Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A psicanálise é unha disciplina fundada por Sigmund Freud que agrupa tres tipos de reflexións e de estudos: un conxunto de teorías nacidos da experiencia analítica, a metapsicoloxía; unha serie de métodos de investigación das significations inconscientes da lingua, do comportamento ou das producións da imaxinación; unha psicoterapia, a cura psicanalítica.A psicanálise, como disciplina creada para tratar enfermidades mentais, baséase na revelación do inconsciente. O seu campo de acción é o da psicoterapia que procura elucidar a través dun proceso de asociacións as conexións entre os compoñentes inconscientes dos procesos mentais dos pacientes. Na psicanálise clásica, a materia fundamental da psicanálise son os patróns inconscientes da vida conforme son revelados a través das asociacións libres do analizando.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
O aeroporto é unha área cunha infraestrutura e os servizos necesarios para a aterraxe e a engalaxe de aeronaves. Os máis sinxelos son pistas de terra, para pequenas avionetas, mentres os máis grandes teñen varias pistas dun ou máis quilómetros para permitir a aterraxe e a engalaxe de avións de gran tamaño e cunha frecuencia de poucos minutos de diferenza. Aeroportos sobranceiros, entre outros, son: Barajas (Barajas, Madrid), Sant Cugat (Barcelona) e Son San Joan (Baleares).
Este artigo trata sobre as personaxes mitolóxicas, para a auga saturada de sal, véxase o artigo moira.Na mitoloxía grega, as moiras son tres deusas, irmás entre si, que rexen e deciden o destino dos homes, e cando e cómo van morrer. Cada ser humano ten a súa moira, é dicir, a súa parte de felicidad e de desgraza . Segundo a tradición grega, aparecían ós poucos días do parto para determinar o curso da vida do meniño.
O Celsius (°C) é unha unidade de temperatura, así denominada en homenaxe ao astrónomo sueco Anders Celsius (1701–1744), que foi o primeiro a propola en 1742. A escala de temperatura Celsius foi concibida de tal forma que o punto de conxelación da auga corresponde a 0 graos, e o punto de ebulición a 100 graos a unha presión atmosférica patrón. Como existen cen graduacións entre eses dous puntos de referencia, o termo orixinal para este sistema foi centígrado (100 partes) ou centésimos.
Willie Howard Mays, Jr., nado en Westfield (Alabama), o 6 de maio de 1931, alcumado "The Say Hey Kid", é un xogador retirado de béisbol estadounidense da Major League Baseball (MLB) na posición de center fielder, que pasou case todas as súas vinte e dúas tempadas xogando nos New York/San Francisco Giants, antes de finalizar nos New York Mets. Está recoñecido como un dos mellores xogadores de béisbol de todos os tempos, e foi incluído no Baseball Hall of Fame en 1979.
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
Unión Internacional para a Conservación da Natureza
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais. Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.
NSFW é un acrónimo inglés para a expresión Not Safe/Suitable For Work (Non seguro/non axeitado para o traballo), empregado para se referir na linguaxe de internet ás páxinas web, foros e blogs que conteñen URLs e hipervínculos a páxinas de contido para adultos. Xeralmente, as páxinas ou sitios NSFW albergan contigo pornográfico ou para adultos, contido violento, con son malsoante ou bocapodre.O acrónimo NSFW xorde especialmente coma advertencia de certos sitios web potencialmente inaxeitados para navegar por eles en lugares públicos, froito da universalización e extensión de internet en bibliotecas, institutos, puntos de internet, ou mesmo o traballo. Paralelamente, o termo SFW (safe for work), derivado do anterior, adoita empregarse para páxinas ou sitios web aptos para navegar en público, ou sen contido inaxeitado.
Singin' in the Rain é un filme estadounidense de 1952 dirixido e coreografado por Gene Kelly e Stanley Donen. Está protagonizado polo propio Kelly, Donald O'Connor e Debbie Reynolds. Feito seguindo os esquemas clásicos do Metro-Goldwyn-Mayer, ten a súa inspiración en toda a serie de The Broadway Melody que se realizaron en Hollywood nos 30 e 40, coincidindo coa aparición do cine sonoro.
