Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
Organización sen ánimo de lucro
Unha organización sen ánimo de lucro (OSAL), tamén denominada unha organización non lucrativa (ONL) ou unha organización sen fins de lucro (OSFL) é unha entidade cuxo fin non é a consecución dun beneficio económico. Adoitan ter a figura xurídica de asociación, fundación, mutualidade ou cooperativa (as cooperativas poden ter ou carecer de ánimo de lucro) e polo xeral reinvisten o excedente da súa actividade en obra social.
A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda.
Lista das canles de YouTube máis subscritas
Esta lista das canles de YouTube máis subscritas enumera as 50 canles con máis subscritores no portal de vídeos estadounidense YouTube. Desde outubro de 2005 é posíbel subscribirse a canles de YouTube. T-Series ten 246 millóns de subscritores sendo, a data de 28 de xullo de 2023, a canle de YouTube máis subscrita.
Estado de agregación da materia
En física, un estado de agregación da materia é cada unha das diferentes formas en que a materia pode existir. Hai catro estados observables da materia na vida cotiá: sólido, líquido, gas e plasma. Sábese que existen moitos estados intermedios, como o cristal líquido, e algún deses estados estados só existen baixo condicións extremas, como o condensado de Bose-Einstein.
Chámase tenor o cantante que ten o rexistro agudo da voz masculina. Diferénciase do barítono (de voz lixeiramente mais grave) polo seu timbre claro e brillante. A verba tenor vén do latín tenere: ‘sustentar’, debido a que na música eclesiástica do renacemento, o tenor sostiña notas largas mentres que outras voces cantaban melismas vocais.
O Señor dos Aneis (en inglés: The Lord of the Rings) é unha triloxía épica de fantasía escrita por J. R. R. Tolkien. A historia comezou como unha secuela da novela de fantasía de Tolkien de 1937 O hobbit, mais finalmente converteuse nunha obra moito maior. Escrita por etapas entre 1937 e 1949, O Señor dos Aneis é un dos libros máis vendidos de tódolos tempos, con máis de 150 millóns de copias vendidas.O título da novela refírese ó principal antagonista da historia, o señor escuro Sauron, que na idade antiga creou o Anel Único para dominar os outros Aneis de Poder como a arma definitiva na súa campaña por conquistar e gobernar toda a Terra Media.
Ladies and Gentlemen We Are Floating in Space
Ladies and Gentlemen We Are Floating in Space é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de space rock Spiritualized, publicado o 16 de xuño de 1997 a través do selo Dedicated Records. O álbum conta coas colaboracións do Balanescu Quartet, The London Community Gospel Choir e Dr. John.
Claustra Alpium Iuliarum (en galego, "Barreira dos Alpes Xulianos"; é o termo para se referir á rexión montañosa máis ampla desde os Alpes Xulianos ata o Golfo de Kvarner) que formaba parte do sistema de defensa dentro do Imperio romano entre Italia e Panonia e que protexía a Italia das posibles invasións do Leste. Asegurou a porta de Postojna, o enlace terrestre entre a parte oriental e occidental do imperio e, polo tanto, a Claustra representou unha defensa fronteiriza interior do imperio. A diferenza dunha muralla lineal, o Claustra consistía nunha serie de fortificacións interconectadas co seu centro en Castra ad Fluvium Frigidum (na zona da actual cidade de Ajdovščina, o val de Vipava); outras fortalezas importantes foron Ad Pirum na actual meseta Hrušica e Tarsatica, hoxe unha parte da cidade de Rijeka.
Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn, nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch, en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen, Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante". A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.
A coloración estrutural, observada en animais e nunhas poucas plantas, é a produción de cor por superficies estruturadas microscopicamente suficientemente finas como para interferir coa luz visible en vez de por medio de pigmentos, aínda que algunhas coloracións estruturais se producen en combinación con pigmentos. Por exemplo, as plumas da cola do pavón están pigmentadas de marrón, pero a súa estrutura microscópica fai que tamén reflictan o azul, o turquesa e a luz verde, e a miúdo son iridescentes. A coloración estrutural describírona por primeira vez os científicos ingleses Robert Hooke e Isaac Newton, e o principio no que se basea, a interferencia de ondas, explicouna Thomas Young un século máis tarde.
