Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Library of Congress Control Number
O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).
Star Wars Episode III: Revenge of the Sith
A vinganza dos Sith (orixinal: Revenge of the Sith) é un filme de ópera espacial de 2005, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o sexto filme da saga A guerra das galaxias e o terceiro en orde cronolóxica interna da saga.
Hans Florian Zimmer, nado en Frankfurt, Hesse, o 12 de setembro de 1957, é un compositor alemán. É un dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos en Hollywood. Pioneiro na utilización do uso de computadoras, tecnoloxía de sintetizadores dixitais e teclados xunto a orquestras sinfónicas tradicionais, en melodías de cine e televisión.
Alberto Pincherle, coñecido como Alberto Moravia, nado en Roma o 28 de novembro de 1907 e finado na mesma cidade o 26 de setembro de 1990, foi un escritor e xornalista italiano. É autor de destacadas novelas como Il disprezzo ou L'uomo che guarda, levadas ao cinema por Jean-Luc Godard e Tinto Brass respectivamente.
Un regato ou regacho é unha corrente natural de auga que normalmente flúe con continuidade, pero que ten escaso caudal, inferior ao dun río e mesmo ao dun regueiro, e a diferenza do arroio adoita ser permanente. Ao igual cós ríos, poden desembocar no mar, nun lago ou noutro río, caso este último no que se convertería nun afluente deste.
Alexander Selkirk, nado Alexander Selcraig en 1676, en Lower Longo, condado de Fife, Escocia e finado o 13 de decembro de 1721 en Ghana, foi un mariñeiro escocés que estivo durante catro anos e catro meses como un náufrago nunha illa deserta na zona central da costa pacífica de Chile; é probábel que tanto as súas viaxes como a historia de Pedro Serrano e outros náufrados da época (Robert Knox ou Henry Pitman) proporcionasen inspiración a Daniel Defoe (el entrevistouno) para escribir a súa novela Robinson Crusoe —aínda que na súa primeira edición de 1719 a illa sitúase preto da desembocadura do río Orinoco e non no océano Pacífico—.
Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741, foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.
O produto de Kronecker, denotado con ( ⊗ {\displaystyle \otimes } ) é unha operación entre dúas matrices dun tamaño arbitrario que da como resultado unha matriz bloque. É un caso especial do produto tensorial. O produto de Kronecker non debe ser confundido co produto de matrices común, que é unha operación totalmente diferente.
Un militar é un membro dunha organización autorizada a usar a forza, xeralmente incluíndo o uso de armas de fogo, na defensa do seu país a través da loita real ou de ameazas. Como adxectivo, o termo "militar" tamén é usado para se referir a calquera propiedade ou aspecto desas organizacións. As organizacións militares funcionan moitas veces como unha sociedade no seo das sociedades, tendo as súas propias comunidades militares, economía, educación, medicina, xustiza, normas e outros aspectos de funcionamento diverxentes dos da sociedade civil.
Un premio (do latín praemium) é calquera artigo ou compensación doutro tipo, como agasallos ou cartos, que se reciben a modo de agradecemento ou recoñecemento polo esforzo realizado, aínda que para algúns premios intervén a sorte; tal é o caso dos premios que outorgan as lotarías, rifas e case todos os sorteos de televisión.
Política (do latín politĭcus, e este do grego antigo πολιτικός politikós, masculino de πολιτική politikḗ, que significa «de, para o relacionado cos cidadáns») é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade, o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos os membros dun grupo para a consecución duns obxectivos orientados ao ben común.
"Aneurysm" é unha canción da banda estadounidense de grunge Nirvana. O tema destaca por ter sido escrito por todos os membros da banda, a diferenza da meirande parte das cancións, compostas polo seu líder Kurt Cobain. Unha enquisa feita pola BBC Radio 1 no ano 2000 elixiuna como terceira mellor canción de Nirvana, despois de "Smells Like Teen Spirit" e "Heart-Shaped Box".
