Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O dato é unha representación simbólica, numérica, alfabética, algorítmica, entre outros, un atributo ou característica dunha entidade.[Cómpre referencia] Os datos describen feitos empíricos, sucesos e entidades. Os datos illadamente poden non conter información humanamente relevante. Só cando un conxunto de datos examínase conxuntamente á luz dun enfoque, hipótese ou teoría pódese apreciar a información contida en devanditos datos.
O dinamarqués ou danés é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, en Groenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea. É unha lingua escandinava, bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.
O crossover thrash (ás veces abreviado como crossover) é unha forma de thrash metal e hardcore punk que mestura ámbolos dous xéneros xuntos ou ten influencias doutros. O estilo atópase a camiño entre o heavy metal e o punk rock. Outros xéneros do mesmo estilo teñen elementos significativamente comúns co crossover thrash, e ademais dos traditionais hardcore punk e thrash metal, inclúe estilos relacionados como thrashcore, grindcore e skate punk.
Basílica de Notre-Dame de la Garde
A basílica de Notre-Dame de la Garde (francés: Notre-Dame de la Garde; en provenzal, Nostro-Damo de Gardo), chamada a miúdo a Boa Nai (francés: Bonne Mère; en provenzal, Boueno Maire), é unha basílica menor adicada ao culto católico na cidade de Marsella, entre os distritos de Roucas Blanc e Vauban, na cima dun pico calcario de 149 msnm e elevada outros trece metros máis sobre os cimentos dunha antiga fortaleza que había na cima. Ao sur do Porto Vello, de estilo neobizantino, está coroada por unha efixie dourada da Virxe María. O outeiro de Notre-Dame de la Garde é un «lugar natural clasificado» desde o 29 de maio e 8 de outubro de 1917 e tamén en posterior clasificación do 15 de xaneiro de 1920.
Luis Buñuel Portolés, nado en Calanda (provincia de Teruel) o 22 de febreiro de 1900 e finado en Cidade de México o 29 de xullo de 1983, foi un director de cinema aragonés, nacionalizado mexicano e considerado un dos máis importantes e orixinais na historia do cinema mundial. A meirande parte da súa obra foi realizada en México e Francia.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
Skinny Puppy é un grupo de música industrial da cidade canadense de Vancouver formado en 1982. Nun principio non era máis que un proxecto experimental de cEvin Key mentres inda estaba no grupo Images In Vogue, tamén se unira na experiencia Nivek Ogre como vocalista e Skinny Puppy acabou por se converter na súa banda principal. Key e Ogre foron os únicos membros permanentes na vida do grupo, outros membros que pasaron pola banda foron Dwayne Goettel (1986–1995), Dave Ogilvie (1982-1995), Mark Walk (desde 2003) e como convidados pasaron polo grupo Bill Leeb (1985–1986, co nome de Wilhelm Schroeder), Al Jourgensen (1989) e moitos outros.
A chaira do norte da China (en chinés tradicional 華北平原; en chinés simplificado 华北平原; en pinyin Huáběi Píngyuán), situada no nordés da China, é unha ampla rexión xeográfica formada polos sedimentos dos ríos Amarelo e Huai, que chegan a ter ata 900 metros de profundidade. É a maior chaira aluvial da Asia oriental e unha das zonas máis densamente poboadas do mundo.
O condado ou marca de Turín (tamén coñecida como marca de Susa ou marca Arduínica), foi un territorio vasalo do reino de Italia e do Sacro Imperio Romano, creada para administrar o baleiro de poder xurdido co fin da dominación anscárica xunto con outras marcas das casas orbertenga e aleramica. Foi fundada no ano 941 por Hugo de Arlés (rei de Italia). O monarca colocou no cargo de marqués a Arduíno o Calvo.
En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza sen apoio inferior —de calquera material— que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel.Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante.
Blues for the Red Sun é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de stoner rock Kyuss, editado o 30 de xuño de 1992 a través do selo Dali. A pesar de recibir boas críticas en xeral o disco vendeu só 39.000 copia. As cancións do álbum puideron escoitarse en múltiples emisoras de radio, e realizáronse videoclips para "Green Machine" e "Thong Song", que apareceron na MTV. Parapromocionar o álbum Kyuss actuou como abreconcertos para varias bandas.
Ayu-mi-x 4 + selection Acoustic Orchestra Version
Ayu-mi-x 4 + selection Acoustic Orchestra Version é un álbum de versións que foi lanzado ó mercado o 20 de marzo do ano 2002 pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.
A física clásica trátase da parte física construída antes das revolucións científicas de cambio de séculos XIX a XX, polo tanto, a única que existiu antes do século XX e que agora se considera como a física da escala humana, vivindo unha época na que é considerada como aproximación manexable e observable da física moderna. A súa base está na Mecánica newtoniana, aínda que tamén abrangue outros apartados como a óptica ou a electricidade. Normalmente, hoxe esténdese a súa definición a todo o que non sexa mecánica cuántica, aínda que moitas veces se considera asemade a Teoría da Relatividade excluída dela.