John Dee, nado o 13 de xullo de 1527, en Towe Ward (Londres) e finado a finais de 1608 ou principios de 1609, en Mortlake (Surrey), foi un alquimista, ocultista, matemático, astrónomo, astrólogo, ocultista, imperialista, navegante galés e consultor da raíña Isabel I de Inglaterra. Adicou parte da súa vida ao estudo da alquimia, filosofía hermética e adiviñación. Dee incursionou nos mundos da ciencia e da maxia a pesar de estar distinguidos os conceptos nese tempo.
O termo Estela ou estela pode referirse a: ArteEstela, monumento en forma de lápida, pedestal ou cipo.BotánicaEstela, patrón que presentan os feixees de xilema e floema no corte transversal do caule, a raíz ou o pecíolo das plantas.Física e químicaEstela, pegada que deixa tras de si un obxecto en movemento. Estela de condensación, pegada que deixa tras de si un avión de motor a reacción.XeografíaEstelas, arquipélago galego no concello de Nigrán. Estela, freguesía da cidade portuguesa de Póvoa de Varzim.
O punjabi (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este. Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa. Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos.
Finding Nemo (en galego, Atopando a Nemo) é unha película de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañadora dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse en Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión está baseado nun argumento de Andrew Stanton.
Arik Air é unha aeroliña nixeriana que opera unha rede de voos domésticos, rexionais e internacionais. Na actualidade é a aeroliña máis grande de Nixeria e tamén a aeroliña nacional de Serra Leoa. Opera principalmente dende dous centros de conexión no Aeroporto Internacional Murtala Muhammed, en Lagos, e o Aeroporto Internacional Nnamdi Azikiwe, en Abuja.
Á busca do tempo perdido (en francés: À la recherche du temps perdu) é unha novela dividida en sete volumes escritos por Marcel Proust. É considerada a súa obra máis destacada, coñecida pola súa lonxitude e polo seu tema da memoria involuntaria, sendo o máis famoso exemplo o do "episodio da madalena" que ocorre a comezos do primeiro volume. O primeiro volume da novela, Pola banda de Swann, foi traducido ó galego por Xesús Riveiro Costa e publicado por Edicións Xerais no ano 2005.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
A velocidade do son é a dinámica de propagación das ondas sonoras. Na atmosfera terrestre é de 343.2 m/s, 1 235.52 km/h (a 20 °C de temperatura). A velocidade ou dinámica de propagación da onda sonora depende das características do medio no que se realiza dita propagación e non das características da onda ou da forza que a xera.
Park Avenue (antes Fourth Avenue, en galego Cuarta Avenida) é unha ampla avenida de Nova York, que se estende de norte a sur de Manhattan. Está cortada pola Grand Central Station que delimita Park Avenue North con Park Avenue South. A avenida é na súa maior parte paralela a Madison Avenue, situada ao oeste e a Lexington Avenue situada ao leste.
O Tupolev Tu-75 foi unha versión de transporte militar do bombardeiro Tu-4, que tamén tivo unha versión de pasaxeiros, o Tu-70. Ámbolos dous usaban unha nova fuselaxe deseñada para o seu novo rol. Foi o primeiro avión militar soviético da súa clase e estaba equipado cunha rampla de carga na parte traseira da fuselaxe.
O teorema do coseno é unha xeneralización do teorema de Pitágoras para triángulos non rectángulos que se utiliza, normalmente, en trigonometría. O teorema relaciona un lado dun triángulo cos outros dous e co coseno do ángulo formado por estes dous lados: Dado un triángulo ABC, sendo α, β, γ, os ángulos, e a, b, c, os lados respectivamente opostos a estes ángulos, entón: c 2 = a 2 + b 2 − 2 a b cos ( γ ) {\displaystyle c^{2}=a^{2}+b^{2}-2ab\,\cos(\gamma )} Na maioría dos idiomas, este teorema é coñecido co nome de teorema ou lei dos cosenos, denominación non obstante relativamente tardía. En francés leva o nome do matemático persa Ghiyath al-Kashi que unificou os resultados dos seus predecesores.
Laberinto de pasiones é unha película de 1982 escrita e dirixida polo director de cine español Pedro Almodóvar. Neste segundo traballo que dirixiu Almodóvar, este segue o seu estilo irreverente, utilizando desta vez o universo underground da época tamén nas escenas musicais. Trátase dunha comedia onde o propio Almodóvar fai unha actuación.
