 8 de marzo de 2006 e o 1 000 000 de artigos o 16 de maio de 2013. Esta versión da enciclopedia contén 1.881.920 artigos e 6.909.810 usuarios, dos cales 13.879 son activos.
A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico. A poesía ten unha longa historia que se remonta á Epopea de Gilgamesh sumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como o Shijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como os Vedas sánscritos, os Gathas zoroastras ou os poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea.
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
Proteína quinase activada por mitóxeno
Unha proteína quinase activada por mitóxeno (ou MAP quinase ou MAPK polas súas siglas en inglés) é un tipo de proteína quinase que é específica para os aminoácidos serina e treonina (é dicir, é unha serina/treonina proteína quinase) e actúa sobre determinadas proteínas. As MAPK interveñen nas respostas celulares a un conxunto diverso de estíímulos, como os mitóxenos, estrés osmótico, shock térmico e citrocinas proinflamatorias. Regulan funcións celulares como a proliferación celular, expresión xénica, diferenciación celular, mitose, supervivencia celular e apoptose.As quinases MAP encóntranse só en eucariotas, pero son moi diversas e encóntranse en animais, fungos e plantas e tamén en moitos eucariotas unicelulares.
O termo clúster aplícase aos conxuntos ou agrupacións de computadoras construídas por medio da utilización de compoñentes hardware comúns e compórtanse como se fosen unha única computadora. Hoxe en día xogan un papel moi importante coa finalidade de solucionar problemas científicos, de enxeñaría, biomédico etc.
O Gran Premio de Mónaco de 1990 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 27 de maio de 1990 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1990. A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna que liderou todas as voltas da carreira pilotando un McLaren MP4/5B. Foi a terceira vitoria de Senna no Gran Premio de Mónaco.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
As linguas nahuas ou aztecas son aquelas linguas da familia uto-azteca que sufriron un cambio fonético, coñecido como lei de Whorf, que cambiou unha *t orixinal por /tɬ/ antes de *a. Posteriormente, algunhas linguas nahuas cambiaron esta /tɬ/ a /l/ ou a /t/, pero aínda se pode ver que a lingua pasou por unha etapa /tɬ/. A lingua nahua máis coñecida é o náhuatl.
Este artigo trata do que aprende aos deportistas os fundamentos dunha disciplina deportiva, para o encargado de domesticar animais véxase Adestrador de animais.Un adestrador ou preparador é o técnico que prepara fisicamente a deportistas e asume a dirección do xogo. No caso de deportes de equipo, é o encargado de designar os xogadores que participan e asignarlles a súa función, podendo estar asistido por un ou máis axudantes.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A National Audubon Society ou Audubon (Sociedade Nacional Audubon) é unha organización ecoloxista sen ánimo de lucro dedicada á conservación da natureza localizada nos Estados Unidos e incorporada en 1905. Audubon é unha das máis antigas deste tipo de organizacións no mundo e utiliza a ciencia, a educación e a defensa das súas bases para progresar na súa misión conservacionista. O seu nome déuselle en honor ao ornitólogo e naturalista franco-americano John James Audubon, que pintou, catalogou e describiu as aves de Norteamérica no seu famoso libro Birds of America publicado por partes entre 1827 e 1838.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.090.
O panarabismo (en árabe: العروبة) é unha ideoloxía política que defende a unificación dos países de África do Norte e Asia Occidental, dende o océano Atlántico até o mar Arábigo, os cales son coñecidos colectivamente como mundo árabe. Está estreitamente conectado co nacionalismo árabe, que defende a idea de que os árabes constitúen unha única nación. A súa popularidade acadou o seu cumio durante as décadas de 1950 e 1960.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Aspergillus fumigatus é unha especie de fungos ascomicetos do xénero Aspergillus e é unha das especies máis comúns dese xénero que causa enfermidades en individuos con inmunodeficiencia. Aspergillus fumigatus é un saprótrofo moi común ns natureza wue se atopa normalmente nos solos e materia orgánica en descomposición, como moreas de compost, onde desempeña un papel esencial na reciclase do carbono e do nitróxeno. Colonias do fungo producen conidióforos, que liberan miles de diminutos conidios (esporas) verde agrisadas de 2–3 μm, que facilmente se transportan polo aire.
O Trofeo Teresa Herrera de 1976 foi a 31ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña entre o 13 e o 15 de agosto de 1976. O campión foi o Real Madrid, que derrotou na final ao Cruzeiro brasileiro, logrando o seu cuarto título.O danés Henning Jensen, que facía o seu debut co Real Madrid, foi elixido mellor xogador do torneo.