O xogo dos birlos consiste en lanzar unha bóla pesada a ras do chan cara a 10 pezas de madeira (que son as que se chaman birlos) colocadas verticalmente nunha posición determinada, situadas ó final dunha pista de 19,2 metros de lonxitude e 1,06 metros de anchura, co obxectivo de derrubar a maior cantidade delas. A bóla é esférica e ten 3 buratos polos cales meter os dedos para dominar a forza e a dirección do lanzamento. O peso das bolas pode variar entre as 9 e as 16 libras, ou sexa, entre 4,08 e 7,25 quilogramos.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
Poros (en grego: Πόρος) é unha pequena illa dobre grega en parte sur do golfo Sarónico a unha distancia de 48 km ao sur do Pireo e separada por unha canle marítima de douscentos metros do Peloponeso. A súa superficie é de 31 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 4.000 habitantes. O nome antigo de Poros era Pogon.
"A Song Is Born" é unha colaboración entre a Ayumi Hamasaki e Keiko (Globe) para o proxecto sen animo de lucro de avex trax, Song Nation, que foi creado para mandar axuda ás vítimas dos ataques do 11 de setembro no World Trade Center. A canción foi composta por Tetsuya Komuro, pero a diferenza dós outros dous singles lanzados para o proxecto, “The Meaning of Peace” (un dueto entre BoA e Kumi Koda) e "Lovin’ It" (un dueto entre Namie Amuro e Verbal de M-Flo), as letras foron escritas por Ayumi Hamasaki. A súa versión en solitario aparecería no seu cuarto álbum en estudio, I am...
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
A teoría cuántica de campos (QFT, polo inglés Quantum Field Theory) é unha teoría que aplica as regras cuánticas ós campos continuos da Física, por exemplo o campo electromagnético, así como ás interaccións entre estes e o resto da materia. Proporciona así un marco teórico usado moito en física de partículas e física da materia condensada. En particular, a teoría cuántica do campo electromagnético, coñecida como electrodinámica cuántica, foi o primeiro exemplo de teoría cuántica de campos que se estudou e é a teoría probada experimentalmente con maior precisión da física.
Lars von Trier, nado co nome de Lars Trier en Copenhague o 30 de abril de 1956, é un director de cine dinamarqués, un dos creadores do movemento Dogma 95. Salienta sobre todo pola súa forte personalidade creativa e é considerado un dos directores máis innovadores e multidisciplinares do cine actual, a pesar da controversia dalgunhas das súas obras.
Woods of Ypres foi un grupo de metal extremo canadense con orixe en Ontario. O grupo fundouse en Windsor no ano 2002, composto inicialmente por David Gold, Aaron Palmer e Brian McManus. Os seus membros mudaron frecuentemente nos seguintes anos, con máis de 20 membros diferentes no conxunto das súas encarnacións.
O tempo é a sucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos.Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro. Por este motivo o tempo é un problema fundamental, e permanentemente aberto, de todo o que ten que ver coa experiencia e o coñecemento.
A Boy and His Blob: Trouble on Blobolonia
A Boy and His Blob: Trouble on Blobolonia é un videoxogo de 1989 desenvolvido por Imagineering para Nintendo Entertainment System (NES). O videoxogo foi publicado por Absolute Entertainment en América do Norte e Europa e por Jaleco no Xapón. A Boy and His Blob conta a historia dun mozo e o seu amigo cambiaforma nunha aventura para salvar o planeta de Blobolonia das gadoupas dun malvado emperador.
Open Library é un proxecto en liña cuxo principal obxectivo é a creación dunha base de datos de contido aberto de libros. Foi creado en 2006 por Aaron Swartz e Brewster Kahle, entre outros. Open Library é un proxecto da organización sen ánimo de lucro Internet Archive e foi parcialmente financiado pola Biblioteca Estatal de California e a Fundación Kahle/Austin.
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain é un filme francés do xénero comedia romántica estreada en 2001. O lema da película era "Ela vai cambiarche a vida..." (En francés: "Elle va te changer la vie..."). Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, foi distribuída en Estados Unidos por Miramax e en España por Manga Films.
O Foyer Alsacien Mulhouse foi un club de baloncesto da cidade de Mulhouse, Francia. O club é principalmente coñecido polos seus bos resultados no Campionato de Francia a partir dos anos '20, así como polos seus moitos grandes xogadores. A súa rivalidade co CA Mulhouse foi a primeira grande rivalidade do campionato de elite.
O Portal biográficos dos Países Baixos (en neerlandés: Biografisch Portaal Nederland) abreviado como BioPort ou BPN, é un sitio web do Instituto Huygens de Historia dos Países Baixos (Huygens ING) que realiza unha rexistro de autoridades na historia dos Países Baixos. Segundo a prensa da época do seu lanzamento é unha especie de "mausoleo dixital".En marzo de 2015 xa contiña máis de 125.641 biografías sobre 80.133 neerlandeses: persoas que naceron en Holanda ou tiveron un papel importante na historia. Non acepta os datos de persoas vivas e só publica os datos das persoas que tiveron un papel na historia dos Países Baixos.
