Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes: Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura. Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipoSegundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural.
Un asedio ou cerco é a acción militar que consiste en rodear con xente armada un lugar para combatelo, privalo de comunicacións e apoderase del. Asediar implica o bloqueo militar prolongado dunha fortaleza, que adoita ir acompañado do asalto da mesma, co obxectivo da súa conquista mediante a forza ou o desgaste. Ten lugar cando un atacante se atopa cunha cidade ou fortaleza que rexeita a rendición e non pode ser tomada facilmente cun asalto frontal.
Corvus é un xénero de aves da orde das paseriformes, o tipo da familia dos córvidos. O xénero comprende máis de 40 especies distribuídas por todos o continentes, agás en Suramérica e nalgunhas illas oceánicas, e que son coñecidas vulgarmente, na súa maioría, como corvos, pero outras tamén co nome de grallas.As especies deste xénero parece que evolucionaron en Asia Central, desde onde estenderon o seu territorio a Norteamérica (incluído México), África, Europa e Australia.
República Soviética Federativa Socialista de Rusia
A República Soviética Federativa Socialista de Rusia (Росси́йская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, РСФСР) foi a máis grande e máis poboada das quince Repúblicas soviéticas, e converteuse na Rusia actual trala caída da Unión Soviética. O estado foi establecido o 7 de novembro de 1917. O 10 de xullo de 1918 a Constitución Soviética de 1918 foi aceptada.
On Kawara (en xaponés: 河原 温, Kawara On) nado o 24 de decembro de 1932 en Kariya, prefectura de Aichi, e finado o 10 de xullo de 2014 en Nova York, foi un artista conceptual xaponés instalado en Nova York desde 1965.Entre as exposicións individuais que realizou cómpre salientar a da Bienal de Venecia de 1976.
Un estado cliente é un estado controlado a nivel económico, político ou militar por outro máis poderoso en asuntos internacionais. Trátase dunha relación bilateral, normalmente benéfica e con obrigas mutuas, mais diferentes.Ao longo da historia, moitos estados practicaron o clientelismo. Fixérono principalmente fronte a países cuxa subordinación podían asegurar sen teren que asumir o custo.
La traviata é unha ópera en tres actos de Giuseppe Verdi con libreto de Francesco Maria Piave. Está baseada na novela de Alexandre Dumas A dama das camelias (1852), aínda que non directamente senón a través dunha adaptación teatral. Foi estreada o 6 de marzo de 1853 no Gran Teatro La Fenice de Venecia.
A neuromodulación é o proceso fisiolóxico polo cal unha determinada neurona utiliza un ou máis compostos químicos, chamados neuromoduladores, para regular diversas poboacións de neuronas. Os neuromoduladores únense a receptores metabotrópicos ou a receptores acoplados á proteína G (GPCRs) para iniciar unha fervenza de sinalización por segundo mensaxeiro que induce un sinal amplo e de longa duración. Esta modulación pode prolongarse por centos de milisegundos ou ata varios minutos.
O southern hip hop (en galego: hip hop sureño), tamén coñecido como southern rap, south coast hip hop ou dirty south, é un termo xeral para un subxénero rexional da música hip hop estadounidense que xurdiu no sur dos Estados Unidos, especialmente en Atlanta, Nova Orleans, Houston e Memphis e Miami, cinco cidades que constitúen a "rede do sur" na música rap.A música foi unha reacción ao fluxo da cultura hip hop dos anos 80 da cidade de Nova York e da zona dos Ánxeles e pódese considerar a terceira escena do hip hop estadounidense, xunto co east coast hip hop e west coast hip hop. Moitos dos primeiros artistas de rap do sur lanzaron a súa música de forma independente ou en mixtapes despois de atopar dificultades para conseguir contratos con selos discográficos na década de 1990. A principios da década de 2000, moitos artistas do sur alcanzaron o éxito e, a medida que pasou a década, tanto as variedades mainstream como underground de hip hop do sur convertéronse entre as máis populares e influentes de todo o xénero.