As células NKT (Natural killer T cell) ou células T asasinas naturais son un grupo heteroxéneo de células T que comparten propiedades das células T e das células NK (células Natural Killer ou asasinas naturais). Moitas destas células recoñecen a molécula non polimórfica CD1d, que é unha molécula presentadora do antíxeno, que se une a lípidos propios e estraños e a glicolípidos. Constitúen só o 0,2% de todas as células T do sangue periférico.
Patrice Louise Rushen, nada nos Ánxeles o 30 de setembro de 1954, é unha cantante, compositora, produtora e intérprete musical estadounidense. O seu sinxelo de 1982 "Forget Me Nots" recibiu un nomeamento ós Grammy na categoría "Mellor interpretación feminina de R&B. Rushen tivo grandes éxitos nas listas musicais de R&B e dance, pero "Forget Me Nots" foi a súa única en irromper nunha lista Top 40.
The Lion King é o trixésimo segundo filme de animación producido por Walt Disney Pictures. O filme estreado o 24 de xuño de 1994 e distribuído por Buena Vista Pictures nos cines dos Estados Unidos. A trama, baseada no relato de Hamlet de William Shakespeare e pasaxes da Biblia, xira en torno a un león cativo chamado Simba que debe aprender sobre o seu lugar no "ciclo de vida", loitando contra varios obstáculos para se converter no lexítimo rei e suceder o seu pai no trono.
A tipoloxía lingüística é unha subdisciplina da lingüística que estuda e clasifica as linguas do mundo segundo as súas características estruturais e funcionais. Porén, esta perspectiva pode abordarse segundo varios parámetros clasificatorios que implican distintas tipoloxías, como filoxenéticas ou sociolingüísticas.
Un accidente de tráfico ocorre cando un vehículo colisiona con outro vehículo, cun peón, cun animal ou con outro elemento, como un sinal de tráfico, unha árbore ou un edificio. Os accidentes de tráfico frecuentemente provocan feridas, discapacidades ou a morte, e danos á propiedade, ademais de custos financeiros á sociedade e aos individuos involucrados. O transporte por estrada é a situación máis perigosa á que se enfronta a xente na súa vida cotiá, a pesar de que estes accidentes adoitan atraer menos a atención que outras traxedias menos frecuentes.Numerosos factores contribúen ao risco de colisión, como o deseño do vehículo, a rapidez de operación, o deseño e as condicións da estrada, as habilidades na condución, a influencia do alcohool e as drogas e o comportamento, especialmente a condución agresiva, as distraccións, a velocidade excesiva e as carreiras.
Unha fototeca é unha organización encargada de adquirir, organizar, conservar e catalogar fotografías para a súa posterior difusión de cara ó usuario. Hai fototecas comerciais e non comerciais, e distínguense ámbalas dúas dos arquivos fotográficos polo tipo de usuario ou cliente. As actividades principais dunha fototeca son: selección e adquisición de fotografías, conservación e difusión destas.
Johan Christian Fabricius, nado en Tønder (en alemán Tondern), Xutlandia (actual Dinamarca) o 7 de xaneiro de 1745 e finado en Kiel, Alemaña o 3 de marzo de 1808, foi un naturalista, entomólogo e economista danés. Foi un especialista dos Insecta que, no seu tempo, ademais dos insectos propiamente ditos o concepto incluía todos os artrópodos (arácnidos, crustáceos e outros). Foi un do discípulos de Carl Linnaeus, e está considerado como un dos entomólogos máis importantes do século XVII. Deu o nome a unhas 10 000 especies de animais e estableceu as bases da moderna clasificación dos insectos e dos arácnidos.
World Atlas of Language Structures
O World Atlas of Language Structures (WALS) é unha base de datos das propiedades estruturais (fonoloxía, gramática, léxico) das linguas a partir de materiais descritivos. Foi publicado orixinalmente por Oxford Prensa Universitaria como libro con CD-ROM en 2005, e tivo unha segunda edición en Internet en abril de 2008. É mantido polo Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva e pola Biblioteca Dixital Max Planck.