Leipzig ( son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km². Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia. A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta. Tras comezar experimentando co impresionismo e o puntillismo, achegouse ao cubismo.
Un hospital (do latín hospitālis) é un lugar onde se atenden enfermos, para avaliar o diagnóstico e fornecer o tratamento que precisen. Existen diferentes tipos de hospitais, segundo o tipo de patoloxías que atenden: hospitais xerais, hospitais psiquiátricos, xeriátricos, materno-infantís etc. Dentro dos hospitais tamén existen as diferentes ramas de medicina como son; os otorrinos, oftalmólogos, cardiólogos, odontólogos figuran entre os pertencente a hospitais xerais.
A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.
Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.
Shikoku (四国, しこく, "catro provincias") é a máis pequena e menos poboada das catro illas principais (hondo) do Xapón. Ehime, Kagawa, Kochi e Tokushima son as catro prefecturas nas que se dividen os 18.298 km² da illa e na que viven 4.154.039 habitantes. Matsuyama é a cidade con maior poboación e o Monte Ishizuchi, con 1982 metros, é o punto máis elevado da illa.
O cabalo, ou egua se é femia, (Equus ferus caballus) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado. É unha das dúas subespecies existentes de Equus ferus ou cabalo salvaxe. O cabalo evolucionou ó longo dos pasados 45-55 millóns de anos dende o pequeno Hyracotherium ata o animal de hoxe en día.
O signo de fin de artigo, tombstone, Halmos, fin da demostración ou signo de Q.E.D. "∎" úsase en Matemáticas para sinalar a fin dunha demostración matemática, en lugar da abreviatura habitual "Q.E.D.", da frase latina "quod erat demonstrandum", "o que se quería demostrar". Nas revistas, é un dos signos que se emprega para indicar o final dun artigo. No Unicode, represéntase polo carácter 220E, que ten variantes gráficas.
StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida.
A divina comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval.
O Art & Architecture Thesaurus (AAT) é un vocabulario controlado empregado na descrición de elementos de arte, arquitectura e cultura material. O AAT contén termos xenéricos, como "catedral," mais non nomes propios, como "Catedral de Notre Dame". O AAT é empregado por, entre outros, museos, bibliotecas de arte, arquivos, catalogadores, e investigadores da arte e historia da arte.
O THW Kiel é un equipo de balonmán da cidade de Kiel, no estado de Slesvig-Holstein (Alemaña). Actualmente[cando?] o THW Kiel compite na Handball-Bundesliga, a máxima categoría do balonmán alemán, competición que gañou en 20 ocasións, sendo o equipo alemán que máis títulos de liga posúe. A nivel internacional, gañou diferentes competicións, destacando as Copas de Europa gañadas no 2007, no 2010 e 2012 (a pesar de ter perdido as finais dos anos 2000, 2008 e 2009).
A tempada 2019-2020 da SM-liiga foi a 45ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés. A liga regular comezou o 12 de setembro de 2019 e debía finalizar o 14 de marzo de 2020, mentres que os play-offs iniciaríanse o 17 de marzo de 2020 e finalizarían como moi tarde o 2 de maio de 2020 coa disputa do sétimo e definitivo partido das finais. Na copetición participaron un total de 15 equipos, os mesmos que na tempada precedente.
Michael Francis Atiyah, OM, FRS, nado en Londres o 22 de abril de 1929 e finado o 11 de xaneiro de 2019, foi un matemático británico de ascendencia libanesa.Atiyah foi un dos creadores, xunto a Friedrich Hirzebruch, da teoría K topolóxica, unha parte da topoloxía alxébrica. Colaborou con moitos outros matemáticos, entre outros Raoul Bott e Isadore Singer. Con este último formulou o teorema do índice de Atiyah-Singer.
Frecuencia é un termo empregado nas matemáticas e na física para indicar a velocidade de repetición de calquera fenómeno periódico. Defínese como o número de veces que se repite un fenómeno na unidade de tempo. A unidade de medida da frecuencia é o hertz (Hz), onde 1 Hz é un suceso que ten lugar unha vez por segundo.