Un autódromo é un circuíto de carreiras de superficie ríxida, como asfalto ou formigón, deseñado especificamente para competicións automobilísticas e motociclísticas. Distínguense dos circuítos semipermanentes, que se utilizan para competencias durante un período de tempo limitado, como é o caso de circuítos situados en rúas ou estradas públicas e en aeroportos. Ao estar feitos "a medida", as zonas de escape son máis amplas e a pista adoita ser menos angosta e rugosa que en circuítos semipermanentes, o cal implica unha maior seguridade en caso de accidentes.
Os glicosaminoglicanos (GAG), antes chamados mucopolisacáridos, son un tipo de heteropolisacáridos formados por cadeas longas e non ramificadas de azucres compostas xeralmente por unha unidade repetitiva de disacárido coa fórmula xeral (azucre ácido - aminoazucre)n. Constitúen a fracción glicídica dos proteoglicanos, un tipo de biomoléculas formadas por proteínas e polisacáridos de función estrutural presentes fundamentalmente no tecido conectivo, epitelial e óseo, e no medio intercelular. O aminoazucre dos glicosaminoglicanos pode ser D-glicosamina ou D-galactosamina, e nel o grupo amino está normalmente acetilado coa fin de eliminar a súa carga eléctrica positiva, pero tamén pode levar un grupo sulfato no carbono 4 ou 6 ou nun nitróxeno non acetilado.
William "Will" Oldham, nado o 15 de xaneiro de 1970, máis coñecido polo seu nome artístico Bonnie "Prince" Billy, é un cantautor e actor estadounidense. Dende 1993 ata 1997 actuou e gravou baixo variacións do nome Palace, como Palace Brothers, Palace Songs e Palace Music. Despois de publicar material co seu nome propio adoptou o de Bonnie "Prince" Billy para a meirande parte do seu material aparecido despois de 1998.
Federación Internacional de Mulleres Universitarias
A Federación Internacional de Mulleres Universitarias (International Federation of University Women, IFUW en inglés ) é unha organización internacional para mulleres con título universitario. Foi fundada despois da primeira guerra mundial por estudantes universitarias británicas e americanas, co obxectivo de axudar a establecer relacións entre mulleres de distintas nacionalidades e mellorar a educación xeral das mulleres. A organización describe a súa misión do seguinte xeito: ser un dos promotores da "educación a longo prazo para mulleres e nenas" a través da "cooperación internacional, a amizade, a paz e o respecto aos dereitos seres humanos para todos, independentemente do xénero, idade, raza, nacionalidade, relixión, opinións políticas, orientación sexual e de xénero ou calquera outro aspecto "e" defendendo o avance da situación social das mulleres e das nenas ".
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
Prosopography of Anglo-Saxon England
A Prosopography of Anglo-Saxon England (PASE) é unha base de datos e un sitio web asociado que ten como obxectivo reunir todo o que se escribiu en rexistros contemporáneos sobre calquera persoa que vivise na Inglaterra anglosaxoa, nunha prosopografía. A base de datos en liña PASE, presenta detalles (que denomina factoides) das vidas de cada individuo rexistrado que viviu na Inglaterra anglosaxoa ou estivo estreitamente relacionado coa Inglaterra entre 597 e 1087, con citas específicas (e moitas veces citas de) de cada fonte primaria que describe cada factoide.PASE foi financiada polo British Arts and Humanities Research Council de 2000 a 2008 como un importante proxecto de investigación baseado no King's College de Londres no Departamento de Historia e no Centre for Computing in the Humanities, e no Departamento de Anglosaxóns, nórdicos e celtas da Universidade de Cambridge.A primeira fase do proxecto foi lanzada pola Academia Británica o 27 de maio de 2005 e está dispoñible gratuitamente en Internet. Unha segunda fase (PASE2), foi publicada o 10 de agosto de 2010, e engadiu á base de datos información extraída principalmente do Domesday Book.
Asian Dub Foundation é unha banda inglesa de música electrónica fundada en Londres no ano 1993. O grupo toca unha mestura de rapcore, dub, dancehall e ragga, usando tamén instrumentos de rock, recoñecendo unha influencia do punk na súa música. O seu distintivo son tamén combina liñas de baixo indo-dub, guitarras agudas inspiradas no sitar e sons tradicionais asiáticos.
