Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Fisioloxismo é un tipo de relación de poder político no que as accións políticas e decisións son tomadas en troques de favores, favorecementos e outros beneficios a intereses individuais. É un fenómeno que ocorre frecuentemente en parlamentos, mais tamén no poder executivo, estreitamente asociado á corrupción política.
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos. A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática.
District 9 é un filme de ficción científica dirixido por Neill Blomkamp que foi estreado en 2009. O filme orixinal foi rodado en lingua inglesa, lingua nyanja, lingua afrikaans, lingua zulú, lingua xosa e lingua sotho. Protagonizada por Sharlto Copley, Jason Cope, e Robert Hobbs, o filme está ambientado en Xohanesburgo no ano 2010, 28 anos despois da chegada dunha nave alieníxena á cidade surafricana.
O Oxford English Dictionary (abreviado OED) é un dicionario publicado pola editorial Oxford University Press, considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico, así como a unha completa e definida explicación da súa sintaxe e a súa gramática.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Paulo Reglus Neves Freire, nado en Recife (Pernambuco) o 19 de setembro de 1921 e finado en São Paulo o 2 de maio de 1997, foi un pedagogo e filósofo brasileiro. Defendeu o principio do diálogo como relación entre profesorado e alumnado. As súas ideas influenciaron e seguen a influenciar procesos democráticos en todo o mundo.
O rock industrial é un xénero musical que fusiona música industrial e determinados subxéneros do rock. O rock industrial xerou o metal industrial, co que adoita confundirse. As primeiras fusións da música industrial e o rock leváronas a cabo un feixe de bandas de post-punk, incluídas Chrome, Killing Joke, Swans, Foetus e Big Black.
Unidas Podemos (Podemos-IU), tamén coñecida como UP, é unha coalición electoral española rexistrada o 15 de marzo de 2019. É herdeira da coalición Unidos Podemos, da que se diferenza no xénero gramatical, cambio atribuído ao «auxe do movemento feminista».Foi rexistrada para presentarse ás eleccións xerais de abril de 2019 e estaba conformada por Podemos, Izquierda Unida e Equo. Equo abandonou a alianza en setembro dese mesmo ano.
Os cimerios (en grego: Κιμμέριοι, Kimmérioi) foron un pobo indoeuropeo nómade, que apareceu arredor do 1000 a.C. e que se menciona máis tarde no século VIII a.C. nos rexistros asirios. Mentres os cimerios eran descritos a miúdo polos contemporáneos como culturalmente "escitas", evidentemente diferían etnicamente dos escitas propiamente ditos, que tamén desprazaron e substituíron os cimerios.Probablemente orixinarios da estepa póntico-caspiana, os cimerios migraron posteriormente tanto á Europa occidental como ao sur, polo norte do Cáucaso. Algúns deles probablemente incluían unha forza que arredor de 714 a.C. invadiu Urartu, un estado suxeito ao Imperio Neoasirio.
O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.
John George Kemeny, nado como Kemény János György en Budapest o 31 de maio de 1926 e finado en Lebanon (New Hampshire) o 26 de decembro de 1992 foi un matemático, científico computacional e profesor estadounidense de orixe húngara, coñecido por desenvolver a linguaxe de programación BASIC en 1964 con Thomas E. Kurtz. Kemeny foi o 13.º presidente de Dartmouth College entre 1970 e 1981 e foi un pioneiro no uso de computadoras na educación universitaria. Kemeny presidiu a comisión que investigou o accidente de Three Mile Island en 1979.
Sidney A. Moncrief, nado o 21 de setembro de 1957 en Little Rock (Arcansas), é un ex xogador e actual adestrador de baloncesto profesional estadounidense. Como xogador caracterizouse por ser un excelente defensor, xogando de base ou escolta, con 1,82 metros de altura. Na actualidade é o adestrador do equipo Fort Worth Flyers da NBA Development League.