Partit Comunista dels Valencians
O Partit Comunista dels Valencians (PCV) foi un partido comunista valenciano creado en maio de 1987 como unha escisión dirixida por Víctor Baeta do Partit Comunista del País Valencià. A escisión tivo lugar pola, segundo o PCV, morna postura do PCPV á hora de dar apoio ás loitas veciñais do barrio de Benimaclet polo trenet, xa que as protestas ían en contra do PSPV-PSOE, partido que gobernaba na Xeneralidade Valenciana co apoio dos comunistas. En novembro de 1991 o PCV integrouse no Moviment de Defensa de la Terra (sector IPC).
Long Duration Exposure Facility
LDEF (acrónimo de Long Duration Exposure Facility) foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 6 de abril de 1984 mediante o transbordador espacial Challenger durante a misión STS-41-C desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Meds é o quinto álbum da banda inglesa de rock alternativo Placebo. O álbum foi editado na maioría dos países o 13 de marzo de 2006, aínda que apareceu en Australia e Nova Zelandia tres días antes. Anteriormente estiveron dispoñibles copias ilegais en internet, filtradas a partir do día 17 de xaneiro.
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Just Cause 3 é un videoxogo de acción e aventuras en mundo aberto desenvolvido por Avalanche Studios e publicado por Square Enix no 2015. Foi anunciado o 11 de novembro de 2014 e é o terceiro xogo da serie Just Cause, sendo a secuela directa de Just Cause 2. Foi lanzado internacionalmente o 1 de decembro de 2015 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One.
Proteína intrinsecamente desordenada
En bioloxía molecular, unha proteína intinsecamente desordenada ou proteína intrinsecamente e desestruturada (PID ou, en inglés, IDP) é unha proteína que carece dunha estutura tridimensional fixa ou ordenada, tipicamente en ausencia das moléculas coas cales establece unha interacción macromolecular, como outras proteínas ou ARN. As PIDs poden ser desde proteínas totalmente desestruturadas a parcialmente desestruturadas e inclúen pelotas aleatorias, agregados similares a un glóbulo fundido ou rexións enlazadoras flexibles en proteínas grandes multidominio. Ás veces considéranse unha clase máis de proteínas xunto coas globulares, fibrosas e de membrana.As PIDs son unha clase grande e funcionalmente importante de proteínas e o seu descubrimento desbotou a idea de que as estruturas tridimensionais das proteínas deben ser fixas para poder cumprir as súas funcións biolóxicas. Por exemplo, as PIDs foron identificadas como participantes nas interaccións débiles multivalentes que son moi cooperativas e dinámicas, o que as fai importantes na regulación do ADN e na sinalización celular.
Cherylin Sarkisian, nada en El Centro (California) o 20 de maio de 1946, é unha cantante, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Cher. A súa carreira, que abarca máis de seis décadas, foi marcada por varios cambios de imaxe e nalgúns momentos pola controversia. Cher vendeu máis de 100 millóns de discos dos seus 25 álbums.Unha das súas cancións máis coñecidas dos anos 1990 é Believe (unha das primeiras nas que se usou o autotune).
Amaral é un conxunto musical zaragozano formado por Eva Amaral (vocalista e compositora) e Juan Aguirre (guitarra). O seu estilo musical poderíase denominar Folk Rock, pero fusionado con ritmos latinos, sintetizadores e con letras de alto contido poético e reivindicador. Ata 2010, Amaral vendeu máis de 3 millóns de copias dos seus discos.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A provincia de Mendoza é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.741.610 habitantes (2010) e a súa capital é Mendoza. Situada na Rexión de Cuyo, limita polo norte coa provincia de San Juan, polo leste coa provincia de San Luis, polo sur coa La Pampa e Neuquén, e polo oeste con Chile; este último límite segue a cordilleira dos Andes.
Judy Garland, nada co nome de Frances Ethel Gumm en Grand Rapids, Minnesota, o 10 de xuño de 1922 e finada en Londres, Reino Unido, o 22 de xuño de 1969, foi unha actriz e cantante estadounidense. O seu papel máis coñecido foi Dorothy Gale en The Wizard of Oz (1939). Foi nomeada para o Óscar á mellor actriz e gañou moitos outros premios na súa carreira.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.