A roupa, vestimenta ou indumentaria é o conxunto de pezas xeralmente téxtiles fabricadas con diversos materiais e usadas para vestir as persoas, mobles e fogares. Xurdiu para protexer o corpo do clima e os obxectos da sucidade, pero os seus usos fóronse multiplicando. Os materiais son variados, desde peles ata algodón ou fibras sintéticas.
Beastie Boys foi un grupo musical de hip hop de Nova York fundado en 1978. A banda estaba composta por Michael "Mike D" Diamond (voces, batería), Adam "MCA" Yauch (voces, baixo), e Adam "Ad-Rock" Horovitz (voces, guitarra, programación). Beastie Boys formouse a partir da banda de hardcore punk experimental The Young Aborigines, fundada ee 1978 e que tiña a Diamond como vocalista, a Jeremy Shatan no baixo, a John Berry na guitarra, e a Kate Schellenbach na batería.
Clash Royale, tamén coñecido como CR é un videoxogo de estratexia en liña, para dispositivos móbiles con plataformas de IOS e Android. Lanzado o 2 de marzo de 2016 a nivel mundial, foi creado por Supercell, compañía de videoxogos con sede en Helsinqui, Finlandia. O xogo combina elementos dos xogos de cartas coleccionables e defensa de torresO xogo foi lanzado para a plataforma iOS o 6 de marzo de 2016.
2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo. A ONU declarou o 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento [1], coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Carlos Casares.
Os videoxogos de plataformas son un xénero de videoxogos que se caracterizan por ter que camiñar, correr, saltar ou escalar sobre unha serie de plataformas e cantís, con inimigos, mentres se recollen obxectos para poder completar o xogo. Este tipo de videoxogos adoitan usar vistas de desprazamento horizontal cara á esquerda ou cara á dereita. É un xénero moi popular de videoxogos, xurdido a comezo da década de 1980 e que segue mantendo bastante popularidade na actualidade.
María Teresa Lamata Jiménez, nada en Logroño en 1952, é unha investigadora e catedrática de ciencias da computación e intelixencia artificial da Universidade de Granada. Na súa labor profesional salientaou a súa defensa do papel da muller nas disciplinas TIC, á parte do seu papel destacado como investigadora na área. É licenciada en matemáticas e doutora en ciencias pola Universidade de Granada.
Sir Thomas Sean Connery, nado en Edimburgo o 25 de agosto de 1930 e finado en Nassau o 31 de outubro de 2020, foi un actor e produtor de cinema escocés. Foi especialmente coñecido como o primeiro actor en interpretar o personaxe de James Bond nos filmes, protagonizando sete títulos da serie (dende 007 contra o doutor No a Só se vive dúas veces, así como Diamantes para a eternidade e 007: Nunca digas endexamais) entre 1962 e 1983.Connery apareceu en pequenas producións de teatro e televisión antes dos seus filmes como Bond, cuxo éxito o convertería nun actor de sona internacional. Outros filmes nos que apareceu inclúen Marnie (1964), Asasinato no Orient Express (1974), O home que puido reinar (1975), A Bridge Too Far (1977), Highlander (1986), O nome da rosa (1986), Os intocables de Eliot Ness (1988), Indiana Jones e a última cruzada (1989), The Hunt for Red October (1990), Dragonheart (1996), The Rock (1996) e Finding Forrester (2000).
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
A Universidade de Princeton, localizada en Princeton (Nova Jersey) é unha das oito universidades da Ivy League. Foi fundada como College of New Jersei en 1746, e estivo orixinalmente localizada en Elizabeth (Nova Jersey). Está recoñecida como unha das máis prestixiosas universidades do mundo; foi trasladada a Princeton en 1756, mantendo o nome orixinal.
Parque Natural Posets-Maladeta
O Parque natural de Posets-Maladeta atópase na comunidade de Aragón. Concretamente nas comarcas de Ribagorza e Sobrarbe, na parte máis oriental do Pireneo Aragonés. Trátase dun parque natural de alta montaña, e como tal máis da metade dos seus picos superan os 3000 metros.
Unha erupción volcánica é unha emisión máis ou menos violenta na superficie terrestre ou doutro planeta, de materias procedentes do interior do globo. Exceptuando os géyseres, que emanan auga quente, e os volcáns de lodo, cuxa materia, en gran parte orgánica, provén de xacementos de hidrocarburos relativamente preto da superficie, as erupcións terrestres débense ós volcáns, rexistrándose desde o 8000 a.C ata o inicio do século XXI unhas 7.900 erupcións.