Líbano (/ˈlɛbənɒn, -nən/, árabe: لُبْنَان), oficialmente a República do Líbano (árabe: الجمهورية اللبنانية) ou a República Libanesa, é un país de Asia Occidental. Está situado entre Siria ata o norte e o leste e Israel ata a o sur, mentres que Chipre atópase ao seu oeste atravesando o Mar Mediterráneo, a súa localización na encrucillada da Conca do Mediterráneo e do interior árabe contribuíu á súa rica historia e deu forma á unha identidade cultural de diversidade relixiosa. Forma parte da rexión do Levante de Oriente Medio.
Abū Nuwās al-Ḥasan ibn Hānī al-Ḥakamī (en árabe: ابونواس; en persa: ابونواس), nado en 756 e finado en 814,a e coñecido como Abū Nuwās, foi un dos maiores poetas clásicos en lingua árabe, que en ocasións tamén compuxo en persa. Nado na cidade de Ahvaz da moderna Irán, era fillo de pai árabe e nai persa. Converteuse nun mestre de tódolos xéneros contemporáneos da poesía árabe, pero a súa reputación baseouse na poesía báquica (خمريات jamriyyat), e cara o amor homosexual (مذكرات mudhakkarat).
O Bach-Werke-Verzeichnis ou BWV (Catálogo de Obras de Bach) é o sistema de numeración usado para identificar as composicións musicais de Johann Sebastian Bach. O prefixo BWV, seguido polo número de obra, é a identificación das obras de Bach. As obras deste catálogo están agrupadas temáticamente, non cronoloxicamente.
A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
Tor (The Onion Router) é un software libre que permite a comunicación anónima a través de internet. Orixinalmente desenvolvido pola US Naval Research Laboratory, Tor converteuse nun proxecto da Electronic Frontier Foundation (EFF) a fins de 2004 e ata novembro de 2005. Actualmente desevólveo The Tor Project, unha asociación sen fins de lucro.
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne. Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne.
Manhua, en chinés simplificado 漫画, en pinyin Mànhuà, é o nome que recibe a banda deseñada na China e Taiwán. No resto do mundo, a palabra úsase para definir a totalidade dos cómics producidos no país. Aínda que as narracións gráficas análogas ás bandas deseñadas existiron nese territorio ao longo da súa historia imperial, o termo manhua apareceu por primeira vez en 1904 nunha obra titulada shishi manhua, no xornal de Shanghai Jingzhong.O termo tamén inclúe formatos tradicionais específicos do país como Lianhuanhua.
Os recursos naturais son substancias que se dan naturalmente no ambiente. O termo xurdiu por vez primeira na década de 1970, por E.F. Schumacher no seu libro titulado Small Is Beautiful. O termo "recurso" refírese a unha inmensidade de materias primas que existen no planeta e aquelas que o ser humano pode utilizar.
Salmón como nome común pode referirse a: Salmón, calquera especie do xénero de peixes Salmo; Salmón común, a especie máis común do xénero (Salmo salar). Salmón, unha cor.Como apelido pode referirse a: Federico Salmón, político español asasinado nas matanzas de Paracuellos. Chico Salmón, un xogador de béisbol de Panamá.
Dominio de primeiro nivel xeográfico
Un dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) é un dominio de Internet usado e reservado para un país ou territorio dependente. Existen uns 243 ccTLD, cunha lonxitude de dous ou tres caracteres, a maioría ó estándar de código de países ISO 3166-1. Cada país designa xestores para seus ccTLT, por exemplo Cataluña (.cat), Italia (.it) ou Alemaña (.de).
San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), antes coñecida como Petrogrado (1914-1924) e máis tarde como Leningrado (1924-1991), é a segunda cidade máis poboada, cunha poboación de aproximadamente 5,4 millóns de habitantes, e importante de Rusia, só superada pola capital, Moscova. Está situada as beiras do río Nevá, na cabeceira do golfo de Finlandia no mar Báltico.
Escola de surf (título orixinal en inglés: Blue Water High) é unha serie de televisión australiana, de coprodución alemá, emitida na ABC Television australiana. En Galiza foi emitida pola TVG. Cada capítulo conta a vida dun grupo de rapaces estudantes no Solar Blue, unha academia de surf de alto rendemento onde uns poucos afortunados de 16 anos son seleccionados para un programa de adestramento durante doce meses. Este grupo de surfeiros de elite irán xuntos ó instituto e surfearán nas praias do norte de Sydney.