En matemáticas, chámase porcentaxe á forma de expresar un número como unha fracción que ten o número 100 como denominador. Tamén se lle chama comunmente tanto por cento, onde por cento significa "de cada cen unidades". Úsase para definir relacións entre dúas cantidades, de forma que o tanto por cento dunha cantidade, onde tanto é un número, refírese á parte proporcional a ese número de unidades de cada cen desa cantidade.
Unha persoa docente é aquela que se adica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos. O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de Educación Infantil, Primaria ou Especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras.
Moishe Zakharovich Shagalov, nado en Viciebsk (Belarús, entón no Imperio Ruso) o 7 de xullo de 1887 e finado en Saint-Paul de Vence (Francia) o 28 de marzo de 1985, foi un pintor francés de orixe xudía belaruso, de estiño surrealista, máis coñecido como Marc Chagall. En 1960 foi galardoado co Premio Erasmus.
Delft Aerospace Rocket Engineering
Delft Aerospace Rocket Engineering (DARE) (en galego: "Enxeñaría de Foguetes Aeroespaciais") é unha asociación estudantil da Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft), nos Países Baixos, que supera un cento de membros. O obxectivo principal deste grupo de estudantes é o desenvolvemento de tecnoloxías de foguetes sen ánimo de lucro. Todo este desenvolvemento, desde os motores á electrónica, realízase na propia institución universitaria.
Para o álbum de Third Day, véxase Come Together (álbum)."Come Together" é unha canción de The Beatles escrita principalmente por John Lennon e acreditada a Lennon/McCartney. A canción é a primeira no álbum de setembro de 1969, Abbey Road. Un mes despois tamén apareceu como un dos lados do sinxelo número vinte e un do grupo (foi un single con dúas caras, a outra ocupábaa "Something" de George Harrison) no Reino Unido, e o seu número vinte e seis nos Estados Unidos.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis.É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede. Hai nodos que se dedican a crear e a verificar bitcoins mediante operacións matemáticas que requiren gran capacidade de potencia de cálculo.
Son en Breugel é un concello de Brabante do Norte, nos Países Baixos. En decembro de 2008, tiña 15.519 habitantes nunha área de 26,49 km², cunha densidade de poboación de 598 hab./km². Son en Breugel formouse a partir de dúas localidades distintas: Son e Breugel, aldeas fundadas entre os séculos XII e XIV, e que foron combinadas nunha soa municipalidade durante o dominio de Napoleón.
O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia. Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo), en tibetano, Chomolungma (ཇོ་མོ་གླང་མ), Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo), e en chinés 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰.
O termo clase pode referirse a: Un conxunto de elementos iguais. Tipo; Clase sw, no campo da informática, en orientación a obxectos, é unha entidade, definida por unha serie de atributos e métodos, que agrupa a todos os obxectos que comparten tal estrutura de atributos e métodos. En matemáticas, unha clase é unha colección de conxuntos.
Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal. Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica.
Murasaki Shikibu (紫式部), dama da corte xaponesa a mediados da era de Heian (século X-XI), é sobre todo coñecida pola súa novela A historia de Genji (源氏物語, Genji monogatari). Foi coñecida inicialmente como Tō-shikibu (藤 式部) - un nome nyōbo creado a partir do rango do pai, Tō (藤), de onde Tō-shikibu do apelido paterno (藤原) e relacionado cun título (shikibu-taijō, 式部大丞) cortesán - , mais o seu posterior nome propio "Murasaki", que quere dicir "púrpura", procede dun alcuño que lle deron na corte, tomado dun personaxe do mesmo "Genji monogatari", que causara unha grande impresión no público. Filla de Tametoki Fujiwara, dignatario da corte, casou con Nobutaka Fujiwara, mais loguiño enviuvou, entrando ao servizo dunha das dúas emperatrices-consortes do emperador Ichijō, Shōshi.
A Asociación Mundial de Boxeo ou AMB (en inglés World Boxing Association, WBA) é unha organización de Boxeo profesional con sede en Cidade de Panamá, Panamá, anteriormente coñecida como National Boxing Association (NBA) antes de cambiar o seu nome no 1962. No 1974, a normativa da asociación foi modificada da man de figuras do boxeo como Rodrigo Sánchez ou Elías Córdova para outorgar unha maioría de votos ás nacións latinoamericanas. O empresario venezolano Gilberto Mendoza é o presidente da asociación desde o 1982.