O voltampere (símbolo VA) é a unidade utilizada na medida de potencia aparente en sistemas eléctricos de corrente alterna. En inglés chámase root-mean-square (RMS). Un circuíto de corrente alterna dise que transporta unha potencia aparente (S) de 1 VA cando nel circula unha corrente eficaz de 1 Ampere cunha diferenza de potencial eficaz de 1 Volt.
OVA, siglas de original video animation (en xaponés オリジナル・ビデオ・アニメーション orijinaru bideo animēshon), como o seu nome indica, son producións animadas destinadas para o seu consumo en vídeo, cando comezaba o auxe dos reprodutores Beta e posteriormente o VHS. As OVA teñen a súa orixe nos anos 80, cando unha xeración de mozos animadores abren as súas propias casas produtoras independentes despois de traballar para grandes ou medianas empresas produtoras de animación para a televisión. Así mesmo, estas producións non estaban atadas a ningún tipo de limitacións como a censura, e realizábanse con tanta liberdade como fose posible para expandir o mercado a sectores maduros, equivalente ás producións en formato de historietas impresas (manga), que tamén satisfacía a varios sectores no mercado. Fóra do Xapón chamóuselles OAV pola súa correcta pronuncia no inglés: orixinal animation vídeo, con todo no Xapón séguense a chamar OVA para non chegar a confusións coas siglas AV de adult vídeo.
Eurypterida é unha orde de artrópodos fósiles, chamados euriptéridos (nome que pode recibir tamén unha das súas familias) ou, informalmente, escorpións de mar (nome que ás veces tamén se lle dá a algúns peixes), e antes xigantostráceos. Os primeiros euriptéridos coñecidos datan do piso darriwiliano do período ordovícico, hai 467,3 millóns de anos. O grupo probablemente apareceu durante o Ordovícico temperán ou o Cámbrico tardío.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Gotemburgo (en sueco: Göteborg, [jœtəˈbɔrj] (AFI), escoitar) é unha cidade do condado de Västergötland na costa oeste de Suecia. No ano 2006, a cidade tiña unha poboación de 490.000 habitantes na súa área e 879.000 na área metropolitana, facéndoa a segunda maior cidade do país, despois de Estocolmo. A cidade tamén destaca pola súa importante universidade.
A provincia de Mendoza é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.741.610 habitantes (2010) e a súa capital é Mendoza. Situada na Rexión de Cuyo, limita polo norte coa provincia de San Juan, polo leste coa provincia de San Luis, polo sur coa La Pampa e Neuquén, e polo oeste con Chile; este último límite segue a cordilleira dos Andes.
L'Arcusgi, fundado en 1984 é un grupo corso de música con raices tradicionais. O grupo, das rexións de Bastia e Lucianna, destaca pola música tradicional polifónica. L'Arcusgi é o nome que recibían os pequenos arcabuces utilizados no século XVIII polo exército de Pasquale Paoli, que loitaba pola independencia de Córsega.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Este artigo trata sobre un boneco folclórico, para o xénero de palmeiras de coco, véxase Cocos (xénero).Os Cocos son dous bonecos das romarías de Ribadeo caracterizados polos seu gran tamaño (uns 3,50 m de altura) e mais por estar construídos e vestidos arredor dunha armazón de madeira (na actualidade, metal) para seren transportados por persoas situadas no seu interior. Os Cocos son a parella figurada máis representativa de Ribadeo. Tense constancia deles polo menos dende que en 1870 foran doados os cartos para a súa construción (960 reais de billón) por Xosé María Iglesias, segundo parece para contribuír o maior recoñecemento das festas do Carme, que naqueles tempos eran tanto ou máis importantes que as patronais de setembro.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
José Emiliano "Milo" Abelleira Solla, nado en Pontevedra o 8 de agosto de 1963, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. O último club que adestrou foi o Rápido de Bouzas, entre 2019 e 2020. É o pai da xogadora do Real Madrid Feminino Teresa Abelleira e do futbolista do CD Choco Tomás Abelleira.