O chop suey (en chinés: 雜碎; literalmente “mestura de anaquiños”) é un prato chinés feito de proteínas (moitas veces carne de polo, carne bovina, tofu, gambas ou carne porcina), cocido rapidamente con verduras coma xermolos de soia, repolo e apio ás que se engade un espeso mollo de amidón. Adoita servirse con arroz, aínda que tamén pode tomar a forma dun chow mein con fideos fritos.
A Torre de Londres é, oficialmente, O palacio e fortaleza da súa maxestade, a Torre de Londres, aínda que o derradeiro gobernante que residiu nela foi Xacobe I (1566-1625). A Torre Branca, o edificio cadrado con torretas en cada esquina que lle deu o nome ao edificio, atópase no centro dun complexo de diversos edificios á beira do río Támese en Londres. O complexo foi empregado como fortaleza, armería, almacén do tesouro, palacio, palacio de detención, observatorio, refuxio e cárcere, especialmente para prisioneiros de "clase alta".
Warcraft II: Tides of Darkness
Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial.
Joan Wallach Scott ou Joan Scott, nada o 18 de decembro de 1941 en Brooklyn, é unha historiadora estadounidense, cuxo traballo, inicialmente dedicado á historia francesa (movemento obreiro e historia intelectual) foi dirixido na década de 1980 para a historia das mulleres a partir da perspectiva de xénero. En 2018 ocupaba a cadeira Harold F. Linder no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton. Entre súas publicacións máis notábeis está o artigo ""Xénero: unha categoría útil de análise histórica"", publicado en 1986 no American Historical Review.
Na fe cristiá, a Última Cea foi a derradeira ocasión na que Xesús de Nazaret se reuniu cos seus apóstolos para compartir o pan e o viño antes da súa morte. Considérase, para a Igrexa católica, que é o momento en que se institúe a eucaristía. A Última Cea, foi o tema de numerosas pinturas, sendo quizais a obra de Leonardo da Vinci máis coñecida de todas.
A Ilíada (en grego antigo: Ἰλιάς, AFI: [iːliás]) é, xunto coa Odisea, o primeiro gran poema da literatura grega e o primeiro momento da chamada historia dos xéneros poéticos gregos. Atribuídas as dúas xeralmente a Homero, foron consideradas polos gregos da época clásica como as dúas obras máis importantes da súa literatura. Eran, para eles, a base da súa pedagoxía (paideia) e a súa recitación constituía unha parte central das cerimonias comunitarias gregas.
A palabra forma pode referirse a: ArteForma musical, en música clásica, a forma, en sentido xenérico, designa unha estrutura ou unha tradición de escritura, que permite inscribir a obra na historia da evolución da creación musical. Forma, un dos elementos da arte.BioloxíaForma, categoría taxonómica que constitúe unha subdivisión xeralmente por debaixo da variedade ou da «raza».MatemáticasForma, figura espacial dos corpos. Forma canónica de Jordan, ou forma normal de Jordan, é un termo matemático empregado en álxebra lineal.
Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal. Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica.
Unha aeronave ou nave é un vehículo deseñado para desprazarse polo aire, podendo transportar mercadorías e/ou persoas. Son exemplos de aeronave os globos, avións ou helicópteros. Deben distinguirse a aeronaves dos obxectos que non se axudan da atmosfera para voar, é dicir, todas as aeronaves dependen da existencia dalgunha clase de atmosfera para xerar unha sustentación grande dabondo como para termar o seu propio peso.
A PlayStation Portable ou PSP (en galego: Estación de xogo portátil) é unha videoconsola portátil da compañía xaponesa Sony Computer Entertainment. Trátase, ademais, da terceira consola da liña PlayStation e a primeira incursión de Sony no mercado das portátiles. A PSP foi presentada oficialmente na Electronic Entertainment Expo (E3) o 13 de maio de 2003.
Searching é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Aneesh Chaganty e escrito por Chaganty e Sev Ohanian. Ambientado enteiramente en pantallas de computador e teléfonos intelixentes, o filme conta a historia dun pai (John Cho) tentando atopar a súa filla desaparecida de 16 anos (Michelle La) coa axuda dunha detective policial (Debra Messing). É o primeiro filme mainstream de Hollywood protagonizado por un actor asiáticoamericano.O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2018, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 31 de agosto de 2018, por Screen Gems.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A amígdala tubárica ou tonsila tubárica (TA en latín tonsilla tubaria), tamén coñecida como tonsila de Gerlach, é unha masa de tecido linfoide situada a carón da trompa de Eustaquio. É unha das catro amígdalas ou tonsilas da zona farínxea que forman o anel de Waldeyer, que teñen funcións inmunitarias.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.245.
En bioquímica, as fosforilases son encimas que catalizan a adición dun grupo fosfato desde un fosfato inorgánico (fosfato + hidróxeno) a un aceptor. A-B + P ⇌ A + P-BEntre eles están encimas alostéricos que catalizan a produción de glicosa 1-fosfato a partir dun glucano como o glicóxeno, amidón ou maltodextrina. Fosforilase é tamén un nome abreviado que se lle dá ás veces á glicóxeno fosforilase, que foi a primeira fosforilase descuberta, grazas aos traballos de Earl W. Sutherland Jr.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.