Maitreya (en sánscrito), Metteyya (en pali), Maithree (en cingalés), Jampa (en tibetano) ou Di-Lặc (vietnamita), é considerado o Buda futuro na escatoloxía budista. Nalgúns textos budistas, como o Sutra de Amitabha e o Sutra do Loto, é chamado Ajita. Segundo a tradición budista, Maitreya é un bodhisattva que aparecerá na Terra nun futuro, completará a iluminación, e ensinará dharma máis puro.
Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993).
A medicina tradicional engloba o conxunto de prácticas e técnicas empregados para fins medicinais desenvolvido ó longo de xeracións dentro de varias sociedades de todo o mundo antes da era da medicina moderna. A Organización Mundial da Saúde define medicina tradicional como: "A suma total dos coñecementos, habilidades e prácticas baseadas en teorías, crenzas e experiencias orixinadas en diferentes culturas, xa sexan explicadas ou non, utilizadas no mantemento da saúde, así como na prevención, diagnóstico, mellora ou tratamento de enfermidades físicas e mentais".
Sonny John Moore, nado no barrio de Highland Park, na cidade dos Ánxeles, o 15 de xaneiro de 1988, é un DJ, cantante e produtor musical estadounidense coñecido polo seu nome artístico Skrillex. Sonny Moore uniuse á banda post-hardcore From First to Last como o seu cantante en 2004, e gravou dous álbums con eles Dear Diary, My Teen Angst Has a Body Count (2004) e Heroine, (2006). Deixou a banda para comezar a súa carreira en solitario en 2007.
A prominencia dunha montaña, tamén denominada prominencia topográfica, altura de culminación, altura relativa, altura autónoma ou factor primario, é unha noción usada en orografía para a clasificación das montañas. Defínese como o desnivel mínimo que hai que descender desde o cume dunha montaña para ascender a outra, calquera que sexa, máis alta. Canto máis prominente sexa unha montaña máis destacará entre as que a rodean, con independencia da súa altitude.
Non confundir co KK Vojvodina.O Košarkaški klub Vojvodina Srbijagas (serbio: Кошаркашки клуб Војводина Србијагас) foi un club profesional de baloncesto da cidade de Novi Sad, Voivodina (Serbia). Disputaba os seus partidos como local no pavillón Spens Sports Center, recinto con capacidade para 6 987 espectadores. O club disolveuse antes da temporada 2016−17 debido a unha mala situación financeira, cando o patrocinador, Srbijagas, cesou os seus investimentos no equipo.
A Deeper Understanding é o cuarto álbum da banda estadounidense de indie rock The War on Drugs, publicado o 25 de agosto de 2017 a través do selo Atlantic Records. O disco foi nomeado ao Mellor álbum de rock nos Premios Grammy. A publicación Pitchfork Media situouno no número 11 da súa lista dos 50 mellores álbums de 2017.
Anoplophora glabripennis é un escaravello nativo do leste da China, Xapón e Corea que se converteu en invasora en América do Norte e mais en varios países da Unión Europea, especialmente en Alemaña, Italia e os Países Baixos. O imago mide uns 3 cm sen as antenas, é negro brillante con manchas claras de número e forma variables. As antenas en 11 segmentos son listadas con manchas brancas e son 2.5 veces máis grandes que o corpo no caso dos machos e 1.3 nas femias.
William "Bill" Thomas Berry, nado o 31 de xullo de 1958 en Duluth, Minnesota, foi o batería da banda de rock alternativo estadounidense R.E.M. durante 17 anos, antes de deixar o grupo e converterse en granxeiro. Ademais do seu labor na batería tamén tocou outros instrumentos como guitarra, baixo, mandolina e piano.