Star Wars Episode I: The Phantom Menace
Star Wars Episode I: The Phantom Menace, (en galego: Star Wars Episodio I: A Ameaza pantasma) é un filme de ópera espacial de 1999, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o cuarto filme da saga A guerra das galaxias e o primeiro en orde cronolóxica interna da saga.
Alfonso Armada Comyn, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 2013, foi un ex militar español, que alcanzou notoriedade pola súa participación no intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. Ostentaba o título de marqués de Santa Cruz de Rivadulla.
Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En banda deseñada o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Mute Records é un selo discográfico formado en 1978 por Daniel Miller, nun principio para realizar o seu propio sinxelo, T.V.O.D./Warm Leatherette, baixo o alcume de The Normal. Mute Records comezou a ser coñecido pola firma de artistas post-punk, como Fad Gadget (pseudónimo de Frank Tovey), a Einstürzende Neubauten, Throbbing Gristle ou Cabaret Voltaire. Cando a música electrónica se situou no cumio das listas de 1981 do Reino Unido, Mute Records asinou con artistas como Depeche Mode, Nitzer Ebb, Yazoo ou Erasure, bandas que facían uso de novas tecnoloxías que redefinirían o son das pistas de baile entre os finais dos 80 e principios dos 90.
Un saxofón alto, tamén coñecido como saxo alto ou simplemente alto, é un instrumento de vento-madeira membro da familia dos saxofóns e inventado na década de 1840 polo fabricante de instrumentos musicais belga Adolphe Sax, quen o patentou en 1846. Está afinado en Mi♭ e é máis pequeno que o saxofón tenor, pero meirande que o soprano. O saxo alto é o saxofón máis común e amplamente usado na música popular, bandas de música, música de cámara, repertorio para solista, bandas de música militares, bandas de marcha e no jazz (como en big bands, bandas de jazz e música swing).
Aitzol Iriondo Yarza, alias Gurbitz e Barbas, nado en Donostia o 8 de marzo de 1977, é un membro da organización terrorista ETA, xefe militar de devandita organización dende o 17 de novembro de 2008, até a súa detención o 8 de decembro seguinte. Substituíu a Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, Txeroki como líder de ETA. Está acusado de asasinar o verán de 2000 en Tolosa ó ex gobernador civil de Guipúscoa, o socialista Juan María Jáuregui. E crese que tamén acabou a tiros coas vidas do edil socialista Froilán Elespe en 2001 en Lasarte e do policía municipal Joseba Pagazaurtundúa en 2003 en Andoain.
A acuarela é unha técnica pictórica sobre papel ou cartón que emprega cores en po preparadas con goma soluble na auga. Ó diluírse na auga obtense unha solución transparente que se aplica por capas sobre papel branco ou de cor. As cores utilizadas son transparentes (segundo a cantidade de auga na mestura) e ás veces deixan ver o fondo do papel (branco), que actúa como outro verdadeiro ton.
En lingüística, un dígrafo ou digrama é a unión de dous grafemas (dúas letras nos alfabetos) que representan un fonema único e que se converte nun novo grafema (un trigrama para tres grafemas etc., así en francés a secuencia eau representa o son /o/). Por exemplo, na palabra chan, o digrama ch representa o fonema /tʃ/. Pódese dicir que esta palabra contén catro letras e tres grafemas.
Application Specific Standard Product
Application Specific Standard Product (ASSP) é un circuíto integrado que pon en funcionamento unha función específica a aplicar nunha aplicación xeralmente estandarizada. É o contrario ao Application Specific Integrated Circuit, que combina un grupo de funcións deseñado por ou para un consumidor. O ASSP utilízase en todas as industrias, desde as automotrices ata as de comunicación.
Unha convención constitucional é un encontro político, que ten como obxectivo redactar unha constitución nova ou revisar unha xa existente. Realízase unha convención constitucional xeneral para crear a primeira constitución dunha entidade política ou para substituír unha preexistente, mentres que unha convención constitucional limitada realízase para revisar unha constitución xa existente.