Edmund Percival Hillary, nado en Auckland o 20 de xullo de 1919 e finado o 11 de xaneiro de 2008, foi un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.
Un distrito electoral é unha división electoral formada polo conxunto de persoas dun territorio que votan e constitúen unha unidade de voto. Nas eleccións municipais o distrito é o concello; nas eleccións ao Parlamento galego e ás Cortes españolas, cada provincia é un distrito; nas eleccións ao Parlamento europeo cada estado membro da Unión Europea constitúe un distrito electoral.
Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cunha aliñación internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista.
A tartaruga mediterránea ou tartaruga de terra (Testudo hermanni) é unha das oito especies de tartaruga clasificadas tradicionalmente dentro do xénero Testudo, xunto con especies achegadas como a tartaruga marxinada (T. marginata), a tartaruga grega (T. graeca) ou a tartaruga de Horsfield (T. horsfieldii). Coñécense dúas subespecies: T. h. hermanni e T. h.
Jalal-Abad (tamén coñecido como Jalalabat; en kirguiz: Жалалабат, جالال-ابات, Jalal-Abat, [dʒɑlɑlɑbɑt]) é a capital e centro económico da rexión de Jalal-Abad no sur do Kirguistán. A cidade ten unha área de 88 quilómetros cadrados e unha poboación de 97,172 habitantes en 2009. Está situada ao nordés do Val de Fergana, moi preto da fronteira con Usbequistán.
Santiago o Xusto, tamén chamado irmán do Señor, a miúdo identificado con Santiago o Menor ou ben Santiago Alfeo, martirizado en 62, foi consonte a tradición, o primeiro bispo ou patriarca de Xerusalén, e o autor da Epístola de Santiago incluída no Novo Testamento. Hai tres personaxes neotestamentarias chamadas Santiago: Santiago o Maior fillo de Zebedeo e Salomé, irmán de Xoán evanxelista, un dos Apóstolos. Santiago o Xusto, irmán do Señor.
Ibídem (abreviado ib.) é unha locución latina que significa literalmente "alí mesmo, no mesmo lugar". Emprégase xeralmente nas notas que se poñen nos escritos para non ter que repetir todas as indicacións da fonte de onde están tomadas varias citas. Estas indicacións escríbense completas só a primeira vez, na primeira nota; as demais veces que se cita esa fonte utilízase o termo ibídem ou, en abreviatura, ib., e indica que o lugar de onde se tomou a segunda cita e as posteriores, pertencen ao mesmo escrito que o da primeira nota.
O Tupolev Tu-75 foi unha versión de transporte militar do bombardeiro Tu-4, que tamén tivo unha versión de pasaxeiros, o Tu-70. Ámbolos dous usaban unha nova fuselaxe deseñada para o seu novo rol. Foi o primeiro avión militar soviético da súa clase e estaba equipado cunha rampla de carga na parte traseira da fuselaxe.
O día dos tramposos (en inglés: There Was a Crooked Man...) é un filme estadounidense de 1970 dirixido por Joseph L. Mankiewicz e protagonizado por Kirk Douglas e Henry Fonda. É o único wéstern feito por Mankiewicz. Foi escrito por David Newman e Robert Benton, sendo o seu primeiro guión xuntos despois de Bonnie and Clyde.
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
O carraxenano, tamén chamado carraxenina (ou máis propiamente carraxenanos en plural, xa que é unha mestura de varios polisacáridos formados por derivados da galactosa), é un composto químico que se atopa enchendo os ocos que hai entre as fibras de celulosa das paredes celulares dalgunhas algas de varias familias de Rhodophyceae (algas vermellas). A alga tradicional produtora de carraxenano é Chondrus crispus, que é de pequeno tamaño, vive en augas frías e está distribuída nas costas do Atlántico Norte. Estas algas utilizáronse de forma tradicional en Irlanda desde hai polo menos 600 anos para fabricar doces lácteos, simplemente facéndoas ferver en leite para que se liberen os carraxenanos.
Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes, o tipo da familia dos córvidos. O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes, agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos, pero outras tamén co nome de grallas.As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central, desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México), África, Europa e Australia.
A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Trega, na localidade pontevedresa da Guarda. Está declarada como festa de interese turístico galego desde o ano 2009.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.245.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Cima de Ribeira, Cima de Ribeira, Xinzo de Limia
Cima de Ribeira é un lugar da parroquia de Cima de Ribeira, no concello ourensán de Xinzo de Limia. No ano 2022 tiña 24 habitantes, dos cales 10 eran homes e 14 mulleres.
Primal Scream é unha banda escocesa de rock alternativo formada orixinalmente en 1982 en Glasgow por Bobby Gillespie (voces) e Jim Beattie, e na actualidade baseada en Londres. Hoxe en día está composta por Gillespie, Andrew Innes (guitarra), Martin Duffy (teclados) e Darrin Mooney (batería). Barrie Cadogan xirou e gravou co grupo dende 2006 substituíndo ao guitarrista Robert "Throb" Young tras a súa saída.
O Tampereen Ilves, ou simplemente Ilves, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición da que é un dos equipos fundadores. Xoga os seus partidos como local no Nokia Arena, un pavillón con capacidade para 13 455 persoas que comparte con Tappara.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992. Foi un escritor galego e membro destacado da chamada Xeración das Festas Minervais. Para Ramiro Fonte Crespo a súa obra é considerada como "unha das mellores poéticas que podían suceder nunha Galicia necesitada de esperanza dos seus mellores homes" e para Miguel Anxo Fernán Vello, a súa poesía é "Un dos estádios máis brillantes da história literária contemporánea" .
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Noroeste Pop Rock, ou Festival Noroeste é un festival de música pop rock que cada ano se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña dentro do programa das Festas de María Pita. A edición do ano 2017 foi a número 31 dende os seus comezos nos anos oitenta. Tradicionalmente neste festival o público pode ver de balde as actuacións, que se levan a cabo nun escenario montado na area da praia de Riazor.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Proteína intrinsecamente desordenada
En bioloxía molecular, unha proteína intinsecamente desordenada (PID ou, en inglés, IDP) é unha proteína que carece dunha estutura tridimensional fixa ou ordenada, tipicamente en ausencia das moléculas coas cales establece unha interacción macromolecular, como outras proteínas ou ARN. As PIDs poden ser desde proteínas totalmente desestruturadas a parcialmente desestruturadas e inclúen pelotas aleatorias, agregados similares a un glóbulo fundido ou rexións enlazadoras flexibles en proteínas grandes multidominio. Ás veces considéranse unha clase máis de proteínas xunto coas globulares, fibrosas e de membrana.As PIDs son unha clase grande e funcionalmente importante de proteínas e o seu descubrimento desbotou a idea de que as estruturas tridimensionais das proteínas deben ser fixas para poderen cumprir as súas funcións biolóxicas. Por exemplo, as PIDs foron identificadas como participantes nas interaccións débiles multivalentes que son moi cooperativas e dinámicas, facéndoas importantes na regulación do ADN e na sinalización celular.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.Este dúo de músicos son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
EMUGA (Emisoras Municipais Galegas) é unha asociación de emisoras de radio municipais de Galicia xurdida en 1988 por iniciativa dos concellos de Oleiros, Negreira, Fene, Corcubión e Ribadavia para promocionar a radiodifusión municipal pública, tamén organiza unhas Xornadas de Radio Local. Emisoras Municipais Galegas promove desde o ano 2006 a realizacion dunha programación conxunta denominada Radiofusión, que pretende complementar a comunicación de proximidade.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.