Gran Premio de Francia de 1953
O Gran Premio de Francia de 1953 foi unha carreira de Fórmula Dúas, celebrada no circuíto de Reims-Gueux o 5 de xullo de 1953. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1953, disputouse baixo as regras da Fórmula Dúas en 1952 e 1953, en lugar da normativa da Fórmula Un usada normalmente. Non só se cambiou o trazado do circuíto de Reims, tamén o nome era diferente.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
O complexo do citocromo b6f (plastoquinol—plastocianina redutase; número EC 1.10.99.1) é un complexo encimático situado na membrana dos tilacoides dos cloroplastos das plantas, cianobacterias, e algas verdes, que intervén na fase luminosa da fotosíntese catalizando a transferencia de electróns entre o plastoquinol e a plastocianina. A reacción é análoga á catalizada polo citocromo bc1 (complexo III) da cadea de transporte electrónico mitocondrial.
Alemaña no Festival de Eurovisión
Alemaña participou en todos os Festivais de Eurovisión desde o seu inicio en 1956, salvo na edición de 1996. É o país con máis representacións en toda a historia do Festival da canción. Francia e o Reino Unido están preto, faltando a só dúas edicións cada un.
A dihidrotestosterona (DHT), tamén chamada 5α-dihidrotestosterona (5α-DHT) ou androstanolona (DCI), é un andróxeno, metabolito biolóxico activo da hormona esteroide testosterona. A DHT sintetízase principalmente na próstata, testículos, folículos pilosos e glándulas suprarrenais por acción do encima 5α-redutase. Este encima reduce o dobre enlace entre os carbonos 4 e 5 da hormona testosterona.
O Fútbol Club Barcelona (en catalán: Futbol Club Barcelona), coñecido popularmente como "Barça", é un club polideportivo catalán da cidade de Barcelona, fundado o 29 de novembro de 1899 por un grupo de doce futbolistas afeccionados de Suíza, Cataluña e Gran Bretaña, comandados polo suízo Joan Gamper. O Barça non é unha sociedade anónima como son a maioría dos clubs deportivos profesionais, senón que a propiedade do club recae nos seus máis de 180.000 socios. Este número fai que o FC Barcelona sexa o segundo club con máis socios do mundo tralo SL Benfica portugués, seguido polo FC Bayern München alemán.
Un presentador é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.). Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Xesús Xan Ferreiro García ou simplemente Xesús Ferreiro, alcumado "Cachorro", nado na Coruña o 24 de febreiro de 1985 é un boxeador profesional galego. Na súa carreira profesional ten disputado un total de 20 combates, gañando 15 (5 por KO), perdendo 4 (2 por KO) e empatando un. Cachorro é, xunto con Moncho Casal o único boxeador coruñés que conseguiu un campionato estatal en dúas categorías distintas, semipesado e supermedio.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
The Room é un filme independente estadounidense escrito, dirixido, producido e protagonizado por Tommy Wiseau. O filme céntrase nun triángulo amoroso entre o banqueiro Johnny (Wiseau), a súa futura esposa Lisa (Juliette Danielle) e o seu mellor amigo Mark (Greg Sestero). Unha porción significativa do filme está dedicado a unha serie de eventos non relacionados co argumento, a maioría dos cales implican polo menos un personaxe secundario, e que quedan sen resolver por mor da inconsistente estrutura narrativa do filme.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Un peto ou bolso é un pequeno saquiño que está cosido á unha peza de vestir e serve para gardar obxectos; pode ter unha rañura simple ou estar protexido cunha lapela. Tamén pode proverse dun sistema de abertura e peche, como a cremalleira, un botón ou o seu análogo prehistórico, o corno, que impiden que saian con facilidade os obxectos gardados dentro.
O Acordo de colaboración entre os estados de África, o Caribe e do Pacífico e a Comunidade Europea e os seus Estados membros asinado en Cotonou, o 23 de juño de 2000, máis coñecido como Acordo de Cotonou, é un tratado entre a Unión Europea e o Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico (países ACP). Foi asinado en xuño de 2000 en Cotonou, a cidade máis grande de Benín, por 78 países ACP (Cuba non asinou) e os daquela 15 Estados membro da Unión Europea. Entrou en vigor en 2003 e foi posteriormente revisado en 2005 e 2010.