Sun Yat-sen (chinés simplificado: 孙逸仙pinyin: Sūn Yìxiān / chinés simplificado: 孙中山pinyin: Sūn Zhōngshān / chinés simplificado: 孙德明pinyin: Sūn Démíng), nado o 12 de novembro de 1866 en Cuiheng, actual Zongshan e finado o 12 de marzo de 1925, foi un líder nacionalista e republicano chinés. Está considerado, tanto pola República Popular da China como pola actual República da China (Taiwán) como o pai da China moderna.
A temperatura é unha magnitude física que indica a densidade de enerxía interna dun sistema referida ás nocións comúns de quente, morno ou frío que pode ser medida cun termómetro. A temperatura é un parámetro termodinámico do estado dun sistema que caracteriza a calor, ou transferencia de enerxía térmica, entre ese sistema e outros. En física, defínese como unha magnitude escalar relacionada coa enerxía interna dun sistema termodinámico, definida polo principio cero da termodinámica.
As Illas Feroe (en feroés: Føroyar, en dinamarqués: Færøerne, literalmente illas das ovellas) é un arquipélago situado no Atlántico Norte entre Escocia e Islandia e que constitúe un territorio dependente do Reino de Dinamarca, xunto con Groenlandia, posuíndo dende 1948 un goberno autónomo para case tódolos asuntos exceptuando a defensa e as relacións exteriores. Ademais a bandeira das Illas Feroe (Merkið) así como a súa condición de nación foron recoñecidas polo Estado Dinamarqués o 29 de marzo de 2005. Tradicionalmente ligadas con Islandia, Shetland, Órcadas e as Hébridas Exteriores, o país está politicamente asociado a Dinamarca dende 1380, cando Noruega entrou na Unión de Kalmar, o que foi supoñendo un control gradual das illas por parte dos dinamarqueses, mais esta asociación cesou en 1814.
Abu al-Qasim Jalaf ibn al-Abbas Al-Zahrawi ou Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi (en árabe: أبو القاسم بن خلف بن العباس الزهراوي), máis coñecido como Abulcasis, na súa forma latinizada (en galego, Abulcasis ou Albucasís), foi un médico e científico andalusí, (Madīnat al-Zahrā, Córdoba, Al-Ándalus, 936 - Córdoba, Al-Ándalus, 1013).
O estorniño pinto (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro. Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano.
O Gran Premio de Rusia (ruso Гран-при России) é unha carreira de coches celebrada por primeira vez brevemente na década de 1910 en San Petersburgo. No 100º aniversario do último Gran Premio de Rusia, este volveuse disputar a partir da tempada 2014, esta vez como unha proba válida para o Campionato Mundial de Fórmula 1 e no Circuíto de Sochi. Logo de varias décadas intentando restablecer a carreira, Bernie Ecclestone e Mikhail Kapirulin, director de Omega, compañía encargada da construción do circuíto, asinaron oficialmente un contrato co primeiro ministro ruso Vladimir Putin para que a carreira se celebrara na cidade balneario de Sochi no Mar Negro no Circuíto de Sochi.
A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O grande incendio de Roma foi un gran lume urbano que se produciu en Roma no ano 64. Causou unha gran devastación durante seis días antes de ser controlado. Diferentes fontes acusaron o emperador Nerón de iniciar o lume, mentres que outras afirman que organizou medidas para contelo e prestar axuda ós refuxiados.
Nomes da folla do piñeiro en Galicia
Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados. Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade.
Aspergillus fumigatus é unha especie de fungos ascomicetos do xénero Aspergillus e é unha das especies máis comúns dese xénero que causa enfermidades en individuos con inmunodeficiencia. Aspergillus fumigatus é un saprótrofo moi común na natureza que se atopa normalmente nos solos e materia orgánica en descomposición, como moreas de compost, onde desempeña un papel esencial na reciclaxe do carbono e do nitróxeno. Colonias do fungo producen conidióforos, que liberan miles de diminutos conidios (esporas) verde agrisados de 2–3 μm, que facilmente se transportan polo aire.
Un actor ou unha actriz, é unha persoa que representa un papel nunha obra teatral, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa. No século XX, os actores eran professionais da súa materia e formados en arte dramática.
As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.
Un músico ou unha música é unha persoa que compón ou executa pezas musicais. Cando a persoa compón pezas fálase dun compositor, mentres que quen as executan poden ser instrumentistas (como guitarristas, violinistas, violonchelistas e pianistas, por exemplo), cantantes, directores de orquestra etc. Tamén son músicos quen realizan arranxos musicais e orquestracións.