Non confundir coa fonte-monumento dos Cabalos da Praza de España en Vigo, nin coa Fonte dos Cabalos de Lalín.A Fonte das Pratarías, máis coñecida coma Fonte dos Cabalos (tamén Fonte dos Catro Cabalos ou dos Hipocampos) é unha fonte monumental de estilo barroco compostelán, obra de J. Pernas do ano 1825 que se atopa no centro da praza das Pratarías, na cidade vella de Santiago de Compostela. Está formada por catro cabalos que botan auga pola boca, por riba dos cales se ergue un pedestal coa Arca Marmórica rematado cunha figura feminina co brazo alzado sostendo a estrela de Compostela. O seu significado ten suscitado diferentes interpretacións ao longo dos anos, mais crese que se trata dunha alegoría á cidade de Compostela.
Mundial de Fútbol de 2010 - Fase final
A fase final da Copa do Mundo de Fútbol de 2010 celebrada en Suráfrica enfrontou aos campións e subcampións dos diferentes grupos da primeira fase. Así pois, dous equipos de cada grupo, dun total de dezaseis, enfrontáronse nunha primeira rolda a partido único, pasando os vencedores do mesmo aos cuartos de final. Despois de eliminatorias sucesivas xogouse a final cos dous equipos que pasaron tódalas roldas.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
San Fiz pode referirse a varios santos do cristianismo: Fiz I, papa da igrexa católica no século III.Como topónimo pode referirse a: San Fiz, parroquia do concello da Veiga; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz Vello, lugar de dita parroquia; San Fiz de Amarante, parroquia do concello de Antas de Ulla. San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Cerdeiras, parroquia do concello de Begonte; San Fiz de Rubián, parroquia do concello de Bóveda; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Asma, parroquia do concello de Chantada; San Fiz de Monfero, parroquia do concello de Monfero; San Fiz de Paz, parroquia do concello de Outeiro de Rei; San Fiz de Cangas, parroquia do concello de Pantón; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Reimóndez, parroquia do concello de Sarria; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Vilapedre, parroquia do concello de Sarria; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz de Quión, parroquia do concello de Touro; San Fiz, lugar de dita parroquia; San Fiz, lugar da parroquia do Ribeiro no concello de Bande; San Fiz, lugar da parroquia de Veiga no concello da Bola; San Fiz, lugar da parroquia de Cadeliña no concello de Chandrexa de Queixa; San Fiz, lugar da parroquia de Paradela no concello do Corgo; San Fiz, lugar da parroquia de Entrambasaugas no concello de Guntín; San Fiz, lugar da parroquia da Xesta no concello de Lalín; San Fiz, lugar da parroquia de Lourenzá no concello de Lourenzá; San Fiz, lugar da parroquia de Mogor no concello de Mañón; San Fiz, lugar da parroquia de Armeses no concello de Maside; San Fiz, lugar da parroquia de Marcelle no concello de Monforte de Lemos; San Fiz, lugar da parroquia de Moredo no concello de Palas de Rei; San Fiz, lugar da parroquia de San Xurxo de Piquín no concello da Ribeira de Piquín; San Fiz, lugar da parroquia de Loureiro no concello de Samos; San Fiz, lugar da parroquia da Laxe no concello do Saviñao; San Fiz, lugar da parroquia de Margaride no concello de Silleda; San Fiz, lugar da parroquia de Soutomaior no concello de Taboadela; San Fiz, lugar da parroquia de Puga no concello de Toén; San Fiz, lugar da parroquia de Román no concello de Vilalba; O Castro de San Fiz, lugar da parroquia de Pontellas no concello de Betanzos.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Bamboo Airways (vietnamita: Hãng Hàng không Tre Viêt) é a aeroliña nacional de Vietnam. Fundada en 2017 co nome Cong ty hang khong Tre Viêt, a compañía estableceuse como unha empresa estatal en abril de 2018. Bamboo Airways ten a súa sede no distrito Quy Nhob de Binh Dinh, e ten centros de conexións no aeroporto Phu Cat e no aeroporto de Noi Bai.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Francisco Vera (cuxo nome completo é Francisco Javier Vera Manzanares) nado en Villeta en 2009, é un neno prodixio e activista de cambio climático colombiano. Recibiu numerosas ameazas de morte debido ao seu activismo. No ano 2022, publicou o seu primeiro título, co título: ¿Qué es el cambio climático?
A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).